Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta María Lado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta María Lado. Amosar todas as publicacións

sábado, 2 de febreiro de 2019

martes, 9 de febreiro de 2016

Xente de aquí e acolá no LGx15

A CTNL continúa a subir as intervencións do acto LGx15. Cada unha delas é unha alfaia, razón pola que recomendo que esteamos atentos á canle de You Tube da CTNL. Hoxe recollo aquí dúas delas, unha con xente de aquí e outra con xente de acolá.



A primeira vez que vin esta actuación de Lucía Aldao e María Lado, hai xa cinco anos (nas XXI Xornadas de Lingua e Literatura, non din parado de rir. Cando saíron no Luar, volveume a pasar o mesmo. Nesta ocasión, a cousa foi a máis. O espectáculo é o mesmo, mais nesta ocasión ben se vía que estaban máis cómodas ante un público que entendían e compartían todo o seu hilarante discurso. Aínda que o coñezamos, cómpre revisitar esta actuación.



Carmen Grimaldi é unha andaluza que leva un ano vivindo en Galicia. Nesta intervención aposta pola intervención positiva, avoga pola inmersión lingüística cunha conferencia chea de optimismo titulada "O galego é"

martes, 28 de xullo de 2015

'Deitado frente ao mar', no Luar



Para os que víramos en directo algunha vez esta marabilla, a sorpresa non é tan grande, pero volver a escoitar esta excelente peza de María Lado e Lucía Aldao, é realmente agradable... e escacharrante.


luns, 25 de maio de 2015

Como eu te amo



Unha xenialidade de Lucía Aldao e María Lado. Para explicar a colocación do pronome átono botan man dunha versión da canción de Rocío Jurado, Como eu te amo. A gravación está recollida do blogue Gasta a lingua, foi realizada o pasado 21 de maio, nunha das moitas actvidades que o IES Lois Peña Novo (Vilalba) realizou durante este mes.