Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta muller. Amosar todas as publicacións

martes, 7 de febreiro de 2023

Mulleres en Compostela


Pura Lorenzana (1907-1997), colaboradora das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos, foi unha catedrática e inspectora que promoveu a creación do Instituto Feminino de Ensino Medio Rosalía de Castro e participou na comisión para a compra da casa de Rosalía de Castro. 
Este é un dos 19 perfís biográficos do proxecto Mulleres en Compostela, que inclúe a publicación dun libro e unha unidade didáctica da man de Encarna Otero e do ilustrador Luis Ruíz Padrón

 

martes, 8 de marzo de 2022

Mulleres de Caldas na ciencia


Tres ex-alumnas do Aquis Celenis (Caldas de Reis) contan a súa experiencia e transmínenos a valoración sobre o papel da muller no mundo científico. Son Martina Feijoo, doctora en Física Nuclear, María Santos, enxeñeira industrial, especializada en automática electrónica, investigadora de enxeñería aeroespacial na Universidade de Princenton, e finalmente Blanca, estudante de 3º de Mecidicina na USC.

 

sábado, 27 de novembro de 2021

25N: Testemuñas do maltrato


O alumnado de Artes Escénicas do IES A Basella (Vilanova de Arousa) realizou este traballo, "25 N: Testemuñas do malatrato", baseado no libro "invisibles" de Montse Fajardo. A música, de Ángel Paz,  tamén está inspirada neste libro 

 

venres, 26 de novembro de 2021

Xuntos somos a forza


Vídeo gañador na categoría de Primaria do concurso convocado pola Secretaría Xeral de Igualdade. Foi realizado polo CEIP Casás (Lugo)

 

xoves, 25 de novembro de 2021

Sen cárcere nin carcereiro

Este vídeo é obra do alumnado de FP Básica de Administración e Ciclo Medio de Automoción do IES de Vilalonga (Sanxenxo), gañadoras do 1º Premio do "Concurso 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero" convocado pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia.

mércores, 24 de novembro de 2021

Da mesma raíz


Promovido polos concellos do Incio e de Folgoso do Courel, así como pola Secretaría Xeral de Igualdade, este audiovisual foi presentado nos colexios deses concellos xa que os protagonistas son os nenos dos mesmos. Xabier Vizcaíno, veciño do Incio é o autor da canción que interpreta xunto á súa irmá Lucía Pérez. 
Ademais de ser unha mostra do que nos ofrece o rural, o vídeo foi feito en clave de igualdade para presentalo neste 25N

 

xoves, 18 de novembro de 2021

O amor como orixe da igualdade. Charla de Darío Xohán Cabana


Onte enchéusenos o timeline coa triste nova da morte de Darío Xohán Cabana. Velaquín unha charla súa  no CPI de Castroverde do 25/02/2015 na que fala da invención da ideoloxía do amor como comezo da liberación igualitaria.

 

venres, 12 de marzo de 2021

martes, 18 de febreiro de 2020

Unha xenialidade do IES de Brión: mulleres matemáticas e xogos





Grazas a este chío de Elena Vázquez Cendón tiven noticia da abrumadora cantidade de actividades que organizaron no IES de Brión para celebrar o Día da nena e a muller na ciencia, 11 de febreiro. Entre elas están a confección desta xenialidade na que se fai un marabilloso percorrido achegándolos 14  mulleres matemáticas con vídeos e pósters de cada unha.  Cando vin e escoitei a Hipatia, a Emmy Noether ou a Florence Nigthingale a falar sobre a súa obra, case caio da cadeira abaixo.  Ademais, de regalo, engándense non poucos xogos coas máis variadas aplicacións.
Se quedamos impresionados con todo este relato de actividades, aínda nos quedan por tratar os proxectos cos que participaron no concurso Wisibilizalas, LuminísTICas no 2019 e Wisibilizalas: Mulleres Galegas, no 2020.
Mil aplausos para os rapaces de 3ºC e 4ºA que colaboraron neste traballo, así como ao resto do alumnado e profesorado, capaces de crear unha xanela que permite entrar a luz e o aire limpo destas mulleres científicas.

xoves, 24 de outubro de 2019

Pola igualdade



Que vídeo tan ben feitiño este que nos chega desde o IES María Casares (Oleiros) sobre a igualdade de xénero. Mil parabéns a todo o persoal implicado na súa realización.
Non hai nada como poñerse en lugar do outro, neste caso da outra, para entender en toda a súa dimensión o problema.
Este centro debe ter un nivel de desgaleguización moi grande. Así e todo, realizárono en galego para a proposta d@s youtubeir@s. Un bo exercicio tamén sería colocarse no lugar de alguén que fale galego en Oleiros.

luns, 11 de febreiro de 2019

Muller e ciencia no IES Pontepedriña


Hoxe é o Día da Muller e a Nena na ciencia. O ENDL do IES Pontepedriña (Santiago) elaborou este audiovisual no que tiven a alegría de ver máis de unha cara coñecida. Neste caso apostaron polo próxico, o que tiñan na casa. Entrevistaron a profesoras do ámbito científico para comentar a súa experiencia, reflexionar sobre o papel da muller na sociedade e invitar ás mozas que están estudando hoxe en día na secundaria a mergullarse nunha carreira de corte científico.
Parabéns polo traballo ben feito.

domingo, 25 de novembro de 2018

A contraluz



Videoclip realizado polo alumnado de 4º ESO do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro)

xoves, 22 de novembro de 2018

É o momento



É o momento de ver o audiovisual premiado no concurso de imaxes gráficas e audiovisuais convocado pola Xunta  con motivo do 25N, “Día Internacional Contra a Violencia de Xénero”,

venres, 18 de maio de 2018

Novos finais para contos vellos



Encantoume esta idea que recollín do IES Félix Muriel (Rianxo). Os rapaces de 1º e 2º da ESO traballaron os prexuízos machistas sobre os contos clásicos, pegáronlle unha volta, e devolvéronos unhas creacións dunha rapazada que traballou os prexuízos de xénero dunha forma orixinal e da que saeu un poduto agradecido.


http://www.bicodaria.com/2018/05/novos-finais-para-vellos-contos/

luns, 9 de abril de 2018

Enreguéifate cos mozos da Pontepedriña


Enreguéifate 2018 from Raquel F on Vimeo.

Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso. O vídeo que se achega aquí vén do IES da Pontepedriña (Santiago). Nel podemos ver o ben que o pasan nunha clase de regueifa. Ademais, non se trata só de reforzar a aprendizaxe oral da lingua, senón que centraron as creacións regueifeiras na denuncia do machismo.

xoves, 22 de marzo de 2018

Achegando a ciencia: "O sexto sentido, as matemáticas"



Nunha entrada anterior falabamos da excelente iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística da USC de abrir unha canle de vídeos didácticos nos que profesores da Universidade nos achegan ideas da súa especialidade de forma amena e accesible. Unha das colaboradoras nesa proposta é a profesora da Área da Xeometría e Topoloxía Elena Vázquez Abal. Ela é a protagonista desta entrada na que presentamos unha conferencia que impartiu o pasado 9 de marzo no Vello Cárcere de Lugo dentro dun gorentoso programa titulado Achegando a ciencia.
Eu xa lle escoitara esta conferencia na Facultade de Matemáticas hai uns meses, por iso, e aínda que non teña o mesmo sabor que gozala en directo, recomendo velo de principio a fin. De forma moi clara, e  por outra banda, sen cometer traicións á ciencia matemática, a profesora Elena V. Abal lévanos polos camiños da xeometría e, a un tempo, fainos reflexionar sobre o papel que se lle obriga a xogar á muller na ciencia.




xoves, 8 de marzo de 2018

Grandes mulleres galegas na historia e na ciencia



Encantoume este vídeo realizado polo ENDL do IES Pontepedriña (Santiago), realizado para a concienciación da discriminación da muller co gallo do 8 de marzo.
Non foi esta a única achega deste ENDL, senón que hai unhas semanas potenciaba o recoñecemento do labor da muller na ciencia a pesar de que a metade feminina da humanidade se viu excluída do acceso ao coñecemento durante práctiamente toda a historia. Con todo, sempre houbo espíritus que foron quen de romper barreiras e que se recoñecen no seguinte vídeo.




venres, 12 de xaneiro de 2018

Ola prexuízos, adeus humanidade


E con este vídeo rematamos a serie desta semana adicada a relacionar os prexuízos co bullying ou coa violencia de xénero.


xoves, 11 de xaneiro de 2018

Violencia de xénero... e lingua galega


Nesta xeira que estamos levando esta semana (Acoso escolar... e lingua galega, O galego e o bullying), un novo vídeo sobre os prexuízos lingüísticos, desta volta, postos en relación coa violencia de xénero.

luns, 18 de decembro de 2017

Non é o mesmo: "De igual a igual"



O pasado 25N celebrouse o Día contra a violencia machista. Tamén se fixo nos centros de ensino (aplausos para todos os que programaron algunha actividade de concienciación nesta data) pero, e agora vén a crítica, sei de non poucos casos nos que o galego estivo ausente. Elaboraron carteis, realizaron vídeos, ensaiaron cancións, programaron conferencias... pero en castelán. Noutras palabras, aproveitouse o Día contra a violencia machista para aplicar a violencia lingüicida.
Xa teño comentado nalgunha outra ocasión que se pode establecer un paralelismo entre a situación da muller e o da lingua galega. Nos dous casos hai discriminación e nos dous casos podemos escoitar discursos compensatorios dos supremacistas establecendo idealizacións (da muller/do galego) mentres que, a un tempo, xustifican actitudes marxinadoras.
O vídeo desta entrada representa a boa forma de facer as cousas. Foi o pasado 25N, no meu centro, o IES Antó Losada (A Estrada). A idea partiu de Ruth, a titora de 2º ESO B, quen elaborou a letra para a música de Guadi Galego. O Coro do centro e todo o alumnado que quixo sumarse, xuntouse no vestíbulo e cantou así de ben esta marabilla. Non canso de oíla.