O IES de Arzúa gañou o 1º premio no X certame de curtas convocado pola AS-PG con este vídeo adicado a Carvalho Calero, o escritor protagonista no Día das Letras deste ano, no caso de o houbera.
Era a fin da década de mil novecentos cincuenta. En Lugo. Os meus trece anos. Cos meus amigos andaba eu moito, no tempo das vacacións, polas costas do Parque: xogabamos á pelota e a mil cousas, subiamos aos castiñeiros de Indias, buscabamos barriñas de cuarzo transparente poliédrico... E iamos tamén polas terras das beiras, á dereita polos agros de patacas que chegaban case ao pé da Muralla, á esquerda polas encostas de campías e árbores das baixadas á Tolda.
![]() |
| Engadir lenda |
Exposición A Voz Presente by kiarqu2458 on Scribd
Os doutos académicos da Real Academia Galega (RAG), continúan reiteradamente asentados na anomalía de non elixir Ricardo Carballo Calero (tamén, Ricardo Carvalho Calero en grafía lusófona), falecido en 1990 e desde 2000 podía ser elixido para a celebración do Día das Letras Galegas, segundo os estatutos da RAG. Mais os chamados preclaros desta institución continúan omitindo un distinguino persoeiro clave na literatura galega. Autor dunha gramática do galego, dunha “Historia da Literatura Galega Contemporánea”. Artífice de poesía, teatro, narrativa, ensaio e numerosas colectáneas. Un creador completo e distinguido, membro numerario da RAG. Só por esta inmensa obra en galego merece a distinción do Día das Letras Galegas, outros autores de menor valía creadora foron homenaxeados. Mais o contubernio académico proliferou contra Carballo Calero, por ser protagonista no alegato de explorar na lingua portuguesa un achegamento do idioma galego ao portugués e tendo como horizonte a lusofonía, como elemento de rescate da orixinalidade lingüística. Pregados na censura, talvez por esta postura, Ricardo Carballo Calero desapareceu dos matices que podía manifestar a RAG. Nunca aclarou o porqué desta omisión, fronte á petición de numerosas persoas das letras e de asociacións culturais que continúan reivindicando o Día das Letras Galegas para Carballo. O que non se pode obviar é a escrita en galego da súa ampla obra, esta é a que se ten que valorar e non cercala co silencio e pecharse no oficioso statu quo da intolerancia. Unha determinación da Academia moi parecida ao secretismo do Sacro Colexio Cardenalicio, sorprendéndonos con incomprendidos misterios.
Cando se cumpriron dez anos do pasamento do sabio profesor, do intelectual polígrafo e do escritor total que foi don Ricardo Carvalho Calero (1910-1990), eu lembraba naquela altura que don Ricardo, como ninguén no seu tempo, soubera ver, dende unha fonda tensión que lle fornecía o coñecemento de Rosalía e de Castelao, a raíz e o froito dunha nación chamada Galiza: unha forma de harmonía futura —pensaba eu— na cal brillaría ben alta a figura e a obra do mestre ferrolán. Mais a día de hoxe, cando xa se teñen
Non tiven a ocasión de visitar, no cemiterio de Ourense, a tumba de Xosé Ramón e Fernández-Oxea, Ben-Cho-Shey, mais coñezo que deixou ordenado que a súa morte non fose aproveitada para autohomenaxe de quen se servise dela en acto póstumo. As homenaxes verdadeiras ou son en vida ou, indefectibelmente, van ter un aquel de autopromoción por parte de quen as organizar. Tamén souben (ouvinllo moitas veces) da orde de Manuel María de impedir que certo personaxe interviñese nas súas honras fúnebres, coñecedor, como era, do exacerbado protagonismo de que o tal facía gala, en todas cantas exequias de ilustres contaban coa súa presenza. Viñéronme estas lembranzas á mente ao ler, no Sermos… dixital, a recordación de Xoán Costa verbo das noticias, artigos ou comentarios publicados na prensa periódica galega por diferentes persoeiros verbo do falecemento de Ricardo Carvalho Calero, hai agora 25 anos, o 25 de Marzo de 1990. Da data de publicación das esquelas funerarias, eu lembro vivamente como moitas delas, pequenas por mor do custo, foran inseridas por asociacións culturais de calquer lugar do país, tan servidas de entusiasmo patriótico como escasas de recursos. Era emocionante lelas, como un testemuño do cariño e aprezo suscitado por quen coñeceran como conferencista na derradeira década da súa vida. Como tamén lembro a demisión da Real Academia Galega de D. Jenaro Marinhas del Valle, en protesta pola actitude e conduta desta institución verbo do finado.
Levamos quince anos, si, quince anos!, agardando un acto de elemental xustiza: que a Real Academia Galega recoñeza a inmensa figura de don Ricardo Carvalho Calero, que promova o seu estudo e divulgue a súa obra. E nada. Nin ao cumprírense os 50 anos da publicación da 1ª edición d´A xente da Barreira, nin os 50 anos da 1ª edición da súa Historia da Literatura Galega Contemporánea, nin os 50 anos da súa entrada na Universidade de Compostela como profesor de Lingua e Literatura Galegas, nin os 50 anos do seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, nin tampouco ao cumprírense os 10, os 20 ou os 25 anos da súa morte… Nada. Xa cambiou catro veces a RAG de presidente e a institución da rúa Tabernas segue sen recoñecer a quen entrou nesa institución en 1958, nada menos que da man de don Ramón Otero Pedrayo, don Florentino López Cuevillas e don Xesús Ferro Couselo, a quen incluso tivo a oportunidade de ser nomeado presidente da Real Academia Galega tras a morte de Sebastián Martínez Risco e a quen en 1971 redactou as Normas Ortográficas da Academia Galega. Nin o seu vello amigo Francisco Fernández del Riego conseguiu desde a presidencia da Academia que lle dedicasen o Día das Letras Galegas, tendo que deixar o cargo con esa grande frustración persoal. De verdade, pode haber maior sectarismo que o que unha maioría de académicos da RAG exerce coa figura de Carvalho Calero? Podemos seguer a agardar algo dunha institución cultural que entre as súas normas non escritas ten a de non dedicarlle endexamais o Día das Letras Galegas a quen ousou defender unhas teses lingüísticas diferentes ás normas que aprobaron en 1982 a Real Academia e o Instituto da Lingua Galega?
ANDAN XA a circular por aí nomes de posíbeis dedicatarios das Letras Galegas 2015. Por exemplo o ‘Foro E. Peinador’, integrado por nove empresarios, reclámao para Enrique Peinador ou Isidro Parga Pondal. Non dubido dos seus merecementos e do atinado que é recordarnos que a nosa lingua pode e debe estar ligada ao mundo empresarial. Tamén eu o desexo para Fiz Vergara, Xela Arias, Luísa Villalta e Manuel María por citar só as que en vida me foron máis próximas. Porén, señores e señoras académicas, é vergoñento que a estas alturas Don Ricardo Carballo Calero (e tamén don Ricardo Carvalho Calero) non tivese o seu 17 de maio con todo o que isto suporía de exhumación, estudo e publicidade da súa obra, que á fin iso é o que fica despois dos fastos, oficiais e non oficiais, cos que se celebra un autor ou autora de noso.
Quixo a casualidade que Ricardo Carvalho Calero ingresase na Real Academia Galega un 17 de Maio. Foi no ano 1958, cun discurso titulado “Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía”. Hai 55 anos; faltaban, logo, 5 para que a tal data, a proposta de Fernández del Riego, fose consagrada como o Día das Letras Galegas. Carvalho fora proposto por tres significados membros ourensanos do Grupo Nós: Otero Pedraio, Cuevillas e Ferro Couselo. O ilustre escritor non recuperaría os dereitos civís até 1965. Aínda faltaban tamén sete anos para poder opositar á praza do ensino medio que combinou coa docencia de Lingua Galega na Universidade e aínda faltaban máis outros sete para poder gañar a oposición á cátedra de Lingüística e de Literatura Galega da mesma. Sobre a débeda que a RAG contraíu con don Ricardo e nunca pagou non volverei falar agora -fíxeno abondosamente noutros escritos-. Fóra da RAG, coido que toda institución que leve o nome de Rosalía de Castro ou dela se ocupar debera escreber con letras de ouro o nome de quen tantas páxinas dedicou á nosa escritora central, con tal prodixio de investigación, erudición e dedicación continuada.