por Xosé Manuel Sánchez Rei, en Terra e Tempo:
Desde a chegada do ser humano ao que se coñece hoxe en día por Galiza, a cultura e o culto da pedra inspiraron manifestacións artísticas e arquitectónicas: estamos a nos referir, por vía de exemplo, aos dolmens, aos menhires, aos cromlech, á cultura castrexa, ao románico, ao gótico ou ao barroco. Non sería por un acaso, pois, que R. Otero Pedrayo perspectivase a época dos castros (que el identificaba co mundo celta galaico), o universo románico e a arte barroca cos tres momentos estelares da evolución histórica da cultura galega. Outrosí, constátase moito doadamente que a pedra serviu para construír innúmeros valos destinados a separaren terreos e para edificar variados tipos de vivendas ao longo e largo da nación: as casas do remo das Rías, as vivendas mariñeiras, a casa das fragas coruñesas, a casa das serras orientais, os pazos, a casa chairega, os diferentes tipos de hórreos etc. O elemento pétreo é, pois, un eixo fundamental da nosa milenaria cultura, como o tamén é doutras latitudes do ámbito atlántico a que pertencemos.
Por súa vez, e así como do punto de vista lingüístico, etnográfico e demográfico vén sendo costume diferenciarmos entre unha Galiza atlántica e unha outra continental, tamén a pedra, aínda que sexa máis imprecisamente, permite distinguirmos unha faixa occidental, a do granito, e unha outra oriental, a do xisto e a da pizarra. Nestes medios, o uso da cantaría, da cachotaría, do xisto ou do seixo delimita áreas xeográficas e técnicas construtivas, estas tan ben transmitidas secularmente polos mestres canteiros, os cales se autodenominan nas súas xirias arginas, arguinas ou arxinas. A nosa nación é, por tanto, tamén un país de canteiros, de pedreiros, de artistas da pedra, e lévao sendo desde os primeiros construtores de megalitos.
A importancia da pedra como material de construción e de culto obrigaba a ter as súas repercusións na linguaxe. Sabido é que existen dialectos sociais absolutamente herméticos, dos cales un dos máis interesantes talvez sexa o constituído por certos linguaxares profesionais de orixe gremial: son códigos forxados por determinados grupos coa finalidade de se tornaren completamente inintelixíbeis para as persoas alleas a esas dedicacións laborais. No caso dos canteiros, tan crípticas resultan algunhas das súas xirias como vira enigmático o simbolismo que aqueles deixaron gravado nas pedras das igrexas e catedrais medievais: unha introdución sinxela á significación de tales signos lapidarios e marcas é o traballo de J. L. Puente López, intitulado Firmado en la piedra. Marcas, signos lapidarios y símbolos por los maestros canteros medievales, que recolle até un total de cinco interpretacións de por que os mestres canteiros da Idade Media asinaron algunhas pedras dos edificios que construíron.
A configuración da Galiza tradicional contou, até non hai moito tempo, cos gremios, organizacións laborais que aparecen nalgúns casos xa na Idade Media. Varios deses colectivos posuían en ocasións un linguaxar só intelixíbel polos membros do grupo e que recibe, fundamentándose nesta característica e a depender de cada grupo en particular, denominacións como o "latín", "latín dos cabaqueiros", "latín dos canteiros", "latín dos daordes", "barallado", "barallete", "verbo" etc. Embora desde a época da Ilustración se tivese constancia da existencia dalgunhas desas falas, o certo é que no caso galego o seu aproveitamento literario remonta xa ao século XIX, como se sinala na obra colectiva A lingua literaria galega no século XIX: voces como verbo ('conversa', 'fala', 'idioma', 'lingua', 'palabra' etc.), queicoa ('deus', 'santo', 'igrexa') ou garlar ('cantar', 'falar') son ocasionalmente empregadas por algúns autores do Rexurdimento, como Benito Losada, Alfredo Brañas ou Cuveiro Piñol. A pesar desta utilización na altura, a súa produtividade na literatura contemporánea é ben escasa, pois só se coñece a composición de C. Emilio Ferreiro "Gabanzas dos canteiros", pertencente ao poemario Longa noite de pedra, e a novela A saga dun afiador, de X. Fernández Ferreiro, para alén dalgunhas voces que emprega esporadicamente R. Otero Pedrayo provenientes desas xirias (gandir, gandideiraetc.); máis modernamente, merecen ponderarse algunhas outras palabras que utiliza X. Vázquez Pintor, por exemplo n'A memoria do boi, onde se rexistran voces como arxina'canteiro', ganchear 'cortar', gabiarro 'cabelo', ginar 'vir' etc. A explicación desa escasa representativa rendibilidade na literatura contemporánea galega pode deberse á anormalidade lingüístico-cultural do país, produto directo da colonización española. A situación particular da Galiza a este respecto, pois, contrasta coa doutros países, en que se leva tirado aproveitamento estilístico-expresivo ás xirias, foren ou non de orixe tradicional, conforme ten sinalado Sant'Anna Martins na súa obra Introdução á Estilística.
Resultaría aquí imposíbel ofrecermos unha exhaustiva relación de todos e cada un dos linguaxares gremiais e moito menos do seu léxico. No entanto, non nos resistimos a comentarmos algunhas características semántico-lexicais canto á orixe de tales vocabularios, como é, por exemplo, que unha notábel cantidade de voces procede do éuscaro, cando menos entre os traballadores da pedra. No latín dos canteiros de Brantuas e de Niñóns, no concello bergantiñán da Ponteceso, documéntanse voces de innegábel filiación éuscara (arguina 'canteiro', chacurro 'can', gandideira 'boca', morrón e morrona 'rapaz' e 'rapariga', queicoa 'deus', etc.), sen deixaren de estar verificadas outras proveniencias, cal a francesa (moi 'eu', toi 'ti' etc.) ou mesmo a italiana (niento 'nada' etc.). A explicación parece estar nos deslocamentos profesionais que protagonizaron tradicionalmente eses colectivos de traballadores, moitos deles de orixe éuscara, que os levaban a desenvolveren as súas habilidades laborais en terras afastadas das súas. O contacto con outros colectivos en parecidas situacións non fixo máis que dar cobertura a un tipo de xiria que pasou a caracterizar profesionalmente as equipas de canteiros que aquí e acolá levantaban edificios. No ámbito galego-portugués, as primeiras documentacións do contacto entre canteiros do sur do país e os seus colegas miñotos e transmontanos remontan cando menos aos primeiros anos do século XVIII: operarios de Almofrei, Borela ou Tenorio foron traballar ás zonas de Braga, Guimarães, Barcelos ou mesmo Melgaço Arcos de Valdevez, onde se confundiron con xornaleiros e pedreiros portugueses. A prosperidade económica dos canteiros galegos non fixo senón atraer outros colegas do norte, co cal a interacción social, económica e lingüística debeu de se incrementar paralelamente.
A nosa experiencia con falares desta índole condúcenos a facermos unha outra reflexión sobre os contextos en que son utilizados. É evidente que o desexo de pertenza ao grupo marca o seu emprego, de forma que se converte nun obvio mecanismo de cohesión social en pequena escala, mais tamén é certo que, para alén do seu decrecente uso polos escasos profesionais que aínda fican dedicados a esas tarefas, as xirias abrochan ocasionalmente, á marxe dos seus orixinarios utentes, en situacións en que se desexa ridiculizar ou brincar con persoas que as non coñecen. Non raro, aparecen para faceren referencia a contidos de marcada obscenidade, os cales resultan totalmente incomprensíbeis para os individuos con que se estiver a facer a brincadeira, e tal foi o que temos observado en reiteradas ocasións no latín das dúas freguesías bergantiñás que antes comentabamos. Así, en contextos caracterizados por certa afectividade ou coloquialidade, documéntanse esporadicamente algunhas palabras como añafrío ('cigarro'), añafrotes ('pelos'), calmotas ('pancadas'),mouca ('vaxina'), roboi ('pene'), valsar ('penetrar') etc.
Na realidade, estas falas gardan certa relación coas linguaxes técnicas ou tecnolectos como se verifica a termos en conta a súa asociación a grupos determinados polas diversas profesións, un léxico particular etc. Porén, aínda que a xiria e o tecnolecto partillan evidentes puntos en común e a pesar de que ambos os termos poidan ser considerados conxuntamente como variedades parasitas da lingua, non se deben confundir, pois tamén posúen certos trazos que os diferencian. Primeiramente, a linguaxe técnica é adoito desprovida de vontade hermética ou críptica ou, cando menos, non resulta tan evidente como no caso das xirias. En segundo lugar, a xiria afecta todo o discurso, ao paso que a linguaxe técnica se limita a introducir os termos de maior rigor minimamente necesarios. E en terceiro lugar, interesa tamén pormos en relevo o feito de as xirias gremiais seren transmitidas pola única vía da oralidade: quer de pais a fillos, quer de mestres a aprendices, ora de colegas a colegas, ora polo intercambio económico-profesional con outros colectivos laborais de similares características, a existencia deses linguaxares gremiais puido chegar aos nosos días mercé á transmisión oral, o que serve, por seu turno, como máis unha diferenza cos tecnolectos en si propios, que chegan a coñecer algún tipo de literatura especializada.
Embora nalgúns casos, como sinala J. Rodrigues Gomes no seu valioso traballo Falas secretas, haxa procedementos gramaticais propios da xiria (como certos mecanismos de formación de palabras e determinados usos de verbos auxiliares, por exemplo), debe notarse que a xiria gremial costuma presentar polo xeral as mesmas estruturas sintácticas da lingua do país ou da zona. Repárese na seguinte cláusula, escrita no latín dos canteiros das freguesías de Niñóns e Brantuas, e verase como os artigos, as flexións, as frases e a construción clausal coinciden co galego: As morronas niento atervaron as arrias ('As raparigas nunca viron as pedras').
En síntese, podemos salientar estes linguaxares gremiais, e particularmente os dos mestres canteiros, como un legado cultural que non debería ficar no esquecemento. A cultura da pedra e a maxia dos elementos líticos posúen unha milenaria historia de asentamento na Galiza que ten de ser xustamente salientada como unha das partes da cultura tradicional do país. E as súas xirias, loxicamente, tamén merecen esa valorización.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
mércores, 22 de xuño de 2011
martes, 21 de xuño de 2011
A fotoséntese
Todo o que se parara a pensar durante 6 minutos sobre a normalización lingüística sabe da importancia que para a mesma ten a cuestión da identidade, o de que significa iso de ser galego, como é a nosa alma, cal é a súa cor,... Pois para responder a isto, e con humor, temos este vídeo de 6 minutos que foi a culminación do traballo de colaboración realizado durante todo o curso entre os Equipos de Normalización do IES Aquis Celenis de Caldas e o CPI Domingo Fontán de Portas e a produtora Mr Misto. Vía Aquisfala.
O 'alumno' de Feijóo supera o mestre
por Cris Moss, no Xornal:
En outubro de 2010, Alberto Núñez Feijóo recibía en Santiago ao balear José Ramón Bauzá, daquela acabado de elixir como líder do PP das illas. Nunha afable xuntanza, Bauzá situaba o modelo político que Feijóo comezaba a implantar en Galicia como guía para o seu propio proxecto.
Poucas datas despois, Xornal de Galicia relataba que Bauzá xa puña en práctica esas receitas políticas no ámbito lingüístico. En diversos foros, prometía abrir unha nova etapa de “liberdade lingüística” nas aulas, baseada no “trilingüismo”, ademais de derrogar un decreto que, curiosamente, aprobara o PP.
Como consecuencia do resultado das eleccións do 22-M, Bauzá é o novo presidentes das Illas Baleares. No seu discurso de investidura, a pasada semana, o popular anunciaba que permitirá a “libre elección da lingua vehicular no ensino” e que implantará un modelo baseado na introdución do inglés.
Onte Bauzá anunciaba a estrutura do seu Goberno, que é tamén unha declaración de intencións. No Executivo balear deixa de existir a Dirección Xeral de Política Lingüística e tamén a Consellería de Cultura. Ambas quedan amalgamadas nunha mera Dirección Xeral de Cultura e Mocidade.
luns, 20 de xuño de 2011
Boas perspectivas para conseguir o dominio galego .gal
A Asociación Puntogal traballa para que a comunidade galega sexa visible en internet mediante o dominio .gal (pensade noutros dominios como .org, .info, .es). Isto permitiríanos aos galegos circular pola internet cunha matrícula de noso que nos identificara. Os cataláns xa o teñen, o .cat, e agora acaba de abrirse unha porta para que o dominio galego sexa unha realidade nun futuro non moi lonxano. En Puntogal explícanolo moi claramente:
A ICANN, o ente que organiza as direccións de internet, aprobou este luns o lanzamento do proceso de candidaturas para novos dominios. Isto significa que probablemente o Puntogal (.gal), o dominio para a lingua e cultura galega, poderá presentarse a exame no primeiro cuadrimestre de 2012.

A Asociación está formada por 108 entidades, entre outras, as tres universidades galegas, a Real Academia e o Consello da Cultura. Dende o comezo o .gal conta co soporte da Xunta de Galicia e tamén recibiu o apoio dos tres grupos do Parlamento de Galicia.
De lograr o novo dominio, a lingua galega disporía dun identificador de seu no primeiro nivel das direccións de internet. O .gal permitiría localizar máis doadamente as páxinas web escritas na nosa lingua, contribuíndo ao aumento da presencia do galego no ciberespazo. Igualmente, servirá como vínculo con todos os galegos da emigración.
Aquí podes asinar para apoiar a iniciativa Puntogal

#Sialvalencià
En Valencia un plan de decreto de plurilingüismo co mesmo roteiro que o que estamos a sufrir aquí en Galicia, segue recibindo contestacións. No caso deste vídeo son os rapaces os protagonistas.
María Reimóndez: 'A nosa lingua é o único que fai de nós algo máis que escravas do poder económico'
Manuel Vidal Villaverde faille unha longa entrevista a María Reimondez para o Galicia Hoxe, da que escollín o que fai referencia á cuestión lingüística.
María Reimóndez, escritora, colabora en diversos xornais, é fundadora da Organización Non Gubernamental de Cooperación ao Desenvolvemento Implicadas e da Asociación Galega de Tradución e Interpretación,
O noso idioma, ai. O goberno actual do PP e galegos próximos a el néganno con maior ou menor sutileza, canto non ignorancia. Este mesmo goberno derrogou coa aquiescencia de asociados ou independentes como o secretario Xeral de Política Lingüística, o ben escaso decreto de Normalización. Os resultados saltan á vista: bilingüismo harmónico, cordial; trilingüismo, e a última, que eu respetuosamente cualifico de vergoñenta e pouco menos que ignorante: bilingüismo restitutivo, ou natural, tristemente avaliada e exposta polo amigo Henrique Monteagudo. Aseguro que só a inmersión lingüística que xa defendeu para o catalá o propio presidente da RAE é o que nos pode salvar desa deleiba mortal e infame. Non meu vou alongar máis nesta exposición, e deixo para ti a reflexión que sen dúbida nos ha iluminar a todos/as, non si, María?Eu teño toda a fe do mundo na inmersión lingüística e no amor polas linguas pero iso só é posible cando comezas pola propia. Querer falar unha lingua de poder é moi diferente a ser políglota e ademais un absurdo só coherente nun mundo dominado por certos idiomas. As linguas só “valen” nos seus contextos e, para falar coa xente que temos preto e que nos importa, a lingua máis importante é o galego.
O problema é que estamos en tempos de pensamento único e monolingüe, un ideal de calquera sistema de dominación porque cando lle quitas a lingua ás persoas, pouco queda delas (pensemos en como ás escravas lles cortaban literalmente a lingua para que non puidesen organizarse e loitar nas plantacións americanas).
O discurso de que “o galego non vale para nada” encaixa con esta mentalidade e vén reafirmar prexuízos antigos aprendidos coa vara do mestre na escola ou a ridiculización pública. O debate, pois, é previo mesmo aos conceptos que mencionas e ten que ver cun traballo por unha banda interno e pola outra externo. A nivel interno falta diálogo coa cidadanía non a través de campañas e pósters senón a través de axentes activos (que hai moitos! As escritoras e escritores somos parte deles, tamén o profesorado) e coordinados. Aquí faltou a normalización lingüística como proceso de diálogo e agora estamos colleitando as consecuencias.
Poderiamos aprender moito dos países do Sur neste tipo de traballo, pero adoitamos mirar cara a outro lado. A nivel externo cómpre fomentar as alianzas entre pobos que non falamos linguas hexemónicas porque somos a maioría da poboación mundial. Aí a tradución é fundamental, sen dúbida e tamén ser conscientes da relevancia de todos os idiomas.
Pensando no meu traballo, na Unión Europea hai moita máis demanda de intérpretes de grego-finés que de inglés-castelán. En calquera caso, a situación actual en Galicia roza o delito e eu non saio do meu asombro ante tanto ornear o valor do pensamento único. A nosa lingua é o único que fai de nós algo máis que escravas do poder económico.

domingo, 19 de xuño de 2011
Carlos Negro: 'As mensaxes de defensa do idioma non chegan á sociedade'
entrevista a Carlos Negro para Galicia Hoxe:
As "cavilacións" do escritor Carlos Negro no artigo Queremos galego, mais... sabémolo vender?, publicado na revista Terra e Tempo, nacen da participación en mobilizacións como as do Día das Letras, convencido de que "o modelo reivindicativo que vincula lingua e nacionalismo presenta síntomas de esgotamento" e de que falta "eficacia publicitaria". Por iso, convida a reflexionar sobre "a necesidade de renovar as estratexias comunicativas" para a defensa do galego.
Cre que se abriu ese debate?
Espero que si. A miña idea inicial era poñerlle voz a un estado de ánimo de moita xente que está arredor da defensa da lingua, e que vén da sensación de que, por un ánimo defensivo ou polas agresións recibidas desde o poder, as actuacións son un pouco repetitivas e dirixidas á mesma parroquia. Iso crea un círculo pechado no que non hai perdas pero tampouco ganancias.
Entón, ¿non son eficaces as accións reivindicativas actuais?
Non o son fóra do círculo dos que xa teñen unha empatía co nacionalismo e coas esquerdas. Ben polos prexuízos, ben pola acción dos medios de comunicación, as mensaxes de defensa do idioma non chegan á sociedade. Proba diso é que non se recuperan falantes e que ás veces o único que chega é a mensaxe de imposición do galego, que é un absurdo. Hai que procurar un discurso máis plural, que non aparezan sempre os mesmos rostros e palabras, e buscar estratexias atractivas e máis enfocadas a un público non concienciado. Hai que ter máis empatía coa sociedade, para conectar coa xente, e menos homilía.
Di que se "rasca onde non pica". Onde habería que rascar?
Habería que diversificar a mensaxe, porque non en todos os ámbitos sociais e xeográficos hai a mesma problemática. E, sobre todo, que o discurso sexa menos ideolóxico, de cidadán a cidadán, para que se descubra que o galego é unha riqueza e útil.
A reflexión parte dun acto de Queremos Galego, pero hai máis.
O feito de que existan diversas plataformas é bo de entrada, porque é enriquecedor que haxa distintas perspectivas. Non sobra ningunha.
Recibiu moitos "paus"? Ao escribir xa cría que algún levaría.
En xeral, non. Felicitoume moita xente e á que non lle gustou, en xeral, mantén o respecto. É unha achega ao diálogo, non unha crítica que queira arrasar con todo o que se leva feito; ao contrario.
En todo caso, seguirá participando en actos de Queremos Galego...
O protagonismo debe ser de persoas que non teñan que ver directamente coa cultura, pero non penso deixar de acudir a actos que defendan o galego porque o inimigo é outro. Son eses sectores reaccionarios, moi ideolóxicos e poderosos que no fondo rexeitan a presenza do galego.

Carta aberta a Roberto Blanco Valdés
pola Mocidade Nacionalista Galega, no Galicia Hoxe:
Estimado Roberto Blanco Valdés: Dirixímonos a vostede en calidade da MNG (Mocidade Nacionalista Galega), rama política xuvenil do BNG, para responder ao seu artigo de opinión intitulado Lenguas en RTVG y miedo a la libertad e publicado no diario La Voz de Galicia no pasado 12 de xuño de 2011. A polémica provocada nun amplo sector da sociedade galega tras a lectura das intencións do PPdeG de abrir a RTVG a outras linguas mais sobre todo ao castelán e da súa opinión no devandito xornal, obríganos a ofrecer o noso punto de vista sobre unha realidade, a RTVG, que afecta, en maior ou menor medida, a todos os galegos quer individualmente quer colectivamente. E, xa que logo, vémonos incitados a encetar algunha das expresións que chegou a empregar na súa carta.
Antes de máis, queremos sinalar cales foron as frases principais que motivaron o feito de que agora esteamos a escribirlle esta nosa carta resposta: "Cuando en 1984 se creó la Compañía de Radio Televisión de Galicia, el artículo 1.º de su ley fundacional determinó que aquella tendría la misión de promocionar, difundir e impulsar la lengua gallega. Aunque de esa declaración no se deducía forzosamente el monolingüismo en RTVG, tal acabó por ser, sin embargo, el modelo de nuestros medios públicos de comunicación"; "Es discutible si tal modelo estuvo justificado en su momento, y lo es que todos los que apoyaron ese artículo lo hicieran con la intención de expulsar por completo de RTVG al castellano"; "un modelo de RTVG monolingüe, tal y como acaba de aceptar el PP por las presiones del PSOE en la negociación sobre la nueva ley reguladora de los medios públicos gallegos, constituye un grave error y una injusticia flagrante con una parte del país: la que, con todo su derecho, habla en castellano y paga sus impuestos, pero no puede ver ni oír en la radio y la televisión que se financian con ellos ningún programa realizado en su propia lengua"; " lo que tendrían que explicar los que temen a la libertad como a la lumbre es por qué después de tantos años de promoción e impulso del gallego en todos los niveles oficiales (eso que llaman normalización lingüística) su número de hablantes viene disminuyendo de forma permanente"... etc...
Ante semellantes atravementos que deixan o mellor lingüista do mundo a velas vir, as persoas que conformamos a MNG non podemos máis que declarar rotundamente:
1º) Que no Estado español existen máis de 20 canles de televisión vehiculizadas exclusivamente en castelán (sen contar outras tantas televisións locais). Pola outra banda tamén se poden sintonizar ducias e ducias de emisoras de radio vehiculizadas unicamente en lingua castelá (sen facer referencia tampouco ás radios locais). Alén diso, todos os días podemos asistir á edición de centenas e centenas de revistas e diarios exclusivamente en castelán. Esta realidade dáse, mesmo, na maior parte dos medios de comunicación coñecidos como galegos. Pola contra, en Galicia/Galiza (como prefira chamala), só dispomos de dúas canles de televisión medianamente vehiculizadas en lingua galega, e declaramos medianamente porque todos coñecemos que de continuado se inclúen certos espazos e anuncios dirixidos ao público unicamente en castelán. Na nosa propia terra, tamén dispomos de bastantes canles televisivas locais que ignoran por completo a lingua galega, excepto contadísimas excepcións. Xa que estamos, fagamos referencia á única emisora de radio que vehiculiza, tamén medianamente, a súa programación en galego e que é a Radio Galega. Na mesma liña, existen numerosas emisoras de radio locais ao longo e largo de Galicia/Galiza que non saben falar galego e as únicas que o usan dun xeito amplo e non anecdótico soamente son percibidas en liñas de onda curta e non en todo o territorio.
Vostede tenta darnos unha lección de moralidade, democracia e liberdade, e como tal, asegura abertamente que os medios públicos galegos como son a radio e a televisión deberían ser bilingües galego-castelán, por disque existen castelanfalantes que se senten discriminados por estaren vehiculizados "exclusivamente" en galego. A realidade cae polo propio peso: se cadra hoxe en día, os galegos, especialmente os galegofalantes debemos ser xenerosos e saber renunciar á ÚNICA televisión e á ÚNICA radio públicas que empregan o galego dun xeito máis ou menos normalizado porque existen certas persoas que aínda posuíndo unha oferta de máis de 20 canles televisivas e ducias de emisoras de radio que só atenden e entenden ao español, se senten discriminadas. E logo os galegofalantes que queremos facer uso da RTVG, como nos deberiamos sentir cando soamente posuímos dúas canles televisivas e unha radio en galego? Atendendo ao mesmo sentido de democracia e liberdade que vostede proclama, sería igual de xusto que, existindo no Estado español máis de 7.000.000 de persoas que usan unha lingua diferente á castelá e que pagan ou pagarán os seus impostos mantendo, desta maneira, a existencia da RTVE, fosen incluídas na programación da Radio e da Televisión Españolas as seguintes porcentaxes: 1/4 en galego, 1/4 en euskera, 1/4 en catalán-valenciano e 1/4 en castelán, superando deste xeito a propia concepción feijoana do "trilingüismo harmónico", nós propomos o perfecto "cuadrilingüismo". Á fin e ao cabo, os impostos destes 7.000.000 de persoas que teñen como lingua materna linguas diferentes ao español, son tan válidos como os do resto da poboación española. Ou non señor Roberto? Ou se cadra quere dicirnos que os impostos desas persoas son de segunda categoría?
2º) Que o señor Blanco Valdés acaba de mandar pola borda o labor inxente realizado por filósofos, psicólogos, lingüistas, psicolingüistas, sociolingüistas, etc. de todo o mundo ao longo dos anos, ao afirmar sen pelos na lingua que "lo que tendrían que explicar los que temen a la libertad como a la lumbre es por qué después de tantos años de promoción e impulso del gallego en todos los niveles oficiales (eso que llaman normalización lingüística) su número de hablantes viene disminuyendo de forma permanente". A MNG gostaría de convidalo amabelmente a que acuda a aulas de lingüística xeral, adecuadas para o seu nível de entendemento, e que nos seus momentos libres faga por escoitar e por ler a Juan Carlos Moreno Cabrera (entre outros) un lingüista madrileño que explica para persoas que mostran niveis tan avanzados de intelixencia coma o seu aspecto, entre outros moitos, como a que se debe que unha lingua minorizada / minoritaria perda falantes ano tras ano...o cal non se debe á suposta "imposición lingüística" ou á "problemática" acción da "normalización lingüística" senón, entre outras consideracións, á simple existencia dunha lingua xigante que ocupa a maior parte dos ámbitos da sociedade. Estaría ben que nos indicase cando celebrará o seu próximo aniversario xa que, moi gostosos, lle regalaremos os seus primeiros libriños de lingüística para principiantes que de seguro lle van campar moito e necesitaraos máis do que nós. Á fin e ao cabo, "o saber non ocupa lugar" e culturizarse nun determinado tema que un mesmo descoñece é o principal antes de botar libremente a lingua a pacer.
3º) Que como vostede afirma, señor Blanco Valdés, se realmente existise en Galicia/Galiza unha democracia e liberdade reais, o galego estaría en mellor situación e gozaría realmente dos mesmos dereitos dos que dispón a lingua castelá. E non, señor, non temos medo nin á liberdade nin á democracia, pola contra, devecemos por elas. De feito, as palabras de Xavier Queipo (escritor compostelán) na última entrevista que lle fixeron hai uns días, mostra moi ben o sentimento de moitas persoas ao respecto: "A xente que ataca a lingua galega é a que ten medo" e "O medo á liberdade é o que predica a dereita máis antidemocrática, esa que prefire a inxustiza á desorde".
4º) Que atacar o ben común máis importante que posuímos na nosa terra, o galego, desde unha posición privilexiada, influente e poderosa, contando con todos os medios audiovisuais e escritos á súa disposición é o máis sinxelo e simple que se pode realizar, mais non deixa de ser a acción máis rastreira, ruín e mesquiña que poida existir. Esperamos que vostede, se aínda tiver un pouco de decencia, saiba cavilar sobre destas palabras bastante certas.
5º) Que se vostede, señor Blanco Valdés, ten honestidade e vergoña, e fai unha introspección das súas múltiples e malparadas declaracións sobre a lingua galega, alén de sobre os diversos nacionalismos do Estado español, facendo fincapé sobre o galego, vasco e catalán, debería entón deixarlle de facer as beiras ao nacionalismo español. Á fin e ao cabo todo nacionalismo se basea nuns principios comúns: unha lingua-unha nación-un estado (aínda que o galego, vasco e catalán se atopen a millóns de anos luz do que proclama o español). Se vostede se declara tan "antinacionalista" comece por deixar de ser nacionalista español, ou polo menos recoñeza selo. Non hai persoa máis descarada, desvergoñada, hipócrita e obscena que aquela que di "non ser" e despois resulta "ser".
O noso máis sincero saúdo.

O galego na TVG
por Víctor F. Freixanes, en La Voz de Galicia, contestando ao artigo realmente infumable dun tal Blanco Valdés, habitual opinador precisamente tanto na TVG como nese mesmo xornal. Freixanes non é o primeiro ao que lle proeu tanta zunia: ver o blogue Meu!
A Compañía de RadioTelevisión de Galicia creouse coa finalidade expresa de configurar un «servizo público consistente na promoción, difusión e impulso da lingua galega». Así se explicita na lei fundacional de xullo de 1984: «Con atención á máis ampla audiencia, ofrecendo calidade e máxima cobertura [...], favorecendo activamente a difusión cultural, intelectual e artística de programación e eventos cívicos, económicos, sociais, científicos e técnicos mediante toda clase de emisións en lingua galega» (artigo 1.1); «fomentando a produción audiovisual propia e a proxección cara ás comunidades galegas no exterior» (artigo 1.2), etcétera.

A creación da CRTVG, e non é a primeira vez que o dicimos, foi sen dúbida o acontecemento e a ferramenta política máis útil na construción da Galicia moderna, logo da aprobación do Estatuto de Autonomía en 1981, e abofé que unha das institucións claves da nosa actual realidade social. Podemos discutir a súa programación, as súas estratexias, a xestión das persoas que a dirixen en cada momento. Mais a Compañía, en si mesma, é unha conquista irrenunciable.
A lingua galega é a que lle dá identidade e a xustifica. Non hai máis ca botar unha ollada aos consumos de comunicación que a nosa sociedade recibe decote nos quioscos, na radio, na variadísima e crecente oferta audiovisual, maioritariamente de carácter privado e en castelán. Certo que a CRTVG pagámola cos nosos impostos, como pagamos outros servizos. Mais para iso está. Tal é a súa razón de ser. A polémica que dende algúns sectores minoritarios (e interesados) pretende cuestionar este compromiso, en vésperas do debate e posible aprobación dunha nova lei orientadora da mesma, resulta preocupante por como se está presentando: pretendendo cuestionar o seu decidido posicionamento a prol do idioma dos galegos (os seus principios fundacionais).
¿Mudou a sociedade? Por suposto. Mais non para minguar a presenza do galego no medio público, máis ben ao contrario. ¿Onde vai a Radio Catro de RNE, por exemplo, tamén pagada cos nosos impostos? ¿Non pagamos tamén a RTVE, o Ministerio de Asuntos Exteriores (que debería asumir a representación desta identidade nosa, non agochala), a Administración estatal, burocracias duplicadas, servizos de todo tipo, incluídas as institucións políticas europeas? ¿U-lo idioma dos galegos en todo isto? ¿Por que non esiximos tamén nestes casos a nosa presenza, na medida en que o Estado o configuramos todos? Perdemos posicións no ensino. Mermaron espectacularmente os recursos para o necesario desenvolvemento da política cultural e lingüística. Cando máis forte e poderosa é a oferta global, máis fráxiles somos. E agora queremos volver atrás. Semella que, tocante á lingua, cando non hai nada que dicir nin outras ideas que expresar, todo vale. ¡Leña ao moneco, que é gratis!
Diccionarios contra dicionarios

(Os suliñados en vermello son meus)
No portal educativo da Consellería de Educación destacan estes días na lapela de Servizos unha ligazón chamada "Dicionarios", co subtítulo de "Dicionarios de galego". Ao premer na ligazón atopamos outro web (o da foto) que nos permite acceder, por exemplo ao Diccionario da RAG do ano 1997, cando todo o mundo sabe que a normativa oficial cambiou no ano 2003, e que, por exemplo, a palabra que antes se escribía diccionario, a partir desa data pasou a escribirse dicionario.
Despois do visto, non parece moi educativo que desde o portal da Consellería de Educación se faga tal recomendación. Máis ben habería que pensar que isto non é máis que outro exemplo dunha conduta chea de desprezo que este organismo mostra diante da que debería ser tamén a súa lingua.
Ou debería poñer conducta?... Mirarei no dicionario.
sábado, 18 de xuño de 2011
Lectura pracenteira
Non ten desperdicio.
De visión imprescindible, sobre todo nestes tempos de desprezo aos verdadeiros promotores do gusto pola lectura nos centros de ensino.
Vía Marlou.

venres, 17 de xuño de 2011
Homenaxe da CGENDL a Agustín Fernández Paz
A CGENDL fíxolle unha merecida homenaxe a Agustín Fernández Paz o pasado 4 de xuño.
Xabier Docampo: 'A túa, a nosa loita, só foi unha loita polo obvio: o sermos galegos en Galicia'
Agustín Fernández Paz: 'Coas planificacións lingüísticas, como pretenden que o alumnado teña competencia en galego?, con excursións masivas a Lourdes?'
Valentina Formoso: 'Xa que á administración non lle acordou celebrar o noso aniversario...'

20 anos dos Equipos de Normalización. Vídeos de presentacións.
Inconmensurable o traballo realizado pola CGENDL, quen, para homenaxear o traballo realizado polos Equipos de Normalización nos centros escolares desde a súa creación hai 20 anos, realizaron as presentacións que deixo aquí abaixo. Vai tamén unha pregunta: se este acto merecía o absoluto desprezo dos medios de comunicación, pois agás algunha nota nas edicións locais, só aparecen referencias del aquí e aquí.; sobre todo porque ese desprezo se estende a todo o labor realizado polos ENDL durante todo este tempo.
20 anos normalizando cara á sociedade. Faise un percorrido por algunhas das actividades realizadas polos ENDL, organizado por temas: revistas, tradicións, actividades conxuntas, incorporando aos inmigrantes, ....
20 anos cos Equipos de Normalización nas augas da lingua. Historia dos ENDL desde a súa creación ata hoxe.
20 anos normalizando no ensino secundario. Mediante retallos de películas explícase cal foi o labor dos ENDL nos centros de ensino secundario.
Ademais destas presentación, a CGENDL achéganos as intervencións dos relatores/normalizadores no acto celebrado no Museo do Pobo Galego o pasado 4 de xuño.

xoves, 16 de xuño de 2011
Lingua, mentiras e CRTVG
por Bieito Lobeira, en Terra e Tempo:
Manipulo a mantenta o título do filme "Sexo, mentiras e fitas de vídeo", comedia dramática norteamericana, do mesmo xeito que PP e PSOE manipulan a información relativa á Proposición de Lei, por eles tamén pactada, de modificación da Lei da CRTVG. Velaí outro bon exemplo de comedia dramática, neste caso máis perralleira. En concreto no referente ao papel dos medios de comunicación de titularidade pública, Televisión de Galiza e Radio Galega, no que ten a ver coa lingua galega.
O pasado 10 de xuño facíase público o acordo PP-PSOE para a reforma do marco legal desta Compañía pública. Afirmaban os respectivos portavoces do PP e PSOE que por esta vía se "blindaba" o galego na TVG e Radio Galega. O que é a vida. Ese mesmo día, case á mesma hora, o PP (e a abstención do PSOE) rexeitaban unha iniciativa parlamentar do BNG para dignificar e galeguizar plenamente a CRTVG. O grande argumento para botar abaixo a nosa proposta -agarraivos- foi o de que "o nacionalismo pretende unha TVG e Radio Galega monolingües". O que entraría no terreo da lóxica máis esmagadora convértese nun terríbel delito. Pois si, un monolingüismo similar ao de TVE, Tele 5, Antena 3, Cuatro, La Sexta, Clan TV,... mais en galego. Vaia pecado! Solicitar para nós o que outros xa teñen, e en inxusta proporción. Multiplícase a oferta televisiva en español (através da TDT), mentres o galego se reduce en exclusiva á TVG e, por extensión redundante, á G2.
PP e PSOE chegaron a un pacto, mais ese acordo pretende afondar no actual proceso, máis visíbel dende o acceso do PP ao Goberno galego, no 2009, que provocou un significativo retroceso na función galeguizadora da TVG e Radio Galega, mesmo no uso do noso idioma, degradando a súa corrección e introducindo directamente o español (ou o inglés: Teletubbies, Dawson Creek) para desprazar o galego.
Desgaleguización lingüística e de conteúdos. Á evidente e acusada dependencia respecto da axenda informativa, cultural e ideolóxica que se marca dende Madrid a fin de remarcar unha dialéctica informativa e comunicacional na que Galiza non sexa centro, senón periferia, súmanse tamén calculados usos lingüísticos que remarquen o esquema diglósico e conflitivo que padece o noso idioma: A Radio Galega no seu espazo informativo matinal entrevistará integramente en español durante varios minutos a un "experto" que opinará sobre o futuro de Novacaixagalicia (na Galiza parece que non hai opinións solventes ao respecto, e moito menos expresadas en galego), mais si figurarán entrevistas en galego na TVG referidas á festa do polbo do Carballiño ou ao medre de tubérculos descomunais nalgunha explotación agraria. A reprodución interesada, en definitiva, dos peores e máis inxustos tópicos inculcados historicamente no noso pobo, segundo os cales o galego non é idioma apto para falar de economía, mais si para o ámbito doméstico, familiar, coloquial, ou vinculado a un medio rural tamén deformado para o asociar cunha imaxe de atraso que cumpre superar.
É habitual, e o pasado 10 de xuño votaron en contra de eliminar esta práctica perversa, que agora nos espazos de opinión e análise política se introduzan "tertulianos" que utilizan sistematicamente o español, mesmo provocando -é posíbel comprobalo no espazo "A Crónica", da Radio Galega- que o resto de participantes abandonen o galego e pasen a debater e intervir en español. Esténdese este criterio ao peculiar programa da TVG "Foro Aberto", xa coñecido popularmente como "Foro Alberto".
É perceptíbel tamén a degradación hibridizante no uso do galego en numerosos espazos, tanto do punto de vista fonético e prosódico como do sintáctico ou lexical. Disto teñen xa falado colaboradores do "Terra e Tempo" tan solventes neste ámbito como Xosé Ramón Freixeiro Mato ou Xosé Manuel Sánchez Rei. Até no "Land Rober" é posíbel ouvirmos, nunha forma lingüística de pretensión exaxeradamente popular "madre", "Órdenes" (topónimo), "me lo papo", "prueba", "pa la juventú", ao tempo que participan convidados españois (con criterios, por certo, esencialmente horteras) que non falan en galego. E isto non é ningunha caste de dignificación ou fidelidade coa fala popular. É simplemente un exercicio de desleixo co noso idioma que non é de recibo nuns medios creados xustamente para todo o contrario.
Posición e voto tamén contrarios do PP para que a emisora radiofónica temática "Radio Galega Música" contribúa a divulgar e popularizar as distintas músicas que, en lingua galega, se producen no noso país. Resulta lamentábel que nesta canle case a totalidade dos espazos musicais en sesión continua -sen interrupcións- que representa o 85% do tempo de emisión, está ocupada por producións musicais foráneas (fundamentalmente música española e en menor medida anglosaxona), ficando a rica, vivaz e diversa expresión musical do noso país completamente secundarizada e marxinalizada, practicamente excluída.
Aí está o acordo PP-PSOE e as súas mentiras. O nacionalismo galego non participou desa pantomima. Por pura coherencia. Pódese abondar en máis información e argumentos, alén dos estritamente lingüísticos, nun artigo clarificador da nosa posición crítica escrito por Ana Pontón en diversos medios de comunicación.
Mais tamén teñamos presente que non é este un caso illado ou esporádico. Lembremos como funciona o acordo PP-PSOE en casos como o da Lei de Disciplina Orzamentaria, estratexia para Galiza de fondos comunitarios, estatus do noso país na UE, protocolo de fusión e estratexia en NCG, modificación da Lei de Caixas de Galiza, Lei de Comercio interior de Galiza, Lei do Servizo de Gardacostas de Galiza, resolucións do Plano Estratéxico de Galiza 2010-2014, mantemento do encoro do Umia, Lei de protección urbanística, reforma da Lei do Solo, transferencias en materia de salvamento marítimo, supresión de deputacións, rexeitamento da declaración de Galiza como territorio libre de transxénicos, transposición de directivas da UE á lexislación galega, e tamén -lembremos- a designación do actual Director Xeral da CRTVG. Moito ruído, si. Moita dialéctica mediática e confronto aparencial. Mais non o esquezamos: PP e PSOE, PSOE e PP manteñen posicións moi similares en ámbitos fundamentais (política económica, exterior, UE, rol da Galiza no estado español) porque son pés imprescindíbeis para o dominio político de Galiza. Outra cousa é como actuemos tacticamente nese contexto, en función da actual correlación de forzas. Mais nunca perdamos de vista esa realidade. Nunca fixo tanta falta nacionalismo na Galiza.

Linguavisión
por Craig Patterson, no Galicia Hoxe:
Xabier Queipo ten razón. É verdade que a xente que ataca a lingua galega é a que ten medo, e niso consiste ser de dereitas. En xeral, si. O conservadorismo como cosmovisión ten como raíz ontolóxica a resistencia ao cambio. Non obstante, non todos os que defenden a soberanía dunha lingua supostamente maioritaria e máis dominante son nacionalistas centralistas ou de dereitas. E non todos os que defenden a pluralidade identitaria reflectida na reivindicación das linguas como sistemas operadores de cosmovisións distintas son nacionalistas periféricos, ou de esquerdas. Pero na miña experiencia, non deixa de ser suxestivo o feito de que as persoas máis abertas de cosmovisión, máis defensores do pluralismo social e político, entenden instintivamente a importancia da saúde multilingüística do mundo como metáfora da democracia viva. Por algo sempre me resultaba bastante difícil ter longas conversas cos políticos do PP, con algunhas excepcións notábeis entre Ribadeo, Lalín e San Caetano, precisamente porque a maioría dos seus militantes non recoñecen a necesidade de que triunfe a variación sobre as máis intelixentes unificacións, como dixo Otero Pedrayo.
Neste artigo vou citando moito escritor galego, tanto vivo como defunto. Aquí vai outro: Miguelanxo Murado, felizmente vivo, no seu artigo publicado en inglés hai unha semana no xornal británicoThe Guardian: "Nunca sabemos que pasado nos agarda no futuro". Algún día imos ter compaixón por Feijoo e tódolos seus co-conspiradores que pretenden facerlle dano prexudicial á saúde lingüística de Galicia , sexa por cartos, por aquel choio en Madrid, polo poder ilusorio do poder. E por medo. Aquel medo a seren tachados polos mesmo alcumes que os galegofalantes aturaron durante séculos, e que aínda aturan cada vez máis diante deste rexurdir de tanta intolerancia lingüística que pretenden facer inzar primeiro en Galicia, e logo Valencia. Con todo, o minifundio da fala non se deixa esnaquizar. E, para citar a outro que vía de todo aínda que fose miope, algún día as realidades do noso tempo serán lembranzas leccionadoras. Si, terémoslle compaixón deses gobernantes actuais de non poder ver alén do bandullo, do ego e do medo. Pero sobre todo por non poderen vivir a vida da linguavisión..
Leo i Arremecághona!:'estase erosionando a terra que pisamos'
Entrrevista a Leo i Arremecághona! na entrega dos premios Xerais na Illa de San Simón, na que chama á reacción urxente contra a política de ataque sistemático ao galego.
Hai unha escolma de todos os vídeos en Brétemas.

mércores, 15 de xuño de 2011
Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética
Primeiro, un dilema moral. Unha antropóloga atopa unha nova aldea ao pé dun volcán con síntomas de entrar pronto en erupción. Os habitantes do lugar están dispostos a sacrificar as nenas do lugar para evitar a ira do lume. Que facer? Non intervir?, tal e como din os manuais de antropoloxía ou, pola contra, facer todo o posible para evitar un sacrificio inútil?
Aínda que nun principio non se lle enxergue o elo que une este dilema coa ecolingüística, é sobre isto sobre o que, segundo ela mesma confesa, Teresa Moure tece as febras do seu libro Ecolingüístca. Entre a ciencia e a ética. Así desenvolve a súa tese fundamental que parte de que o uso do microscopio en sociolingüística pode levarnos a posturas como a equidade da defensa do uso do galego e o castelán, ás nefastas posturas do equilibrio. Frente a elas a autora propón o uso do telescopio, isto é, da ecolingüística, da ciencia que defende as políticas de defensa das linguas minoritarias, a ciencia que realmente defende unha ética da diversidade, contra a imperante corrupción da aniquilación.
Tal e como di Teresa Moure:
"Estannos a pedir que aínda que saibamos que non hai un deus durmido na barriga do volcán, calemos a boca e, para iso, manipulan a noción de bilingüismo ou, por estraño que pareza, a de coexistencia pacífica"
Aínda que posiblemente, o mellor sexa oir á propia autora neste vídeo que xa puxen algunha vez por aquí.

Xabier Queipo: 'Solidariedade para construir unha sociedade maioritariamente en galego'
E seguimos a volta con Xabier Queipo, gañador do Xerais deste ano. Montse Dopico entrevístao para o Galicia Hoxe. A entrevista completa, na ligazón.
"Mal de linguas" había en "Diarios dun nómade". Un "mal" do que, afortunadamente, non te curaches. Como ves as polémicas sobre o decreto do suposto plurilingüismo de Feijoo? En Bélxica a cuestión lingüística tampouco é simple...
O mal de linguas é para min unha necesidade, pois vivo nunha sociedade plurilingüe. Eu falo varias, todas elas mal e cun sotaque galego encantador, do que estou ben orgulloso. O importante aquí na Bélxica e o respecto polas dúas comunidades e establecer pontes de entendemento entre elas. Eu entendo o plurilingüismo de xeito diferente ao goberno da Xunta, mais ese é o goberno que nos demos. Entrementres -eles non van mudar- teremos que procurar facer uso dunha verba tan preciosa como solidariede, axudar entre todos a construír unha sociedade maioritariamente en galego, respectando as opcións que outros poidan ter e insistindo na aprendizaxe do portugués a partir do galego, que é unha materia pendente do ensino en Galiza.
Nas municipais saíu elixido na Coruña un señor que quere poñerlle L á Coruña, e en Santigo outro que di que na Nasa se crían terroristas. Que cres que pasará, se engadimos os recortes e retrocesos da Xunta do PP en cultura?
A entrevista é de literatura, supoño, mais xa que insistes direi que esas anécdotas son síntomas do recorte de liberdades que estamos a vivir, onde a ideoloxía non pasa de slogansque ben poden ir nunha camiseta. Se alguén basea o seu programa na letra L é que esta en prácticas e non sabe o que é gobernar. Se alguén basea a súa campaña na ignominia, pois pouco se pode esperar del e do da liberdade individual. Preocúpanme os recortes culturais, mais tamén os de sanidade, educación, política social, etc. Do partido no goberno non vou falar. Só dicir que se son tan católicos como din saberán que se pode pecar de pensamento, palabra, obra e omisión. Coido que pecan cos catro ases da baralla.
martes, 14 de xuño de 2011
Entullo
por Xabier Queipo, n´A Nosa Terra:
Vivo nun país afastado da terra onde nacín, e dende alí, daquela atalaia teño visión anamórfica do que na terra de orixe acontece. Non vivo o día a día, a realidade esmagadora que os meus compañeiros de angueiras literarias padecen. Sei da súa loita constante na defensa e na dignificación da lingua nas varias plataformas que para ese fin se teñen construído.
Hai ataques diarios, arteiros, cheos de carraxe e de ignominia contra a esencia mesma do ser de noso, contra a lingua, por descontado, que é o noso xeito de ver o mundo, mais tamén contra as institucións culturais e os axentes culturais (o caso da Sala Nasa, centro neurálxico dunha aposta cultural intelixente e anovadora, é se cadra paradigmático, xa digo, coa ollada dende o niño da aguia).
Os ataques non van cesar, pois os voitres están empolicados no poder e coa desfeita do “mal goberno” central e os erros estratéxicos cometidos no goberno autonómico bipartito (a bicefalia foi un deses desacertos como mundos), incrementaron o seu poder. Para eles a cultura en xeral, e a cultura de raíz galega en particular, son o que se podería chamar “unha prioridade negativa”. Tamén o son por certo, a sanidade, a educación e o ensino en galego, as políticas sociais e ambientais, a ordenación do territorio e a democracia participativa.
Contra esa ondada de reacción hai que persistir no empeño solidario de construír cada día o territorio dunha cultura galega vizosa e autónoma. Nese empeño hai unha verba que eu considero esencial. Esa verba é solidariedade. Contra a maré de ataques e destrución, contra a redución das partidas orzamentarias destinadas á cultura usando a coartada da crise (e as políticas socias, por descontado, mais ese non é o obxecto deste artigo), é necesaria máis que nunca a solidariedade entre os axentes culturais do país, entre as súas institucións e os seus actores. A contribución de todos e cada un de nós é fundamental para artellar un novo rexurdimento, para evitar que estes anos nos que sufrimos a praga da sen razón e da negación interesada da nosa lingua se convertan, sen nós querelo e “polo pecado de omisión”, noutra xeira de anos escuros.
Hai ataques diarios contra a esencia mesma do ser de noso. Así, do país, da súa cultura e da súa lingua, fica un castelo en ruína, onde so quedan en pé algunhas paredes estomballadas... e o demais é entullo. Máis con ese entullo e coa forza liberadora da razón imos reconstruír cachote a cachote, laxe a laxe, perpiaño a perpiaño, o edificio da nosa cultura.
Ánimo compañeiros, sacade de dentro o mellor que hai de vós, esa carraxe creativa, esa indignación anovadora, esa ganas de vivir en liberdade, ese ímpeto democrático, esa forza de titáns atlánticos. Nós podemos.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)