Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta ILP. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ILP. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de decembro de 2017

Defensa da ILP para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico


Velaquí a intervención de Marcos Maceira, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, en defensa da toma en consideración da iniciativa lexislativa popular (ILP) para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. A iniciativa contou co apoio de 28.000 persoas, asociacións empresariais, sindicais, persoal da teleatención, culturais...e cos votos a favor de BNG, PSdeG e En Marea.
Desafortunadamente o PP votou en contra impedindo, con maioría absoluta na cámara, a súa toma en consideración. Con este proceder o PP demostrou, unha vez máis,  o seu radicalismo supremacista en materia lingüística.
Debemos ter moi presente que se trataba dunha proposta lexislativa para a garantía de dereitos no mundo económico, e fíxose nun momento no que o goberno da Xunta di defender un Plan de dinamización da ingua galega precisamente nese mundo para o período 2016-20. Se alguén aínda non o tiña claro, aquí quedou certificada a defunción de toda presunta iniciativa normalizadora no tecido económico por parte do goberno presidido por Feijóo. Farían ben os responsables en materia lingüística (Valentín García e Román Rodríguez) se demitiran, pero isto só sucedería se tiveran dignidade e amor pola nosa lingua.

luns, 25 de decembro de 2017

Ikea, galego e sentido común

por Marcos Maceira no Sermos Galiza:

A opción de consulta na páxina web de Ikea en todas as linguas cooficiais do Estado agás o galego na información xeral da web, atención á clientela online ou telefónica, provocou, máis unha vez, un grande movemento a través da redes sociais, reclamándolle á compañía sueca que poña a nosa lingua ao mesmo nível que calquera outra, e en consecuencia que dea a posibilidade de escolla de galego como opción.