Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta podcast. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta podcast. Amosar todas as publicacións

sábado, 19 de xuño de 2021

Vibrando nas ondas con Xela Arias

Xela nas ondas - IES Plurilingüe Fontexería from Arraianos on Vimeo.

O IES Rosalía de Castro (Santiago) e Arraianos Producións en colaboración co programa Ponte nas Ondas e a RAG e a SXPL convocou un ano máis o Certame Escolar de Podcasts Xosé Mosquera Pérez O vello dos contos. O podcast gañador na modalidade de secundaria está protagonizado polo alumnado de 2º da ESO do IES Fontexería, baixo a coordinación da profesora de galego Olalla Liñares García, e contou tamén coa participación das docentes María Cernadas e María Viturro.

"Vibrando con Xela Arias" é obra do CEIP Mestre Manuel García (Oia). Foi gravado por boa parte dos alumnos e alumnas de 5º curso grazas ao traballo da súa titora, Sofía González Cordero, e o profesor de música, Elías Domínguez Pereira.

Vibrando con Xela - CEIP Mestre Manuel García from Arraianos on Vimeo.

 O centro de educación especial Saladino Cortizo fíxose cun premio especial pola peza radiofónica titulada “Xela”, realizada polo alumnado de tránsito á vida adulta, de entre 16 e 21 anos, e gravada pola súa titora, Rebeca Medina.

mércores, 6 de xuño de 2018

María Victoria Moreno: mestra da vida

Escucha"Maria Victoria Moreno, Mestra da Vida" en Spreaker.

Este podcast é un dos moitos que podemos achar entre as actvidades realizadas pola Biblioteca a Deputación da Coruña . O que se pode comprobar é que está moi ben elaborado, e que ten como resultado un excelente programa radiofónico sobre a autora protagonista do Día das Letras 2018. Conta coa participación de Francisco Castro, Fran Alonso, Montse Pena, Xavier Senín, Marilar Aleixandre, Ánxela Gracián, Eli Ríos, Pilar Álvarez, Antonio Fraga, Pedro Ferriol e Begoña Llácer.
Outra excelente achega traballada arredor das celebracións do 17 de Maio, e non é a única.

Non é éste o único podcast sobre María victoria Moreno. Nesta ligazón podemos acceder a unha boa colección deles.

martes, 14 de febreiro de 2017

Un programa de Radio Abrente

Onte foi o Día mundial da radio, o mellor momento para compartir estre programa radiofónico realizada polo alumnado do Colexio Abrente (Sanxenxo). Normal que a serie de programas de radio que realizan se chame Radio Abrente.
Teño a seguridade de que todo aquel que non se puxera a sacar adiante un programa de radio escolar, non é quen de imaxinar o traballo que ten que haber detrás. Preparación e mantemento dunha sala de gravación, elaboración dos contidos, a procura de momentos e persoas para entrevistar,  a escolma de cortes musicais, o proceso de gravación e edición....
Foi grazas a un chío de Música en galego que me chegou a noticia deste programa que ben podería emitirse por calquera canle radiofónica, se non fose porque a maior parte do espazo radiofónico está tomado por emisoras que renegan da nosa lingua, unha constante no noso esquilmado panorama social. Esperemos que o futuro veña da man dos rapaces que podemos escoitar neste podcast que presentaban con estas palabras: "Queremos informar sobre a situación de risco que sofre, as causas e consecuencias. O mesmo tempo animar a profesorado, alumnado e familias a falar na lingua de Rosalía de Castro e mantela viva entre todos."




A escaleta do programa é a seguinte:

  • 1º de primaria cantan "O Mercado" de María Fumaça.
  • 2º de primaria din palabras bonitas en galego.
  • 3º de primaria refráns e frases con retranca.
  • 4º e 5º de primaria, frases para animar a falar a nosa lingua, eslogans.
  • 6º rap da lingua.
  • 1º da ESO, poema.
  • 2º da ESO, poema.
  • 3º da ESO, entrevista a Laura Sáez, da editorial Patas de Peixe.
  • 3º e 4º da ESO, presentan o programa cunha reflexión sobre o galego.
Parabéns a todos os que fan posible este pequeno milagre.

xoves, 3 de novembro de 2016

"Astronomía a ollo ceibe" por Martin Pawley

Nas mañáns dos sábados hai unha sección de astronomía na programación de Radiovoz, A noite necesaria. Grazas a un chío da Agrupación Ío souben da subida do podcast do que Martin Pawley contou sobre Ramón Mª Aller no programa do pasado 03/04/16.
Pawley falou sobre todo de "Astronomía a ollo ceibe", o libro que Aller, da man do Seminario de Estudos Galegos, esperaba publicar no ano 1936 e que, de non ser polo golpe de estado dese ano, sería o primeiro libro de divulgación científica en galego. Insistindo sobre este tópico, e lembrando os artigos que entre os anos 1931-1934 escribiu o astrónomo lalinense na revista relixiosa Logos, Pawley chega a revindicar a figura de Aller como protagonista dun futuro Día das Letras.
O corte é realmente divulgativo e entretido.


Non sería mala idea reproducir este podcast como actividade para celebrar o Día da Ciencia en Galego, agora que a CGENDL anunciou o seu cese de actividades. Lembremos que a CGENDL foi a maior impulsora desa celebración na que se denunciaba a expulsión do galego das aulas das materias científicas.

domingo, 22 de decembro de 2013

Radio Colmeiro





Se non estivera presente cando despois dun recreo gravando saíran só con 10 segundos de emisión...se non os vise entrar unha en outra vez na aula na que editan os podcasts pensaría que este programa se montaría nun par de horas. Pero son moitos os pasos a dar. Compría buscar e traballar cun programa de edición, traballar usando una mesa de sonido, montar toda a aparataxe tecnolóxica, crear un guión, buscar material, música,...e poñerse a practicar.
O mellor de todo é que che paren polos corredores do instituto e che digan ilusionados que xa teñen montados 10 minutos, ou que procure estar atento porque vai comenzar a emisión, ou que che comenten con alegría: e desde hoxe temos tamén o twitter da Radio Colmeiro!
Este é o seu primeiro programa, e faráseme moi longa a espera dos seguintes.
Denise Varela , Antía Buján e Irene Míguez son as presentadoras. Isidro Gil e Alberto Fariña son os técnicos de sonido. Todo un luxo ter estes alumnos.