Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
venres, 30 de decembro de 2011
Unha felicitación para o 2012 desde Ponteceso
Cando un ve vídeo coma éste, realizado polo profesorado do IES de Ponteceso, pode enxergar tamén o plus de calidade que ese mesmo profesorado aplica nas súas clases. Diariamente, caladiñamente.
Neste relato visual explícase magníficamente en que consiste o cerne da educación. Os xestos que os nosos alumnos teñan nun futuro son os xestos que están a aprendendo agora. Por iso é tan importante que desmontemos os prexuízos que hoxe levan nas súas mochilas, para que poidan vivir no respecto polo alleo e, a un tempo, no orgullo do propio.
As ideas e estratexias coas que os alumnos van afrontar o seu futuro están hoxe a asentarse nas aulas. Aí reside a importancia de incorporar ás clases os valores do que queremos que sexa a sociedade do futuro. Eis que é fundamental continuar a impartirmos a aulas en galego.
Pondal fachendaría hoxe desta súa veciñanza.
xoves, 29 de decembro de 2011
“no tenemos servicio para dialectos”, nova campaña de Orange
- “hábleme como Dios manda”
- “estamos en España”,
- “si no me habla en castellano acabamos la conversación”
- “no tenemos servicio para dialectos"
Curiosamente a SXPL failles propaganda aos desta compañía desde o portal do proxecto oteumóbilengalego, onde, mentindo, como é habitual no organismo dirixido por Anxo Lorenzo, dan a entender que Orange ten desde web en galego, (ulo?) ou que ofrece os seus principais servizos na lingua de noso (ulo?, outra vez).
Desgaleguización
por Miguel Anxo Fernán Vello, no Galicia Hoxe:
Aínda nos finais do século XIX o idioma galego, na súa forma oral, era utilizado practicamente por toda a poboación do “noso bon país”, aquel país das “frondosas carballeiras” que fan “doce o vivir”, tal como cantou Rosalía de Castro. Mais non tardou en se formar no horizonte, aos poucos máis grisallo, como unha arañeira cega, a primeira vaga climática da desgaleguizaciónlingüística. A Galiza moderna comezaba a incorporar funcionarios de toda condición, establecíanse as chamadas profesións liberais e, sobre todo nas cidades, o castelán —única lingua oficial daquela— irá ocupando terreo, no ensino, na ideoloxía e na economía, como unha mancha de aceite a impor co seu avance unha lenta substitución do idioma propio por aquel que vén, como o seu nome indica, da nova Castela tan querida por Antonio de Nebrija. Manuel Curros Enríquez, á altura do ano 1886, viu no castelán un “idioma estraño”; traído, madia leva, pola nobreza e o clero casteláns que viñan ocupar os mellores postos administrativos e de poder real no vello Reino dos galegos. O primeiro acto, “opus nigrum”, da desgaleguización estaba servido. O castelán pasaba a ser o idioma do poder e o galego convertíase, visto como dialecto, na lingua inferior do pobo, este na súa maioría analfabeto. E levamos, con inevitábeis trazos épicos e dramáticos sobre nós, unha historia de máis de 100 anos de desgaleguización idiomática.
mércores, 28 de decembro de 2011
Asina falamos
Para saber onde e como se fala o leonés, a produtora Armonia Films seguiu o rastro do que poden ser os seus últimos falantes.
E, como non!, no Ben falado!, o programa da TVG, adicaranlle un dos seus mini-espazos á comparación entre galego e leonés.
Uso fraudulento do portal da Consellería de Educación
A foto, extraída do portal da Consellería de Educación, na podemos ver aos directivos da Asociación Galega de Editores (AGE) xunto a Anxo Lorenzo, acompañaba ao seguinte titular: 'Convocadas as axudas á edición de libros de texto para favorecer a aprendizaxe en galego nas aulas'. Este emparellamento fainos pensar que os editores galegos están contentísimos de que unha xenerosa Consellería de Educación, neste caso, vía a SXPL, teña unha sensibilidade tan especial co galego para establecer unhas axudas especiais para edición de material educativo nesta lingua.
Pola contra, sería moi estraño que os editores estiveran moi contentos de que esta partida presupostaria pasara de 1 millón de euros nos últimos anos do goberno bipartito, a 501.617 €, 0 €, e, eventualmente, 300.000 € para o vindeiro ano. Para ser máis exactos, a nota de prensa da Consellería de Educación debería redactarse con algo así: 'A Xunta de Galicia reduciu nestes tres anos en 2.200.000 € as axudas á edición de material didáctico en galego'. Iso si, sempre poderían engadir, 'co fin de fomentar a aprendizaxe nesta lingua' porque cara para isto e para moito máis, si que teñen. Basta lembrar a convocatoria de marzo do 2011 foi alegremente anulada seis meses despois, razón ésta pola que a actual convocatoria é, polo momento, máis fume que realidade.
Claro que cando un se decata de que a foto non foi realizada á recepción da nova da (re)minguada convocatoria, senón que vén dunha reunión mantida hai dúas semanas, un comenza a entender que as críticas que no seu día lle facían a Francisco Pillado de non continuar no premio Repsol por non sair na foto con Anxo Lorenzo, non só non tiñan fundamento ningún, senón que agora están demostradamente erradas.

martes, 27 de decembro de 2011
Falar. Falar cun papagaio.
NETmoviola: Falar from Ana Moreiras on Vimeo.
Este vídeo ten xa dous anos, pero non deixa de ser actual. Sobre como nos educaron, sobre como educamos a non usar a nosa lingua. Trátase dunha curta sobre o relato homónimo de Made in Galiza
Está claro que se Séchu Sende non existira, teríamolo que inventar.
Por certo, Séchu estrea novo libro nestes días, O caçador de bruxas, e se ten contiños como éste do papagaio, ten ser todo un gusto.
Vía A beira das palabras.
luns, 26 de decembro de 2011
Eu nunca serei yo
A pesar de que é Leo i Arremecághona, non convén esquecer o til no a.
Eu son da idea de que os galegos deberíamos instaurar, no canto da Mesaxe de Juan Carlos na noiteboa, unha declaración institucional deste señor.
Daquela eu prendería o televisor.
domingo, 25 de decembro de 2011
A língua de Consuelo
por Valentim R. Fagim, en Sermos Galiza:
É comum afirmar-se que as fronteiras mais antigas da Europa são as existentes entre a Espanha e Portugal e que estas viriam a ser “quase” inalteráveis desde a idade média. Esse “quase” transparenta pequenos movimentos de fronteira que provocaram a criação de ilhas lusófonas no Reino de Espanha, algumas das quais chegaram até os nossos dias. Em 2009, três investigadores galegos, reunidos no coletivo glu-glu, decidiram visitar essas ínsulas para conversar e gravar as pessoas que ali moram e ainda falam português. Esse trabalho transformou-se num documentário, de nome Entre Línguas, que recentemente foi disponibilizado na Net.Subim ao youtube um dos vídeos que mais me impactou e que aparecem nos extras. Nele entrevistam uma mulher idosa, de nome Consuelo, e que nasceu e mora em Almedilha, província de Salamanca.
venres, 23 de decembro de 2011
O galego do Valedor do Pobo
12 faltas no web en galego do Valedor do Pobo no que se dictan as instrucións para presentar queixas por correo electrónico. Unha por cada 20 palabras.
*Nombre, *desea, *iterrogantes, *procedemiento, *a [contracción], *calqueira, *ustede, *instrucción, *usted, *interponer, *correspondiente
Está visto que quen despreza o que ignora, é porque tamén ignora o que despreza
Este exemplo non é máis que unha das moitas demostracións que podemos ver acotío de como o coñecemento da nosa lingua é realmente pobre. Por iso agás que consideremos que a cultura galega simplemente, sobra, pode defender modelos de ensino que reduzan a súa presencia na escola. A idea subxacente e non declarada, por obscena, é que o galego é prescindible xa que debe ir sempre acompañado dunha tradución ao español, que é o único que realmente serve. Por suposto, o mesmo recurso-web en castelán non padece destes problemas.
O resultado é que temos un Valedor do Pobo que non sería quen de superar os estándares de coñecemento da lingua propios dun neno de 5º de primaria.
Que terá que dicir o Conselleiro de Educación a isto?
O nadal
Parece como se nos acompañara desde sempre. Non imaxinamos un nadal sen os recursos cos que nos fornece a CGENDL. Cómpre pegarlle un repaso.
xoves, 22 de decembro de 2011
Comunicado de Nova Escola Galega sobre o caso 5.1
Comunicado de Nova Escola Galega solicitando a rectificación do Conselleiro de Educación e do Valedor do Pobo no caso da censura a un libro de texto que reproduce o artigo 5.1 do Estatuto. Outra pedriña máis para o milladoiro que está sendo o Dosier do caso do libro censurado.
2011.12.20.Comunicado_NEG_5_1
2011.12.20.Comunicado_NEG_5_1
Fraseoloxía visual
Creado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC. Para poñer diante dos ollos algunhas frases feitas co ánimo de revitalizalas.
Etiquetas:
lingua,
SNL,
Universidade,
vídeo
2001
Vaites, vaites. Aos pouquiños éste ven sendo o post nº 2001. Toda unha odisea no espazo virtual.
Van alá case dous anos. O que mete medo é o que queda por diante.
Van alá case dous anos. O que mete medo é o que queda por diante.
mércores, 21 de decembro de 2011
O desprezo da SXPL aos Equipos de Normalización
No pasado novembro celebrouse o II Día da Ciencia en Galego, instaurado como medida de protesta contra o funesto decreto 79/2010 que pretendeu aniquilar o ensino das materias científicas na nosa lingua. Nun acto perverso a SXPL anunciou o apoio a esa xornada. Porén non se sabe de ningunha medida real de apoio, nin se ten noticia de que a SXPL nin tan siquera mandase un correo de felicitación aos organizadores. Tratouse únicamente dunha declaración mediática que pretendía acoutar e reducir o verdadeiro significado da celebración dese día. Outro tanto acaba de suceder coa presunta celebración dos 20 anos de normalización no ensino por parte da entidade que dirixe Anxo Lorenzo.
O 4 de xuño a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) celebrou o 20 aniversario da constitución dos Equipos nun acto celebrado no Museo do Pobo Galego. Máis de seis meses despois a SXPL, in extremis, anuncia que se suma a esta celebración anunciando desde o seu penedo mediático dúas iniciativas. Unha delas consiste nunha exposición de revistas no Museo Pedagóxico de Galicia, aínda que unha semana despois deste anuncio, no web desde Museo aínda non hai noticia ningunha deste evento (21/12/2011).
A segunda das iniciativas consiste nesta mostra virtual de 20 experiencias dinamizadoras. Ao visitar esta lista de ligazóns quedei profundamente decepcionado, e non porque esas 20 propostas estiveran mal. Non. Non era ese o caso. Trátase dunha escolma demasiado pobre (por que 20 e non 200?) . Trátase tamén dun insulto ao enorme traballo que a diario, e desde hai 20 anos están a realizar un grupo ben importante de profesores sen recibir compensación ningunha. Máis que unha homenaxe consiste nunha resposta ao acto organizado hai medio ano pola CGENDL. Explícome.
Como onte tiven que esperar unha hora entre avaliación e avaliación fixen esta mostra de 20 experiencias normalizadoras. Podía incluir moitas máis, pero só tiña unha hora e impúxenme manter a mesma estrutura que a da escolma da SXPL.
Nisto consiste a homenaxe da SXPL aos equipos, nunha hora de navegación pola rede. Pero o asunto aínda ten máis caras escuras.
Claro que o único que temos polo momento de parte da SXPL é que aínda non se fixeron todos os ingresos correspondentes ás actividades realizadas o curso pasado e que tampouco se convocaron as correspondentes ao presente. Unha excelente forma de celebrar a conmemoración dos 20 anos, non si?

|
|
|
||
|
|
|||
|
|
|
||
|
|
|
||
|
|
|
||
|
|
|
||
|
|
|
||
|
|
|
||
|
|
|
||
|
|
|
||
|
|
|
||
|
|
|
||
|
|
|
||
|
|
|
||
Nisto consiste a homenaxe da SXPL aos equipos, nunha hora de navegación pola rede. Pero o asunto aínda ten máis caras escuras.
Na escolma realizada pola SXPL só temos referencias a actividades recentes. Parece como se antes da era de Anxo Lorenzo non existiran os Equipos. A pesar disto, no listado da SXPL esquéncense do feito máis importante e que máis dinamizou o labor normalizador no ensino en todo este tempo e que foi, precisamente, a constitución da CGENDL. Pregúntome que lles custaba, por exemplo, engadir unha ligazón á mellor campaña nunca realizada desde o ámbito que nos ocupa: orgullosos. A falta deste recurso indica moi claramente cales son as escuras intencións da SXPL. Pero hai máis.
Na relación de actividades dos Equipos da SXPL o maior apartado é o adicado aos audiovisuais. A pesar disto exclúen calquera referencia a SonCine que é probablemente a mellor serie de vídeos elaborados ao abeiro dun Equipo de Normalización. E podemos seguir sumando ausencias, pois tampouco hai ningunha referencia a blogues cun traballo de continuado de varios anos, como é o caso de As gabarras, Gavieira, O castelo da lúa,... Tamén se bota en falta o recoñecemento a aquelas organizacións que traballaron durante todo este tempo da man dos Equipos. Pensemos por exemplo en Nova Escola Galega ou na AS-PG, lembremos celebracións do reforzo da identidade importantes como o Correlingua. Tampouco hai referencia a profesionais que xogaron durante este tempo un papel fundamental nas achegas aos Equipos como o caso de Agustín Fernández Paz, quen si foi xustamente homanexeado no acto organizado pola CGENDL. Nada diso está presente no que nos mostra a SXPL.
Tal é o desleixo con que se fan as cousas desde a SXPL que nun dos recursos que inclúen, o chamado 'Queique audiovisual', que é unha serie de entrevistas realizadas desde o IES Maruxa Mallo, teñen o descoido (espero que sexa descoido e non ocultamento) de non incluir a entrevista que lle fixeron a Suso de Toro. Iso si, aparecen todas as outras, incluída a feita a Jesús Vázquez Abad, o Conselleiro de Educación.
Supoño que se realmente a SXPL quixera celebrar os 20 anos de normalización dinamización,en primeiro logar debería solicitar traballos e información dos Equipos de Normalización, e despois dun traballo de recompilación ten a capacidade económica e de persoal suficiente como para elaborar e distribuir polos centros unha exposición de carteis debullando os distintos aspectos desenvolvidos polos equipos nestas dúas décadas.Na relación de actividades dos Equipos da SXPL o maior apartado é o adicado aos audiovisuais. A pesar disto exclúen calquera referencia a SonCine que é probablemente a mellor serie de vídeos elaborados ao abeiro dun Equipo de Normalización. E podemos seguir sumando ausencias, pois tampouco hai ningunha referencia a blogues cun traballo de continuado de varios anos, como é o caso de As gabarras, Gavieira, O castelo da lúa,... Tamén se bota en falta o recoñecemento a aquelas organizacións que traballaron durante todo este tempo da man dos Equipos. Pensemos por exemplo en Nova Escola Galega ou na AS-PG, lembremos celebracións do reforzo da identidade importantes como o Correlingua. Tampouco hai referencia a profesionais que xogaron durante este tempo un papel fundamental nas achegas aos Equipos como o caso de Agustín Fernández Paz, quen si foi xustamente homanexeado no acto organizado pola CGENDL. Nada diso está presente no que nos mostra a SXPL.
Tal é o desleixo con que se fan as cousas desde a SXPL que nun dos recursos que inclúen, o chamado 'Queique audiovisual', que é unha serie de entrevistas realizadas desde o IES Maruxa Mallo, teñen o descoido (espero que sexa descoido e non ocultamento) de non incluir a entrevista que lle fixeron a Suso de Toro. Iso si, aparecen todas as outras, incluída a feita a Jesús Vázquez Abad, o Conselleiro de Educación.
Claro que o único que temos polo momento de parte da SXPL é que aínda non se fixeron todos os ingresos correspondentes ás actividades realizadas o curso pasado e que tampouco se convocaron as correspondentes ao presente. Unha excelente forma de celebrar a conmemoración dos 20 anos, non si?
martes, 20 de decembro de 2011
Carta da CGENDL á Presidenta do Parlamento
Carta de Valentina Formoso, coordinadora da CGENDL, á presidenta do Parlamento de Galicia solicitando o cesamento do Valedor do Pobo por incapacidade para realizar as súas funcións con obxectividade e imparcialidade.
Carta á Presidenta do Parlamento de Galicia
Carta á Presidenta do Parlamento de Galicia
Que ques?
Curta sobre un conto de Made in Galiza, de Séchu Sende, presentada no VII Festival Cineforiano de Curtametraxes. 17/12/2011 ( A Coruña)
luns, 19 de decembro de 2011
Un programa de Efervesciencia sobre un estudo de linguas en competencia
Hai un programa semanal de primeira na Radio Galega. Emítese ás 16:00 os sábados pola tarde, chámase Efervesciencia e está levado por Manuel Vicente. Dura unha horiña e vén sendo unha desas escasas xoias da divulgación científica en galego e que ademais está ao alcance de todos non só a través das ondas de radio senón por medio da lista de podcasts que podemos oir en calquer momento. No programa do pasado 17/12/2012 fixéronlle unha entrevista a Luís Seoane, un dos autores de varios artigos ([1], [2]) encol da supervivencia de dúas linguas en competencia xunto con Joge Mira e Ángel Paredes. Velaquí a entrevista (aproximadamente os 20 primeiros minutos do programa)
Aínda que as ecuación diferenciais que propoñen neste modelo son moi bonitas e melloran outro estudo anterior eu sigo pensando que conviña revisar estes artigos coa contribución dun sociolingüista xa que, por exemplo, establecen a existencia dunha poboación de falantes bilingües ao mesmo nível que as outras de falantes dun par de linguas X e Y. Compría debullar moito máis o significado de "falante bilingüe" ou "poboación bilingüe" no caso de podermos atopar exemplos de tales conceptos. De todas formas o estudo realizado por estes tres investigadores galegos foi merecente de recoñecemento internacional, tal e como o desmostra a publicación dun artigo no Journal of Phisics.
Teño a impresión de que tanto á ciencia como á sociedade galega lle conviña seguir profundizando neste tema e que o mundo da cultura debería ter máis en conta as achegas que se fan desde o ámbito das ciencias. Claro que probablemente a falta de diálogo entre o mundo científico e o mundo das letras se deba fundamentalmente á falta de cultura científica do conxunto da poboación. Por iso cómpre espallar iniciativas de divulgación da ciencia do rigor, a vontade de entretenemento e a calidade con que cada semana o fan os membros de Efervesciencia.

O Valedor do Pobo e a lingua propia de Galicia. Posicionamento da CGENDL
Preciso e incontestable posicionamento da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL)ante a censura dun libro de texto polo Valedor do Pobo e o Conselleiro de Educación.
A CGENDL tamén invita aos Equipos de Normalización e, como non!, a todos nós, a enviarlle esta queixa a esta dirección do Valedor do Pobo.
Posicionamento público da CGENDL Valedor do Pobo
A CGENDL tamén invita aos Equipos de Normalización e, como non!, a todos nós, a enviarlle esta queixa a esta dirección do Valedor do Pobo.
Posicionamento público da CGENDL Valedor do Pobo
domingo, 18 de decembro de 2011
Xustiza en galego versus inxustiza contra o galego
Mentres estes xuíces se reúnen en Chantada para reafirmase no seu compromiso coa nosa lingua, nos xulgados de toda Galicia, os trámites non poden realizarse en galego porque o programa de xestión Minerva exclúe o galego. Ninguén ten noticia de que a Secretaría Xeral de Política Lingüística fixera ningún tipo de xestión sobre o caso. Máis aínda.
Vén de presentarse o primeiro Dicionario Xurídico Galego. No acto estivo Anxo Lorenzo polo que desde o seu penedo mediático particular aproveita para gabarse do boa que é a súa acción no ámbito da
Outra vez mais fica ben claro en que consiste a política lingüística de Anxo Lorenzo: envolver cun fraudulento papel de galeguismo o que non é outra cousa que acoutamento e exclusión da nosa lingua.
Carta ao Valedor do Pobo
por Xoán Costa, en Terra e Tempo:
Sr V. do P.
Santiago de Compostela
Estimado Señor,
Espero que ao recibo da presente goce de boa saúde, prezado ben do que, polo de agora, eu tamén desfruto.
Pois saberá que por aquí se comenta, con fonda preocupación, a súa resolución de 3 de novembro, día de Santo Gaudioso de Tarazona, bispo que chegou a santo pola súa absoluta convicción da inutilidade das crenzas arrianas e polo seu empeño en se desfacer delas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)