Hoxe chego cunha impresión distinta. Eu, que de natural son pesimista, estou albiscando que a baixada aos infernos da normalización xa chegou ao seu punto máis baixo e que un futuro máis prometedor non está lonxe. Sinto que o final deste blogue non está lonxe. Ogallá.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta aniversario b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aniversario b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 6 de xaneiro de 2022
Doce anos e un día
Con esta xa son doce as veces que coloco o camelo neste blogue. Isto faime lembrar o momento do inicio desta aventura virtual. Daquela enxergábanse malos tempos para a lingua galega; ese foi o motivo polo que naceu esta Carta Xeométrica. Despois pensei e abandonalo en moitas ocasións. Se non o fixen foi porque dalgunha maneira sentía que era necesario manter esta luz acesa fronte á escuridade da política lingüística que nos rodea.
martes, 11 de febreiro de 2020
Dez anos da presentación das 55 mentiras
por Francisco Fernández Rei, nas Voces de ProLingua:
Para Xavier P. DoCampo,para Agustín Fernández Paz epara María Xosé Rodríguez Valcárcel,irmáns e irmá de ProLinguaque andan a navegar polos mares ignotos do Alén.
Hoxe hai dez anos da acción máis impactante de ProLingua: a multipresentación, ás 20:30 hora local, do libro 55 mentiras sobre a lingua galega en 69 localidades de Galicia e doutras zonas de España, e tamén no estranxeiro, en cidades de Europa, América e Asia. Nas semanas seguintes tivo lugar, ademais, un bo quiñón de novas presentacións noutros lugares diferentes.
martes, 28 de xaneiro de 2020
Eu falo, outro aniversario
O outro día María Yáñez compartía no Twitter o décimo aniversario da inauguración do portal Eufalo.TV, xa desaparecido. Así e todo, podemos volver sobre os vídeos que alí se colgaran grazas a esta lista de reprodución da que deixo aquí un vídeo, precisamente o recomendado pola propia María Yáñez.
domingo, 28 de xullo de 2013
Documental "150 anos de Cantares Gallegos" do CPI Uxio Novoneyra
Documental 150 Anos de "Cantares Gallegos" Unha homenaxe ao 150 aniversario da publicación do libro de Rosalía de Castro feita polos alumnos do CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro, en colaboración co equipo de Dinamización Lingúística deste mismo centro.
Toda unha ledicia este enorme traballo que une cunha corda ben forte os nomes de Novoneyra e Rosalía.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)