por Xabier López López, n´A Nosa Terra:
Non sei. Poida que, levado por esa desconfianza coa que veño xulgando o mundo ultimamente, a miña percepción do asunto estea viciada xa pola suspicacia. Porque a dicir verdade, e resucitado ese ruído de fondo que hai un tempo pedía entre outras cousas unha TVG bilingüe, xa non son quen de ver un telexornal sen ter que engurrar o fociño. Fagan a proba se non o fixeron xa. Prescindan do fondo (entre outras cousas porque por un día sen saber dos éxitos do Goberno Feixóo non vai suceder nada) e céntrense en cuestións de forma, concretamente na lingua que, logo da locución dos presentadores, adoita acompañar a nova correspondente. Trátase, maiormente, de declaracións de profesionais ou expertos con certa relación coa materia obxecto de información ou, sinxelamente, xente da rúa; a banda sonora, digámolo así, que se esforzan en poñerlle á noticia. E aquí chega esa liña última que non deixa de alimentar as miñas suspicacias. E logo non hai avogados que falen en galego? E pediatras? E médicos? E economistas? E que pasa coa xente do común? Como é posible que nun país onde o 80% da poboación é quen de falar galego, se poidan contar cos dedos dunha man aqueles que dan a súa opinión (rebaixas, límite de velocidade, lei anti tabaco...) na lingua de noso? Abondaría con lembrar unha das funcións primordiais da nosa televisión pública (“promoción, difusión e impulso da lingua galega”, artigo 1.1 da súa lei reguladora) para que, no hipotético –e ben remoto suposto– de que o xornalista non atopase un galego falante nas inmediacións, volvese ao coche co cámara e non entregase o seu material ata poder ofrecelo no noso idioma. O mesmo se pode dicir desa produción que na súa axenda de “especialistas” só conta con expertos ou profesionais español falantes (o que se pode predicar xa non só do telexornal senón tamén dos programas de debate). E ollo. Xa ben eu sei que neste, o noso país, conviven ou coexisten mal que ben dúas linguas e que se pode contar un bo número de persoas que non adoitan ou non queren falar galego. O que, mal que nos pese, é tan lexítimo coma o outro. O que sucede é que a TVG non é, por moito que queiran algúns, o lugar para pór isto de manifesto. Se me permiten unha sempre clarificadora redución ao absurdo, é coma se un club nacido para a “promoción, difusión e impulso do cine”, poñamos por caso, se dedicase a dar clases de pintura; ou que unha desas comunidades de propietarios nacidas ao abeiro da lei de propiedade horizontal se dedicase a gastar as súas derramas en amañar a terraza do bar do barrio. Cada quen é dono de falar no que lle pete (Só faltaría!) Ora que a TVG... Alternando o galego dos locutores co español dos “entrevistados”, o que están a facer é ofrecer de facto un produto bilingüe. Así. Aos poucos. Sen que o noten nada máis que eses retorcidos suxeitos danados pola desconfianza. Así. Coma quen non quere a cousa. Aos pouquiños. Ata que un día...
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Xabier López López b>. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de marzo de 2011
xoves, 3 de marzo de 2011
Gal(L)ega 100%
por Xabier López López, no dixital da Nosa Terra:
Dada a velocidade coa que se moven os esperpentos e outros seres máis ou menos vivos, poida que a información que me dispoño a brindar chegue a este espazo unha miga tarde. Porén, non me resisto a transcribir en primicia unha conversa que seguramente vai axudar a resolver definitivamente o afamado expediente “Leite galega”, ese controvertido asunto que ocupou un tempo a atención de todos aqueles que aínda conservamos, pese a todo, certa capacidade de abraio (por non falar da estúpida manía de concordar os xéneros gramaticais). Mais non perdamos máis tempo do necesario e pasemos a reconstruír os feitos. Vexamos... Unha empresa de publicidade de sete estralos coa que adoita traballar a Xunta de Galicia. Unha encarga. Unha proveitosa sesión de brainstorming cos máis acreditados e efectivos creativos. Unha idea. O teléfono da consellería (competente en razón da materia) a saltar de extensión en extensión ata parar no auricular axeitado.

–O que oe, señor conselleiro. Unha idea excelente, señor conselleiro. Nada de lendas dobres, señor conselleiro, nin traducións, nin outros gastos innecesarios de espazo e tinta.
–E iso?
–O nunca visto, señor conselleiro. O slogan ideal para unha campaña publicitaria: cun só deseño, señor conselleiro, logramos cubrir todo o nosotarget. Dous coellos dunha caxatada, señor conselleiro!
–Explíqueme iso.
–Pois ben doado, señor conselleiro. Resulta que se un le tal que así, vai e pon “Galega”; pero se o consumidor acerta a ver no chorro branco que vén de arriba outro “ele”...
–Gallega!
–Equilicuá.
–Brillante.
–E logo non? A mandar, señor conselleiro.
(Tradución ao galego do autor)

xoves, 3 de febreiro de 2011
Ano do Libro?
por Xabier López López, no dixital A Nosa Terra, xa hai algúns días, o 15/01/2011:
Á espera de saber en qué ficou a idea aquela de Alberte Núñez Feixóo de prorrogar o Xacobeo, boto a ollada atrás para volver dicir entre min –sen pasmo ningún, no entanto– que este 2010 que está para o remate non só foi o ano que non ha volver en 11 anos (segundo rezaba a publicidade dese evento que había paliar as penurias económicas todas ), senón tamén, e como declaraba con certa pompa o Decreto 369/2009 de 23 de xullo, o Ano do Libro e da Lectura. Aínda que xa tiven ocasión de apuntar algunha cousa ao respecto, co gallo da visita dun tristísimo bus á miña vila alá polos primeiros meses do ano, os labores de inventario aos que nos arrebolamos algúns nestas datas volven traer aquí o que, de estarmos de mellor humor, ben poderiamos considerar unha brincadeira. Mercaron vostedes máis libros (grazas á Xunta)? Leron vostedes máis (grazas á Xunta)? Melloraron vostedes a capacidade de abstracción, de intelección, de análise (grazas á...)? Co do Xacobeo, mal que ben –e pese a que, polo visto, haxa que esperar un tempo para valorar os beneficios “reais” da visita papal– aínda haberá algunha declaración, algún cruzamento de cifras, algunha desas medallas que adoitan pór os que perden o cu por debruzarse nun micro e espetar a lea aquela da misión cumprida! Porén, non creo que ninguén se atreva a dicirnos a todos nós (os que depositamos nos libros, na lectura, na instrución... as esperanzas para tantas e tantas cousas) algo remotamente parecido. Entre outras razóns, porque grazas ao famoso Decreto do Plurilingüismo foron directamente ao lixo preto de 200.000 manuais de Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química. Si. Xa sei que cando un pensa en libros e en lectura non está a visualizar un libro de texto. O fracaso do Ano do Libro e da Lectura vai por outro lado, xaora (a campaña morreu por puro raquitismo), pero non me digan que non deixa de ser sintomático de certo estado de cousas, que no ano que nos prometeron tan libresco, a única que deu en probar libros a mancheas fose a guillotina.

Agitprop e lingua común
por Xabier López López, no dixital A Nosa Terra:
Recoñezámolo. Postos a facer as cousas, son auténticos especialistas. E no asunto das linguas –o do Senado é realmente circunstancial– non ían baixo ningún concepto a andar menos espelidos ca noutras lides. Se paramos mentes na súa estratexia, resulta que calquera das súas campañas de agitprop adoita ter dúas texturas: unha de sal groso, de corte anecdótico e mesmo chocalleiro –os pinganillos, a lingua na que as súas señorías toman o café, o gasto económico seica inconcibible para os millóns e millóns de parados– e outra, máis perfilada, que conforma algo así coma un convite ao debate que algunhas almas refinadas e amantes do diálogo dan en aceptar sen demasiadas reservas. Neste último caso radica, e seguimos co asunto da Cámara Alta, o argumento da “lingua común”. Porque vexamos. É ou non é razoable que 200 e pico individuos, á hora de comunicarse, escollan a lingua común a todos eles? Queiramos que non, todas as nosas argumentacións non deixan de ser matices ou excepcións ao que parece –en forma e fondo– un parámetro obvio de conduta, unha regra xeral. Que se o Senado é precisamente a cámara de representación territorial, que se o fenómeno da representación política debe acadar tamén a opción lingüística do representado, que se o estado é legal e de facto plurilingüe... O dito: matices, correccións, derivacións dunha fórmula que, en abstracto, non dubidaríamos talvez en asumir mesmo coma un imperativo categórico. No entanto, o problema é que, como tantas outras veces, amosan a patiña por debaixo da porta e... Dálle! Caemos na trampa. Porque o miolo do asunto está en negar a maior. É o castelán a “lingua común”? Examinando a Constitución –porque o asunto radica en último termo no que se diga ou non se diga nesta sede– podemos saber que o castelán é a lingua española oficial do Estado e que todos os españois teñen o deber de coñecela (amais do dereito a usala). Isto é: lingua oficial e “debida” ou “obrigada”, se queremos chamala así. Pero “común”? De onde sacan tal cousa? De centrármonos na desapaixonada frialdade dos textos legais, resulta que o castelán está moito máis perto de ser unha “lingua imposta” ca unha “lingua común”. Claro que chamándoa polo nome, a súa posición xa non é tan presentable. Va que non?

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)