Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Lalín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lalín. Amosar todas as publicacións

xoves, 22 de febreiro de 2024

Ciencia en galego no Día da Lingua Materna

 

Este vídeo de Diego Luís Ojea, alumno do IES Pintor Colmeiro (Silleda) foi o gañador do concurso Petiscos de ciencia convocado pola USC no que premian vídeos de ciencia en galego. Unha feliz coincidencia quixo que se o acto de entrega de premios fose precisamente no Día da Lingua Materna, tamén o día en que o PP veta o uso do galego no Senado. Non debe ser unha coincidencia pois tamén é o PP o que prohíbe o uso da lingua galega nas clases de ciencias, de aí que aínda sexa máis pertinente e necesaria a existencia deste concurso.
O segundo premio foi para Nuria Castro González, Alejandra Chamorro García e Xiomara Silva Vázquez, do IES Laxeiro de Lalín. Velaquí o tedes:

domingo, 9 de xuño de 2019

I concurso de ilustración científica Ramón Mª Aller

No IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín) tiveron a excelente idea de xuntar a arte e a ciencia nun concurso de ilustracións científicas. Foi promovido polos departamentos de Bioloxía e Debuxo.
Parabéns pola iniciativa, e a seguir avanzando na ciencia en galego, como se fai decote no blogue Toc-Toc-A-Ciencia



domingo, 25 de febreiro de 2018

venres, 24 de febreiro de 2017

RosalíaTe, RosalíaTe, RosalíaTe, RosalíaTe, RosalíaTe, RosalíaTe, RosalíaTe, RosalíaTe, RosalíaTe

Na orde pola que se aprobou o calendario escolar do presente curso 16-17, a Consellería de Educación recomenda celebrar as seguintes conmemoracións (artigo 8):
  • 20 de novembro de 2016: Día Universal da Infancia.
  • 25 de novembro de 2016: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
  • Do 1 ao 11 de decembro de 2016: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.
  • 10 de decembro de 2016: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
  • 30 de xaneiro de 2017: Día Escolar da non Violencia e da Paz.
  • 8 de marzo de 2017: Día Internacional da Muller.
  • 15 de marzo de 2017: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
  • Do 6 ao 10 de marzo de 2017: Semana da Prensa. 
  • 7 de abril de 2017: Día Mundial da Saúde.
  • Entre o 17 e o 21 de abril de 2017: Semana do Libro.
  • 9 de maio de 2017: Día de Europa.
  • Do 9 ao 17 de maio de 2017: Semana das Letras Galegas.
  • 5 de xuño de 2017: Día Mundial do Medio Ambiente.
Un total de 13 conmemoracións. Entre elas non aparece o Día de Rosalía a pesar de que, a instancias da CIG-Ensino, se solicitara a inclusión desta data nese listado. Razóns para esta exclusión non parece haber ningunha máis que o intento de poñerlle freo ao orgullo pola lingua que nos identifica. Agora ben, despois de visto o tremendo éxito que está a ter a celebración do Día de Rosalía, vai ser mellor que os responsables da Consellería de Educación busquen un agocho onde ocultar as súas vergonzas, se é que as teñen.
Como mostra da enorme repercusión do Día de Rosalía, vai esta escolma de mannequin challenges realizados ao abeiro da convocatoria da AELG. Os que están aquí son só unha pequena mostra, para máis información consultar na páxina da AELG ou no seu blogue.


Ten moitísimo mérito que estes cativiños da EEI (Escola de Educaición Infantil) Monte da Guía de Teis (Vigo) ficaran tan inmóbiles como estatuas para este Mannequin Rosalía



O seguinte mannequin ten a particularidade da súa enorme duración, percorreron todo o CPI As Mirandas (Ares) para levalo a cabo



No terceiro, do IES de Curtis, descúbrennos unha biblioteca moi ben coidada. Canto traballo silencioso hai en moitos centros de ensino! Ademais cunha música e realización envexables



A rapazada o IES de Salvaterra de Miño tivo a orixinal idea de facer o seu mannequin na Casa da Matanza (e non foi o único que fixeron)



No IES Campo de San Alberto (Noia) xogaron coa velocidade das imaxes polo que conseguiron, nun vídeo de curta duración, percorrer todos os corredores do centro



Pódese aplicar a técnica do mannequin challenge para realizar unha curta, contar unha historia, recitar un poema e pegalle unha volta a uns versos do XIX tales que resulten plenamente actuais? Se pensar que non pode ser, mira este vídeo do IES Laxeiro (Lalín)



No IES Aquis Celenis (Caldas de Reis) teceron xuntas o nobelo de Rosalía



Do IES Xelmirez II (Santiago) recoollín este vídeo de 1ºB, aínda que alí nos abriron as portas a todas as aulas de 1º da ESO.




Finalmente, no meu centro, o ENDL compuxo este inquietante vídeo con referencias á emigración e reivindicando o nome de Rosalía de Castro para o aeroporto de Santiago:




P.S.:BNG pide á Xunta a inclusión do Día de Rosalía no calendario escolar, 24/02/14, Sermos Galiza

domingo, 8 de xaneiro de 2017

Noticias sobre a normalización nos concellos de Silleda e Lalín e Vila de Cruces

Durante as últimas semanas a canle Nós Televisión fixo varios reportaxes arredor da normalización lingüística en varios concellos.
O primeiro deles vai sobre actividades realizadas en Lalín arredor da escrita creativa, narracións e contos. Recoñécese que hai unha situación problemática xa que é moi raro que a lingua habitural dos nenos sexa o galego. Invito a ver o vídeo xa pois entre outros entrevistan a Celso Fernández Sanmartín, que sempre é un gusto escoitalo.



O segundo vídeo que recollo trata sobre actividades nun concello ao que lle collín moito cariño por ter traballado alí durante 13 anos, Silleda. Neste caso trátase de sesións en familia de contacontos e manualidades e de orientación para os pais de lecturas co fin de manter a tranmisión xeneracional. O concello de Silleda tamén lle regalará unha "caixa finlandesa" aos nacidos no municipio, aínda que neste caso non será como a da Xunta, que cacarexada como un alicerce máis do seu aparente galeguismo, traía un CD de cancións en castelán. Polo menos as de Silleda veñen en galego.



A última das reportaxes está centrada en Vila de Cruces. Neste caso temos unha reportaxe sobre a sinalización da toponimia das parroquias e os lugares. Con esta campaña queren comenzar a corrixir algunhas deturpacións. O maior interese deste vídeo é o de poder ver como o concelleiro de obras e servizos, que non dubida en aceptar a única prescripcións existente no relativo ao emprego do galego tal como é o do relativo aos topónimos, revela os seus prexuízos con frases como "á xente cóstalle adaptarse ao galego normativo que teñen agora os lugares como por exemplo Xordedo, Mosteiro ou Igrexa". Aínda bo é que informa que contan con técnicos no concello que lles indican cal é a forma non escangallada do topónimo.

luns, 4 de xullo de 2016

A mocidade fala da lingua: Pontedeume, Neda, Moeche, Muros, Lalín, Fisterra e Pontevedra

Rematabamos o pasado mes cunha referencia ao programa Rabela, de Nós TV, adicado á reflexión sobre a situación actual da lingua galega. Os mantedores da canle de You Tube desta televisión tiveron a boa idea de colgar os vídeos nos que entrevistaran á rapazada de Pontedeume, Neda, Moeche, Muros, Lalín, Fisterra e Pontevedra. Unha alfaia para teren en conta os ENDL.




















xoves, 16 de xuño de 2016

Unidos pola lingua en Lalín


Quizais xa o víchedes na tele, porque o acontecemento tivo moita repercusión. Foi hai un mes, o pasado 16 de maio. Unha cadea formada por mozas e mozos dos dous institutos de Lalín estendeuse entre os dous centros. Unha cadea humana de máis de un quilómetro, a distancia que hai entre o IES Laxeiro e o IES Ramón Mª Aller Ulloa, que contou coa colaboración da policía local. Os rapaces colocáronse polas rúas Luís González Taboada, D e Penatoare. Unha vez que confluíron, utilizouse a cadea para intercambiarse libros. O IES Aller Ulloa entregoulle ao outro centro Astronomía a ollo ceibe, (o libro que debía ser o primeiro libro de divulgación científica en galego, proxecto fanado polo desastre da Guerra Civil e posterior dictadura) e Presas fáciles, de Miguelanxo Prado. Do IES Laxeiro partiron Historia do ADN, de Daniel Soutullo, e Cantos de poeta, de Gelria.
Ambos centros fixeron público un manifesto conxunto no que destacan a importancia da ciencia en galego, agora prohibida nos centros de ensino pola defenestación do funesto decreto do plurilingüismo ao que cualifican acertadamente no manifesto como "exemplo de estratexia de substitución lingüística habilmente calculada."

xoves, 15 de outubro de 2015

Lalín sen lingua galega

Anuncian unha "fiesta cerveza alemana" en Lalín, e polo que podemos ler no cartel ben parece que Lalín é unha vila de Segovia.
Conviña que os organizadores do evento se pararan a pensar quen van ser os seus clientes, e como non o pensaron mellor será que non pase por alí moita xente.

sábado, 28 de febreiro de 2015

Nós cantar cantamos


O curso pasado no IES Pintor Colmeiro fixemos unha colaboración co IES Ramón Mª Aller Ulloa chamada "Nós cantar cantamos" que consistía na recollida e divulgación de 36 poesías doutras tantas autoras para construir un taboleiro colgando unha cada día e así unir o Día de Rosalía co Día da Poesía.
O equipo de poetas é de luxo. E as ilustracións, outra marabilla; foron realizadas nas aulas do Bacharelato de Artes de 2º BAC do IES “Ramón Mª Aller Ulloa”. O libro que recompila todo este traballo é unha alfaia máis nese Día de Rosalía que xa brila máis que ningún outro na constelación das celebracións do ano.
O título do poemario fai referencia ao poema de Cantares: "Eu cantar cantei"

Outras publicacións arredor do Día de Rosalía:

martes, 10 de xuño de 2014

1º concurso literario Mª Vitoria Taboada

Despois do mal corpo que a un lle queda ao ler a entrada anterior, quixen seguir co mesmo tema pero cambiando completamente de baile. Trátase, outra vez dun concurso literario, pero éste está enraizado no amor á nosa lingua. O ENDL do IES Ramón Mª Aller (Lalín) en homenaxe moi sentida a quen fora profesora do centro organizou un concurso literario no que participaron (e con éxito) moitos alumnos do meu centro.
Desde o ENDL aseguran que o vídeo do emotivo acto de entrega dos premios así como edición impresa do libro cos gañadores do certame están ás portas, mentres podedemos gozar coa escritura en formato dixital destes mozos:



sábado, 25 de decembro de 2010

Un libro de astronomía en galego

Acábanme de traer o útlimo número do boletín A marela tarabela, da biblioteca do instituto "Ramón María Aller" de Lalín, que precisamente está adicado á figura do astrónomo de Lalín que lle dá nome ao centro. A publicación é unha moi boa introdución á vida e obra de Aller, unha pequena xoia. É tamén unha mostra do que fai profesorado dos centros públicos. O boletín do instituto de Lalín , neste núemero cae dentro do ámbito da divulgación científica, un campo prácticamente inédito na nosa terra. .
Na contraportada da publicación podemos ler unha noticia publicada no periódico El Compostelano o 20/05/1936 e que fai referencia á presentación  no Seminario de Estudos Galegos do orixinal dun libro de D. Ramón Aller, ilustrado polo propio autor. Prevíase que o libro fose unha fermosísima iniciación ao estudo da astronomía e o primeiro paso na normalización da ciencia a nível popular. Dous meses depois prodúcese a revolta militar e comenza a guerra, despois o goberno fascista,...
Do libro de Aller, titulado Astronomía a ollo ceibe, non volve a haber noticias. Xeneracións de estudantes víronse privadas das súas ensinanzas e a ciencia galega perdeu unha oportunidade de outro.
Hoxe ninguén publicaría ese libro porque o decreto de plurilingüismo prohibe o seu uso aos que serían os destinatarios naturais do mesmo: os estudantes de secundaria.
Hoxe niguén diría que vivimos nun estado fascista... mais as consecuencias son as mesmas.