Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Ribadeo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ribadeo. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de marzo de 2023

Otero Pedrayo e Ribadeo

Vídeo documental realizado por un equipo do IES de Ribadeo Dionsio Gamallo. Concedeúselle o II Premio Otero Pedrayo, na categoría de estudantes de ESO e BAC, modalidade de grupos. 

O traballo informa basicamente de tres aspectos que relacionan a Otero Pedrayo con esta zona: as publicacións de Otero Pedrayo no xornal "El Aldeano" de Castropol, a correspondencia de Otero Pedrayo a Dionisio Gamallo Fierros que se conserva no arquivo familiar, e unha serie de artigos de Gamallo Fierros sobre Otero Pedrayo co gallo sa súa xubilación da Universidade de Santiago. Trátase de contido pouco coñecido, no caso das colaboracións na prensa, e inédito no caso do epistolario de Otero a Gamallo.
Na comunicación da decisión nas redes sociais, a Fundación Otero Pedrayo comenta o seguinte: “O premio ao mellor traballo en grupo recaeu no IES Dionisio Gamallo Fierros polo seu traballo sobre Otero Pedrayo e Dionisio Gamallo Fierros. Presentaron un vídeo documental no que aportan e comentan material autógrafo e bibliográfico moi pouco coñecido ata o de agora e que deixou ao xurado totalmente abraiado”.

luns, 4 de febreiro de 2019

O calendario toponímico de Ribadeo

O Equipo de Normalización do IES Dionisio Gamallo (Ribadeo) publicou este calendario no que explica a orixe dos nomes das parroquias do concello.
O formato do calendario é de sobremesa. Segue a estela do marcado polos publicados polo ENDL do IES Chano Piñeiro (Forcarei) cos calendarios toponímicos de Forcarei e Cerdedo





xoves, 6 de decembro de 2018

3.3 vs 0.0


O alumnado de 2º da ESO do IES Dionisio Gamallo (Ribadeo) elaborou este vídeo co impulso do profesor Suso Acevedo .
Vén moi a conto o vídeo nesta data na que a Constitución española fai 40 anos. No seu artigo 3.3  dise que:
A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.
Estamos ante o único punto da Constitución que podería sustentar un proceso de normalización, se se quixera, claro. Por iso está moi ben traído este audiovisual, sobre todo porque non se queda na declamación do artigo, senón que recolle cal é a realidade: unha enorme restra de titulares de prensa nos que se certifica que o 3.3 non se cumpre. Parece como se do artigo 3 só interesara o 3.1, o que determina a oficialidade do castelán, e o dereito de usalo e o deber de coñecelo. Non hai ningún artigo constitucional que predique nada do galego velaí colocada a primeira pedra da desigualdade.
Quizais por iso a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) anda estes días celebrando a Constitución, cando non celebrou, por exemplo o PXNL. Faino publicando unha unidade didáctica aínda que a tal Constitución non fala da lingua galega, só o fai da española. O panfletiño este fala de liberdades, por ningures se ve a liberdade de uso da lingua galega. Tamén fala de deberes, e os do emprego do galego tampouco aparecen. Por último, nin tan siquera aparece o artigo 3.3, o único do que unha entidade como a SXPL podería tirar partido para xustificar a edición do panfletiño. Así esta publicación, no relativo á normalización, é algo así como un deses anuncios de cervexa sen alcol.  Velaquí unha unidade didáctica 0.0, cun 0% de galego, como é habitual na SXPL. 
Este ano e con este vídeo xa fixeron moito máis pola lingua estes rapaces de 2º da ESO de Ribadeo que a SXPL

sábado, 9 de xuño de 2018

Dende Ribadeo a Varsovia. Unidos pola lingua


Un diálogo entre o alumnado do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e o alumnado de galego do Centro de Estudos Galegos de Varsovia. Sabedes que é un fato? un cocho? os chuchos? un pícaro? Ademais de escoitar aos polacos falando a nosa lingua, non convén perder a tertulia final. Moito teñen que aprender os tertulianos das nosas teles deles!

luns, 31 de xullo de 2017

Ribadeo indiano

comunicado de ProLingua:

Soubemos pola prensa nesta nosa asociación que os grupos municipais do PSOE e do PP censuraron que se usase o idioma galego nos actos do Ribadeo Indiano. Segundo recolle La Voz de Galicia, unha representante política do PSOE cualificou de “falta de delicadeza” que o Alcalde de Ribadeo utilizase o noso idioma perante do embaixador de Arxentina, que asistiu aos actos.

luns, 18 de abril de 2016

conTextos desde Ribadeo




Cando tiñamos o Planetaki de ENDL a man era moi fácil seguir o traballo dos Equipos de Normalización. Desde a súa desaparición isto complicouse bastante, por iso é de agradecer que se divulguen por todos os medios as actividades que se realizan arredor da lingua e a súa promoción nos centros de ensino. Foi éste o caso deste vídeo, divulgado por ProLingua, e que nos chega desde o IES Dionisio Gamallo (Ribadeo), da man de Suso Acevedo.
A idea é explicar, en formato audiovisual, o contexto no que xurdiu un texto. Neste caso estes rapaces de 2º da ESO fálannos de "As pozas demoradas" de Xavier Rodríguez Baixeiras. Preséntannos as dependencias do instuto, o punto de partida da poesía do escritor ribadense.
Xa que o proxecto se presenta en plural, conTextos, agardamos que non tarde en haber novas achegas. Estaremos atentos, e .... parabéns polo traballo. Nas tomas falsas respírase un moi bo ambiente para crecer aprendendo.

domingo, 9 de novembro de 2014

Algúns números das nosas letras






O mes de outubro é o mes das bibliotecas escolares, que este ano se celebrou baixo o lema "Bibliotecas escolares... matemátic!!!". Pero resulta que non hai libros de divulgación de matemáticas en galego, e tampouco podemos atopar libros de texto desde a súa prohibición polo funesto decreto do plurilingüismo. No IES de Ribadeo Dionisio Gamallo fixeron un pinchacarneiro, e con todo deron elaborado esta escolma de literatura con referencias ás matemáticas. Todo un traballo de imaxinación e delicadeza.

mércores, 5 de novembro de 2014

Eu digo... (contestación ao vídeo 'Ghalegho')



Uns rapaces de Rianxo divulgaran este seu vídeo hai un par de semanas con enorme éxito. Pero había algo nel que lles proeu a outros de Ribadeo. Así que, velaquí a súa contestación. Tanto uns coma outros, todos orgullosos da nosa lingua. E todos orgullosos deles.