Uxía (Galiza), Chico César (Brasil), Celina da Piedade (Portugal), Cheny Wa Gune (Moçambique) con letra e música de Uxía, Sérgio Tannus protagonizan esta peza musical, "A ponte", para celebrar o recoñecemento de Ponte... nas ondas pola UNESCO
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta radio b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta radio b>. Amosar todas as publicacións
martes, 14 de febreiro de 2023
martes, 28 de xuño de 2022
Conversa con Xurxo Souto
Xa ten un tempo, mais poderiamos estar conversando con Xurxo Souto todos os días e nunca cansariamos. O colectivo Roxín Roxal tivo a feliz idea de gravar este programa radiofónico no que comprobamos como Xurxo Souto é un animal radio.
sábado, 23 de xuño de 2018
Rianxo Fala na radio
Alumnado do proxecto de radio RIANXO FALA do IES Félix Muriel (Rianxo) durante a visita ás instalacións da RTVG e a entrevista improvisada que Kiko Novoa e Carlos Jiménez, lles fixeron en directo durante a emisión do programa Galicia por diante.
martes, 14 de febreiro de 2017
Un programa de Radio Abrente
Onte foi o Día mundial da radio, o mellor momento para compartir estre programa radiofónico realizada polo alumnado do Colexio Abrente (Sanxenxo). Normal que a serie de programas de radio que realizan se chame Radio Abrente.
Teño a seguridade de que todo aquel que non se puxera a sacar adiante un programa de radio escolar, non é quen de imaxinar o traballo que ten que haber detrás. Preparación e mantemento dunha sala de gravación, elaboración dos contidos, a procura de momentos e persoas para entrevistar, a escolma de cortes musicais, o proceso de gravación e edición....
Foi grazas a un chío de Música en galego que me chegou a noticia deste programa que ben podería emitirse por calquera canle radiofónica, se non fose porque a maior parte do espazo radiofónico está tomado por emisoras que renegan da nosa lingua, unha constante no noso esquilmado panorama social. Esperemos que o futuro veña da man dos rapaces que podemos escoitar neste podcast que presentaban con estas palabras: "Queremos informar sobre a situación de risco que sofre, as causas e consecuencias. O mesmo tempo animar a profesorado, alumnado e familias a falar na lingua de Rosalía de Castro e mantela viva entre todos."

A escaleta do programa é a seguinte:
- 1º de primaria cantan "O Mercado" de María Fumaça.
- 2º de primaria din palabras bonitas en galego.
- 3º de primaria refráns e frases con retranca.
- 4º e 5º de primaria, frases para animar a falar a nosa lingua, eslogans.
- 6º rap da lingua.
- 1º da ESO, poema.
- 2º da ESO, poema.
- 3º da ESO, entrevista a Laura Sáez, da editorial Patas de Peixe.
- 3º e 4º da ESO, presentan o programa cunha reflexión sobre o galego.
Parabéns a todos os que fan posible este pequeno milagre.
xoves, 3 de novembro de 2016
"Astronomía a ollo ceibe" por Martin Pawley
Nas mañáns dos sábados hai unha sección de astronomía na programación de Radiovoz, A noite necesaria. Grazas a un chío da Agrupación Ío souben da subida do podcast do que Martin Pawley contou sobre Ramón Mª Aller no programa do pasado 03/04/16.
Pawley falou sobre todo de "Astronomía a ollo ceibe", o libro que Aller, da man do Seminario de Estudos Galegos, esperaba publicar no ano 1936 e que, de non ser polo golpe de estado dese ano, sería o primeiro libro de divulgación científica en galego. Insistindo sobre este tópico, e lembrando os artigos que entre os anos 1931-1934 escribiu o astrónomo lalinense na revista relixiosa Logos, Pawley chega a revindicar a figura de Aller como protagonista dun futuro Día das Letras.
O corte é realmente divulgativo e entretido.
Non sería mala idea reproducir este podcast como actividade para celebrar o Día da Ciencia en Galego, agora que a CGENDL anunciou o seu cese de actividades. Lembremos que a CGENDL foi a maior impulsora desa celebración na que se denunciaba a expulsión do galego das aulas das materias científicas.

luns, 9 de maio de 2016
Un espello para a zunia
O pasado 04/05/16, no programa 'A Tarde' da Radio Galega, a periodista Cristina García quixolle facer unha entrevista ao produtor musical Julián Ruíz que está promocionando un libro da que é autor. En menos de dous minutos pódese comprobar a prepotencia centralista acompañada da falta de respecto a todo un pobo.
Custoume traballo poñer isto aquí (non quería lixar este portal), pero se finalmente o puxen foi para que a zunia teña un espello no que mirarse.
sábado, 13 de xuño de 2015
Quê foi do rock and roll? (polo regresso do Planeta Furancho)
por Ramiro Vidal, no Sermos Galiza:
Lembro-me que em certa ocasiom um prestigioso músico corunhês escrevera em La Voz de Galicia um artigo queixando-se do trato “de favor” que recebia o rock bravú, da atençom sobredimensionada que se lhe concedia na mídia, sementando pérolas tais como que as bandas bravús eram “mimadas” polas cámaras municipais, que se lhes subvencionava, se lhes ajudava a organizar concertos e outras afirmaçons que eram falsas de plano. O rock bravú, sim, foi aquele momento no que o rock em galego se converteu num fenómeno de massas, mas fazer rock em galego, ou música em galego em geral nunca foi fácil. Quem fai música em galego joga com desvantagem.
sábado, 28 de xuño de 2014
Entrevista a Xabier Docampo e Xosé Cobas
Tal e como comentou nesta mesma semana Agustín Fernández Paz na súa Laudatio a Xabier P. Docampo,
P.S.: chamoume a atención que Xabier P. Docampo e Agustín Fernández Paz se coñeceran impartindo matemáticas no ano 1973. 41 anos despois seguimos igual: coa prohibición de impartir esa materia en galego.
"Xabier, que soubo ver sempre as posibilidades de cada medio, por iso [o] atopamos facendo radio en distintas emisoras"facendo sempre promoción da lectura con esa voz profunda e engaioladora. Por isto escoitar esta entrevista que lle fixeron dúas alumnas do meu centro tráeme agradables recordos dun programa de da Radio Galega no que hai uns poucos anos interviña semanalmente invitando á lecura dun libro. A emisión cadrábame no coche, indo a traballar. Non volvín a dar cun programa radiofónico que me chegara tanto como aquel. Ademáis esta entrevista ten o valor engadido de que lle foi realizada paralelamente a Xabier Docampo e ao seu ilustrador de cabeceira Xosé Cobas.
P.S.: chamoume a atención que Xabier P. Docampo e Agustín Fernández Paz se coñeceran impartindo matemáticas no ano 1973. 41 anos despois seguimos igual: coa prohibición de impartir esa materia en galego.
luns, 19 de maio de 2014
Entrevista no programa de Proxecto Neo
O pasado mércores 14/05/14 os do Proxecto Neo tiveron o atrevemento de facerme unha entrevista para o seu programa radiofónico que emite Radio Burela.
Video streaming by Ustream
Video streaming by Ustream
domingo, 22 de decembro de 2013
Radio Colmeiro
Se non estivera presente cando despois dun recreo gravando saíran só con 10 segundos de emisión...se non os vise entrar unha en outra vez na aula na que editan os podcasts pensaría que este programa se montaría nun par de horas. Pero son moitos os pasos a dar. Compría buscar e traballar cun programa de edición, traballar usando una mesa de sonido, montar toda a aparataxe tecnolóxica, crear un guión, buscar material, música,...e poñerse a practicar.
Este é o seu primeiro programa, e faráseme moi longa a espera dos seguintes.
Denise Varela , Antía Buján e Irene Míguez son as presentadoras. Isidro Gil e Alberto Fariña son os técnicos de sonido. Todo un luxo ter estes alumnos.
xoves, 28 de novembro de 2013
Gústanme os nomes en galego
Radio Fusión, a emisora das radios municipais galegas, quixo colaborar coa campaña Gústame o galego e fíxoo emitindo un spot sobre os nomes galegos.
Etiquetas:
campañas,
onomástica,
radio,
vídeo
mércores, 13 de febreiro de 2013
Agustín Fernández Paz: "A loita pola lingua é a loita por unha sociedade mellor"
Iago Martínez faille unha entrevista a Agustín Fernández Paz para Cuac FM que podemos escoitar aquí abaixo a partir do minuto 21
Iago comenza preguntándolle sobre o seu nomeamento como doctor honoris causa pola Universidade de Vigo, e despois pasan tamén conversar sobre a lectura e a escritura.
A partir do minuto 35 trátase o tema da normalización. Agustín fala da hipocrisía dos que se manteñen no discruso da imposición e chama a continuar cun discurso ilusionante que están a desenvolver a CTNL e a CGENDL.
Tamén trataron sobre o ensino, do que como bo mestre, Fernández Paz bota en falta o trato cos rapaces, e no aspecto negativo comentou que a "lei Wert é a volta ao franquismo".
Ir a descargar

sábado, 2 de febreiro de 2013
Diálogo aberto con Valentín García
Onte, 01/02/2013, o secretario xeral de política lingüística, Valentín García, foi entrevistado por Kiko Novoa no programa Galicia por Diante, na Radio Galega. O nível do discurso aportado por Valentín é realmente penoso e de baixa calidade. Confunde conceptos, ofrece ideas incompletas e completamente contraditorias. Así que aínda que, por afán de ser exhaustivo, engado a entrevista, non recomendo a ninguén que a escoite. Non aprenderá nada. Unha mágoa. O que si recomendo é o seguinte diálogo que establecín con algunha das xaculatorias que o actual secretario xeral dunha política lingüística absolutamente españolizadora ofreceu no programa das mañáns da Radio Galega.
O diálogo
A lingua non depende tanto dun decreto que afecta a certas asignaturasAsumes que o grande problema para chegar a un pacto para a normalización é o decreto de plurilingüismo. Asume que no 2004 houbo ese gran pacto: o Plan Xeral de Normalización da Lingua (PXNL). Pero calas o fundamental: que o decreto ataca directamente ás bases fundametais dese Plan e que se realmente quixeras establecer algún acordo sabes que deberías asumir todos os puntos alí sinalados.
A normalización da lingua non depende tanto dun decreto que afecta ao ámbito do ensino, nada máis, cando o ensino danos coñecementos e actitudes, cando quen nos dá o importante o uso, é a sociedade.Valentín, esquéceste decote que de o ensino fornecénos de capacidades. A incapacidade para falar en galego é o maior atranco para a normalización nas novas xeneracións. Polo demais é un muro insalvable. Tampouco pareces decatarte de que as leis son fulcrais no establecemento das actitudes. Unha lei ou, como é o caso, todo un conxunto delas, que no canto de favorecelo e potencialo, minimizan e acoutan o uso do galego están educando a toda a sociedade na estigmatización do galego. Mantés un discurso de que o uso da lingua se establece fóra da escola polo que non importa para nada que se destroce o poder normalizador deste ámbito. Pero é que tampouco nos ofrece ningún exemplo de normalización fóra do ensino. Por exemplo, cal é o nível de uso na administración de xustiza? Por que a Lei de Comercio non ten ningunha referencia ao uso do galego? Por que se retirou a esixencia do coñecemento do galego nas probas de acceso ás administracións públicas? E que pasa co recorte para edición de libros en galego? E que pasa con.....? En definitiva, é imposible atopar ningunha medida de goberno fóra do ensino que supuxera unha mellora para o galego nestes tres últimos anos ( e dentro, tampouco, claro)
As matemáticas teñen que ser en castelán,... todo isto pode variar nos centros plurilingües que adopatan unha terceira lingua.E tes razón, Valentín, nos centros plurilingües impártense as matemáticas en español e as outras materias en inglés. O galego é o que volve a perder. De todas formas non explica a razón dese afán de impoñer o galego nas aulas de matemáticas. Será polo prestixio secular que as esotéricas fórmulas matemáticas poderían outorgar á nosa lingua no caso de impartirse en galego. Sobre a calidade da lingua utilizada polos políticos.... os debates, ao encenderse, ao querer contestar rápido fainos que utilicemos unha lingua, un rexistro, máis coloquial Din por aí que eres licenciado en filoloxía. E será. Pero tamén eres o único que coñezo que confunde o rexistro lingüístico coa calidade lingüística.
Estamos traballando moito para as franxas de idade dos máis novosEfectivamente, no funesto e nomeado decreto, exclúese ao alumnado de infantil da posibilidade do contacto co galego. Así o recoñeceu o TSXG. E agora parece ser que a Xunta, e polo que se ve, co firme apoio da SXPL, vai recorrer as sentenzas do TSXG que así o ditaminan. Está claro en que dirección estades a traballar. Eu vou polo carril contrario.
Máis información: O secretario xeral de Política Lingüística di que non é “complicado” chegar a acordos con Queremos Galego, 01/02/2013, Sermos Galiza
mércores, 19 de decembro de 2012
Os prexuízos de Amalia
Pensando en ti é un programa da Radio Galega que se emite nas madrugadas. O seu condutor, Alberto Freire tivo que soportar a chamada dunha oínte de Ferrol que se reproduce aquí na emisión do 17/12/2012. A actitude de Alberto Freire foi firme, coherente e sumamente correcta. A de Amailia, a súa interlocutora, pola contra, podemos cualificala de penosa, maleducada e cargada de prexuízos.
Conviña pararse a pensar un pouco nos prexuízos que reflicten as palabras de Amalia e as razóns polas que os adquiriu.
- "usted por educación tiene que hablar el idioma que hablo yo, porque yo vivo en Galicia pero no soy gallega" Ésta é a dialéctica do que desde a oficialide se lle chama bilingüismo cordial. Cando se apela á amabilidade lingüística, moitas veces de moi malas maneiras, como se ve neste caso, reivindícase a aniquilación do galego baixo a preponderancia do castelán tan pronto como se enxerga o mínimo indicio da súa presencia. Ademais esta frase introduce o debate fundamental de fondo: cales son as delimitacións entre ser galego, estar en Galicia, e falar en galego? Identidade, territorio e lingua, velahí a cuestión.
- "o sea que yo, por escuchar la radio gallega, ¿tengo que saber el gallego?" O galego molesta, a súa presenza é imposición. A ignorancia ao poder. O poder da ignorancia refórzase co auto-odio: "Sé francés y sé el inglés pero el gallego no me interesa"
- "no soy de izquierdas, soy española" Todo un proxecto político.Amalia decátase perfectamente de que a dereita en Galicia renunciou ao seu carácter galego. A política ten unha dimensión educativa da maior importancia. As consecuencias da renuncia do PP á reivindicación da normalización vense ben claras no exemplo de Amalia.
- "Cuando viene Núñez Feijóo sabe que en Ferrol hablamos castellano.... en el teatro Jofre, donde vino hablar sabe que la gente que va, muchos no sabemos gallego, no tenemos interés". Por fin se declara, con nome e apelidos, quen sustenta a política de fomento dos prexuízos. Ter un referente político ao que anclar o sistema de prexuízos, é fundamental para poder sustentalos. Feióo non se pode declarar inocente de transmitir unha mensaxe sustentadora do auto-odio. Que sentido ten, senón, que un presidente da ¨Xunta se dirixa aos ferroláns en castelán?
venres, 13 de abril de 2012
Apréndeo, aténdeo, ascéndeo, deféndeo?
por Isabel G. Couso en Letra en obras:
Hoxe aproveito este recuncho de opinión para facer un convite. Convídovos a escoitar, criticamente, durante uns 20 minutos a Radio Galega (escóllase o horario que máis conveña á rutina de cada quen). Aposto a que nese longo período de tempo haberá, polo menos, unha persoa falando castelán. E non perdo o desafío, abofé.
domingo, 4 de marzo de 2012
Isto é galego
Isto é Galego. Episodio 1 from Cuac FM on Vimeo.
Isto é Galego, unha produción de Cuac FM, é o resultado dun traballo feito por voluntarios, con ilusión e creatividade. Procuraron facer un produto radiofónico entretido e dinámico.
O curso completo ten 13 capítulos; pódese escoitar (ou descargar) o audio, ou hai alternativa de seguilo nunha serie de vídeos da emisora.
luns, 19 de decembro de 2011
Un programa de Efervesciencia sobre un estudo de linguas en competencia
Hai un programa semanal de primeira na Radio Galega. Emítese ás 16:00 os sábados pola tarde, chámase Efervesciencia e está levado por Manuel Vicente. Dura unha horiña e vén sendo unha desas escasas xoias da divulgación científica en galego e que ademais está ao alcance de todos non só a través das ondas de radio senón por medio da lista de podcasts que podemos oir en calquer momento. No programa do pasado 17/12/2012 fixéronlle unha entrevista a Luís Seoane, un dos autores de varios artigos ([1], [2]) encol da supervivencia de dúas linguas en competencia xunto con Joge Mira e Ángel Paredes. Velaquí a entrevista (aproximadamente os 20 primeiros minutos do programa)
Aínda que as ecuación diferenciais que propoñen neste modelo son moi bonitas e melloran outro estudo anterior eu sigo pensando que conviña revisar estes artigos coa contribución dun sociolingüista xa que, por exemplo, establecen a existencia dunha poboación de falantes bilingües ao mesmo nível que as outras de falantes dun par de linguas X e Y. Compría debullar moito máis o significado de "falante bilingüe" ou "poboación bilingüe" no caso de podermos atopar exemplos de tales conceptos. De todas formas o estudo realizado por estes tres investigadores galegos foi merecente de recoñecemento internacional, tal e como o desmostra a publicación dun artigo no Journal of Phisics.
Teño a impresión de que tanto á ciencia como á sociedade galega lle conviña seguir profundizando neste tema e que o mundo da cultura debería ter máis en conta as achegas que se fan desde o ámbito das ciencias. Claro que probablemente a falta de diálogo entre o mundo científico e o mundo das letras se deba fundamentalmente á falta de cultura científica do conxunto da poboación. Por iso cómpre espallar iniciativas de divulgación da ciencia do rigor, a vontade de entretenemento e a calidade con que cada semana o fan os membros de Efervesciencia.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)