Así como a RAG decidiu editar o libro Todas as letras do Día das Letras Galegas cunha síntese dos autores protagonistas dos 17 de maio e que ofrece como agasallo a todos os que visitan o seu web, no IES de Ponteceso tiveron a feliz idea de escoller 50 textos, un para cada un dos autores homenaxeados no día das letras.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
martes, 31 de xullo de 2012
50 textos para 50 anos das letras galegas
Así como a RAG decidiu editar o libro Todas as letras do Día das Letras Galegas cunha síntese dos autores protagonistas dos 17 de maio e que ofrece como agasallo a todos os que visitan o seu web, no IES de Ponteceso tiveron a feliz idea de escoller 50 textos, un para cada un dos autores homenaxeados no día das letras.
domingo, 29 de xullo de 2012
Rebato
Vídeo gañador do premio "Obradoiro de vídeos" organizado pola Deputación da Coruña no ano 2012.
Os autores son dous alumnos do IES de Mugardos May Paguntalán e Emilio Martínez Varela que explicaron que o traballo audiovisual ten aos alumenos galegos e aos extranxeiros que aprenden o noso idioma como protagonistas, e á vila de Mugardos como telón de fondo.
Detrás dun traballo destas caractísticas sempre hai un profesor, neste caso Isabel Seoane.
venres, 27 de xullo de 2012
A resposta da SXPL á proposta da CTNL de mellora dos Celga
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) fixo público un moi completo estudo da situación e planificación do sistema de acreditación da competencia en lingua galega para persoas adultas, coñecido como Celga.
A crítica fundamental do funcionamento dos Celga desde a súa implantación hai cinco anos reside en que toda a estrutura deste sistema ten as costas viradas á normalización. Creouse un Celga que non ten en conta a situación sociolingüística de Galicia, cun deseño máis acaído para estudantes de segundas linguas e con moitos problemas adicionais no seu funcionamento.
A implantación actual do sistema Celga parte de tomar como verdadeira un feito demostradamente falso: que aqueles que teñen un determinado título (ESO ou BUP) teñen adquiridas tamén todas as competencias que se establecen para os Celgas 3 e 4 respectivamente. Aceptar isto é tamén pecharlle as portas á normalización a todos os traballadores da Administración. Ademais desde o 2009, para acceder a este tipo de traballos non é necesario acretitar ningún tipo de coñecemento da lingua galega.
Entre as outras críticas que lle fai ao actual sistema Celga están a imposibilidade de obter mediante probas específicas o Celga 5, a falta de planificación á hora de ofertar cursos para a obtención dos distintos niveis do Celga, o farragoso sistema que impón unha preinscrición previa antes de saber se vai realizarse o curso, a necesidade de cambiar os obxectivos dos cursos, a necesidade dun sistema de probas de nivel para orientar ao alumnado, redución das ratios para garantir a calidade, dotación de recursos, e sobre todo adaptar o sistema ao contexto creando cursos para galego-falantes, para mellorar actitudes e usos, con máis tempo de formación, con módulos de alfabetización, fornecemento de materiais didácticos,.... E tendo en conta aos Servizos de Normalización Lingüística.
O documento pódese consultar aquí. Agora é a SXPL quen ten que responder a todos e cada un dos puntos que se propoñen. Creo que non me equivoco se adianto que non o vai facer. Daranse boas palabras (agora sí, o anterior secrtario xeral nin iso), remexerase un pouco a idea-comodín de que a situación económica é moi mala, incluso poden chegar a dicir que tomarán nota dunha achega tan interesante... e todo continuará igual. Outra vez desperdiciaremos un enorme capital humano que temos.
Efectivamente, hai ideas, hai propostas, hai moitas persoas dispostas a poñelas en práctica co fin de mellorar o sistema de formación e acreditación en lingua galega centrado na normalización e para dar un pequeno e esencial paso na mellora da saúde da nosa lingua en ámbitos tan necesitados como a Administración. Pero os que teñen o poder non están dispostos a ningún avance para os usos e actitudes do galego porque iso vai en contra dos seus intereses máis inmediatos.
Pois ben, se estou no certo, veremos unha vez máis unha actitude que é o contrario do goberno, o contrario de facer país, de construir lingua. Entón debemos preguntarnos por qué os que teñen a iniciativa fican fóra dos ámbitos de decisión e que cada un apande coa responsabilidade que ten nesta e despois nas múltiples desfeitas na defenestrada normalización lingüística.

Etiquetas:
Administración,
cousas,
CTNL,
Normalización,
SNL,
SXPL
xoves, 26 de xullo de 2012
A lingua española nos Estados Unidos: o autoodio
por Xurxo Martiz Crespo en Terra e Tempo:
Falar español en EUA é unha desvantaxe. Visto desde o noso país, Galiza, sabemos que significa a submisión ideoloxía e sociolóxica á lingua do poder
Falar español en EUA é unha desvantaxe. Visto desde o noso país, Galiza, sabemos que significa a submisión ideoloxía e sociolóxica á lingua do poder
A lingua española en Estados Unidos (EUA) está de moda... pero fóra. O Estado español e o seu Instituto Cervantes son responsábeis desa falsa idea, estendida principalmente en España, de que a lingua española (non a castelá, que ninguén sabe que é iso en EUA) goza de millóns de falantes, verdadeiro, e que goza de boa saúde: falso.
mércores, 25 de xullo de 2012
martes, 24 de xullo de 2012
Topónimos e cinismo
por Carlos Callón, no Sermos Galiza:
Disque a Xunta que preside Alberto Núñez Feijóo está a preparar un decreto para que as empresas, ou cando menos as de certos sectores, teñan que usar a toponimia oficial. Parece de senso común que, unha vez recoñecidas institucionalmente as denominacións xenuínas dos nosos nomes de lugar, estas teñan que utilizarse con normalidade na hostalaría, nos transportes, etc. Ou ten lóxica que haxa, por pórmos un exemplo, concesionarias de autobuses que rotulen en 2012 como “Mellid”, “Puentes” ou “Valle del Oro”, mesmo para desconcerto do turismo?
Hai quen di que as palabras as leva o vento
por Mercedes Queixas, no Sermos Galiza:
O que algúns non saben é que as leva sempre dun corazón a outro a través dun bico sonoro, dunha aperta apertadiña, dun segredo que visita caladiñamente o oído, dunha chiscadela de ollo que só ti comprendes, dunha notiña emburullada que asoma por debaixo dun libro, dunha sobremesa celmosa, dun filme de animación, dun soño ridor, dun conto triste ou dunha canción falangueira.
luns, 23 de xullo de 2012
Lipdub Ferreries
Lipdub gravado en Ferreries, vila de Menorca, o pasado 21 de abril. Foi elaborado para defender e reivindicar a lingua e cultura de Menorca. A música é unha versión de "L'amo de son Carabassa" do grupo Sonadors de son Camaró. O vídeo está a ser todo un éxito na rede.
xoves, 19 de xullo de 2012
Ler non é clandestino
Os amigos de Trafegando Ronseis, obsesionados como andan niso da lectura, deron en facer este vídeo co alumnado (e profesorado) do IES Chano Piñeiro. A música pégalle unha volta á canción Clandestino dun tal Manu Chao
II aventura da Muller Lamprea
Segunda parte das aventuras da Muller Lamprea loitando contra os prexuízos (ver [1] e [2]) Outro vídeo realizado coa técnica stop motion realizado polo departamento de plástica do IES As Barxas e coa colaboración de Seso Durán, profesor de música como responsable das voces en off da animación e de Iria Collazo profesora de galego e creadora deste fermoso conto.
Seguramente haberá máis capítulos, estaremos atentos.
Vía Educortos
martes, 17 de xullo de 2012
Temos un problema
Se un accede ao espazo reservado aos 'Recursos didácticos' dos EDL (Equipos de
Eu intúo que unha medida tan regresiva como o da imposición de clases en castelán nunha sociedade tan necesitada de apostas normalizadoras como a nosa ten que provocar conflitos incluso na propia SXPL. Non pode ser doutro xeito, senón non se entende a paralización absoluta deste cartafol de recursos. Paralización que se estende ás coordinacións provinciais dos equipos de normalización. A súa cara máis accesible, este apartado do portal da SXPL non se actualiza desde a toma de posesión dos novos coordinadores. E o dito para esta cara serve para todas as do poliedro: non se enxerga ningún proxecto claro, ningunha liña de traballo. Os responsables dos ENDL dos centros de ensino comprobarían durante todo este curso que non recibían indicacións nin axuda desas coordinacións. Seguramente moitos recibirían con sorpresa a noticia da súa existencia.
Está claro que o único plan da SXPL a respecto da normalización no ensino consiste na súa desaparición. A demostración disto podémola perseguir na actuación deste último ano. Primeiro unha redución dun 70% dos presupostos destinados aos ENDL. A seguir, unha convocatoria serodia ([1] e [2]), e unha resolución tan fóra de tempo que é un insulto a todo o traballo desenvolvido polo profesorado destes equipos durante todo este último ano. Os ENDL dos centros públicos tiveron confirmación das axudas da SXPL tres días antes do remate do curso e os privados tres días despois.
Efectivamente, temos un problema.
domingo, 15 de xullo de 2012
A estraña promoción do galego da Consellería de Educación
A parella formada por Jesús Vázquez (conselleiro de Cultura e Educación) e Anxo Lorenzo (secretario xeral de Cultura) son os protagonistas do anuncio que proclaman no web da Xunta na sinatura da colaboración coa Asociación Galicia Milenio encol das actividades culturais que se van realizar no 80 aniversario da misa de Rosalía de Castro. Segundo a nota de prensa da Consellería ésta é unha vía de 'promoción de utilización da lingua galega'
Chamoume a atención a colaboración cunha entidade para min tan descoñecida como Galicia Milenio mentras que non hai forma de que asociacións do recoñecemento a historia e o prestixio da Mesa pola Normalización Lingüística reciban un trato semellante. Así que, comido pola curiosidade procurei información no buscador sobre Galicia Milenio e resulta que se presenta como unha foro de ideoloxía liberal e humanista. Iso si, hai que ser moi xeneroso (ou estar moi cego) para ver a promoción do galego detrás desta presentación

venres, 13 de xullo de 2012
Entrevista a Séchu Sende
Estounalavadora é o blogue de Noa Casal e Belén Quinteiro, dúas alumnas do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces). Presentan a súa xanela dixital indicando que 'as nosas entrañas precisan falar', e ben que o fan!.
Nesta ocasión cunha serie de preguntas moi ben escollidas que serían a envexa dos entrevistadores da TVG. Hai futuro.
xoves, 12 de xullo de 2012
Consumogustos
Tal e como anunciaba o principal valedor deste acto, Pepe de Redondela, neste artigo de opinión, o pasado 7 de xullo de 2012, tivo lugar en Ribadavia a presentación pública da Irmandade Galega de Adegueiros, entidade que ten como obxectivo fomentar a etiquetaxe en galego dos produtos agroalimentarios.
A Irmandade, promovida polo Foro Enrique Peinador, está integrada por 34 adegas e 8 empresas de distribución que se comprometeron a usar o galego na etiquetaxe dos seus produtos, conscientes do poder do galego como elemento diferenciador e como marca de calidade.
Co ánimo de contribuír á comercialización destes produtos, o Foro Enrique Peinador difundirá a partir do 25 de xullo a campaña Consumogustos, destinada a impulsar o proceso de galeguización dos produtos agroalimentarios.
Vía CTNL
mércores, 11 de xullo de 2012
O desprezo de Feijóo
Que o seu apelido continúe a ser Feijóo, e non Feixóo é un indicativo ben claro de cal é o lugar que lle corresponden á lingua galega no seu ideario.
Quen oíra algunha vez algúns minutos dun discurso seu tamén saberá do seu desleixo pois fala un galego contaminado.
Quen coñeza a política lingüística que defende, a da queima da normalización, a prohibición do uso do galego, a exclusión e redución, tamén terá coñecemento do arraigado do seu auto-odio.
Por se non quedara ben claro, onte volveu a facerlle un desprezo ao galego e polo tanto, a todos os galegos.
A situación era a seguinte: Alberto Ruíz Galladrdón, o ministro de xustiza mantivo un encontro co presidente da Xunta. O resultado dese encontro divulgouse mediante unha nota de prensa aos medios na que se nos ofrece un vídeo de estética completamente institucional, na que Feijóo se dirixe á poboación galega... en castelán. Isto non é o habitual, o Feijóo do desleixo, da prohibición, e da exclusión do galego non se pode presentar espido diante da poboación pois provocaría o rexeitamento; pero claro, estaba de visita un señor de Madrid e o presidente da Xunta quixo deixar ben claro que pesa máis a presencia dun castelán ao que, por certo, non se estaba a dirixir no vídeo, que os 2.800.000 galegos aos que nos estaba a contar un acordo co ministro de xustiza.
O resultado desta xuntanza publicitouse coas frases de Feijóo:“do mesmo xeito en que todo o mundo coincide en que o que contamina, paga; agora todo o mundo vai coincidir en que o que queima, paga”
E pagará o que despreza a lingua galega?

martes, 10 de xullo de 2012
Quarta feira logo vem
Nun documental de pouco máis de dez minutos realizado pola Gentalha do Pichel, podemos escoitar testemuños de xente da Limia, de Ortegal, Compostela, ou a Costa da Morte, que nos relatan como facían uso das formas segunda feira, terceira feira,.... para nomear os días da semana.
É unha mágoa que aqueles que tiñan que realizar este tipo de documentais, anden a nos contar trapalladas para xustificar as súas cadeiras.
Visto en Chuza! e en Sermos Galiza
P.S.: e tamén en Praza Pública
domingo, 8 de xullo de 2012
Grazas, Agustín!
por Mercedes Queixas Zas en Sermos Galiza:
A miña patria é a lingua, afirmou Pessoa, patriarca das letras portuguesas.
A patria do escritor é a súa lingua, recoñeceu novamente Francisco Ayala.
A lingua galega tense convertido tamén para o noso escritor Agustín Fernández Paz, no apoio óptimo para esvaír o fío imperceptíbel entre quen le e quen escribe e para, asemade, amplificar o convite social a xogar coas palabras que a lingua nos ofrece sempre, porque seguramente o noso veciño, profesor, parente, amigo e/ou compañeiro de viaxes, Agustín, participa e exemplifica a máxima de Cortázar, logo de ter viaxado a Galiza e se aproximar ao seu pobo: Os galegos respiran polo idioma.
Son un escritor galego
polo náufrago Francisco Castro, en Sermos Galiza:
Son un escritor galego e escribo este artigo nun aparcadoiro, nun descanso entre dúas xuntanzas, roubándolle tempo ao descanso e ao merecido piscolabis, que tan ben me sabe, porque, como tantísima xente que fai cultura en galego, temos que dedicarnos a outras moitas actividades para chegar a fin de mes e poder ir ao Gadis cun mínimo de dignidade.
Curriculum vitae dunha profesora
A escola concertada Laia do barrio de San Andreu, en Barcelona pechou boa parte das súas unidades e 73 alumnos quedaron sen centro e 7 profesores no paro. Núria Fusté Massana foi unha desas profesoras que quedou sen traballo e decidiu presentar este orixinal curriculum vitae en vídeo.
Sería posible que en Galicia un profesor presentara o seu curriculum vitae en galego para acceder a un posto de traballo nun centro de ensino privado? Para telo moi en conta.
Estounalavadora le poemas de Celso Emilio Ferreiro
As rapazas de Estounalavadora tamén quixeron celebrar o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. A mellor forma de facelo é recitando as súas poesías 'Irmás' (a versiónde Séchu Sende de 'Irmaus'), 'Consellos' por José Fernández e 'Espranza' por Estounalavadora
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)