O título orixinal deste artigo non é o que finalmente escollín e o encabeza. Na realidade, o que quería escreber era: “Cregos galegos, non tedes perdón de Deus!”. Como o vocativo talvez non faga xustiza aos que si o son non só de nacencia e/ou de morada senón aos que se senten, se pensan e practican como tais, isto é, como galegos que se saben pertencentes ao povo homónimo e que fan críbel a mensaxe evanxélica, opto entón por me referir á Igrexa Católica como institución, como xerarquía, como actuación da inmensa maioría dos seus ministros. Hai poucos días, tiven de asistir a unha despedida definitiva, máis dolorosa nesta ocasión, por se tratar dun querido curmán do meu tempo. Por enésima vez, tiven que aturar a liturxia e a prédica do oficiante do funeral no idioma alleo, con sotaque distante e distinto, no cumprimento dunha sorte de trámite onde o que menos importa é o finado e o consolo que unhas palabras humanamente verdadeiras podan servir en transo tal. O único galego que se ouviu foi un cántico da coral, onde el, o finado, tamén cantara.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Igrexa b>. Amosar todas as publicacións

martes, 4 de febreiro de 2020
A Igrexa, impermeábel ao galego
por María Pilar García Negro, en Nós Diario:
mércores, 14 de febreiro de 2018
A Igrexa e a lingua galega en Vigo hoxe
por Xosé-Henrique Costas nas Voces de ProLingua:
En 1963 Xoán XXIII establecera en Paceminterris 97-99 que os gobernantes debían favorecer o uso das linguas dos fieis e nesta liña o Concilio Vaticano II acordou que o latín deixase de ser a lingua opaca da liturxia e que a lingua para falar con Deus fose a lingua propia de cada país.
martes, 27 de outubro de 2015
De 1.550.000 €, 0 € para o galego
![]() |
| Foto do BNG de Santiago |
Este caso pode servirnos de paradigma de como silandeiramente se utilizan os recursos que moi traballosamente aportamos cos nosos impostos para manter fóra de circulación a lingua galega.
Cando a Xunta asina un covenio debería garantirse que as actuacións derivadas do mesmo se desenvolveran en galego. Neste caso, por exemplo, primeiro, a cartelería da obra tería que estar toda en galego. Despois de rematada, toda clase de sinalizacións do local deberían poder lerse en galego, e finalmente, ao ser unha oficina que presta un servizo de atención ao público, a Oficina do Peregrino debería ter unha oferta suficiente de toda clase de documentos en galego. Para comenzar, a Oficina de Acogida al Peregrino ofrécenos información en español, inglés, francés, alemán e italiano. Nada en galego, e unha vez máis a Xunta desaproveitou a ocasión para lle esixir á Fundación da Catedral de Santiago, a galeguización de todos os seus servizos.
mércores, 16 de setembro de 2015
E logo ¿Deus non entende o galego?
por Adolfo de Abel Vilela, no Terra e Tempo:
O día 9 de xullo celebrouse unha misa na catedral de Lugo oficiada polo bispo e concelebrada por varios cóengos e sacerdotes da diocese, para festexar a declaración do Camiño Primitivo, e tamén a Catedral, como Patrimonio da Humanidade. Aínda que a misa era a que habitualmente se celebra nos chamados Xoves Eucarísticos, polo feito de que a UNESCO o incluíseo na súa lista de bens patrimoniais de importancia mundial, quixeron darlle un especial realce tanto desde o punto de vista relixioso como civil invitando a autoridades. Non era pois a misa vespertina ordinaria ou coral que se oficia todos os días na capela maior, e por iso esperaba que se celebrase en galego. Pero non, como xa é tamén habitual, o oficio fíxose en castelán.
mércores, 29 de xullo de 2015
A Igrexa e o galego: un problema de secularización
por Pedro Castelao en La Voz:
O 5 de xullo cumpríronse 50 anos da primeira misa en galego. Foi presidida polo padre Seixas, en Santiago, na igrexa de San Domingos de Bonaval, lembrando a Rosalía. Que dicir deste medio século da relación entre a Igrexa e o galego?
domingo, 29 de marzo de 2015
Novo desastre no santuario da Virxe da Barca
Grazas a Felipe chegoume a penosa noticia que se recolle nesta fotografía.
De todos é sabido que un incendio arrasara o santuario da Virxe da Barca no nadal do 2013. Aos poucos días do desastre Núñez Feijóo anunciaba que a Xunta colaboraría na reconstrución do templo. Dúas semanas despois a Xunta adxudicaba o proxecto ao Gabinete de Arquitectura “K2C Arquitectas”. Pouco máis dun ano despois unha defeita leva a outra: o nome da igrexa transmutouse no de *Nuestra Sra. de la Barca O desprezo pola lingua ten, xa que logo, responsables: Xunta e Igrexa.
Velaí un novo caso no que o galego non é a lingua por defecto. O caso xa foi denunciado pola Mesa, quen lle dirixiu unha carta a Feijóo para que se repare o novo desaste. Eu xa adianto a resposta. O presidente da Xunta botaralle a culpa á Igrexa, da que dirá que é un ente autónomo e que a Xunta non pode facer nada no asunto. Pois se era tan autónomo non sei a conto de que se apurou tanto a ofrecer os cartos e o apoio da Xunta. E se a Xunta non ten nada que dicir neste caso, vai ter razón Manolo Rivas, e a lingua oficial é o silencio.
P.S.: O Carrabouxo acertou unha vez máis:

Etiquetas:
A Mesa,
Anormalización,
cousas,
foto-denuncia,
humor,
Igrexa,
Muxía,
Xunta,
zunantes
sábado, 26 de xullo de 2014
Día de Galicia e o galego na igrexa (25 xullo 2014)
por Manuel Cabada Castro en Tabeirós Montes
Con motivo da celebración conxunta hoxe da festividade de Santiago Apóstolo e do Día de Galiza, é case obrigado que lembremos algunhas cousas sobre a importancia de que a nosa igrexa galega, é dicir, tódolos cristiáns galegos, saibamos incardinarnos ben na terra e no país no que, pola graza de Deus, nacemos ou vivimos.
martes, 25 de outubro de 2011
En galego, agora e sempre
Presentado por Xosé González Martínez, un parladoiro da canle de televisión de Galeguizar Galicia con Baldo García, párroco en Redondela e Demetrio Gómez Xunqueira, concelleiro de Normalización do Concello de Pontevedra. Conversan arredor do Día de Defuntos e da campaña de Galeguizar Galicia, xa realizada outros anos, co lema 'En galego, agora e sempre'
luns, 25 de xullo de 2011
Misa e foguetes
por José Luis Sucasas, no Xornal deste 23/07/2011:
A últimos do mes de xuño asistín a unha cerimonia relixioso-festeira dun familiar da muller. Recibe o nome de Sacramento e, que eu saiba, é tradición endémica da comarca do Salnés. E non de todo o Salnés, senón das parroquias do rural e non todas. Así, en poucas palabras, a cerimonia en cuestión vén sendo a renovación do compromiso matrimonial, con oficio relixioso, banquete posterior, bombas de palenque e incluso agasallos dos asistentes. Algo así como as populares vodas de ouro ou prata, coa diferencia que o Sacramento está institucionalizado dentro da parroquia, e agás solteiros e outras excepcións, tódolos veciños rematan pasando polo aro.
Petaba o sol ese día e procurei a sombra da igrexa, pero pola parte de fóra. Arrimei o lombo na parede, acendín un chéster e pensei que ben podía aproveitar a postura e mailo tempo en argallar o argumento dalgún artigo para Xornal. A voz do crego oficiante chegábame nidia e potente dende un altofalante espetado no campanario. Eran palabras nun castelán metálico, case lineal. Xaora, non había dúbida, era a palabra de Deus Noso Señor. Cando o cigarro ía nas últimas, collín a cabicha entre o polgar e o maior e lanceina en voo parabólico riba dunha viña albariña que estremaba co atrio, Deus me perdoe!
Eu insistía en coller o fío dalgún artigo posible, mais era escusado: a palabra divina esfarelaba os meus intentos. Non sei, será que escoitei tanta e de tan novo, que como se me achegue non son quen de risparme dela. E será por iso tamén que moitas veces poño no coche Radio María sen querer. E mira que sei que é mentira! Aproveitando un silencio prolongado do altofalante veume ó maxín o vindeiro 25 de xullo e pensei que sería aquelado ir preparando unha homilía para data tan senlleira. Incluso me deu tempo a artellar os piares da prédica arredor dun feixiño de preguntas:
Por que se escolleu a data do 25 de xullo para o día nacional de Galiza? Por que precisamente o día do Apóstolo, que xa é patrón de España? Cales foron as razóns? Ten algo que ver a escolla deste día coa nosa sempiterna submisión e o medo a incomodar ó resto dos españois? Acaso foi unha mensaxe subliminal tipo “pódense botar fóra cataláns e vascos, pero non teñades perda, con nós sempre contaredes”?
Despois dun terzo de século democrático, recuou algo o noso autodesprezo por sermos diferentes e pobres? Cando falamos castelán seguimos a disimular o acento propio, húmido e tenro, para parecer outros que non somos pero que nos gustaría ser?
Nesas teimas andaba cando o estrondoso chis-pum dun foguete terra-aire rachou o silencio do mediodía e despegoume de golpe o lombo da parede. Non creo que lle dera tempo á cana a caer no chan cando unha ducia de músicos uniformados comezou a soprar o inconfundible chunda-chunda do himno español. A violencia das trompetas e timbais guindoume de novo o lombo contra a parede, coma nun retroceso de tiro de escopeta.
Recuperada a presencia de espírito, non me fixo falta axexar na porta travesa para saber que se cociñaba no interior do templo: nese intre preciso o crego erguía nas súas mans a ostia e mailo viño cara o ceo, e cando os volvía pousar na ara cerimonial, unha sorte de maxia xa os convertera en carne e sangue de Xesús.
Xa non dei retomado o fío do artigo matinado. Vinme transportado a fai trinta anos, con pelo vizoso tapando as orellas e unha chea de mozas trasfegando de neurona en neurona, nas festas patronais de Cadrón, Vilariño, Erbo, Cornado, San Xoán de Camba e tantos outros lugares da Galiza profunda. Ademais do pelo, que cambiou en todo este tempo? Porque as mozas seguen a rebulir nas neuronas.

venres, 12 de novembro de 2010
Aburridos
por Francisco García Suárez, no Terra e Tempo:
O coordinador xeral da visita do Papa Bieito XVI e Canónigo da Catedral de Santiago de Compostela manifestaba fai uns días que a polémica suscitada polo uso do galego na liturxia "abúrreme moito". Diante da pregunta do xornalista sobre do distinto uso do galego e catalán na liturxia reiteraba "esas cousas abúrrenme moito, certamente, moitísimo. Que quere que lle diga". O xornalista insistía "entón haberá moito ou pouco galego na misa?". "Haberá o mesmo que normalmente hai nas grandes citas da Catedral: unha lectura, uns parágrafos na homilía , algo na introducción, unha parte na oración dos fieis..."
Poucas veces unha resposta deixa tan as claras o desleixo e desprezo polo noso idioma. Ningunha expresión de afecto, de dignidade como canónigo galego, mesmo nin sequera a mínima cortesía e tradicional diplomacia vaticana, co galego e a reclamación do seu uso o responsábel coordinador da visita non ten o menor interese . Está cansado e aburrido.
Así se explica a permanencia de tópicos e prexuízos dos que negan permanentemente os dereitos do noso País. Non deixa de ser curioso que sigan tendo tanta vixencia nun novo século descricións coma esta de Castelao no Sempre en Galiza: "Seríamos parvos se non reaicionáramos contra os finxidos partidarios da cordialidade hespañola cando supeditan esta cordialidade a un sometimento do galego á súa tradicional intransixencia. Nós non podemos esquecer que dende a Escola, a Cátedra, o Púlpito, a Tribúa, o Tribunal, a Oficiña e o Cuartel, o dedo erguido do Estado hespañol impoñía silenzo aos que intentaban falar galego. Qué non se impoñía o castelán ?... Eu vin a un Presidente de Audiencia prohibirlle a un abogado que interrogase a un labrego en galego, fundandose en que o labrego entendia o castelán i él (o Presidente ) non entendía o galego, pero é indiscutible que as declaracións traducidas in mente polos testigos non son testemuños íntegros, e que, polo tanto, nin se concibe un xuez en Galiza que non seipa o galego, nin se concibe que un abogado non poida interrogar a un testigo na súa própia lingua..."
Agora ben a nosa reacción esixindo para o galego o status que lle corresponde como lingua propia do noso país na visita do Papa ao señor canónigo abúrrelle moitísimo. Non sabemos se D. Salvador Domato Búa canónigo da Catedral de Compostela e natural de Caldas de Reis se aburrirá tamén moito e non sentirá orgullo e autoestima diante do maravilloso patrimonio histórico artístico galego que fai do Obradoiro unha Praza de relevancia universal sendo puramente galega. Non sabemos se se aburrirá desesperadamente contemplando as nosas paisaxes pero debería saber que o galego como creación histórica do noso pobo e na que mesmo os reis cantaron a Santa María é merecente da mesma admiración e respeto que debe ter o noso patrimonio artístico ou o noso patrimonio medioambiental. Non é comprensíbel que o seu uso na catedral sexa un uso litúrxico-ritual coma o descrito polo señor canónigo para as grandes citas... O galego non pode ter a consideración de estranxeiro e secundario na nosa propia nación coma o descrito polo señor canónigo para as grandes citas

luns, 8 de novembro de 2010
Carta aberta a Bieito XVI
por Pilar García Negro, en Terra e Tempo:
Cardeal Ratzinger: Chámoo, nesta Carta Aberta, polo nome que vostede escolleu como pontífice, nome adaptado á lingua de noso, o galego, que teño grande interese en dar a coñecer como signo desta nación, a Galiza, e aínda, como sacramento que debera ser de todos os galegos, por dicelo con expresión do ilustre Ricardo Carvalho Calero. Subliño este feito porque asisto, alarmada, a como a Xunta de Galiza e as súas axencias, decretaron a eliminación do seu nome en galego para proclamalo na súa forma española, seica por non dar a impresión de galeguidade demasiada, escándalo que aumenta se recordamos que deber de todo anfitrión é oferecer ao visitante o mellor de si, non ocultalo como algo vergoñento.
De que nos imos estrañar, porén, cando este goberno fixo norma da exclusión social e pública do galego, aquí, chez nous, onde o galego naceu, se desenvolveu e onde debe volver reinar, en nome da dignidade e da democracia que os habitantes e Estados con lingua en situación normal endexamais discutirían. ¿É capaz de imaxinar que a vostede lle fose cuestionado ou negado o dereito a falar en alemán na súa terra nativa? Pois isto é o que lle pode dar a medida do que aquí se pretende por parte das autoridades autonómicas...
Suspeito que na súa estadía en Compostela nen autoridades civís, nen eclesiásticas nen militares (nen, por suposto, o embaixador español perante a Santa Sede) terán a ben informar a vostede -mesmo sumariamente- de aspectos fundamentais da historia e a cultura de Galiza. Por iso, ouso facelo eu, aínda que só sexa a título de apontamento brevísimo. A magnificencia que vostede observará na imponente Catedral de Santiago é ben posíbel que ninguén lla correlacione co esplendor e hexemonía do Reino da Galiza. Non sei se o levarán ao Panteón Real, onde reis e emperadores galegos da Idade Media están soterrados. Ignoro se o agasallarán con algún temperán documento oficial galego que, no seu tempo, normalizou este idioma na escrita pública face ao omnipotente latín. Descoñezo tamén se se lembrarán de o levar a visitar San Martiño Pinario, xoia espléndida do noso barroco, que non ten nada que envexar ao italiano-vaticano que vostede coñece ben. Supoño que ninguén dos seus anfitrións quererá perder o tempo informándoo do declive da lingua galega, da súa resurrección pública no século XIX e do dificultoso e dificultado proceso de normalización en curso. Dubido de que alguén se lembre de lle comentar que fomos ou somos tantos galegos no interior da Galiza como fóra, por mor da emigración, inclemente para os que a padeceron e ben lucrativa para os que a promoveron.
Ninguén terá a ben regalarlle un exemplar d´O divino sainete (1888), de Manuel Curros Enríquez, onde o magnífico escritor realiza unha viaxe imaxinaria a Roma, no ano en que León XIII celebraba as vodas de ouro sacerdotais, obra chea de humor e de cárrega crítica contra o poder temporal da Igrexa Católica, a venalidade dos seus representantes, a acumulación de riquezas..., e onde o poeta encarece a necesidade de voltar á pureza do cristianismo evanxélico. Tan é así, cardeal Ratzinger, que este escritor, en acto solemne de xustiza poética, ficcionaliza un xesto excepcional daquel Papa: convencido destas verdades, renuncia a todo o luxo, ouro e riquezas acumuladas ao Vaticano, ordena que sexan repartidas aos pobres do mundo e disponse, como un vulgar peregrino, despoxado de toda alfaia e de todo ouropel, a viaxar desde Roma a Santiago como expiación daquela historia desviada da Igrexa.
Despídome, por tanto, lembrando só o episodio da estadía de Xesús na terra, que vostede coñece moito mellor ca min e que di así: "Entrou Xesús no templo e expulsou todos os que vendían e mercaban nel; tamén envorcou as mesas dos cambistas e os postos de vendedores de pombas, mentres dicía: "Escrito está: A miña casa ha de ser casa de oración, mais vós estádela convertendo en cova de ladróns" (Mateo, 21, 5-32). O no comment, pola miña parte, a respeito da vixencia ou actualidade deste relato, é obrigado. O contrario sería ofender a intelixencia de vostede e, por suposto, dos meus leitores. Si espero que algún secretario de secretario de secretario... dalgún dignatario eclesiástico dos que a vostede acompañen ou con vostede se relacionen teña a ben trasladarlle copia do presente artigo, que, estou certa, vostede lerá con toda a atención.

mércores, 11 de agosto de 2010
Vostede se atopa aquí
Hai algunhas semanas tiven unha avería no ordenador, o asunto é que non tivo posibilidades de reparación e houbo sobre todo moitas fotos que acabaron quedando no limbo. Din recuperado algunhas como esta, que non é que a poña aquí polo fea que é, case só se lle ve o flash. Está aquí pegada porque é un exemplo máis de como anda a nosa lingua. Trátana a paus.
A foto foi sacada na Catedral de Santiago, antes da semana santa. Trátase dun rótulo informativo trilingüe.
En inglés: "You are here"
En español: "Usted se encuentra aquí"
En... galego?: "Vostede se atopa aquí"

luns, 9 de agosto de 2010
A lingua de deus
Teño un fillo de oito anos e un amigo e compañeiro de clase invitouno á súa primeira comunión. A ceremonia celebrouse nunha parroquia do Concello da Estrada (diócese de Santiago) que ten menos de 500 veciños. Non terei que insistir moito en cal é a situación sociolingüística da parroquia: alí todos falan en galego. Todos?, ben parece ser que todos non. Cando chegamos á igrexa xa comenzara a misa pero podíase oir pola megafonía externa. Desenvolveuse toda en castelán. Toda?, ben toda non,... ou si, explícome.
O desenvolvemento completo do acto foi tal e como dixen en castelán, excepto ao final, cando acabou a celebración o sacerdote anunciou os horarios dun par de funerais a celebrar os vindeiros días, e este anuncio si foi en galego.
O importante, a celebración eucarística, o diálogo con deus, desenvólvese sempre en castelán. No entantanto reservamos o galego para a comunicación informal, para o secundario. Isto é o bilingüismo cordial, cada lingua no seu sitio.
Á mesma hora no estadio de San Lázaro, en Santiago, 12.000 mozos asistían a unha misa no marco da 'Peregrinación e Encontro de mozos' (PEJ 2010), que organiza a Igrexa en Santiago de Compostela. E en que lingua fala a igrexa santiaguesa?. En castelán, naturalmente. Aínda así, no transcurso da celebración reservouse un espazo para a lectura de textos en catalán e eúscaro, pero non en galego.
Teremos que revisar outra vez o seguinte titular da web da Secretaría Xeral de Política Lingüística: O Arcebispado de Santiago de Compostela amosa o seu interese pola utilización da lingua galega na actividade eclesial.

luns, 26 de xullo de 2010
O Panteón de Bonaval
por Xosé Antonio Perozo, na Nosa Terra:
A manifestación cívica para reivindicar a laicidade e apertura permanente do Panteón de Galegos Ilustres da igrexa de San Domingos de Bonaval foi un acerto. Pero, desgraciadamente, un éxito máis, reivindicativo, que topará co silencio da institución relixiosa e a estéril boa vontade da Consellería de Cultura, que correrá co mantemento das instalacións.
O proceso de recuperación por parte da Igrexa católica deste templo volve ser unha mostra máis do gran poder eclesiástico no Estado español e da inadmisible voracidade material da curia, da dobre moral coa que predican a pobreza e acaparan riquezas improdutivas. O templo, o mosteiro, o cemiterio e as hortas permaneceron en abandono e decadencia ata que o poder civil tomou a decisión de asumir a súa recuperación, rehabilitación e posta en servizo, xa que se trataba dun edificio exclaustrado. Só unha vez salvado da ruína, a Igrexa decidiu reivindicar a propiedade. Para que? Para que, como tantos templos, permaneza pechado, sen utilidade e consumindo subvencións públicas para a súa conservación.
Teño a certeza de que se a Igrexa católica pagase os mesmos impostos con que todos contribuímos ós concellos polas nosas propiedades, semellante voracidade posesiva decaería. Sería unha boa solución para que revertesen á sociedade esas propiedades, produto de 500 anos de monopolio relixioso, ou para que moitas delas pasasen a usos produtivos como museos, centros culturais, instalacións hostaleiras... que mesmo axudarían ó mantemento da Igrexa, sen recorrer ó erario público e ós impostos de crentes e non crentes.

Igrexa galega versus igrexa catalana
A Xunta de Galicia concedeulle as medallas de ouro a Portomeñe e ao Cabido da Catedral de Santiago. A primeira medalla é autoconcedida, é para o ex-conselleiro Portomeñe como xestor do Xacobeo. A segunda é para a Igrexa, en concreto para os que xestionan a Catedral. Vou mostrar que son dúas medallas inmercidas por atentaren as dúas contra o noso maior ben colectivo, o idioma galego, pois nin o Xacobeo nin o Cabido catedralicio o respetan mínimamente.
O 27 de abril deste mesmo ano, hai tres meses, o secretario xeral de política lingüística, Anxo Lorenzo, reuníase con monseñor Julián Barrio. A nota que sobre a reunión sacou a propia Secretaría Xeral dicía no titular:
Entrando no contido da nota podíamos ler que Anxo Lorenzo comunicara que "ademais de favorecer que os fieis galegofalantes se sintan aínda máis acollidos no templo do Apóstolo, a presenza do galego nas celebracións relixiosas do arcebispado son un xeito de compartir cos peregrinos de fóra de Galicia unha das maiores riquezas da comunidade, a lingua galega"
Eu non podo facer outra cousa que preguntarme sobre as razóns da reunión ou sobre os resultados da mesma. Cando se trata de facer carteis informativos, o Xacobeo 2010, empresa pública sustentada pola Xunta, e o Cabildo da Catedral, elaboran un única e exclusivamente en castelán, tal e como denunciou onte a Mesa e tal e como podedes comprobar na foto que saquei hoxe na entrada da Porta Santa da Catedral de Santiago e que peguei aquí. Con carteis como este non parece que os fieis galegofalantes se sintan máis acollidos, e de seguro que os peregrinos de fóra pasarán por Galicia sen enterarse de que aquí falamos, escribimos e facemos carteis en galego.
O 27 de abril deste mesmo ano, hai tres meses, o secretario xeral de política lingüística, Anxo Lorenzo, reuníase con monseñor Julián Barrio. A nota que sobre a reunión sacou a propia Secretaría Xeral dicía no titular:
Monseñor Xulián Barrio recibiu hoxe o secretario xeral de Política Lingüística, quen lle trasladou a importancia de impulsar o uso desta lingua nas iniciativas relixiosas deste Ano Santo
Entrando no contido da nota podíamos ler que Anxo Lorenzo comunicara que "ademais de favorecer que os fieis galegofalantes se sintan aínda máis acollidos no templo do Apóstolo, a presenza do galego nas celebracións relixiosas do arcebispado son un xeito de compartir cos peregrinos de fóra de Galicia unha das maiores riquezas da comunidade, a lingua galega"
Eu non podo facer outra cousa que preguntarme sobre as razóns da reunión ou sobre os resultados da mesma. Cando se trata de facer carteis informativos, o Xacobeo 2010, empresa pública sustentada pola Xunta, e o Cabildo da Catedral, elaboran un única e exclusivamente en castelán, tal e como denunciou onte a Mesa e tal e como podedes comprobar na foto que saquei hoxe na entrada da Porta Santa da Catedral de Santiago e que peguei aquí. Con carteis como este non parece que os fieis galegofalantes se sintan máis acollidos, e de seguro que os peregrinos de fóra pasarán por Galicia sen enterarse de que aquí falamos, escribimos e facemos carteis en galego.Por comparar. O Papa Bieito 16 vai consagrar a Sagrada Familia o vindeiro 7 de novembro. A igrexa catalana presentou esta semana os carteis para anunciar o acto, o lema é "Amb el Papa a la Sagrada Família". Nótase que en Cataluña Anxo Lorenzo non é o que leva a política lingüística.
sábado, 24 de xullo de 2010
O galego non existe na Catedral
Ano Xacobeo 2010, milleiros de visitantes na Catedral de Santiago. Os turistas que a visitan, igual que os turistas que visitan Galicia, pasarán por aquí sen saber que temos unha lingua de noso.
Para denunciar este despropósito hoxe A Mesa pola Normalización mudou simbólicamente algún dos sinais turísticos da Catedral, incluída a cartelaría exterior, financiada pola Xunta, que se instalou nos accesos con motivo do Ano Santo Xacobeo.
No comunicado de prensa da Mesa destácase que:
o exemplar elaborado pola Mesa tiña os textos en tres linguas (galego, castelán e inglés), mentres que os paineis orixinais só contan con versión en castelán. Ademais, o cartaz elaborado pola Mesa respecta a toponimia oficial, algo que non acontece nos actuais. “Só lles faltaba pór Plaza del Taller en troca de Praza do Obradoiro”, ironizou o presidente da Mesa, que lamentou que “nesta sinalización paga co diñeiro de todas e todos aparezan de forma deturpada os nomes do resto das rúas e prazas de Compostela”.
O presidente da Mesa, que estivo no acto xunto co vicepresidente, Fran Rei, e a secretaria xeral da entidade, Iria Taibo, criticou con dureza “a galegofobia irracional da actual Xunta”. “Nós non estamos a defender co acto de hoxe que toda a sinalización turística estea en exclusiva en galego. Nós o que dicimos é que o galego suma, que é un valor a maiores e un tesouro para compartirmos. O que non fai ningún sentido é que a Xunta elabore ou financie sinalizacións turísticas que están exclusivamente en castelán. Repárese: a rotulación que nós hoxe colocamos de forma simbólica está en galego, castelán e inglés; a da Xunta, exclusivamente en español”. Callón subliñou ademais que esta exclusión do galego se produce “nun espazo público e referencial tan importante para Galiza como é a catedral de Santiago, un dos nosos principais emblemas históricos e culturais”.
A Xunta podía aproveitar, por exemplo, o aniversario da morte de Rosalía de Castro, tal e como fixeron no acto dos días pasados os escritores galegos da AELG, facendo roteiros polas diversas casas nas que viviu a escritora en Santiago, ofrecendo excursións á casa-museo de Rosalía, editando a obra de Rosalía en diversos idiomas, facendo congresos... Mais aquí non hai nada diso.
Hai algúns meses fun a Amsterdam. Alí venden como un dos grandes atractivos da cidade a obra de Anne Frank, as colas para visitar a súa casa son enormes, tanto que eu non puiden entrar e tiven que conformarme co seguinte vídeo. Igualiño que aquí, vamos.

venres, 4 de xuño de 2010
O camiño de Anxo Lorenzo cara abeatificación.
Pode ser que á maioría lle pasaran desapercibidas as seguintes novas lanzadas pola SXPL e que teñen como protagonista ao seu máximo responsable: Anxo Lorenzo.O arcebispo de Santiago de Compostela entrevistouse con Anxo Lorenzo. Data 27/04/2010
O bispo da diócese de Mondoñedo-Ferrol e Anxo Lorenzo compartiron o seu interese en potenciar o uso desta lingua na actividade eclesial . Data 28/0572010
Despois de toda esta actividade eclesiástica estamos en condicións de aventurar con suficiente fiabilidade que nos dous ou tres vindeiros meses o responsable da Secretaría Xeral de Política Lingüística vai entrevistarse cos bispos das dióceses que lle faltan: Lugo, Ourense e Astorga. Finalizada esta xeira Anxo Lorenzo estará a un paso da beatificación.Terá dura competencia no santoral, porque Lourenzos que foron santos hai moitos e moi principais. Sobre todo o primeiro, mártir, un dos sete diáconos de Roma que sería queimado nunha grella polos romanos. Hai quen, non sen certa mala idea, di que é o santo do churrasco.
Tendo en conta que o secretario xerall é Anxo de nome, pode acabar sendo San Anxo Lourenzo, o Exterminador. A data da súa celebración pode ser o 17 de maio e del as crónicas contarán o milagre consistente na eliminación do galego do ámbito educativo mediante un único decreto e as súas disposicións adicionais.
Recemos:
Salve, Oh Galicia caníbal,
a ti imploramos, nai normalizada.
Ofrecémosche un churrasco de secretario
pola salvación da nosa lingua.
Amén.
Etiquetas:
Anxo Lorenzo,
cousas,
Igrexa,
SXPL
mércores, 26 de maio de 2010
Enterrarse en galego
por Rubén Aramburu Molet, en Terra e TempoNa tardiña do día das letras visitei o cemiterio da nosa parroquia por ver como andaba o da imposición do galego nas portas do ultramundo. De entre 200 lápidas e cadriños con dedicatorias que están moi de moda, só atopei tres en galego. Nunha parroquia rural onde a maior parte da poboación exprésase en galego e fala moi mal o castelán, non deixa de ser un paradoxo, pero tamén a confirmación máis lapidaria da imposición dunha lingua, pois non hai maior imposición que tras pasar a vida falando en galego e chamándote, por exemplo, Regueiro ou Lusquiños, descanses para sempre baixo epitafios tales: falleció el día 4 de diciembre... su mujer e hijos apenados... Debe ser curiosa a lectura que farán os parentes dos finados xa que por aquí hai unha gran confusión á hora de pronunciar as gues e as xotas cando intentan falar en castelán, e non é raro ouvir: "ya le digue a mis higos".
Cando preguntas a un cura por qué non emprega o galego na liturxia é moi normal que conteste: -e que a xente non quere, non lle gusta… Pero o máis contraditorio é a naturalidade con que asumimos este feito xa que ninguén fai problema polo tema, e o que chama a atención é que apareza unha lápida en galego, que até é interpretado como unha forma de distinguirse dos demais.
Poucas cousas hai que os galegos tomemos tan en serio como a derradeira viaxe cara o alén, aínda que nas vilas e cidades vai aparecendo a globalización fúnebre, e o mesmo é un enterro en Viveiro que en Móstoles. Moita da culpa é das modernas empresas funerarias, tan profesionais, pero que poucas veces teñen o acerto de lles ofertar aos parentes do defunto, unha esquela, ou unha lápida en galego. Que estraño este país, que non se enterra na lingua que fala!
Outra historia son os funerais. Nun arciprestado da Barbanza, hai xa anos que os cregos decidiron impulsar algo o galego na liturxia, e tiveron a xenial idea de que o momento idóneo eran os enterros e cabodanos. Así podes bautizar, casar e ir a misa dominical en castelán pero ten a seguridade de que o enterro será en galego. Con frecuencia escóitanse queixas de persoas que pediron a última misa en galego e foilles negada polo crego, escusando que non sabía, que non tiña libros, e outras porque non lle dá a gana pois el fala castelán. Un estudo moi interesante publicado polo Consello da Cultura Galega (Receptividade do galego na liturxia. D. lópez Muñoz. 2000) dicíanos que a maior parte dos cregos falan en galego todo o santo día, agás cando soben ao altar. Que pasa pois? Teño a certeza que é un problema de autoridade e inseguridade. A maior parte do clero non estudou galego (a idade media anda polos 70 anos), o non dominar a gramática nin a escrita perden seguranza e algo de poder. Tamén é certo que foron machucados e castigados de nenos por falar galego no seminario, e xa sabemos que o subconsciente fai magas.
O dos libros non se sostén. A tradución dos libros ao galego, se ben con moito retraso con respecto a Cataluña e Euskadi, xa está completa e subvencionada pola Xunta. Mesmo se repartiron miles de libros de balde, que esmorecen en húmidos recunchos de sancristías.
Cando preguntas a un cura por qué non emprega o galego na liturxia é moi normal que conteste: -e que a xente non quere, non lle gusta... A da lingua debe ser a única consulta democrática que ás veces se fai nas parroquias.
O cemiterio máis galeguizado que coñezo é o de Aguiño. Durante 40 anos, Francisco Lorenzo Mariño, cura da parroquia, exerceu un extraordinario labor pedagóxico a prol da nosa lingua. El mesmo deseñaba as lápidas, con debuxos de Castelao e coidando sempre a redacción en galego.
Hai anos unha orixinal iniciativa celebrouse en varias vilas galegas: "Galegos de por Vida". Asinábase un acta notarial dispondo que todo o referente ao pasamento (esquelas, lápidas, misas...) do "abaixofirmante" empregaríase o galego, e de non ser, gardaríase silencio, respectuoso.
Mesmo se editou un curioso catálogo de esquelas, epitafios, lemas para as cintas das flores,recordatorios...Das esquelas gustoume moito unha que dicía:
CARME TORRES GARCÍA
Villestro 31.2.1893
Villestro 31.2.1996
"Calade, que non é nada"
Eu xa ando a pensar no meu epitafio e dubido entre o "maloserá" ou usar aquel tan fermoso que relata Castelao en Cousas cando a velliña despedíase do seu amor de toda a vida dicindo:
-¡Deica logo, Eluterio
mércores, 28 de abril de 2010
A hostias co galego
Anxo Lorenzo reúnese moi cordialmente co presidente da deputación de Pontevedra, o Sr. Louzán, o mesmo que lle regala subvencións aos zunantes, os peores enemigos do galego.
Anxo Lorenzo reúnese moi amigablemente co director territorial de Telefónica, unha empresa que nunca destacou polo uso do galego nin nas facturas, nin na atención ao cliente, nin nas súas campañas,...
Anxo Lorenzo reúnese con Julián Barrio, arcebispo de Compostela, o máximo representante da Igrexa en Galicia, unha Igrexa que no que respecta á lingua xogou un papel nefasto pois foi un dos axentes castelanizadores máis influíntes e dinámicos na sociedade galega. E continúa a selo.
O caso é que Anxo Lorenzo non se reúne cos impulsores da revista galeguista cristiá, Irimia, nin cos de Encrucillada.
O asunto é que Anxo Lorenzo non se reúne con Queremos Galego, nin coa Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
O problema é que Anxo Lorenzo non se reúne cos sindicatos, nin con Prolingua, nin con Galego Patrimonio da Humanidade, nin con ninguén que defenda e use o galego. O problema é que só se reúne cos que minimizan, desprezan e tratan con desleixo a nosa lingua.
O problema é que Anxo Lorenzo é o alter ego de Jesús Vázquez, o conselleiro de educación, quen está empeñado en asociar o uso do galego coa violencia e os actos vandálicos.
O problema é que Anxo Lorenzo participa nun goberno cun partido político que di defender o plurilingüismo para reducir a presenza do galego no ensino, e a un tempo ataca o plurilingüismo para impedir o uso do galego no senado.
E así andamos. A hostias co galego.
sábado, 6 de marzo de 2010
Deus, Galicia e o 'Tribunal de Orden Público'
por Manuel Rivas, escritor, no xornal El País
O día en que o presidente da Xunta era recibido no Vaticano polo Papa Bieito XVI celebrábase en San Bartolomeu de Pontevedra o funeral de corpo presente por Manuel Espiña. Sen flores, sen esquelas. E eu diría que sen morte. Porque Manuel Espiña, nacido en Folgoso (Terra de Montes), cóengo da Colexiata de Coruña, fundador da comunidade do Home Novo, un santo clandestino e minimalista, sempre coas mans e as palabras cheas de frangullas de felicidade, Espiña, digo, enfrontouse á morte no seu día. Sen medo, a peito descuberto.
O retrato deste Goberno, un ano despois, é a dun grupo humano que mira con estupor o país
Foi en setembro de 1975. O ditador, nas portas el xa da porte, aínda tivo a derradeira vileza de asinar cinco condenas a pena de morte contra outros mozos antifascistas. Nin o rogo de Pablo VI conseguiu abrandalo. Nin o teléfono atendeu. Cando chamou o Papa, el mandou dicir que estaba a durmir.
Houbo un cura en Galicia que subiu ao púlpito ese domingo e chamou ao crime e ao criminal polo seu nome. E dixo que o ditador non estaba por enriba da lei de Deus, aínda que moitos fanáticos o cresen. Non, non foi hai tanto tempo. Manuel Espiña sabía que no templo había membros da policía secreta do franquismo a anotar as súas verbas. Sabíao ben, porque alí, na igrexa das Capuchinas da Coruña, ían cada domingo dende que en 1965 o arcebispo Quiroga Palacios autorizou aos padres Espiña e Morente a dar a santa misa en lingua galega.
Foi unha revolución. En realidade, Manuel Espiña non era un carácter para levar adxectivos. Era conservador e progresista, segundo en que cousas. Revolucionario? A iso dá unha boa resposta Victorino Pérez Prieto no seu magnífico libro Galegos e cristiáns (Editorial Sept), cando nos fala dun "cura con sotana" que, sobre todo, é un home bo: "Sería moito máis adiante cando descubrirá o galeguismo como compromiso cunha terra e o cristianismo como 'unha revolución sen estrear'".
Mais volvamos ao Vaticano, esta segunda feira. Segundo o testemuño de Núñez Feijoo, o Papa moveu con estilo a pequena réplica do botafumeiro con que foi agasallado e tamén preguntou se o Códice Calixtino, outro agasallo, estaba en lingua galega.
Mágoa que o xefe da Igrexa católica, a gran fe da maioría da xente galega, non preguntara por Espiña, o autor de Terra santa e un dos primeiros en verter os Evanxeos ao galego, que estaba a ter a derradeira despedida nese intre, cuberto o cadaleito coa bandeira galega, mentres no adro soaba o himno coa elevación das gaitas. E o Papa non sabería del, ho!
Si. É posíbel que Bieito XVI non se lembrase, mais aqueloutro que foi antes de ser papa, o cardeal Ratzinger si. El, o prefecto do Santo Oficio, el si tiña que saber a historia de Espiña. El tiña, ten, toda a información na cabeza. El sabería a historia daquel cura da Coruña que se atreveu a chamar verdugo a Franco. Que foi xulgado polo Tribunal de Orden Público (TOP) da ditadura e condenado finalmente a unha multa de 150.000 pesetas, que daquela eran millóns.
E tampouco non tería nin idea o señor Núñez Feijóo?
Coido que teño unha resposta para esta última pregunta. Non creo que o presidente da Xunta nin ningún dos seus conselleiros souberan de Espiña, autor d'A alma dos galegos. O retrato deste Goberno, un ano despois da gañar as eleccións, é o dun grupo humano que mira con estupor o país que goberna. Criticouse moitos días á Rosa Pexorativa, que non era a primeira que piaba, mais o rosadiecismo é unha compoñente ideolóxica fundamental do actual grupo dominante na dereita galega. O rosadiecismo está representado nos dicires e nos feitos de gran parte da Xunta e dos voceiros na política e na opinión xornalística.
Espiña non calou ante os devoradores do galego, por moi poderosos que fosen e cando os tempos eran dun viruxe que facía tremer as carqueixas. El publicou sempre en galego, e perante trinta anos, a sección O outeiro de San Xusto, La Voz de Galicia. Comezou en xaneiro de 1970, a proposta do entón director Francisco Pillado. Cada domingo, Espiña subía un chanzo daquel outeiro. Era unha epístola cada vez máis valente, máis luminosa, máis ecuménica, máis radical no sentido de profundadora.
Era un home dotado dunha "sinxeleza bíblica". E ese era o seu xeito para se relacionar con todo. Sabía que Xesús Cristo e os seus falaban a lingua do pobo, non tiñan complexos, e mesmo as imaxes e as parábolas recollidas polos evanxeos, e mesmo ese sentido común revolucionario que trouxo en moitos eidos o cristianismo, todo iso estaba moi inspirado pola cultura popular. El mamou o galego como o fillo do carpinteiro o arameo. Home animado, afábel, risoño como santo cómico con sotana, levaba con dor o calvario da lingua na que naceran as Cantigas de Santa María: "Galicia está viva, nunca estivo morta, aínda que houbo quen lle cantou o funeral. O espírito de Galicia sempre estivo con ela... Mais temos que confesar que en Galicia hai moitas cousas mortas e outras a piques de morrer. O máis grande que temos, a nosa lingua, pra moitos é como as follas secas, que se espera que o vente as leve a calquera recanto onde apodrezan... O pecado vén de moito atrás, xa case é pecado orixinal".
Unha vez nomearon un bispo que non quería saber nada do galego e entón Espiña mudou o desacougo e o fastío en humor e escribiu por primeira e última vez a sección co título El oterito de San Justino: "Pude ver con toda claridad que eso de que Galicia es diferente a Castilla y de que tiene una lengua e identidad propias, es una absoluta tontería. Aquí el noventa y cinco por ciento de los curas hacen todo en castellano y sus obispos también, y el diminuto número de disidentes es por política, y una política heterodoxa, separatista, revolucionaria y casi atea".
O Outeiro era o seu Sermón da Montaña, que non pretendía adoutrinar, senón, como os doce consellos de Xesús, espallar a Lei do amor. Esa que ten por regra de ouro: "Facede vós cos demais todo o que desexades que fagan eles convosco". El tiña moi presente o primeiro dos consellos: renunciade a acumular tesouros perecedoiros e buscade o tesouro que non esmorece endexamais. Con ese tesouro andaba o noso home. Cando lle puxeron aquela multa impagábel por denunciar a inhumanidade do medio de tanto silencio cómplice, chegoulle una inesperada axuda. A do pintor Luís Seoane, que lle enviou un dos cadros emblemáticos da pintura galega moderna: O Cristo obreiro. E co cadro unha mensaxe: "No Deus que vostede predica, tamén creo eu".
Si, a morte pasou de lonxe cando o enterro de Espiña. Respectouno. El non fora covarde. Dixéralle a verdade, pan por pan, o día miserábel.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)