Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 6 de xaneiro de 2013

Sejamos mal educados

por Valentimm Fagim en Sermos Galiza:


Muitos de nós retemos na retina aquele cartum do Quino onde miúdos naturalmente diferentes, deslocando-se numa fita transportadora, entravam num edifício para acabar por saírem do mesmo perfeitamente homogeneizados. O edifício em questão era um centro educativo.

Tres anos e un día

Hai tres anos e un día botaba a andar este blogue. A primeira anotación, xa non o lembraba, daba conta de como na TVG informaban do que daquela era o borrador do decreto contra o galego que se había de aprobar cinco meses depois. A día de hoxe teño un total de 424 anotacións etiquetadas encol dese funesto decreto e que foi, sen eu sospeitalo no seu momento, o principal fulcro que impulsou o mantemento deste blogue. Gran contraste entre a tenebrosidade do decreto para o plurilingüismo e o día de hoxe, o de máis ilusións de todo o ano.
Eu pedinlle aos Reices a súa derrogación, a ver se me fan caso.

Só un apuntamento máis: grazas a todos os que pasáchedes algunha vez por este sitio.

venres, 4 de xaneiro de 2013

A Rede de Dinamización Lingüística sen técnicos

Segundo informa a SXPL, 2 de cada 3 concellos veranse excluídos da vindeira convocatoria que se fará de bolsas de formación para técnicos dos Servizos de Normalización dos concellos. Lembremos que hai un ano , debido á eliminación das axudas da SXPL, suprimíronse 15 deses postos. Paradoxalmente coincide esta aniquilación de prazas coa posta en marcha da Rede de Dinamización Lingüística, unha entidade que declara ter como obxectivo principal unha acción conxunta coas entidades locais no ámbito da promoción do galego:
co obxectivo prioritario de establecer e consolidar vías estables de colaboración, cooperación e coordinación
Para isto é imprescindible contar con servizos lingüísticos nos concellos cos que coordinar o traballo normalizador.
Agora anúnciase a volta desa partida presupostaria cando a bolsa da SXPL acaba de ser reducida en 2,4 millóns de euros a respecto do ano pasado. Sospeitosamente non se informa nin a cantidade destinada a este proxecto, nin do número de unidades que se abrirían, nin que tempo durará esa bolsa. O único que se adianta é que estes técnicos prestarán os seus servizos "de maneira compartida, por medio de servizos supramunicipais mancomunados". Non se trata xa de establecer unha liña de axudas para a creación de prazas de servizos de normalización nas entidades locais, senón que o se trata de bolsas de formación, isto é, contratos en precario. E non só falamos de precarización laboral, senón normalizadora.
É contraditorio falar de consolidar vías estables de colaboración, falar de coordinación e cooperación cando eses novos servizos ao non estar a disposición de ningún concello, só poderán ser dependentes da propia Rede de Dinamización Lingüística (RDL). Pois iso é o único que se fixo desde a RDL, reunirse consigo mesma, autopublicitarse, e tirar os cartos públicos en beneficio dun proxecto fantástico que nunca xenerou nin a máis mínima ventaxa para a promoción do galego.
P.S.: Hai pouco máis dun ano había 67 técnicos de SNL nos concellos segundo a propia SXPL que nese momento aínda se permitía o atrevemento de convocalos a unha reunión: ver nota da SXPL. Compría saber cantos quedan agora.

xoves, 3 de xaneiro de 2013

Zona obelisco contra a toponimia

Como todas as asociacións de comerciantes, a Asociación Zona Obelisco ten como obxectivo fundamental a defensa dos intereses profesionais e urbanísticos dos comercios asociados. Pero dificilmente poderemos poñer a nosa confianza nas mans desta asociación cando fan un uso corporativo da mesma para actuar en contra do uso normal do galego no comercio, mesmo coa ostentación do topónimo españolizado da cidade na que realizan as súas actividades, *La Coruña, segundo eles.
Máis triste é que a Consellería de Economía e Industria inicie unha campaña de promoción dos Centros Comerciais Abertos precisamente coa Zona Obelisco quen non só secundariza o uso da nosa lingua, senón que mesmo actúa abertamente contra a legalidade vixente. Menos aínda se pode comprender que nesa campaña se destaque un grupo comercial, Grupo Amor Joyeros, que mantén exactamente o mesmo maltrato de exclusión e ilegalidade co galego.

Triste escolla a que fixo a Consellería de Economía que nos indica que a súa aposta non consiste na garantía dos mínimos de convivencia en común. Pola contra o que procura é seguir afondando na exclusión do galego no seu ámbito competencial. Na anterior lexislatura aprobouse unha lei do comercio galego na que non había ningunha referencia á normalización, así que, quen diga que a Xunta non ten unha política lingüística transversal equivócase pois neste caso temos unha notable evidencia de que si a hai. Desafortunadamente procura o acoso e acurralamento do galego.

mércores, 2 de xaneiro de 2013

A lingua por decreto

por Inma López Silva, nese xornal que se publica en castelán e que recibe da Xunta millóns de euros dos galegos:

É inxenuo pensar que a lingua non debe lexislarse. Faise en todas partes, especialmente alí onde conviven varias linguas, pois a Sociolingüística xa ensinou hai décadas que é imposible a convivencia harmónica de dous ou máis idiomas. Mais como todo o mundo fala, tamén todos cren que poden opinar sobre lingua. Digo isto porque algo diso hai nos prexuízos lingüísticos de certo sector do partido que nos goberna, opinións que lastran as decisións arredor do decreto do galego do conselleiro de Cultura e Educación.

luns, 31 de decembro de 2012

Carvallo Calero, a posibilidade de rectificar a historia



Vídeo documental realizado pola AS-PG con motivo do pasamento de Ricardo Carvallo Calero. Guión e locución de Francisco Rodríguez. Imaxes da entrevista con Carvallo Calero realizada por Francisco Salinas Portugal en 1988. Arquivo gráfico de A Nosa Terra. Produción: Xan Carballa Alonso. Realización Servimav.

domingo, 30 de decembro de 2012

Próspero 2013 desde o IES de Ponteceso



Hai exactamente un ano colocaba neste mesmo blogue outro vídeo-felicitación do IES de Ponteceso. Era un traballo moi ben realizado, fermosísimo. Pois volveron a facelo, e iso que é realmente difícil innovar dentro dun formato tan reducido como o de construír unha postal en vídeo para facer propósitos para unha nova etapa que agora comenza.
A mensaxe que nos envían vén cargada de bos e ben formados propósitos:
Esperanzados en seguir aumentando a relevancia dos servizos educativos no centro para participar no desenvolvemento desa sociedade máis xusta, sana e solidaria

venres, 28 de decembro de 2012

En galego tamén se fai ciencia.2



Nesta segunda edición da Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística das univerisades galegas participan Marilar Aleixandre (didáctica das ciencias e a educación ambiental), Patricia Buján (tradutora e presidenta da IGAPTI), Belén Caride, Klara Kadlecováe(estudante Erasmus), Belén Caride Técnica do Laboratorio de Química Inorgánica, Xosé Luciano Otero (Técnico especialista do Laboratorio de Automatización Industrial),Mateo Pérez (Estudante da Escola de Enxeñaría Industrial), Casto Rivadulla (Profesor de Fisioloxía da Facultade de Ciencias da Saúde), Michael Skinner (Intérprete)e Manuel Vicente (Doctor en Ciencias Químicas. Máster en Comunicación Científica, Médica Ambiental. Director e presentador do programa Efervescencia)

xoves, 27 de decembro de 2012

#recitandocelsoemilio: desde Caldas



A convocatoria prestábase a unha creación coma ésta. Cada participante, un verso, e moitos versos, moitos participantes. Todos reivindicando a lingua galega.
Un novo vídeo da canle Aquisvideo, que xa produciu unha serie titulada 'E ti que opinas?' sobre diversas cuestións encol da lingua. Para visitar.

mércores, 26 de decembro de 2012

Gústame o galego, agora en vídeo



Velaquí a continuación da campaña da CTNL, Gústame o galego. Unha idea simple e exitosa. Desta vez en vídeo. Con varias declaracións de gusto polo uso do galego e un fotomatón cunha chea de participantes na iniciativa montada no pasado Culturgal.

martes, 25 de decembro de 2012

Bágoas na chuvia

por Carlos Baliñas Pérez, nas Voces de ProLingua:


Un topónimo non é soamente unha indicación xeográfica ou un enderezo postal.

100% CEF

Longametraxe documental que dirixe Aser Álvarez. Luís Tosar interpreta ao poeta de Celanova.

Este traballo audiovisual ve a luz xusto cando fai os 100 anos do nacemento de Celso Emilio.

O documental que ofrece a TVG, gravado en Celanova, Acevedo, Vigo, Pontevedra, Santiago, Asturias e Ourense, está baseado en máis de 50 entrevistas, colaboracións artísticas, lecturas de poemas e musicacións que axudan a debuxar un retrato contemporáneo do escritor. A complexidade e amplitude da figura de Celso Emilio é reconstruída a través de entrevistas con familiares, expertos, historiadores, literatos e amigos e conta coa participación de persoas anónimas e coñecidas que recitan, len, rapean e cantan os seus poemas.

“100% CEF” é o resultado dun intenso traballo de investigación e achega á vida e obra do poeta. Este retrato poliédrico do autor de “Onde o mundo se chama Celanova” faise a través da conversa cos seus fillos, Isabel e Luís; os seus biógrafos, Xesús Alonso Montero e Ramón Nicolás; o seu amigo e paisano, o actual presidente da RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín; Xosé Neira Vilas, Suso de Toro ou Xosé María Álvarez Cáccamo, entre outros. Os poemas chegan pola voz de cantantes como Luís Emilio Batallán, Xiana Lastra e Mini e Mero, pero sobre todo co punk dos Labregos do Tempo dos Sputniks e co rap máis contemporáneo de Ferriman, Nuno e Fred. O documental tamén conta coa colaboración de artistas como Baldo Ramos, Francisco Leiro, Manolo Paz ou Baldomero Moreiras.

luns, 24 de decembro de 2012

De Leis e Línguas: a irracionalidade do jogo

por Celso Álvarez Cáccamo no Portal Galego da Língua:


A decisão do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre os vários recursos (da Mesa pola Normalización Lingüística, da CIG e doutras entidades) contra o Decreto de Pluringüismo do governo de Feijoo, e as interpretações públicas sobre esta sentença, são muito reveladoras do papel do discurso científico sobre a língua na Galiza, e das constrições que operam sobre a sua aplicabilidade à política. Tanto o Decreto quanto a sentença situam o trabalho sociolinguístico como uma excrescência subordinada à política do partido no governo, e fazem duvidar, verdadeiramente, de que no quadro jurídico desta Galiza se possa articular jamais a racionalidade científica com a ação política.

Construindo o padrom lexical galego

por Maurício Castro, en Sermos Galiza:

A minha modesta, mas também orgulhosa, participaçom no projeto nom me impede dedicar estas linhas à promoçom entusiástica de umha novidade editorial ineludível para quem acredita na unidade e dignidade da nossa língua, que vê a luz nestes últimos dias de 2012.

#recitandoacelsemilio: 'O atraco' do forxador de versos



 #recitandocelsoemilio foi unha iniciativa da CGENDL moi ben montada e difundida. Tanto éxito tivo que ata xenerou efectos colaterais fermosísimos coma éste que peguei aquí. O forxador de versos Miguel Ángel Alonso xunto coa súa filla recitaron o 12/12/12 O atraco de Celso Emilio, un dos dous poemas inéditos que se deron a coñecer hai un ano.
Trátase dun poema de denuncia que, coincidindo co que di del Ramón Nicolás é "contemporáneo nas formas e nos contidos", un poema para hoxe:
Maus arriba e boca abaixo o pobo.
Vimos a instalar o silencio,
cero preguntas,
cero movimentos
Porque isto é un atraco

O vídeo , ademais da divulgación dun poema descoñecido de Celso Emilio, ten  outros valores engadidos:. a transmisión da lingua e o cariño posto no legado. Eu non achei na arañeira da rede nada máis bonito para o día de noiteboa.

domingo, 23 de decembro de 2012

Consenso necesario para a lingua galega

por Víctor F. Freixanes, nas poucas liñas que o xornal La Voz de Galicia edita en galego:

Ben sei que non estamos no mellor momento. Non hai máis ca ler os xornais, ou mesmo seguir a última sesión no Parlamento noso. Moitos teimarán que é unha inxenuidade. Pero hai trinta anos as cousas non estaban mellor. ¿Distintas? Conforme. Pero non mellor. Vanse cumprir tres décadas dende a aprobación por unanimidade da Lei de Normalización Lingüística (15 de xuño). Tempo haberá de volver sobre a cuestión. Hai tres semanas comentabamos nestas mesmas mareas a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia verbo dalgúns puntos capitais do decreto de plurilingüismo co que o Goberno de Núñez Feijoo intentou reconducir a política do idioma nas escolas. Daquela rompeuse un consenso histórico, asinado polos tres partidos presentes na Cámara galega, que viña vixente dende o 83. ¿Tan difícil é pensar en recompoñer aquel acordo? ¿Alguén cre que podemos tirar algo positivo (pensando no país, non nos intereses particulares de cada grupo) seguindo por este camiño? O futuro da lingua galega non merece este tratamento, francamente.

Lingua e ensino: regreso ao pasado?

NOVA ESCOLA GALEGA pretende promover de novo a reflexión sobre o lugar do galego no ensino á luzdos últimos acontecementos e diante das decisións que se albiscan neste ámbito. éste é o documento de NEG OPINA do mes de decembro do 2012.

NEG_OPINA. Lingua e Ensino, Regreso Ao Pasado.dec2012

sábado, 22 de decembro de 2012

#recitandocelsoemilio: reivindicando a lingua



Non están os tempos para felicitacións, senón para reivindicacións. Así que neste nadal, ésta é a postal que deixamos desde o meu centro, a reivindicación da nosa lingua por medio do recitado colectivo do poema Deitado frente ao mar de Celso Emilio Ferreiro.

venres, 21 de decembro de 2012

A mancha para a que non hai deterxente

por Pilar García Negro, en Terra e Tempo:


Co permiso do meu admirado Xoán Carlos Garrido Couceiro, voume internar por vieiros próximos á psicoloxía, no tocante á consideración de moitas condutas que revela o uso / desuso da lingua de noso, da lingua galega e de como ela, a lingua, é o termómetro máis fino para medirmos a comodidade / insatisfacción verbo de ser-sentirse galega-o. Lembremos primeiro unha evidencia palmaria: se falamos-escrebemos galego (sempre, por toda a parte e para calquer función), estamos a exteriorizar:

A lingua galega e a lingua tártara

por Xosé Manuel Sánchez-Rei en Terra e Tempo:

Sirvan estas palabras como unha chamada de atención para a defesa da diversidade de linguas, que é un dos elementos que diferencia as persoas dos animais, na cal o pobo galego ten de continuar a contribuír co seu milenario idioma