Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Dodro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dodro. Amosar todas as publicacións

sábado, 20 de xuño de 2020

Reggae ifa confinada e falsos amigos


O alumnado da ESO do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro) realizou este videoclip nas materias de Música e Educación Plástica, Visual e Audiovisual. Tamén sacaron un novo número da súa revista
e o Equipo de Normalización dou acubillo a que o alumnado de 1º da ESO preparase un divertido test inspirado no que en Lingüística denominamos "falsos amigos", esas palabras que son comúns a dúas linguas, mais que posúen en cada unha delas significados ben diferentes. O traballo chámase "Cando fun a Portugal metín a zoca"


luns, 25 de febreiro de 2019

Lingua molona



No CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro) argallaron esta pasada semana unha impresionante xornada na que celebraron conxuntamente o Día Internacional da Lingua Materna e o Día de Rosalía. O alumnado de 4º da ESO elaborou un panel cunha xanela que garda a silueta de Rosalía de Castro. Con este fondo foron colgando camisetas elaboradas polos distintos grupos e o punto culminante foi a proxección deste esplendoroso vídeo.
Eu non dou enxergado como se poden enxeñar marabillas coma esta.

domingo, 25 de novembro de 2018

A contraluz



Videoclip realizado polo alumnado de 4º ESO do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro)

venres, 26 de maio de 2017

Non, non non!



Videoclip musical do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro), cargado de contido social. Derrubando muros e concienciando sobre a situación dos refuxiados.

sábado, 11 de xuño de 2016

"Teu son vaime": a diversidade da lingua común



Son rapaces de 6 centros distintos. Cada quen canta coa súa variante dialectal, e todos xuntos forman unha canción na lingua común.Son cantos diversos, sotaques plurais, porque cantar non ten cancelas e o galego non remata en ningunha isoglosa.
Videoclip realizado polo alumnado de 2º ESO do CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro) en colaboración co IES Cosme López Rodríguez (A Rúa), o IES San Paio (Tui),o IES de Melide (Melide),o Agrupamento de Escolas Dr. Júlio Martins (AEJM) (Chaves) e o IES Padre Sarmiento, Vilafranca do Bierzo (León).
Vía CGENDL

venres, 22 de abril de 2016

A toponimia como tesouro onde escoller nomes galegos para os nosos fillos. O caso de Dodro

por César Varela García, en Terra e Tempo:

Veño de atoparme con unha xoven viciña que pasea o seu recén nado bebé con todo o orgullo.Pregúntolle polo nome e dí que se chama algo, que en tendín como,ARITZ; a seguir aclaroume que era un nome vasco,pois o pai do neno era de esa orixe.

venres, 4 de abril de 2014

Socas app



Cada certo tempo chéganos pola arañeira da rede un vídeo do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro) deses que van alén do normal.