Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Francia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Francia. Amosar todas as publicacións

martes, 20 de abril de 2021

A lingua galega, Peter Pan?


por Pilar García Negro, en Nós Diario:

A política lingüística española ten un amplo historial hexemonista, con moi pouca orixinalidade a respeito do modelo lingüicida francés.

domingo, 30 de agosto de 2020

Tant como me quedarà

Maxime é un neno de nove anos que participou na edición francesa do concurso "The Voice Kids". Fíxoo cunha canción en catalán, Tant como me quedarà, de Jordi Barré, un artista pertencente á Nova Cançó. 

Teñamos presente que facer un papel relevante na televisión dun país tan centralista como o francés, que promove o desprezo a todas as linguas minorizadas, é un éxito duplo.

Vía Vilaweb

 

xoves, 8 de decembro de 2016

Petición para unhas probas do bacharelato en bretón



As Diwan son unha rede de escolas laicas e gratuítas que xurdiron ante o centralismo do estado francés que practica unha política supremacista que outorga únicamente ventaxas e dereitos ao francés fronte as outras linguas faladas no estado. As Diwan practican a inmersión en bretón e sempre tiveron dificultades ante un estado chauvinista. Abriron as súas portas no 1977 e 20 anos despois os estudantes destas escolas presentáronse por primeira vez á proba de bacharelato. Pasaron outros 20 anos e os alumnos queren facer o exame en lingua bretoa. Con este fin abriron unha petición na plataforma Change.org na que se preguntan como é posible que se lles impoña unha serie de exames en francés cando eles pensan en bretón, falan en bretón, e foron escolarizados en bretón.

mércores, 15 de xaneiro de 2014

Lenga d´Amor




Tomando como alicerces as súas vivencias da nenez  na rexión norte de Périgord, na Occitania,  Patrick Lavaud móstranos neste documental cal é a súa lingua, a dos seus sentimentos. Estamos a falar da languedoc, unha lingua maltratada polo centralismo estatal francés.
O discurso de Lavaud lévanos por un camiño no que atoparemos a toponimia, a cultura tradicional, a creación literaria, e finalmente a educación e o futuro da linuga occitana. Unha experiencia que non nós é allea por vivirmos no centralista estado español.
Na nova canle de televisión Óctele, podemos acceder ao documental completo (52 minutos), subtitulado en francés.

venres, 20 de decembro de 2013

ÒcTele




Hoxe, 20 de decembro, ás 20:00, comenzará a emitir unha nova canle de televisión en liña. Trátase de ÒcTele, a primeira canle de televisión con toda a súa programación, de catro horas diarias,  en occitano. Non será a única televisón destas características pois pretende seguir a estela doutra canle, Brezhoweb,  lanzada polo mesmo promotor,  e que realiza a súa emisión en bretón, outra das linguas minorizadas de Francia.
Se os defensores da cultura provenzal ou da bretoa tiveron que poñer en marcha esta televisión fóra das canles habituais é porque o centralismo estatal rouba dereitos e espazos as culturas alleadas do poder. Dase o caso de que os occitanos contribúen co seu traballo e impostos a un estado que actúa como a lepra. Esta música non nos é estraña, así que temos que tomar boa lección destes exemplos.

A TVG
Un espectador habitual da TVG pode comprobar como esta televisión vai por un carreiro nada recomendable. Os seus programas están inzados de intervencións en castelán e modelo medio de lingua que se emite está entrefebrado de castelanismos, promovéndose deste xeito unha deriva cara un dialecto híbrido, paso previo á asimilación. Outro aspecto fundamental e que fixa moitos prexuízos na cidadanía é a emisión da práctica totalidade dos anuncios en castelán. Así o habitual é que asociemos a actividade comercial e empresarial ao español.
Na cerna do sentido da existencia da TVG está a súa función normalizadora e identitaria. Necesitamos unha TVG galeguista e non un farrapo ao servizo de intereses foráneos pois canles baixo os principios do centralismo hainas a mancheas. Cómpre un pouco de sentidiño, e será fundamental unha televisión de noso para írmolo recuperando. Digo eu.