Na canle de Enreguéifate xa podemos ver os participantes desta edición 2019. Este proxecto é unha iniciativa dos concellos de Santiago, Ames e Teo. No certame hai dúas categorías, unha xeral e outra para centros escolares.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Teo b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Teo b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 11 de xullo de 2019
Enreguéifate 2019
Na canle de Enreguéifate xa podemos ver os participantes desta edición 2019. Este proxecto é unha iniciativa dos concellos de Santiago, Ames e Teo. No certame hai dúas categorías, unha xeral e outra para centros escolares.
venres, 15 de marzo de 2019
Teovivo, o periódico local que fala galego
por Ana Conde Miranda (editora), nas Voces de ProLingua:
En decembro de 2014, no concello de Teo nacía un periódico deses que xa non se levaban e que eu aspiraba a poñer de moda no meu concello. O Teovivo era un periódico mensual en papel, dos que se manchan coa cunca do café. E en galego, por riba!
sábado, 9 de febreiro de 2019
#galegoempresas
#galegoempresas é unha plataforma dos concellos de Santiago, Ames e Teo que achega información sobre os negocios que ofrecen produtos e servizos en galego. Ademais serán doados de identificar mediante un logo como o que se presenta no portal desta campaña. Este portal funciona como buscador de empresas que ofrecen os seus servizos en galego e permite tamén ás empresas inscribirse no listado.
Unha excelente iniciativa dos SNL dos concellos de Santiago, Ames e Teo.
domingo, 12 de novembro de 2017
Son muller
Todas elas son estudantes do IES de Cacheiras (Teo). Dirixidas pola súa profesora de música, Matilde, compuxeron esta peza orixinal. Forman o grupo Máis boas cás patacas. Nas voces están Lua, Valeria e Ruth, á guitarra temos a Ana, no baixo a Sara, co uquelele está Carme, co piano, Cristina e coa batería, Candela. Son as gañadoras do certame Quero Cantar convocado pola Deputación da Coruña.
Velaquí unha boa forma de contribuir ao orgullo pola lingua ao tempo que se transmite unha mensaxe pola igualdade de xénero, con mulleres libres e donas de si, non como ese fanado lema compensatorio da campaña da Xunta de Galicia para o 25 de novembro : "o máis grande de Galicia non se maltrata". Un discurso semellante é habitual para xustificar a substitución lingüística. Aqueles que defenden a supremacía do castelán sobre o galego hipócritamente desenvolven unha idealización compensatoria. A lingua que se gaba é a que tamén se discrimina. A muller que se idealiza é tamén a que se marxina e maltrata. Así fálase da súa beleza, da súa dozura, tenrura; tanto da muller como da lingua galega.
Son muller, son lingua galega.

martes, 24 de outubro de 2017
"Os nenos da vella" e "Máis boas cás patacas"
O pasado venres 20 de outubro, no Teatro Colón da Coruña, entregáronse os premios do concurso "Quero cantar", organizado pola Deputación da Coruña. Os gañadores foron "Os nenos da vella" e "Máis boas cás patacas"
“Os nenos da vella” é una formación coruñesa formada Noa (voz e percusión), Mikel (caixón e coros) e Yune (baixo e coros), e cuxo nome provén do lugar onde xogan e cantan a diario, pois a totalidade dos integrantes proceden do casco vello da cidade herculina.
No caso de “Máis boas cás patacas”, trátase dunha banda teense integrada por oito rapazas do IES de Cacheiras, no que o talento das voces de Lua, Valeria e Ruth, a guitarra de Ana, o baixo de Sara, o uquelele de Carme, o piano de Cristina e a batería de Candela, seguen as indicacións da súa mestra de música, Matilde, para compór pezas tan fermosas como a que presentaron ao certame “Quero Cantar”.
Vía NósTV

xoves, 21 de maio de 2015
Na rúa e na escola o galego mola
Impresionante, alegre e agarimoso vídeo realizado polo Equipo de Normalización do CEIP da Ramallosa, un traballo co que pretenden concienciar a toda a contorna da importancia de conservar e potenciar a nosa lingua como un dos máis grandes patrimonios dos que dispoñemos. Na súa realización colaborou toda a comunidade educativa, especialmente a ANPA Río Tella e unha chea de comercios da zona. Os rapaces elaboraron pareados que reivindican o uso da lingua nos máis variados ámbitos sociais. Podémolos oir no transcurso de toda unha curta chea de ilusión e mensaxes positivas.
Deste vídeo terían moito que aprender os responsables da política lingüística do noso país. Cando se lle reclama á Xunta que deixe de excluir a lingua na escola, a resposta máis habitual é que é un erro centrarse en exclusiva na escola, que onde hai que activar as políticas de promoción do uso da lingua é na rúa. Mais cando se lle reclama á Xunta que responda destas políticas a resposta vén sendo que a xente é libre de usar a lingua que queira. En conclusión, como na escola non aprenderon a desfacerse dos prexuízos, non se pode facer unha política lingüística para os ámbitos de fóra da escola, pero tampouco pode facerse dentro da escola porque o importante é que se realice fóra. E así estamos. No CEIP da Ramallosa romperon este aparente nó gordiano explicándonos neste documento audiovisual cal é co camiño: unha política normalizadora transversal.
Vía Xosé Eixo
venres, 17 de xaneiro de 2014
E ti, tes fame?
Grazas a un anuncio da SXPL chégame a noticia de que no veciño concello de Teo convócase o 'I certame de cantautores e cantautoras' pois, non sei con algo de retranca, segundo se informa no portal do concello, o concurso convócase coa axuda, entre outros, da Secretaría Xeral de Normalización Lingüística. Se por algo se distinguen as accións en materia de lingua da Xunta de Galicia dos últimos 5 anos é por eliminar calquera vestixio do concepto "normalización". O que se agocha detrás desta práctica é un proxecto político anti-galego que busca reducir a presencia social e o uso da lingua da terra. Como este obxectivo é impopular o que se fai é ofrecer doses homeopáticas de promoción da lingua (véxase este caso) mentras que o fundamental da política lingüística pasa por atacar os dereitos dos galego-falantes e en xibarizar a propia política lingüística.
En defitinitiva, a todos os que temos fame de galego, desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística non fan outra cousa que botarnos con desprezo as migallas do que lle sobra á lingua ultrapromocionada e ultraprotexida.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)