Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta quechua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta quechua. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de decembro de 2016

Ñuqanchik



Segundo o ethnologue  o quechua é unha colección de 25 linguas que conta con 7,734,620 falantes. O pasado mes de xullo entrou en vigor a lei N° 29735, que regula o uso, preservación, desenvolvemento, recuperación, fomento e difusión das linguas orixinarias do Perú.
Desde o pasado 12/12/16 a TV Perú comenzou a emitir o seu primeiro programa en quechua, Ñuqanchik. Emítese de luns a venres. É un pequeno paso na normalización do quechua. Como todos os procesos de dignificación da lingua, ten que facer fronte a unha discriminación moi enraizada na poboación peruana. Polo de agora, o programa emítese a unha hora que explica moitas cousas, as 5:30 da mañán.

venres, 4 de setembro de 2015

Chaynatam ruwanki cuyanaita (Michael Jackson en quechua)



Este vídeo gravado en Vilcashuamán, en Perú, está a ser todo un éxito. Leva máis de un millón de visitas. A cantante chámase Renata Flores Rivera, ten 14 anos. Trátase da canción Chaynatam ruwanki cuyanaitadunha, versión en quechua da canción The way you make me feel, de Michael Jackson.
O quechua e unha familia de linguas que conta con aproximadamente 9 millóns de falantes en Perú, Colombia, Ecuador, Chile, Bolivia e Arxentina. A súa zona de distribución é o noroeste de sudamérica. En perú é onde se acha o maior número de falantes de quechua.
A difusión desta canción forma parte dunha campaña que ten como obxectivo a promoción da lingua e cultura quechuas entre a xente nova.
Elena Burga, a directora xeral de educación cultural bilingüe e rural falou sobre os prexuízos existentes na sociedade peruana sobre o quechua: "para a xente nova, o quechua é sinónimo de atraso e pobreza porque a mentalidade colonial da discriminación e o racismo todavía se mantén viva en Perú"