Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta lusofonía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lusofonía. Amosar todas as publicacións

mércores, 31 de maio de 2023

Marketing da língua galega

 


por Miguel Anxo Bastos Boubeta no Nós Diario:

Gerou-se um certo debate sobre as declarações de dois jornalistas num programa da Rádio Galega sobre a imposição e a utilidade da língua galega. Não me preocupam estas afirmações, que foram feitas em galego correto, porque são ideias que estão presentes na sociedade galega e bem podem ser discutidas. Preocupam-me mais os argumentos que utilizaram, pois continuam a ser os mesmos de há décadas atrás e não parecem ter sido devidamente refutados.

 

mércores, 7 de decembro de 2022

"Lusofonía" vulgar

 


por Pilar García Negro no Nós Diario:

O conto foi así. Recebín hai uns días aviso dunha mensaxe oral no meu telemóbel. Ao descoñecer o número, fixen a comprobación oportuna e verifiquei que se trataba dunha das pesadísimas –e consentidas– compañías telefónicas, dedicadas á caza e captura de clientela. O gravado di así: "Sale ahí... un contestador en portugués". O dito non era para min, obviamente, senón un comentario con algún compañeiro ou compañeira de traballo telefónico. A voz masculina tiña sotaque nativo. Cal, a miña mensaxe gravada?: "Deixe, se quixer, a súa mensaxe. Obrigada". Galego puro. En fin, o comentario tróuxome á memoria a gargallada descomunal da miña nai cando lle perguntaron nunha tenda (de que eu era clienta habitual) se a súa filla (servidora) era portuguesa. Galega coma min!!, exclamou ela. Hai moitos anos disto. Vese que a consideraban a ela fonte fiábel da información que a min non ousaran perguntar. En resumo: falar galego sempre, falar galego formal, público = portugués. Neles, nos portugueses, enténdese, porque non teñen máis remedio: é o seu. No noso caso, xa sabemos que se entende por "normal": mudar do galego ao español cando convén. Tamén me veu á memoria a afirmación do responsábel dun parque de campismo no Algarve (1978): ao ouvirnos falar a catro amigos, identificounos como galegos, para alegría nosa, mais aclarounos que se refería ao "galego" deles, isto é, o portugués setentrional, o sul da antiga Gallaecia, diríamos hoxe.

 

mércores, 4 de novembro de 2020

O desenfoque reintegracionista

por Manuel Veiga Taboada, en Nós Diario:

 

Un dos motivos que máis me apartan do reintegracionismo é a súa consagración da utilidade como razón principal. A mesma razón precisamente que outros empregan para defender o castelán e o inglés. E parece evidente que nesa competición os que levan as de ganar son estes últimos.

domingo, 13 de outubro de 2019

Galiza bilíngue (II)

por Eliseu Mera, no Sermos Galiza:


Depois da publicação do inquérito do Instituto Galego de Estatística (IGE) de 2018 que reflete as percentagens de uso da nossa língua nas diferentes faixas etárias encontramos diversas reações. No governo galego aplaudia-se que se registasse uma certa recuperação no número total de falantes. No entanto, a maior parte das análises assinalavam a forte queda em menores de 15 anos de idade, tendência que, se continuasse, provocaria a quase total extinção do idioma em poucas décadas.

mércores, 4 de outubro de 2017

Ari[t]mar: dupla irmandade galego-portuguesa

A finais deste mes (31/10/17) celebrarase a gala do Ari[t]mar do presente ano na que se entregarán os premios aos mellores poemas e mellores músicas en galego e portugués. Na pasada edición as cancións gañadoras corresponderon á galega Cantiga da Montaña de Xabier Díaz &Adufeiras de Salitre e á portuguesa Capicua de Medusa.
Especialmente agradecida é a idea que tiveron de publicar en formato de vídeo-poema as gañadoras do certame poético nun acto de dupla irmandade. Velaquí que o mellor poema portugués Não sei, minha filha... de José Ricardo Nunes foi lido por Belén Regueira:



e o mellor poema galego, O corazón, de María do Cebreiro pódese escoitar na voz de Rui Spranger. Unha feliz iniciativa que conviña seguir divulgando deste orixinal xeito.

domingo, 30 de outubro de 2016

Quando a emoção entra pola porta…

por Valetim Fagim,no Sermos Galiza:

… a razão, a experiência e a intuição saem pola janela. Assim reza um provérbio hindu.
Quando dou uma palestra sobre a estratégia internacional para o galego costumo começar com um jogo. O tal jogo está no início do livro O galego é uma oportunidade.

mércores, 18 de marzo de 2015

TV Escola. O ABC da Astronomía

A TV Escola é o canal da televisión pública do Ministério da Educação de Brasil destinada aos profesores alumnos e a todos interesados en aprender. Trátase dunha colección de recursos enormes que non podemos deixar de coñecer, sobre todo os galegos. Para ter unha idea das dimensións desta plataforma, bastará con apuntar que na súa canle de You Tube teñen máis de 14.000 vídeos subidos e que isto non representa máis que unha pequena parte de todo o material ao que podemos ter acceso na TV Escola.
Hai algúns vídeos que requiren que estemos logueados para poder velos como é o caso do audiovisual A beleza dos diagramas, un documental de Marcus du Sautoy, por poñer un caso. Porén non teremos problema ningún en acceder a eles xa que non nos nos dificultan o ingreso na plataforma.
Por destacar só unha das múltiples posibilidades deste portal, velaquí un dos capítulos dos 30 da serie ABC da Astronomía. Trátase duns documentais guiados polo profesor e astrónomo Walmir Cardoso que vai percorrendo o alfabeto da lingua portuguesa. Por exemplo temos capítulos adicados á Astronomía, ao Ano luz, ao Big Bang, ..., Raios X, Yuri Gagarin ou Zodíaco. Destácase desta serie que de temática astronómica que está elaborada desde un punto de vista do hemisferio sur, punto de vista pouco usual neste tipo de recursos de divulgación científica, que normalmente nos aportan unha visión centralista, a do hemisferio norte. Así, en capítulos como o das Constelacións podemos aprender sobre aquelas que non se poden ver nunca nas nosas latitudes.
O escolla do vídeo foi feita pensando especialmente nunha persoa fundamental na normalización lingüística nas últimas décadas, Agustín Fernández Paz, autor do libro A viaxe de Gagarin. Así aproveito unha vez máis para insistir en que ciencia e lingua non son campos enemigos, como nos queren facer ver desde zunia que dirixe a política lingüística no noso país e que prohibe o uso do galego na impartición de aulas e nos textos educativos.

´

Estou seguro de que esta entrada non vai ser a última na que faga referencia a este extraordinario portal, TV Escola. Xa que desde a Xunta nunca houbo interese ningún en contribuir ao ensino achegando material audiovisual, non nos queda outra que poñer a vista nos países da lusofonía para ter acceso a este tipo de posibilidades.

mércores, 11 de marzo de 2015

Nin portugués nin galego

Publicado nas Voces de Prolingua, unha plataforma necesaria en defensa da lingua:

Cando os presidentes galego e portugués saíron do nº 11 da rúa Tabernas, viñan de representar un teatro cuxa finalidade principal, e non declarada, era a de neutralizar a denuncia feita pola RAG dunha política lingüística que nos últimos anos forzou "un preocupante retroceso do uso do galego". Anunciouse o acto como a sinatura dun Memorando (non un acordo, nin un pacto, nin un tratado), para a adopción do portugués como lingua optativa no ensino non universitario, cando xa no curso 2008-2009 había 600 alumnos matriculados desta materia. Se isto resulta sospeitoso máis o é que ao solicitárselle o texto do memorando, o goberno contestou "que non está actualmente en condicións de amosalo" e que tampouco pode sinalar cando poderá facelo. Esta falta de transparencia revela a un tempo desprezo pola cidadanía e necesidade de ocultación dunha trampa que se descubriría ao podermos ler a máis que probable vacuidade do contido do memorando.
Que sentido ten a promoción do portugués se mantemos unha política lingüística antinormalizadora? Mentres que a normalización lingüística é un ben absoluto e unha obriga fundamental do goberno, o presunto fomento do portugués só será beneficioso na medida en que contribúa á mellora da calidade e do prestixio nosa lingua. Trátase, máis que nada, dunha vacina; cada vez que se poña de manifesto a política de agresión ao galego, veremos como o goberno erguerá a bandeira dunha impostada aposta pola lusofonía, unha aposta completamente inocua e marxinal pois afecta só ao 0,02% do ensino.
Claro que sería unha excelente noticia un plan de reforzo do ensino do portugués pero con este goberno non o imos ver. Que hoxe en día se impartan aulas de portugués en 32 centros debémosllo únicamente ao voluntarismo do profesorado implicado nas mesmas. En ningún momento se dotou aos institutos de profesores de portugués e  tampouco se enxerga ningunha convocatoria de prazas para impartir esta materia. Ninguén que lle teña tomado o pulso á realidade será quen de crer que un goberno que ten no seu ADN o servilismo ás elites madrileñas vai tomar partido polo impulso do ensino do portugués. Esta aposta só sairá dun proxecto que acredite na normalización lingüística, nunca dun que a agrida.-
Puidemos ver nestes días que o presunto acordo entre Galicia e Portugal foi divulgado como un cambio de rumbo na política do PP no ensino das linguas. Isto tamén é falso. Basta traer á memoria aquela entrevista a Feijóo nunha canle da caverna mediática na que o presidente defendía o ensino do portugués pola súa proximidade ao galego. Concordamos con esta defensa, mais cómpre ter os pés na terra e descubrir o engano das declaracións do presidente. Cal é realmente o peso do portugués no noso sistema educativo? De cada 5000 horas de clase que reciben os alumnos do ensino non universitario só unha está adicada a esta materia. A ver se agora non imos ter máis que ollos para esa hora en portugués mentres deixamos que se continúe a desprezar e excluír o galego das outras 4999.
Quen se sumou a esta manobra de desviar do debate da normalización lingüística cara o portugués como segunda lingua estranxeira optativa foi a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) ao presentar o portal "Exportar en galego".  Desafortunadamente  non é isto outra cousa que un traxe novo para adornar edicións anteriores do mesmo tipo de campañas. A primeira delas, "O galego, a chave para os teus negocios no mundo", botou a andar no 2012, en colaboración coa FEGAPE (Federación Galega de Parques Empresariais). Consistiu exclusivamente no envío de dípticos e carteis a membros da Federación. Cantas empresas houbo que se sacaron partido desta promoción? Se unha empresa quer relacionarse cos países lusófonos sabe da campaña da SXPL? Desde o IGAPE infórmase destes recursos da Xunta aos empresarios con intereses na área lusófona?  E son estes recursos realmente útiles? Ninguén fixo unha avaliación dos resultados da iniciativa. 
Tampouco sabemos nada do rendemento da que comezaría uns meses despois. En abril do 2013 divúlgase  "Exportar en galego" , unha campaña co mesmo título que a actual....e practicamente cos mesmos contidos. Daquela xa se publicara o documento "Exportar en galego"que volve a publicitarse agora e que é a base do web co que comparte cabeceira. Se lle pegamos un repaso a este portal, vemos que na lapela adicada aos países da lusofonía repite exactamente o texto do documento elaborado hai dous anos. O resto do portal  redúcese a uns apartados con recursos que xa hai tempo que existían e ligazóns a entidades que tampouco son novidade algunha.
Un dos organismos oficiais que se promocionan  desde "Exportar en galego" é Export Galicia, (en inglés, of course), un portal que ten como propósito "apoyar a las empresas gallegas en su proceso de internacionalización, dándoles acceso a servicios y bases de datos especializados en comercio exterior" (en castelán, por supuesto). Outro proxecto curioso no uso da lingua é o de investingalicia con posibilidades de acceso en inglés, alemán  e en español. Nada en galego, nada en portugués. Un terceiro organismo, PEXGA (Plataformas Empresariais no Exterior de Galicia), ofrece documentos sobre distintos aspectos de negocios no estranxeiro, sempre en castelán, aínda que se trate de lugares como BrasilPor último temos o SEA (Suelo Empresarial del Atlántico), cun 0% en galego.
Sobre a avaliación das anteriores campañas, basta ver como todos estes organismos marcan un territorio no que o galego non ten entrada. A  revista da FEGAPE, dos promotores, xunto coa SXPL, do plan "Exporta en galego", exclúe ou secundariza o galego. En 2 de cada 3  sitios dos parques empresariais non existe o galego. Mesmo a Asociación Empresarial de Tui, que foi a escollida para presentar este novo gran avance normalizador, é unha desas que exclúen a nosa lingua. O que debería ser un recurso fundamental de "Exporta en galego", unha aplicación de oferta-demanda de emprego para persoas con coñecemento do portugués, non existe. A día de hoxe, no portal do IGAPE non hai ningunha información sobre este proxecto.
Pero, realmente, a alguén lle pode estrañar esta montaña de mentiras e impostura? Basta con facer un breve percorrido polas propias notas de prensa da Xunta para ver ata que punto Feijóo mantén o compromiso da promoción do galego na empresa. Na  entrega de premios arquitectura en Vigo podemos ver un vídeo institucional, no que Feijóo fala en español. A visita do presidente a unha iniciativa promotora de empresas, outra vez en Vigo, desenvolveuse integramente en español.  Ou na Coruña, falando precisamente da internacionalización das empresas galegas, e non o fixo en galego. E todo isto recollido de gravacións institucionais, no mesmo mes en que se presenta "Exporta en galego". Teñamos presente que Feijóo sabía que se estaban gravando todas estas intervencións co fin de divulgalas. Que sucederá fóra de cámara?
Temos un panorama claro, o achegado polo IGE, e temos un camiño aberto, o do Plan Xeral de Normalización da Lingua (PXNL) polo que debemos transitar se é que queremos establecer o galego como a rocha sobre a que levantar a nosa sociedade.
A sinatura do Memorando secreto tivo como escenario a sede da RAG. Esta escolla pode ser unha moi intelixente xogada de maquiavelismo político pero é tamén un movemento contrario á normalización lingüística. A saúde do galego no é boa, velaí que a declaración da RAG reclamando unha política lingüística respectuosa co PXNL e a retirada dun decreto, o do galego no ensino que a propia Academia ten recorrido perante o Tribunal Supremo, segue tendo hoxe tanta vixencia como cando os presidentes portugués e galego entraron no nº 11 da rúa Tabernas.

sábado, 28 de febreiro de 2015

Olá, novo consenso!

por Miguel Penas, na Praza Pública:


Fevereiro de 2015 pode ser um mês que marque um ponto de inflexom na história da nossa língua no atual território da Galiza. Começou com umha importante mobilizaçom social em favor do galego e finalmente termina com bom sabor de boca, fruto da assinatura dum acordo de colaboraçom entre o Presidente do governo galego e o Chefe de Estado português. Parece evidente que a língua importa, ainda na Galiza do século XXI.

mércores, 17 de decembro de 2014

O galego segundo Aline



Aline é unha brasileira que desde Santiago de Compostela explica algunhas cousas da nosa lingua para unha canle chamada semfio.tv, especializada en divulgar para o Brasil diversos lugares do mundo.
Vía chuza!

martes, 14 de outubro de 2014

A posição galega no contexto da língua portuguesa

por Ângelo Cristóvão no Praza:


A recente aprovação da lei 1/2014 de 24 de março, Lei Para o Aproveitamento da Língua Portuguesa e Vínculos com a Lusofonia, ou Lei Paz-Andrade, pela unanimidade dos deputados do Parlamento Autónomo da Galiza, representa uma mudança significativa na orientação da política linguística e na estratégia global da Comunidade Autónoma galega, que precisa de concretização através de ações do governo e da imprescindível colaboração da sociedade.

mércores, 16 de outubro de 2013

Iniciativa Paz Andrade

por Manuel Bragado no Faro de Vigo:

Unha ponencia da Comisión de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia traballa sobre a proposición de lei de iniciativa lexislativa popular Valentín Paz-Andrade, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. Apoiada por máis de 17.000 asinaturas, esta iniciativa foi presentada a consideración do pleno polo empresario vigués Xosé Carlos Morell González o pasado 14 de maio, sendo aprobada por unanimidade de todos os grupos políticos, coa participación na votación de todos os membros da cámara, o que constituíu un consenso inédito nas dúas últimas lexislaturas.

martes, 10 de setembro de 2013

Houston, temos uma hipótese

por Valetim Fagim, no Sermos Galiza:


Taboo é um jogo de tabuleiro em que devemos descrever um conceito sem o nomear nem usar certas palavras na descrição, aquelas que facilitariam a identificação por parte da nossa equipa. É provável que a palavra Língua aparecerá no maço de fichas do tal jogo e atrevo-me a arriscar que os tabus serão palavras como Identidade, País, Gramática e outras similares.

sábado, 31 de agosto de 2013

Introdução à língua galega



Simpático vídeo que se anuncia como "introdução à língua galega para brasileiras e brasileiros. Aprendam a cumprimentar e a pedir uma dúzia de ovos na língua galega. Peguem lápis e papel porque aprender um novo idioma é sempre uma tarefa difícil"

mércores, 22 de maio de 2013

Por unha nova idea de lusofonía

por Xabier Ron na Praza Pública:

A cidadanía galega quere achegarse ao mundo lusófono. Ter unha relación máis fraterna coa lingua portuguesa. Polo menos, iso demostran os milleiros de sinaturas que apoiaron a Iniciativa Lexislativa Popular Valentín Paz Andrade, tomada en consideración, como di o argot parlamentario, polos catros grupos da Cámara a pasada semana. Pero teñamos coidado cos prexuízos e cos conceptos lingüísticos tratados de forma acientífica ou ideoloxizada. Fuxamos dos esencialismos e dos reducionismos que prescinden da complexa realidade da que falamos.
Teñamos coidado cos prexuízos e cos conceptos lingüísticos tratados de forma acientífica ou ideoloxizada. Fuxamos dos esencialismos e dos reducionismos que prescinden da complexa realidade da que falamos

luns, 15 de abril de 2013

Exportar en galego, anuncialo en castelán



O documento é bonito. Contén unha lista de ligazóns que calquera cun pouco de vagar podería arrecadar nunha xornada. A Xunta presentou o pasado 12/04/2013 a campaña “Exportar en galego”, promovida pola Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), en colaboración coa Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE).
A FEGAPE anunciou así a presentación: "Tendrá lugar en la sede de la Asociación de Empresarios del Polígono San Cibrao este viernes 12 de abril a las 11:00h.".
Está claro o compromiso da FEGAPE coa normalización, pois tamén participará nos XV Encontros para a Normalización Lingüística organizado polo CCG. Así o comunicaban: "La Federación Galega de Parques Empresariais intervendrá el jueves 18 en la mesa de trabajo "Lingua e Sociedade en Galicia: 1983-2013".  O poñente será Iván Vaqueiro, que significativamente presenta para estes encontros o seu currículo en  español, é o director de Galipad Consulting, a empresa á que a SXPL lle encargou tanto esta campaña como aquela outra,  O galego, chave para os teus negocios no mundo, da que xa déramos conta no seu día apostando daquela pola absoluta inutilidade e ineficacia da mesma. Nuns poucos meses temos a aposta gañada, e outro tanto máis en contra da normalización do mundo empresarial pois a FEGAPE, ao pouco de lixar o seu web cun par de palabras galegas, continuou o seu camiño de exclusión da nosa lingua.
A vacuidade destas campañas é a súa única característica. Está feita únicamente para aparentar que esa pantasma que é a SXPL está a facer algo do que lle correspondería. Segundo o organismo da Xunta, "o obxectivo principal desta nova iniciativa dirixida a promover o uso do galego no ámbito dos negocios". De ser isto certo, terían que asumir de partida un fracaso total e absoluto xa que nin tan siquera a propia empresa encargada da mesma asumiu en ningún momento este precepto. Basta ver os anuncios que fai Galipad Consulting dos contratos que fixo coa SXPL ([1] e [2]) onde o único que aparece redactado en galego é o título da campaña.
Velaí o modo de proceder da Xunta e os seus chiringuitos: promover unha campaña para o uso do galego anuncíandoa en castelán.

martes, 9 de abril de 2013

Xeografía lingüística

por Xosé Manuel Sarille en El Correo Gallego:


ACABO de ler O galego é unha oportunidade, de título comercial, e que aparentemente se contradí coa decadencia reinante.

domingo, 3 de marzo de 2013

Pola língua que nos une, pola política, que nom

por Joám Lopes Facal na Praza Pública


O 27 de janeiro de 2013 tinha lugar em Compostela a terceira manifestaçom nacional “em defesa da língua que nos une”como proclamava com eloquência o lema da convocatória. Manifestaçom nacional, efectivamente, por participaçom, por concorrência plural e polo respeito manifestado a todo o espectro de posiçons persoais ou colectivas em prol do signo lingüístico que nos singulariza como povo e como sujeito político. Sem língua seríamos apenas umha província espanhola marginal e insignificante. As imagens da demonstraçom de civismo reivindicativo conservadas som, mais umha vez, memoráveis.

martes, 26 de febreiro de 2013

Os watusi e a Conselharia de Educação

por Valentim Fagim, no Sermos Galiza:

Se comparamos um aluno galego com outros do resto do Estado evidenciaremos que não há diferenças significativas do ponto de vista físico ou inteletual. Não destacam pola sua inteligência, a sua beleza ou a sua agilidade.

martes, 29 de xaneiro de 2013

Pola porta do portugués

por Kathleen March Catedrática de Linguas Modernas da Universidade de Maine (EUA). Autora de "De musa a literata: o feminismo na obra de Rosalía de Castro" (1991). No Sermos Galiza:

Alguén perguntou: "Como fixeches túa a lingua galega? Non comprendín a pergunta, que ninguén ma fixera encol de outras linguas. Mais tentarei dar unha resposta, en dúas partes:
Primeira parte. Entrei pola porta do portugués. Nin máis nin menos. Que non me digan que non son linguas irmás. Axiña puiden ler textos de Manoel-Antonio, Otero Pedrayo, Herrera Garrida, Pozo Garza, Rosalía. Abriu-se a porta, entón, e na casa galega abondaban persoas dispostas a deixaren-me escoitar a conversa, que non me traducían ao castelán o que dicían, como hoxe fan persoas adultas cos nenos. Entre os primeiros mestres: Ramón Martínez López, X.M. Alvarez Blázquez, X.R. Fandiño Veiga, María do Carmo Kruckenberg, Albina e Ovidio de Santabaia, José Luis Rodríguez, Francisco Rodríguez, Pilar García Negro, Lois Tobío e outros.