Non son poucas as ocasións nas que penso en pechar/deixar de lado este blogue. "Total, para o caso que me fan", penso, "non cómpre perder nin un minuto máis en seguilo actualizando"
Velaí que é onde a Xunta vén na miña axuda. Resulta que este blogue ten a consideración de ser "unha páxina non permitida pola política aplicada na Rede Corportativa" da Xunta de Galicia. Non pode haber mellor incentivo que o de ver como a alguén do aparato administrativo lle parece o suficientemente molesto este blogue como para que pasara o traballo de excluílo da nomeada Rede.
Quizais o que molesta é que se posibilite o acceso a 100 recursos educativos, ou a calquera das 429 entradas que tratan algún aspecto da sociolingüística; quizais o problema sexa a identificación e do tratamento dos prexuízos doutras 95 entradas.
Hai quen me di que o problema é que desde este blogue se mantén unha posición crítica co decreto 79/2010 (o decreto de restricción e prohibición do galego no ensino), ou que todo se deba a que se segue unha liña de reprobación política lingüística da Xunta. Non creo que a miseria moral da Xunta chegue a eses extremos, por iso agardo que non tarde en rectificar este bloqueo inxustificado.
Pola contra, resulta ilustrativo comprobar que webs como a da Fundación Francisco Franco, de diversos colectivos fascistas ou pro-nazis, ou defensores do supremacismo castelán ou mesmo de páxinas de quen defende aos asasinos por envelenamento por metílico, son de acceso libre para a Rede Corporativa da Xunta.
Pensándoo mellor, retiro a frase anterior que facía referencia á miseria moral da Xunta.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta prohibición b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta prohibición b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 23 de outubro de 2019
martes, 30 de outubro de 2018
O último rechío da política lingüística
Valentín García participou no acto de entrega de premios do concurso ‘Explícoche matemáticas 2.0’ https://t.co/4GWBP5Ci6G pic.twitter.com/w5jBRMzAm7— Política Lingüística (@SXPL) 27 de outubro de 2018
De contemplarmos esta foto sen máis información só veremos catro persoas posando. Se nos proe algo a curiosidade e prememos na ligazón que nos ofrece o chío, quedarémonos con que Valentín García participou na entrega de premios do concurso "Explícoche matemáticas 2.0". Neste caso pensariamos que temos a información completa cando o certo é que nese intre saberemos menos que antes. Para explicar a foto cómpre relatar algunhas das febras historia de como se chega ata ela.
Unha desas febras comenza cando as ansias de galego desta terra levaron a que un grupo de usuarios se organizase para proporcionarnos unha versión do Twitter en galego. Un goberno da Xunta que leva o vergoñento carimbo de ser unha peste para a lingua galega, quixo apropiarse o traballo de todos eses usuarios para venderse perante a opinión pública como a peza fundamental da galeguización da rede social despois de actuar con completo desinterese pola cuestión.
Como é habitual nos procesos de implantación dun novo vocabulario, naquel traballo comunitario de de galeguización do Twitter houbo vacilacións. Como designar o vocablos "tweet" e "retweet"? Algúns avogaban por empegar directamente a versión orixinal en ingles, porén a opción que comenzou a usarse nun principio foi a de "chío" e "rechío".Unha pena que o propio goberno da @Xunta nos minta así: http://t.co/HlOWSmXD— Twiter en galego (@chio_en_galego) 20 de setembro de 2012
Con moito acerto, unha intervención do Portal das Palabras avisaba da existencia de "rechío" con outra acepción: "son áspero e desagradable que produce unha cousa dura ao rozar". Aqueles que habilitaramos o noso Twitter en galego non tardamos en ver como a tradución de "retweet" pasaba a ser "rechouchío", ampliándose así os chíos e rechouchíos dos xílgaros e reiseñores a todos os usuarios da rede social.
Outra das febras da prehistoria da foto é máis coñecida aínda que non se ten o suficientemente presente. No 2004 publícase baixo o paraugas do consenso o Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNL), un documento con 445 medidas que marcaban as directrices da política lingüística para os seguintes anos. No 2007 ponse en funcioknamento o decreto para a promoción da lingua galega para o ensino non universitario seguindo estritamente as directrices do PXNL, entre elas a 2.1.26 e a 2.1.27 que recomendaban que as matemáticas (e a tecnoloxía) figurasen entre as materias a impartir en galego. Contra todo acordo previo os gobernos dirixidos por Feijóo prohibiron a partir do ano 2010 tanto a docencia como a publicación de materiais didácticos en galego para as materias científicas. Coa aprobación da LOMCE increméntanse o número de clases de matemáticas, e polo tanto de exclusión da lingua galega no ensino non universitario. A partir do ano 2018 a Consellería de Educación comenza unha campaña de promoción das STEM, onde o galego está vetado, co que indirectamente se reforza a súa discriminación oficial.
Agora, que temos presente toda a información, volvamos a mirar a foto. Por unha banda está o secretario xeral de política lingüística, responsable último de prohibir tanto a impartición de aulas de matemáticas en galego como o uso de material didáctico desta materia nesa lingua. Pola outra dúas mozas que acaban de recibir de mans dese secretario xeral un premio por elaborar material didáctico de matemáticas en galego. Velaí o último rechío, ata o día de hoxe, da política lingüística que nos tocou padecer.
Haberá máis.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
