Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta nadal. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de decembro de 2018

"Estrela na noite", con subtítulos en galego


Recomendo mirar antes a breve reseña desta fermosa peza audiovisual en Acto de primavera, o blogue de onde a saquei. Engádoa aquí porque Martin Pawley pasou o traballo de subtitula en galego.

venres, 1 de decembro de 2017

A canción do apalpador



O alumnado de 4º e 2º ESO do IES de Arzúa interpreta unha versión da cantiga tradicional sobre o mito galego do Apalpador para presentar no instituto alemán da vila de Grochshein dentro do programa Erasmus

xoves, 24 de decembro de 2015

Nadal vs. nada

Web da CGENDL adicada ao nadal
Cando se achegan as datas do nadal póñense en movemento unha serie de iniciativas normalizadoras que teñen por obxectivo galeguizar todo o que se move arredor destas festas. A cousa non é fácil xa que o nivel de afastamento da lingua, especialmente no mundo comercial, é cada vez maior. Con todo, nin a CGENDL, nin A Mesa, nin a CTNL deixan de achegarnos novas propostas todos os anos.
A Coordinadora Galega de ENDL volveu a traernos a súa recompilación de recursos para celebrarmos o nadal en galego: cancións, contos, refrán, concursos,.... unha chea de materiais para usar e divulgar desde as aulas.
A iniciativa Abertos ao galego, promovida pola Mesa, achéganos un ano tras outro unha boa monlla de oportunidades para margullarse nun consumo responsable coa nosa lingua:



Pola súa parte a CTNL ten en funcionamento unha proposta ben intersante, unha plataforma virtual chea de posibilidades de compra en galego. Trátase de Agasallo.eu, que este ano mesmo ofrece a posibilidade de crearmos un catálogo personalizado como este que fixen eu collendo algúns produtos ao chou.



De todo este panorama o máis rechamante é a enorme ausencia da Xunta. A Dirección Xeral de Comercio está muda fronte a todas estas iniciativas. Pola súa banda non existe ningunha campaña, ningún tipo de acción que intente tinxir de galego un sector, o comercial,  que se desenvolve fóra dos prarámetros normalizadores (nota aparte: significativamente a Xunta eliminou toda referencia á normalización de toda a súa política).
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL)  anunciou no primeiro trimestre deste ano que se estaba a desenvolver un presunto Plan de dinamización (non de normalización) da lingua galega no tecido económico. Polo que podemos comprobar, a cousa quedouse en presunto. De consultarmos as novas dos dous últimos meses do propio portal da SXPL, non veremos nin unha soa referencia a este (insisto) presunto Plan. Se o contas por aí fóra non cho cren. O certo é que a Xunta non fixo nada para impulsar  este nadal o comercio en galego. Pero é que tampouco o fixo o nadal anterior, nin o outro, ... e así durante todos os anos de goberno de Feijóo.

mércores, 24 de decembro de 2014

A Noitiña de Nadal



Moito me prestou escoitar esta panxoliña, un máis dos centos de elos que engastallan desde o ENDL do CEP Sequelo (Marín).
Esta gravación aprovétiase xa dun traballo de tres anos cos nenos nos Cantos de Reis. Para que a cousa lles quedara tan ben tiveron a axuda de Guillerme de Quempallou (recolleitador de cantos), Xandre da A.C. Trepia (zanfoneiro), á Quenlla (mestres en parte da letra) e aos pais "que se buscaron a vida para atoparnos os trebellos necesarios para facer unha gravación de calidade"

martes, 23 de decembro de 2014

Silledagasalla. Por un comercio que axude a transmitir os afectos en galego.

Na iniciativa silledagasalla do ENDL do IES Pintor Colmeiro e a  Concellería de Normalización Lingüística en colaboración co colectivo ECOS e os Equipos de Normalización dos centros educativos do concello houbo unha gran participación. Presentáronse máis de 400 lemas e máis de 200 debuxos, realizados polo alumnado dos centros educativos de Sillleda(CEIP Bandeira, CEIP Silleda,
IES Pintor Colmeiro e o C. P.  María Inmaculada).
O proxecto desenvolveuse en varias fases. En primeiro lugar en cada centro escolar o ENDL convocou un concurso de lemas e outro de debuxos. Houbo exposicións dos traballos elaborados nos centros e unha selección dos que máis gustaron. No centro escolar premiamos os traballos máis engaiolantes.
Desde o pasado día 17 o Concello expuxo na Casa da Xuventude o debuxos realizados.
Como resultado dos concursos de lemas elixíronse 30 deles para a confección de pegatinas. Con esta escolla o Concello un total de  1.000 exemplares para colocar nos regalos de Nadal que utilizarán os comercios asociados de ECOS.

Un proxecto de moitos para todos
Este proxecto colaborativo no que participan 6 entidades diferentes ten o obxectivo de de concienciar ao comercio e á cidadanía da importancia de asociar a valores positivos o uso da lingua galega e poñer en evidencia a restricción de espazos que sofre o galego xa que o usual é que as pegatinas dos agasallos veñan todas en castelán.
Por fin este nadal en Silleda podes agasallar aos teus seres queridos na vosa lingua, así o regalo multiplica o seu valor pois preséntase na lingua de noso. O noso mellor agasallo na lingua que máis queremos.

sábado, 20 de decembro de 2014

Tempo de nadal



O alumnado de debuxo artístico do IES As Barxas (Moaña) dirixido por Luz Beloso puxo en pé esta perla inspirada na obra de Castelao.
Vía CGENDL

martes, 16 de decembro de 2014

Agasallos de nadal, en galego

Son varias as iniciativas que nestas datas se nos propoñen para que as compras que fagamos neste nadal teñan en consideración a lingua de noso.
Unha delas é este catálogo da Mesa, que xa hai varios anos que vén editando:



Outra iniciativa, posiblemente a máis dúctil, é a da plataforma dixital agasallo.eu que agoranos ofrece a posibilidade de crear o noso propio catálogo. Trátase dunha das múltiples propostas saída do brainstorming da CTNL.
Por útimo tamén podemos botarlle un ollo á guía de agasallos elaborada pola SXPL en colaboración coa Direción Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Non estaría nada mal botarlle un ollo a estas invitacións, para que os nosos gastos teñan repercusións positivas na propia terra.

P.S.: e unha boa alternativa pode ser regalar cómic. Qadriños fainos un bo asesoramento.

mércores, 19 de decembro de 2012

Abertos ao galego, tamén no nadal

Abertos ao galego é unha excelente iniciativa da Mesa pola Normalización Lingüística para promover o uso da lingua galega no ámbito empresarial.
Aqueles centros que demostran o seu compromiso co emprego do galego reciben o certificado de Abertos ao galego. Cada pouco hai novas incorporacións que poden seguirse no perfil de facebook deste proxecto.
Tamén hai un premio asociado á campaña de Abertos ao galego que foi concedido hai unha semana (11/12/12) á rede social Tuenti. A entrega do premio terá lugar hoxe en Pontevedra, no fermoso Pazo da Pedreira.
Ante a proximidade das festas de nadal desde este proxecto da Mesa queren facernos as seguintes propostas para que os agasallos que fagamos nestas festas falen coma nós:


sábado, 17 de decembro de 2011

Abertos ao galego. Catálogo de regalos para o nadal




Como a SXPL non fai ningunha campaña de promoción do uso do galego no comercio, como a Lei de Comercio Interior de Galicia exclúe a promoción do galego dos seus obxectivos, non queda outra que tirar das iniciativas das entidades que defenden e promocionan o seu uso. Parabéns á Mesa por esta iniciativa!