Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta David Valls. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta David Valls. Amosar todas as publicacións

sábado, 13 de xuño de 2015

Què ens passa, valencians!?



Alina é unha alemana que fala catalán e que non sabe o castelán. Montou na súa bicicleta para percorrer o País Valenciano e coñecer cal é a situación da súa lingua. Trátase dun documental que segue a estela doutro, Són bojos, aquests catalans!?, dirixido tamén por David Valls.
O documental volveu agora a estar de actualidade porque Vicent Satorres, o subdirector de política lingüística valenciano, acaba de permitir que se difunda unha entrevista que anteriormente impedira que fose incluída no documental  Què ens passa, valencians!? As razóns de por que fixera iso ninguén acerta a entendelas despois de ver a entrevista, que non ten nada realmente destacable e Vincent Torres non fai declaracións que poidan dar lugar a un escándalo social ou político. Cousas que pasan coa política lingüística, está visto. Velaquí o retallo que fora censurado:




luns, 5 de maio de 2014

Són bojos, aquests catalans!?



Neste documental de David Valls realizado por Zebra Produccions, podemos seguir os pasos de Alina Moser, unha moza alemá que percorre Cataluña intentando comprender a situación lingüística que se vive alí. Alina leva dous anos en Cataluña e aprendeu a falar catalán; porén non fala o castelán.
O documental realizouse grazas a unha campaña de micromecenazgo e xa foi emitido na TV3. Nel podemos ver moitas situacións que non nos son alleas aos galegos: hai xente que se nega incluso a ler unha nota porque está escrita en catalán, podemos ver como ofrecen servizos en castelán e e inglés pero non en catalán, pero tamén se nos presentan persoas e entidades comprometidas coa lingua do país e, sobre todo, atoparemos moitas reflexións sobre a situación dunha lingua en proceso de normalización.
Agora David Valls está realizando outro proxecto, Que èns passa valencians!?