Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Baleares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Baleares. Amosar todas as publicacións

martes, 24 de maio de 2016

Històries del català


"Em dic Nacho i som de Galícia. Fa 6 anys que visc a Santa Euària. He après català perquè m' agrada molt la diversitat cultural"
Esta declaración é unha das que podemos escoitar no portal "Històries del Català" . Son testemuñas de persoas que chegaron a  Formentera e Eivissa e aprenderon e falar catalán. Unha boa campaña posta en marcha pola Direcció General de Política Lingüística  do goberno balear. Xa sei que non vai ser o caso, pero non estaría mal que a anémica Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta imitase este exemplo. E non o vai facer porque xa hai moitos anos que está empeñada en mostrar que os únicos que falan galego son os Bolechas.


mércores, 25 de xuño de 2014

La submissió lingüística


por Vítor Alexandre en elSingular.cat:


No hi ha dubte que el Partit Popular està portant a terme una ofensiva descarada d'extermini de la llengua catalana. La vaga de fam de quaranta dies feta per Jaume Sastre, a Palma, contra la política catalanofòbica del govern de les Illes, diu molt de la gravetat de la situació. I és que en realitat ens enfrontem a una versió actualitzada dels decrets de Nova Planta. Amb tot, la minorització de la nostra llengua també es nodreix del comportament de la immensa majoria de catalanoparlants que abandonen el català tan bon punt es troben amb un interlocutor hispanoparlant o d'un altre origen que els entén perfectament. És una submissió lingüística que resta sentit a l'existència de la llengua catalana i que transmet la inutilitat d'aprendre-la.

martes, 9 de outubro de 2012

Desprezo á lingua:aquí como nas Baleares



Sempre que nos sexa posible é un bo exercicio botar un ollo ao que sucede fóra de Galicia para poder valorar mellor o que sucede dentro. Velaquí un vídeo no que Antoni Verguer de PSM-IV-ExM, nun pleno municipal de Palma defendía que non se excluíra o catalán dos requisitos para acceder ao postos do concello. Durante o debate a concelleira de Función Pública, Irene San Gil, do PP, mostra o seu desprezo ás vilas e concellos máis pequenos como Inca, dicindo que éstes non son comparables a unha poboación como a de Palma, máis cosmopolita (sic). É imposible desprezar unha lingua se, a un tempo, non se despreza aos cidadáns que a usan. Neste vídeo vémolo claro pois a concelleira do PP apunta que hai cidadáns de primeira, os de Palma, e de segunda, os do resto dos concellos baleares. Non é habitual que se fagan este tipo de delcaracións, pero a idea, por coherencia ideolóxica, anda a rebulir sempre polo fondo. Para ocultar este tipo de desprezables actitudes con frecuencia podemos escoitar cantos de amor á terra por parte de quen minoriza a lingua propia.
Alén disto a  argumentación de Irene San Gil é realmente pobre e extremista, pois, tal e como sinala Antoni Verguer, como se pretende fomentar o bilingüismo excluíndo unha das dúas linguas oficiais? O resultado da política lingüística nas Baleares poderase ver nas rúas de Palma, onde non será estraño atopar municipais que descoñezan o catalán.
En Galicia unha medida semellante foi a primera, en cuestión de política lingüística, que tomou o goberno de Feijóo: eliminar dos requisitos para o acceso a prazas municipais o do coñecemento do galego. Se atendemos aos feitos podemos comprender que ese pretendido bilingüismo que defende o PP non é outra cousa que a a exclusión do galego.

luns, 23 de xullo de 2012

Lipdub Ferreries



Lipdub gravado en Ferreries, vila de Menorca, o pasado 21 de abril. Foi elaborado para defender e reivindicar a lingua e cultura de Menorca. A música é unha versión de "L'amo de son Carabassa" do grupo Sonadors de son Camaró. O vídeo está a ser todo un éxito na rede.

mércores, 28 de marzo de 2012

Ameazas a un instituto balear pola defensa do catalán



Hai uns poucos días comentaba o caso de Jaume Bonet, o mestres xubilado que estaba en folga de fame en protesta pola política lingüística do goberno balear. Agora é a represión da defensa da lingua o que é noticia. Todo comenzou por outra iniciativa de defensa frente aos ataques ao catalán. Trátase da campaña Enllaçats per la llengua, que promovía o orgullo polo catalán e a súa defensa colgando lazos coa bandeira de barras. Nun instituto próximo a Palma, o IES Marratxi, elaboraron este vídeo durante un recreo, e coa libre participación de alumnos e profesores do centro. A Conselleria d'Educació con clara intención represora xa iniciou a apertura dun expediente ao profesorado do centro.
Debemos ter moi claro que o patrón polo que se desenvolve a política lingüística nas Baleares é o mesmo que o que sufrimos en Galicia. A resposta que deron alá xa a sufriron os Equipos de Normalización aquí no seu dia, e ninguén que defenda a lingua está libre deste tipo de ataques nun futuro. O que dá asco é que agora os paus choven desde o goberno. Pola contra, ninguén sabe deste tipo de ameazas, nin en Galicia nin nas Baleares, contra aqueles que atacan o galego ou o catalán. Pois éstes aínda han de recibir os parabéns!
O máis curioso do caso é que estas políticas fanse baixo o presunto impulso do plurilingüismo. Estraño o plurilingüismo ese que só toma medidas en contra da lingua propia.

venres, 23 de marzo de 2012

En folga de fame pola lingua. O caso de Jaume Bonet

Jaume Bonet, docente xubilado de 64 anos, leva 23 días en folga de fame para protestar contra a política lingüística do goberno das Illas que nos últimos tempos está cometendo un ataque radical contra o catalán nas Baleares. De requerise o seu coñecemento para o acceso a un emprego público, a lingua propia pasa a ser só un aspecto máis de puntuación meritocrática. Ademais de establecerse a alternancia lingüística na toponimia,  IB3, a compañía de radio e televisión pública mallorquina, padece un continuado e sistemático proceso de castelanización.
Tal e como di o propio Jaume Bonet, os medios de comunicación responden a determinados intereses, por esta razón, unha noticia coa que os galegos estamos especialmente sensibilizados, está completamente oculta.Claro que, como sinala o lingüista Enric Serra, se o caso fose sobre os abusos cometidos en Papúa Nova Guinea ou na Patagonia, tanto medios como cidadáns ben pensantes comentarían o caso con cara de finxida preocupación. Isto é o que fixo a deputada balear do PP Ana María Aguilo, quen ante a pregunta de se se interesara polo estado de Jaume Bonet respondeu 'prefiero ir a visitar a personas que de verdad no pueden comer'. Sobran os comentarios a tanto desprecio e insensibilidade frente a unha postura de infinita dignidade, pois Jaume Bonet insiste en que non está a xogar e que o seu desafío vai moi en serio.
A acción de Jaume Bonet conta co apoio da organización á que pertence, Jubilats per Mallorca, que entregou un escrito a pasada semana aos 59 diputados autonómicos no que se reafirman na defensa do coñecemento e o uso da lingua propia.

No seguinte vídeo recibe as mostras de solidariedade dun recoñecido loitador polos dereitos humanos, candidato ao premio Nobel da paz,  Juan Carrero.



Para máis información: #vagadefamperlallengua e Jubilats per Mallorca


martes, 21 de xuño de 2011

O 'alumno' de Feijóo supera o mestre

por Cris Moss, no Xornal:


En outubro de 2010, Alberto Núñez Feijóo recibía en Santiago ao balear José Ramón Bauzá, daquela acabado de elixir como líder do PP das illas. Nunha afable xuntanza, Bauzá situaba o modelo político que Feijóo comezaba a implantar en Galicia como guía para o seu propio proxecto.
Poucas datas despois, Xornal de Galicia relataba que Bauzá xa puña en práctica esas receitas políticas no ámbito lingüístico. En diversos foros, prometía abrir unha nova etapa de “liberdade lingüística” nas aulas, baseada no “trilingüismo”, ademais de derrogar un decreto que, curiosamente, aprobara o PP.
Como consecuencia do resultado das eleccións do 22-M, Bauzá é o novo presidentes das Illas Baleares. No seu discurso de investidura, a pasada semana, o popular anunciaba que permitirá a “libre elección da lingua vehicular no ensino” e que implantará un modelo baseado na introdución do inglés.
Onte Bauzá anunciaba a estrutura do seu Goberno, que é tamén unha declaración de intencións. No Executivo balear deixa de existir a Dirección Xeral de Política Lingüística e tamén a Consellería de Cultura. Ambas quedan amalgamadas nunha mera Dirección Xeral de Cultura e Mocidade.