Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Portugal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Portugal. Amosar todas as publicacións

luns, 26 de xullo de 2021

Risco de giz


'Risco de giz' é un documental no que Xarda viaxa pola fronteira entre Galiza e Portugal, desde o Castromil da provincia de Zamora ata a desembocadura do Miño. Parando e facendo vida nas vilas dos dous lados da raia, falamos con veciñas e expertas sobre as súas culturas, da lingua, do despoboamento, da covid ou lembrando como era a vida nos tempos das ditaduras e do contrabando. 

Realizado por Elena Martín e Pablo Santiago para Xarda e Nós Televisión.

mércores, 29 de novembro de 2017

A fronteira será escrita


A Fronteira Será Escrita from Filmes de Bonaval on Vimeo.

Documental cheo de sensibilidade das xentes da raia nos concellos de Lobios e Entrimo na que a cámara recolle as reflexións sobre a lingua que fan os veciños.

Até os anos 90 un pequeno río era a única fronteira entre a localidade portuguesa de Várzea e a galega de Olelas.
O encoro hidroeléctrico do Alto Lindoso afastou físicamente estas dúas aldeas.
En xaneiro do 2011 habitantes de Olélas visitan de novo Várzea para lembrar tempos mozos... e veremos finalmente como hai novas fronteiras que chegan para tronzar as identidades que manteñen as linguas.
O audiovisual preséntase así:

Muita gente pensa que nas zonas fronteiriças, os habitantes dum e doutro lado da raia se entendem bem. Nem sempre é assim, mas a fronteira galego-portuguesa em geral, e particularmente a Baixa Límiae o Gerês, conformam um desses casos. Por motivos, quer linguísticos, quer culturais, os seus habitantes tinham, até há bem pouco, sérias dificuldades para explicar as diferenças que os definiam como pertencentes a dous países de costas viradas.
Mas o Estado sempre sai vencedor e consegue dar a volta ao mais ancestral dos acervos. A cultura ativa de falar, tocar, dançar e cantar igual que os vizinhos é subjugada agora por outra identidade, mas passiva e acaso também mais poderosa, que consolida a fronteira. Ela vem de longe, armada com as mais poderosas ferramentas para comunicar e atrevendo-se mesmo a renomear os lugares em que as pessoas vivem. O que antes se dizia igual, agora lê-se diferente e a linha divisória torna-se por fim vissível. Porém, para muitas pessoas, a escrita continua a ser a única fronteira que elas conseguem ver.

O  vídeo en YouTube

xoves, 21 de setembro de 2017

FRONTESPO: documentación lingüística da fronteira portuguesa


Antonio Lorenzo, veciño de Sela (Arbo) relata moi ben tanto os seus xuízos como prexuízos lingüísticos. Van algúns exemplos: "aquí falamos unha mezcla co portugués, como vasoira",  que o futuro do galego "no rural non ten duda, pero tendo en conta por onde nos levan as autoridades [...] aí véxoo difícil [...] aínda que hai moita xente nova que fala galego, incluso xente preparada que fala galego e que nos dan moitas veces exemplo a xente que vai a Vigo unha semana e vén falando o castelán", "eu o galego que falo é malo, e escribilo non teño puñetera idea, [...] falábalo na casa pero no colexio falabas o castellano"
Este vídeo é unha mostra do material que podemos atopar en FRONTESPO un proxecto da Universidade de Alcalá de Henares de documentación lingüística por toda a fronteira portuguesa. Nas canles de vídeos que manteñen en Vimeo ou no You Tube podemos consultar moitas entrevistas sobre distintos temas: vida familiar, tradicional, relacións coas vilas veciñas, festas,... e tamén, como acabamos de comprobar, a lingua. Penso que se trata dun material do que se lle pode sacar moito proveito didáctico. Podemos seguir as súas novidades desde as contas que manteñen en Twitter ou Facebook.




Francisco e Lola, son de Rubiás (Calvos de Randín) comentan como na outra beira da raia á "taza" chámanlle "cunca" e no canto de "cuchara"din "culler". Aínda que recoñece que lle chama culler "á de botar a sopa ou o caldo". Os netos están en Cataluña, e "de pasar o verán aquí chegan alá falando palabras en galego".




Lola de Pitões das Junias (Montealegre), do distrito de Vila Real, cóntanos que os veciños do norte mesturan portugués e español, sen recoñecer njn principio a existencia do galego. Mais recoñece que cando lle falan en galego enténdeos mellor que cando lle falan en castelán.




Nemesio é de Castromil (Hermisende), na provincia de Zamora di que fala un "chapurreado do galego". Tamén nos conta, con algo de risa que indica que non comparte a actitude, que cando os portugueses van a Hermisende non falan o portugués, nin o galego, falan o castelán!. Nemesio sempre fala en galego, agás cando van ao médico, a Zamora.




Luis Morais, de Moimenta (Vinhais), no distrito de Braganza. Cando lle preguntan como falan cos galegos contesta "meio galego, meio espanhol". Mais, cando se lle insiste en se hai diferenzas entre o galego e o castelán confirma que o galego é moi semellante ao portugués mentres que "o castellano é un bocado diferente". Tamén se lle pregunta polas distintas variedades de portugués e no relato destas comparacións chega a facer referencia ao mirandés. Luís é quen de diferenciar os sotaques das aldeas veciñas, porén entende que en Braganza falan coma el.

luns, 29 de maio de 2017

Pronúncias do norte



Dialectoloxía á portuguesa. Estamos afeitos a centrármonos nas diferencias dialectais da nosa linguas, por iso resulta curioso e aleccionador escoitar as referencias aos falares do portugués da rexión norte, a máis próxima á nosa, tamén lingüísticamente. Teñamos en conta que a Romania era un contínuo, que calquera mensaxe podía transmitirse dunha punta a outra de Europa.
Vía  Ciberdúvidas da Língua Portuguesa

venres, 29 de maio de 2015

Hypatiamat

Desafortunadamente os que impartimos clases de matemáticas puidemos comprobar como nos últimos anos vimos sufrindo unha falta de recursos ofertados desde as institucións educativas. En Galicia houbo sempre pouca oferta. O camiño comenzara a abrirse a principios deste século foi aniquilado a partir do ano 2010. Quedaba aínda o MEC, pero a política educativa dos últimos anos consistiu no abandono de todos os proxectos educativos gratuitos e promovidos desde as institucións públicas para apostar polos recursos educativos de pago. Baixo a epígrafe de "Mochila Dixital" ou "Edixgal" está a facerse unha aposta que exclúe a elaboración desde un laboratorio didáctico público xa que isto non favorece o substancioso negocio dos materiais escolares.
Ata o momento había espazo para as editoriais pero existían tamén moitos proxectos sustentados desde a iniciativa pública que eran realmente gorentosos para a posta en fucionamento nas aulas. Poño como exemplo o Proxecto Descartes que foi completamente abandonado polo Ministerio de Educación e do que agora só queda un desamparado portal con problemas de accesibilidade aos seus recursos. Aínda bo é que os que sustentaban o proxecto seguen a mantelo actualizado, renovado e de libre acceso tan e como podemos comprobar na súa nova dirección.
As razóns aquí expostas fan que teñamos que buscar outras xanelas que nos fornezan de recursos educativos para a aula de matemáticas. Tendo en conta a proximidade da nosa lingua co portugués non é mala idea ir pescar nos países desta fala. Neste caso basta con cruzar o Miño para atoparmos unha boa fardela. O seu nome, Hypatiamat.

Hypatiamat
Para enfrontarse ao problema do fracaso escolar das matemáticas en Portugal, o Departamento de Matemática da Universidade de Coimbra en colaboración co Grupo Universitário de Investigação em Autorregulação da Escola de Psicologia da Universidade do Minho.
O proxecto consiste na utilización de aplicacións interactivas para contribuir á aprendizaxe das matemáticas para alumnos de 5º ano (5º primaria) a 9º ano (3º ESO). Podemos distinguir cinco ofertas principais:

  • Aplicacións interactivas. Consiste nunha colección de unidades didácticas interactivas sobre distintos temas. Fixéronme recordar o excelente material ED@D do Proxecto Descartes.
  • Apps para aprender. Podemos atopar aplicacións que nos ensinan a construir triángulos, a aprender o algoritmo de Euclides, a comparar perímetros, a resolver ecuacións,...
  • Xogos didácticos. Un apartado fantástico no que temos xogos como o da Torre de Hanoi, o do NIM, o Tangram, o Tetris, ... Un deles é o Ouri, que non é outra cousa que un xogo mancala. No último número da revista Gamma podemos ler un artigo sobre o xogo.
  • Resolver cuestións. Portal de exercicios clasificados por temas.
  • Xogo para mellorares o cálculo. Trátase dun xogo realmente entretido para practicar o cálculo numérico. Na arañeira da rede podemos atopar moitos que buscan este mesmo obxectivo, mais este ten unha apariencia simple e resulta moi efectivo. Aparécenos unha matriz chea de números, un reloxo, un resultado e unha operación aritmética. Temos que usar os números da matriz para obter o resultado dado.
No seguinte vídeo podemos facernos unha idea dos contidos de Hypatiamat, pero case o mellor é mergullarse no web e remexer. Alí, tras esta ligazón hai todo un mundo por descubrir cheo de posibilidades para as nosas aulas de matemáticas.



mércores, 3 de decembro de 2014

O barranqueño, terceira lingua oficial de Portugal?

por Francisco Fernández Rei, nas Voces de Prolingua:


No concello portugués de Barrancos, situado ó noroeste da provincia de Huelva nunha zona onde o río Guadiana non forma fronteira con España, fálase unha variedade mixta coñecida como barranqueño, con base no portugués alentexano e forte influencia na fonética, na morfosintaxe e no léxico do castelán de Andalucía e do da Baixa Estremadura. O barranqueño, cuxa orixe parece estar relacionada cos asentamentos medievais de españois nesa zona portuguesa, mantívose polo contacto permanente con poboacións españolas veciñas. A máis próxima é Encinasola (Huelva), a 9 km, mentres que Santo Aleixo da Restauração (freguesía do concello de Moura), a poboación portuguesa máis próxima a Barrancos, está a 21 km; e a vila de Moura, á que antes do curso 1987-88 se deslocaban cada día estudantes do ensino secundario, está a 52 km.

venres, 12 de xullo de 2013

Couto Mixto. Memoria da fronteira

por Xosé González Martínez, en Galicia Confidencial:


Pola volta do próximo día 13 volverémonos ver en Santiago de Rubiás varios centos de amigos e curiosos co gallo da festa que convoca a Asociación de Amigos do Couto Mixto. Celebrarase o acto tradicional de nomeamento dos Xuíces Honorarios e lembranza da historia daquelas terras que durante moitos séculos gozaron dun estatuto xurídico idéntico ó de Andorra.

martes, 28 de maio de 2013

Anquanto la lhéngua fur cantada.



Cando se fai un repaso dos estados e as linguas de Europa compróbase como é prácticamente imposible atopar ningún monolingüe. Velaí que a un caso como o do galego é do máis frecuente no continente.
Se quixéramos buscar o raro, o estraño, andaríamos á procura dun estado no que só se falara unha lingua. Moitas veces ponse como exemplo o caso do veciño Portugal. Estaríamos errrados pois esqueceríamonos do mirandés, unha lingua con pouco máis de 1000 entradas na Wikipedia e á que se adica este fermoso filme de João Botelho integrado na triologia dedicada a Trás-os-Montes. Com Gabriel Gomes (Ex-Madredeus e Sétima Legião) e Catarina Wallenstein. Inclue tamém unhaa breve aparición do grupo mirandés Galandum Galundaina.
Así comenza a película:
Andei anos ao fio com a língua entalada para a obrigar a sair do seu caminho e ter de pensar antes de dizer as palabras certas: uma língua nasceu-me e comi-a em merendas e bebi-a em fontes e riachos;...
Agora cómpre premer no play.

Vía EDILINGAIRMAU

xoves, 24 de xaneiro de 2013

Os Fillos de Pepa a Loba e a MPGDP



Son Iván, Diego e Cristian con esta 'Ruada na Miñata' desde Teixeiro. Estes son chegáronme coa lectura deste impagable artigo de Fran P. Lorenzo.
O conto é que o vídeo levoume a descubrir un outro fermoso lugar na arañeira rede pois resulta que na descrición do vídeo, ademais da realización de Tiago Pereira aparecen na produción Aitana Eanes, Davide Salvado e a MPGDP. E que é o que se agocha detrás desa serie de siglas?
Pois un gorentoso proxecto cheo de músicas: A Música Portuguesa a Gostar Dela Própria. Centos de vídeos musicais gravados en espazos exteriores ou inhóspitos aproveitando os sons ambientais e creando un escenario de intimidade cos músicos.
Unha fiestra aberta na que se ve o mundo como un palco xigante.

sábado, 3 de decembro de 2011

Entre línguas



O caso do galego de Cáceres fixérase coñecido a través do programa de Reixa, Sitio Distinto a principios dos anos 90. Porén ao longo da raia con Portugal existen outros catro territorios do lado español da fronteira que conservan unha fala moi semellante á galega.
Entre Línguas é un interesante documental de João Aveledo, Eduardo Maragoto e Vanesa Vila-Verde. Fíxome lembrar outro excelente documental sobre linguas na raia: Fronteiras.
 Vía Galiza Contrainfo.
P.S.: tamén no You Tube en [1] e [2]

luns, 7 de novembro de 2011

O galego e o neno burbulla

por Francisco B. González Tenreiro, no Galicia Hoxe:

Corría o ano 2004 e eu andaba polas illas británicas atopando a miña vocación. Alí foi que considerei a posibilidade de facer a licenciatura de tradución na Universidade de Granada mais para iso tiña que aprender un segundo idioma, a escoller entre o francés, o alemán, o italiano ou o portugués. Tiña dous meses para preparar os exames de acceso ao segundo ciclo e a opción máis razoábel pareceume o portugués. Con todo, semellaba irreal que en dous meses puidese acadar o nivel suficiente para entrar no terceiro ano dunha carreira universitaria que versaba, precisamente, sobre a tradución lingüística.
Nada máis lonxe da realidade. Ao cabo dos devanditos dous meses acudín a Granada e no exame oral – e para a miña sorpresa – o profesor interrompeu a proba tras unha única pregunta por entender que fóra suficiente demostración do meu "profundo" coñecemento da lingua portuguesa: "Se nota que llevas muchos años estudiando portugués", sentenciou o examinador, de orixe andaluz. Eu, que sempre pequei dunha excesiva inxenuidade á hora de revelar publicamente as miñas carencias, contesteille que non fóra tal e que só transcorreran dous meses desde que abrira o meu primeiro libro en portugués, porén a súa similitude co galego...
O profesor arrincou un sorriso burlón e abortou o meu comentario antes de que o puidese rematar: "Los gallegos siempre estáis con eso, pero estáis muy equivocados. El gallego se diferencia del portugués tanto o incluso más que el castellano". Se non fose polo meu autodidactismo non tería argumentos cos que contrariar ao catedrático granadino. Afortunadamente, non foi así e nunca lamentei, desde un punto de vista puramente académico, ter rematado estudando tradución en Inglaterra en lugar de Granada.
Semellante barbaridade dita por un profesor de lingua portuguesa fíxome reflexionar, xa non sobre o descoñecemento que se ten do portugués no Estado español – comparativamente con outras linguas de pobos máis remotos e con menos falantes, como o italiano – senón o que era aínda máis grave; o descoñecemento que temos nós, os galegos, da nosa lingua e do seu florecemento, a través do que universalmente se coñece como portugués, en Europa, América, África e Asia.
Resulte lamentábel o veto ao idioma luso tanto na educación regulada como nos medios de comunicación. Á vista da proximidade xeográfica, cultural e, incluso, histórica, poucos poden pensar que a conxuntura é casual e non responde a razóns de índole política. Eu, polo menos, non lle atopo máis explicación que a existencia dun "bloqueo" histórico enxeñado polos gobernos de Madrid e, seica tamén, de Lisboa, coa conivencia contemporánea do semi-goberno de Compostela, para facer do galego unha especie de neno-burbulla impermeábel ao contaxio dos países lusófonos ao tempo que se lle inxectan coágulos de castelanismos.
No mundo da tradución atopamos casos rocambolescos que veñen a demostrar, ademais, que o proceso de normalización lingüística non está nin moito menos finalizado, como pretenden algúns. Como, se non, é posíbel atopar tantos tradutores galegos de inglés, italiano ou francés que non falan a lingua propia do país entrementres aparecen en Galiza máis e máis tradutores de orixe italiana, inglesa ou portuguesa que falan un galego fluído como se fose a cousa máis normal do mundo (que o é ou, polo menos, debería selo)?
Igualmente, non deixa de ser curioso que só unha ínfima porcentaxe da xente que quere aprender unha segunda lingua estranxeira, alén do inglés, se decida polo portugués, e case sempre baixo unha influencia ideolóxica. A maioría escolle outras linguas – "por afinidade", din! – como o francés ou o italiano, quizais seguindo a inercia da escola regulada, e hainos máis atrevidos que sen razón aparente achan que o alemán ou o ruso son linguas de máis pedigree que a lingua de Saramago. Só un prexuízo político-educativo pode explicar que un tradutor que queira enriquecer o seu repertorio profesional non aproveite, en primeiro lugar, as ferramentas lingüísticas coas que conta por condición natural e, feito isto, vaia por outras linguas que requiran un esforzo maior na súa aprendizaxe. É como se un rapaz de idade imberbe pretendese beber o seu primeiro grolo e, en vez de tomarse un viño ou unha cervexa, arremetese contra unha botella de oruxo. Xa di o refrán; ninguén se emborracha co viño da súa casa.

venres, 18 de marzo de 2011

"A luta é alegría"

O grupo musical Homens da Luta venceu no Festival RTP da Canção, é a miña favorita para Eurovisión.

xoves, 22 de xullo de 2010

A Academia Galega da Língua Portuguesa publica na rede o 'Léxico da Galiza'

A Academia Galega da Língua Portuguesa, considerando a relevância social e a necessidade de dar cabida à participação cidadã, divulga o Léxico da Galiza na sua segunda revisão, corrigida e acrescentada, e cria uma conta de correio para consultas e sugestões, cll[arroba]aglp.net que será atendida pela Comissão de Lexicologia e Lexicografia.
Este documento con 800 vocábulos consiste numa escolha de léxico galego não incluído até agora nos dicionários da língua comum, tomando como referência o Dicionário da Língua Portuguesa Contemporânea da Academia das Ciências de Lisboa
Vía: Vieiros.

martes, 25 de maio de 2010

A lingua é o noso pasaporte

 por Luis Toxo, ex-parlamentario, no Xornal de Galicia
Atilio Bicudo é un pragmático e solitario ideólogo lingüista cunha soa teima desde sempre: que se falara en Galicia un idioma, ademais do castelán, que nos servira para obter vantaxes complementarias sen moito esforzo.
–Teño chegado o convencemento hai moitos anos –dicíame onte– que ese idioma é o portugués, e aínda que ninguén me fixo caso algún, vouche explicar porque o pensei sempre así:
–Esa lingua –o portugués– ten a súa orixe no galego-portugues que se falaba en Galicia e no norte de Portugal como sabes ben. Polo tanto, non era nin é un idioma estraño e alleo para ningún de nós, senón o mesmo co galego pero máis evolucionado.
–Ese idioma –o portugués– é un dos máis cultos, fálase ademais de en Portugal, en Brasil, Angola, Mozambique e ata en Macau, ven sendo a sexta lingua máis falada do mundo, ou a terceira do occidente despois do inglés e do castelán.
Polo tanto, coma podes comprobar –díxome– é bastante universal, e canto máis cosmopolita é un idioma máis convén aprendelo e falalo para ter máis xente con quen intercambiar cultura e máis para mellor se entender e negociar, porque en boa medida os meus son os que falan coma min...
–Despois desto direiche que o que está a acontecer co noso idioma propio nos últimos tempos non houbera pasado nunca de terse progresivamente reconvertido e integrado o galego en portugués.
–Levamos anos loitando por manter unha lingua que ten servido máis como arma de enfrontamento político e social que como vehículo de convivencia e comprensión; anos explicando o obvio: que o galego é parte da nosa identidade e singularidade, e cando se ten que explicar o incuestionable é que as cousas non van ben; anos pelexando entre a imposición e a prohibición. Anos nos que o pai do portugués non pode abrazar ó seu fillo...
–Eu coido que de terse adoptado ó portugués como a evolución natural do noso galego, hoxe ninguén discutiría en Galicia o bo que sería dispor de dous idiomas propios e universais; e ninguén dubidará que iso se podería ter feito sen apenas esforzo nun par de décadas pola enorme afinidade e semellanza entre os dous idiomas.
–Teriamos unha televisión galega vista aló e aca, unha cultura máis ampla, unha ciencia e unha literatura máis abondosa e dous xeitos de expresar a vida.
–Ademais, quen se atrevería a pór en dúbida a utilidade dun idioma que falan douscentos cincuenta millóns de persoas no mundo...?
– Galicia falando portugués sería máis atractiva para moitas empresas a se implantar aquí. Se ademais aprendéramos o inglés isto collía o camiño de seren a Suíza da Fisterra.
–Se Galicia falara portugués, Feijóo sería o mellor defensor do noso idioma propio e comprendería mellor a política de Pedro Passos ou Durao Barroso.
–Presumiríamos de ter lido a Cardoso Pires ou de Pessoa, xunto con Suso de Toro ou Celso Emilio Ferreiro.
–Coñeceríamos máis dos viños do Ribeiro e Verdes do Miño; compartiríamos o queixo San Simón e o de Tetilla cos de Azeitao e o Trasmontano, as tripas cos nosos callos, e o sarrabulho co noso cocido..
–As comunidades autónomas con idioma propio mirarían para nos con envexa non disimulada porque douscentos cincuenta millóns de falantes pesan moito...
–E, porque falar a lingua dun Estado veciño é seren un pouco Estado tamén. E iso politicamente ten o seu aquel… Xa me entendes non?
–Non foi así, non se atreveron con elo os expertos nin os políticos nosos, tiveron medo a crecer e máis a evolucionar…
–Quixeron que foramos máis autóctonos, que tiveramos máis autonomía a costa de seren menos universais no idioma... e, trabucáronse… porque a lingua é o noso mellor pasaporte.
Non sei se terá razón Atilio, pero algunhas cousas das que di, ¡dan que pensar...!

mércores, 14 de abril de 2010

Sen portugués nas seccións bilingües

Inmersión, sí pero só en inglés e en francés.
O portugués é discriminado pola Consellería de Educación nas actividades formativas dirixidas ao profesorado non universitario, segundo denuncia a asociación de Docentes de Portugués na Galiza (DPG) acusa a consellaría de Educación de ‘discriminar’ a súa lingua nas actividades formativas dirixidas aos mestres ‘non universitarios’
O colectivo docente asegura nun comunicado que o 24 de marzo do 2010 se publicou no DOG a Orde de 15 de marzo pola que se regulan as actividades formativas en lingua inglesa, francesa, alemá e portuguesa para docentes de niveis non universitarios.
A convocatoria inclúe, entre outras, informacións concernentes aos requirimentos de inscrición, criterios selectivos e axudas atribuíbeis aos mestres que participaren nestes cursos. No formulario anexo ao documento consta a relación completa de accións formativas propostas. No epígrafe d) do artigo nº 7 da convocatoria pode lerse: “O profesorado participante nas actividades de inglés e francés presentará o anexo IV, comprometéndose a promover seccións bilingües nos seus respectivos centros”.