Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Francisco Cerviño. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Francisco Cerviño. Amosar todas as publicacións

venres, 10 de agosto de 2012

Ecolingua: mesa redonda sobre lingua e política



Ando a revisar algunhas cousas de atrás que son un aire anovador frente ao deserto que estamos a vivir nos últimos anos. Máis dunha vez incluín vídeos dese excelente Ecolingua celebrado hai xa tres anos pero aínda había algún que non recollera neste blogue, quixen recuperalos agora.
Mesa redonda cos deputados Carme Adán (BNG) e Francisco Cerviño (PSdeG-PSOE), no I Simposium Internacional Ecolingua, celebrado en Vigo os días 17, 18 e 19 de decembro do 2009.

mércores, 6 de xuño de 2012

As matemáticas en galego a debate no parlamento

O ensino das matemáticas en galego demostrou ser a verdadeira proba do nove que discrimina entre o respecto e o odio pola lingua de noso. O pasado mes unha moción do BNG no parlamento de Galicia procuraba restaurar os acordos aos que chegara a totalidade do arco parlamentario no ano 2004 sobre a política lingüística a desenvolver nos anos seguintes. O resultado deste consenso foi o Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNL), e o que fixo o BNG por medio de Bieito Lobeira foi levar adiante unha proposta fundamentada, tal e como dixo o socialista Francisco Cerviño, tanto neste Plan como en leis de obrigado cumprimento. "Que as matemáticas e a física só se poidan explicar en castelán é unha afronta á lingua galega, é unha afronta ao prestixio da lingua galega" continuou Cerviño, quen se dirixiu aos "intelectuais orgánicos que fornecen de pseudoideoloxía autoxustificadora" para lembrar as palabras de Paz Andrade cando afirmou que o cultivo do idioma propio é un imperativo  ligado á economía pola súa proximidade ao portugués.
A intervención de Bieito Lobeira comenzou ensinando un exemplar dun libro prohibido na dictadura: Sempre en Galiza para continuar con outro libro prohibido na actualidade: Matemáticas de 1º ESO da editorial Anaya. O primeiro era perigoso aos ollos da dictura por conter os fundamentos da doctrina nacionalista, o segundo é perigoso para algúns zunantes acubillados no poder, simplemente por vir redactado en galego. Isto foi o que adiantamos nos últimos 75 anos.

O máis triste foi o papel que xogou o deputado popular Agustín Baamonde. Estaba alí como mercenario parlamentario, para xustificar o seu posto e nada máis. Negouse a ratificar que na educación primaria e secundaria o alumnado reciba un mínimo do 50% da docencia en galego, especialmente nas materias de matemáticas e tecnoloxía, tal e como viña redactado nos puntos 2.1.26 e 2.1.27 do PXNL. Un segundo aspecto que non era do agrado das bancadas populares era a reafirmación no respecto á Lei de Normalización Lingüística que determina que a toponimia ten como única forma válida a galega. Estas negativas proceden do sistemático ataque que o goberno galego mantén contra o uso e promoción do galego, especialmente por medio do desenvolvemento do funesto decreto 79/2010. Con todo, como Baamonde e os seus correlixionarios non poden presentarse diante da sociedade coa súa verdadeira cara de inquisidores que prohiben libros e desprezan o galego, non lles queda outra alternativa que o cinismo. E así, aínda despois da negativa parlamentaria a subscribir o PXNL, sen vergoña ningunha pretenden presentarse como os seus grandes defensores, especialmente en relación coa mocidade.
Lobeira e Cerviño falaron desde a responsabilidade, o respecto, o coidado e o interese polo estado social do galego. Por iso expresáronse desde a liberdade, fóra do enreixado dos prexuízos. Baamonde fíxoo no papel dun racista dictaminando  trabas e regulamentos cos que maltratar aos estranxeiros sen decatarse de que el mesmo, é un estranxeiro, por mor da lingua, en Galicia. Así Agustín Baamonde promoveu desde o seu escano a imposición do castelán no ensino das matemáticas ou a deturpación da onomástica dos concellos. Se despois disto aínda hai algúen que acredita en como se está a levar a política lingüítica será únicamente en nome do seu sectarismo e contra o sentir da cidadanía galega.
Velaquí as intervencións  de Bieito Lobeira e Agustín Baamonde:



sábado, 9 de abril de 2011

Losada contra Cerviño

Nunha actuación que o honra, Francisco Cerviño, portavoz de Lingua do Grupo Parlamentario Socialista, vén de criticar que a Consellería de Educación, para establecer os criterios de ordenación alfabética dos apelidos do alumnado galego, indique como referente á Real Academia Española no canto da Real Academia Galega. Esta actitude indica preocupación e defensa da lingua minorizada, da nosa lingua.
 Cerviño remexeu entre papeis de lectura pesada, documentos de linguaxe administrativa,  e, por estar instalado na defensa do galego,  nunha circular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos atopou unha evidencia do que todos sabemos: que a lingua que defende a Xunta que nos goberna é o español.
Pola contra, a web que promove a candidatura á alcaldía da Coruña do candidato socialista Javier Losada, é unha páxina exclusivamente en castelán. Tamén en castelán, exclusivamente, están todos os demais recursos que se ligan desde ela: as novas doTuenti e do Facebook, os títulos das fotos do Flick e os vídeos do You Tube. O lema que identifica esta serie de recurso é 'Una Gran Coruña". Efectivamente, Una, Grande, ...e Libre de galego. Non creo que esta aposta de Javier Losada sexa máis lesiva para o galego que a circular denunciada por Cerviño.

Estaría ben que nos explicaran cal é a política lingüística do PSdeG-PSOE, se a de Cerviño ou a de Losada, pois non se pode estar dando misa e repenicando a un tempo.

venres, 6 de agosto de 2010

A política lingüística só contenta ao electorado gelegófobo

Da web do PSdeG-PSOE:
O portavoz de Lingua do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Francisco Cerviño, reclamou hoxe [05/08/2010] ao presidente da Xunta que “deixe de agredir ás institucións que non lle bailan a auga e non se deixan comprar” en alusión ás críticas de Feijóo contra a Real Academia Galega. Reclamou consenso para sacar a lingua da grella política e advertiu que a estratexia da Xunta pode “acelerar a morte do galego”.
Explicou que a Real Academia Galega responden a Feijóo defendendo a lingua de xeito unánime -tanto os académicos progresistas como os conservadores- porque para eles constitúe un “imperativo categórico” e “o único que xustifica a súa existencia”. Dixo que o presidente acusounos de ser o brazo dunha ideoloxía porque “síntese despechado” logo de ter anunciado estes un recurso por unanimidade contra o decreto da lingua.
Tildouno de “insolvente cultural” ao non recoñecer a pluralidade da academia e considera que “equivócase” ao pensar que pode calar aos académicos aprobando unha axuda para arranxar o tellado da sede da RAG e aprobando unha subvención. Reclamou “que non se sinta Manuel Estrada e se lle ocorra adoptar o sistema de premio e castigo contra os académicos”.
Lembrou que o galego ten rexistrado nos últimos tempos un descenso continuado no número de falantes, situándose en perigo de desaparición, e engadiu que “ocultando a realidade do paciente non evitamos a gravidade da situación”.

Consenso, consenso e consenso
O parlamentario socialista apuntou que “para salvar a lingua é necesario consenso, consenso e consenso social e tamén político”. Criticou duramente a política lingüística do presidente da Xunta dirixida a “contentar a unha pequena parte do seu electorado galegófobo e aos medios conservadores de Madrid e advertiu que esta política pode “acelerar a morte do galego.

mércores, 10 de febreiro de 2010

Impórtache a ti un bo carallo o destino do idioma noso

Este é o que dixo a frase, Francisco Cerviño, deputado do PSdeG. Hai que contextualizala, senón non se entende o asunto. Foi no Parlamento galego, Non haberá comisión parlamentaria sobre o decreto, isto foi o que dixo o goberno nun debate no que os portavoces de lingua dos tres grupos políticos da cámara.
O título da noticia quizais debera ser:O PPdeG non quere consenso para sacar adiante o decreto porque se sente apoiado polos "800 mil votantes"Pero se colocamos o exabrupto de Cerviño, precisamente aquí, nunha bitácora educativa, é sobre todo por dúas razóns.
A primeira é que a frase é unha cita literaria, pertence a "Crónicas de nós", de Ferrín.
A segunda razón é que resume moi acertadamente o estado da cuestión.
Por certo, a frase estaba adicada ao presidente.
Cara onde mira Feijóo cando lle falan da lingua?