Hai unhas semanas asistín a unhas xornadas, organizadas polo SNL da USC e pola Facultade de Ciencias da Educación, en torno ao imaxinario social do galego e os prexuízos lingüísticos. Unha boa ocasión para reflexionar sobre a nosa lingua e a situación pola que atravesa e onde se demostrou o bo facer dos seus organizadores...Nunha das mesas de traballo, saíu a relucir o tema da desaparición dos medios xornalísticos impresos en galego e aquí foi onde xurdiu a miña sorpresa. Comentouse que no caso da desaparición d’A Nosa Terra se debeu a unha mala xestión e que, no caso de Galicia Hoxe, “unha cabeceira residual e cunha tiraxe de só 3 000 exemplares” [...] “estaba aí para chupar subvención e, ademais, non era un produto de calidade”.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
martes, 13 de decembro de 2011
¿Os xornais en galego restan?
por Charo Baleirón Soñora, desde a a CTNL:
A química fala galego desde o IES Elviña
No II Día da Ciencia en Galego o alumnado de 1º de bacharelato de ciencias do IES Elviña preséntalle diversos experimentos ao alumnado de 3º da ESO.
A que dedica exactamente os seus medios, esforzos e tempo a Secretaría Xeral de Política Lingüística?
por Francisco Xosé Rei García, en Terra e Tempo:
Mentres comezo a escribir estas liñas leo a través do twitter a preocupación dun membro desta comunidade polo atrás que está ficando o galego no mundo dos aplicativos móbiles, tan estendido xa como evolución da telefonía móbil imposta polo mercado.
Con independencia de considerar altamente perigosa e ben pouco sustentábel, do punto de vista económico e do punto de vista ecolóxico, esta voráxine de cambio constante duns aparellos por outros en tan pouco tempo, o certo é que non lle falta razón ao meu amigo twitteiro: o galego chega tarde outra vez ás novas tecnoloxías; como chegou no seu día ao Windows, chega tarde ao universo Mac e tarde chega ao universo Android. Nin este nin IOS (sistema operativo de Iphone) teñen aínda software en galego e nin sequera permiten a posibilidade de navegarmos na nosa lingua. Ante isto, pregúntase acertadamente: e no entanto, que fai a Secretaría Xeral de Política Lingüística?
luns, 12 de decembro de 2011
A lingua propia de Galicia é o galego
Comunicado de ProLingua:
Artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía de Galicia: A lingua propia de Galicia é o galego.
Que os contumaces inimigos da lingua galega traten de borrala de calquera manifestación da vida social non resulta nada sorprendente. E que en ocasións teñan apoios explícitos dalgunhas institucións que teñen entre as súas obrigas a de promover unha maior presenza social da lingua, tampouco. Mais que o Valedor do Pobo -de ser certa a información que hoxe ofrecen Atlántico Diario, Faro de Vigo e ABC-, o responsable de velar polo cumprimento da lexislación que temos, ignore os contidos do Estatuto de Autonomía, parece un absurdo, mesmo cómico se non fose pola trascendencia do cargo e das súas decicisións. Un esperpento ao que non é allea a actitude pasiva, cando non agresiva, fomentada polo actual Goberno galego.
Desde ProLingua esiximos unha rectificación inmediata e pedimos a dimisión dun Valedor do Pobo que con esta resolución mostra a súa incompetencia para o cargo e unha teima probada contra a lingua propia de Galicia (así denominada no Estatuto de Autonomía, o mesmo que dá razón de ser ao posto cuxos preceptos máis básicos incumpre con frecuencia).
Será o xe?
un excelente post do Neofalante:
Eu son Xose. Xe, o, ese, e. Así, con esas letras e non con outras. Esta afirmación parece unha obviedade, pero seica en Galicia o meu nome é ben estraño. Debe estar escrito nun latín antigo, reservado só aos sabios, entendidos e membros da seita secreta da Filoloxía. O que digo semella difícil de crer, pero ben verdadeiro que é.

domingo, 11 de decembro de 2011
Galeguismo xurídico en Chantada
por Xosé González Martínez, no Galicia Confidencial:
A Irmandade Xurídica Galega segue a celebrar actos en cidades e vilas de Galicia para dinamizar o fomento da lingua galega aos usos xurídicos. O que semellaba unha tarefa imposible –nada o é se media a constancia e unha boa estratexia-, hoxe son moitos os profesionais do Dereito receptivos á proposta regaleguizadora.
venres, 9 de decembro de 2011
Robinson Crustó
Calquera dos que tivera noticia da obra de Defoe terá reparado no curioso capítulo de cando Robinson Crusoe atopa outro ser humano na illa na que levaba tempo como náufrago. Robinson despreza a cultura e a lingua do outro habitante da illa e declárase en dono e señor do aborixe ao que primeiro lle dá un nome e despois ensínao a falar pois, como todo o mundo sabe, os aborixes nin teñen lingua nin como chamárense.
Botando man desta historia, os Servizos Lingüísticos Universitarios de Cataluña elaboraron este simpático e fabuloso vídeo, que un, humildemente, recomenda ver e espallar.
Talento galego desde Serbia
Djurdja Pokrajac é unha moza que participou no concurso "Teño talento" (tamén coñecido como "Factor X") de Serbia cantando Lela e Negra Sombra.
Vía o blogue de Carlos Callón
P.S.: Negra Sombra na televisión Serbia por Quique Costas para ProLingua
xoves, 8 de decembro de 2011
Sermos Galiza. Presentación na Estrada
Onte, da man da Asociación Cultural Vagalumes, presentouse o proxecto de comunicación Sermos Galiza. Néstor Rego e Teresa Moure, dous dos principais promotores, explicaron aos asistentes os principais aspectos da empresa. Salientaron que co capital conseguido ata o momento, un 90% do previsto para facer viable o proxecto, xa é seguro que a súa constitución vai sair adiante. Nos primeiros meses do ano que está a piques de comenzar convocarase unha xunta de accionistas que concretará as liñas do futuro medio de comunicación. Crearanse un diario dixital e un semanario. Os contidos deste último serán distintos dos que aparecerán no dixital e concretaranse fundamentalmente en reportaxes, artigos de opinión, de análise dos acontecementos,...
Teresa Moure e Néstor Rego explicaron que na situación económica actual e nas circunstacias previsibiles para os vindeiros anos, non se pode soster un medio crítico, independente e galego como Sermos Galiza, confiando nos ingresos derivados dos anuncios ou das subvencións polo que, nunha segunda fase, e para consolidar definitivamente o proxecto, o obxectivo marcado consiste en conseguir un número sufiicente de subscricións ao semanario.
Por último invitaron a toda a cidadanía a sumarse a este proxecto comprando accións de Sermos Galiza a un prezo de 100€ cada unha tal e como se indica aquí.

Buydeal
Vén de lanzarse na arañeira da rede un clube social de compras. Trátase de Buydeal. Buscan negocios, fan ofertas por un tempo limitado. Unha vez aceptada a oferta envían un código que permite acceder á oferta nun prazo de 3 días.
Buydeal ofrécese como unha fiestra para o pequeno comercio e como un escaparate das posibilidades que temos nas cidades galegas. Tamén manteñen un blogue.
Vía Galicia Confidencial
Buydeal ofrécese como unha fiestra para o pequeno comercio e como un escaparate das posibilidades que temos nas cidades galegas. Tamén manteñen un blogue.
Vía Galicia Confidencial
mércores, 7 de decembro de 2011
Lingua, Sociedade, Nación: normalización ou substitución (e 4)
Lingua, Sociedade, Nación: normalización ou substitución é o título dunha xornada celebrada en Pontevedra no ano 2009, organizada polo BNG. Formado por 10 vídeos cunha duración de entre 10 e 20 minutos
Vídeo 9. Ana López Suevos, xuíza en Santiago de Compostela
Vídeo 10. Alba Nogueira, profesora na Universidade de Compostela
Vídeo 9. Ana López Suevos, xuíza en Santiago de Compostela
Vídeo 10. Alba Nogueira, profesora na Universidade de Compostela
Lingua, Sociedade, Nación: normalización ou substitución. (3)
Lingua, Sociedade, Nación: normalización ou substitución é o título dunha xornada celebrada en Pontevedra no ano 2009, organizada polo BNG. Formado por 10 vídeos cunha duración de entre 10 e 20 minutos
Vídeo 7. Anxo Louzao, Secretario Nacional de CIG-ensino
Vídeo 8. Nel Vidal, presidente da CTNL
Vídeo 7. Anxo Louzao, Secretario Nacional de CIG-ensino
Vídeo 8. Nel Vidal, presidente da CTNL
martes, 6 de decembro de 2011
Lingua, Sociedade, Nación: normalización ou substitución. 2
Lingua, Sociedade, Nación: normalización ou substitución é o título dunha xornada celebrada en Pontevedra no ano 2009, organizada polo BNG. Formado por 10 vídeos cunha duración de entre 10 e 20 minutos
Vídeo 4. Pilar García Negro, profesora da Universidade da Coruña
Vídeo 5. Carlos Callón, presidente d´A Mesa
Vídeo 6. Bieito Lobeira, deputado do BNG no Parlamento Galego
Vídeo 4. Pilar García Negro, profesora da Universidade da Coruña
Vídeo 5. Carlos Callón, presidente d´A Mesa
Vídeo 6. Bieito Lobeira, deputado do BNG no Parlamento Galego
Lingua, Sociedade, Nación: normalización ou substitución. 1
Lingua, Sociedade, Nación: normalización ou substitución é o título dunha xornada celebrada en Pontevedra no ano 2009, organizada polo BNG. Formado por 10 vídeos cunha duración de entre 10 e 20 minutos:
Vídeo 1. Inauguración das xornadas a cargo do Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e do Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez.
Vídeo 2. Goretti Sanmartín
Vídeo 3. Xosé Manuel Sánchez Rei

luns, 5 de decembro de 2011
domingo, 4 de decembro de 2011
Presentación de Sermos Galiza na Estrada
A Asociación Cultural “Vagalumes” organiza para este mércores 7 de decembro, ás 20:30 na sala de exposicións de Caixanova da Estrada, a presentación do proxecto de comunicación “Sermos Galiza”, que pretende cubrir o baleiro existente de información na nosa lingua desde e para Galiza. Esta iniciativa social pretende implicar a todos e todas na implementación dun grupo de base plural e participativa que dea o soporte a necesario para crear un medio informativo axeitado á nosa realidade e no noso propio idioma.
Na oficina de obxectos perdidos
Vídeo realizado polo EDL do IES O Mosteirón de Sada, baseado nun conto de Made in Galiza, de Séchu Sende.
sábado, 3 de decembro de 2011
Entre línguas
O caso do galego de Cáceres fixérase coñecido a través do programa de Reixa, Sitio Distinto a principios dos anos 90. Porén ao longo da raia con Portugal existen outros catro territorios do lado español da fronteira que conservan unha fala moi semellante á galega.
Entre Línguas é un interesante documental de João Aveledo, Eduardo Maragoto e Vanesa Vila-Verde. Fíxome lembrar outro excelente documental sobre linguas na raia: Fronteiras.
Vía Galiza Contrainfo.
P.S.: tamén no You Tube en [1] e [2]
venres, 2 de decembro de 2011
Bilingüismo cordial
Trailer de Daniel Villaverde, explicando en que consiste o concepto do bilingüismo cordial. Non sei por que, pero a min tróuxome á cabeza a Norberto Uzal, da Xunta Directiva da Rede de Dinamización Lingüística dos concellos. Tenlle un aire, non si?
Sobre língua, activismo, papel higiénico e outras cousas
Séchu Sende sobre o uso do galego, os prexuízos e os movementos sociais, no Galicia Confidencial, cun texto que formou parte da súa intervención no Foro Social de Ferrol:
Que há de novo no 15 M?
Que há de novo no 15 M?
Pois, entre outras muitas cousas, a relaçom deste movimento social com a língua.
Eu falo galego desde os 16 ou 17 anos. Antes dessa idade sempre falei em espanhol. É curioso, da minha etapa como castelám falante si que lembro a visiom distorsionada e parcial que tinha sobre a língua galega e a gente que falava galego, mediatizada polos prejuíços mais habituais: quem fala galego é da aldeia, ou nacionalista, ou tem mais de sesenta anos… Em fim, estereotipos que daquela e hoje continuam vigentes e que eu mesmo vivim quando adolescente.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)