Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta María Varela. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta María Varela. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de decembro de 2014

Máis galego, por favor

por María Varela, no Diario de Pontevedra:


Cada vez que me atopo cun folio en branco éntranme ganas de aloumiñalo. É un vicio como calquera outro. Sentar diante da páxina baleira e debuxar coas xemas dos dedos unha paisaxe calquera, lanzar sobre ela unha presada de verbos, nomes comúns, metáforas, proposicións subordinadas e adxectivos para construír algo semellante a un artigo, un conto ou un pensamento.