Cando era rapaz e vivía e soñaba nunha desas tantas, pobres mais encantadas, aldeas da Galiza interior, sabiamos ben que en certos lugares (como na escola, na igrexa ou na distante vila do concello) e con determinadas persoas chamadas importantes había que falar en castelán. Non sabiamos por que, pero así era a cousa. Incluso algúns nos dicían alí que o galego era feo, que o bonito era o castelán. Quizais por iso as rapazas, para sabérense guapas aínda que o fosen xa abondo, emitían aquí e alá, alomenos se tiñan xa noivo, algunha que outra frase en castelán. Como os pais querían moito ós seu cativos procurábanlles falar tamén en castelán, por torpe que fose (e aínda o fan agora; e mira que pasaron anos!). O caso é que a vida seguiu e algún que outro dictador deixou de seguir. E andei fóra, como tantos outros. Aprendín a vivir fóra do meu país, en España e noutros países europeos. Mergulleime nas súas linguas e no seu modo de pensar e de vivir. E gustábame coñecer e convivir con outras culturas. Isto durante moito tempo, que non foi só cousa de vinte ou trinta anos... Cando despois empecei a volver máis a miúdo por Galiza resulta que eu seguín a facer o mesmo que facía fóra dela: mergullarme a fondo e ledamente en cada concreta cultura onde vivise. Xa se podía estudar o galego na escola. Semellaba xa que o galego non era tan feo. En calquera caso, cando unha vez nun deses sitios nos que non se debía falar galego rompín co tabú (éravos aínda no ano 1963) e falei coma se estivese na casa ou na rúa, ocorreu unha cousa da que ben me lembro: toda a rapazada (boa e transparente ela!) botouse a rir cunha espontaneidade insospeitada, como eu nunca vira.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
luns, 4 de febreiro de 2013
O galego, o último mohicano?
por Manuel Cabada Castro, nas Cartas ao Director do Faro de Vigo:
Falo o que quero falar
"Falo o que quero falar" é unha adaptación da canción "Twist and Shout" de Isley Brothers. Con esta canción o IES Leiras Pulpeiro acadou o 3º premio provincial da campaña "Entre Nós en Galego" no ano 2004. Un excelente e fermoso traballo.
domingo, 3 de febreiro de 2013
Valoración de Queremos Galego perante o recurso da Xunta
Valoración de Queremos Galego ante a pretensión da Xunta de recorrer as sentenzas do TSXG que declaran ilegais os puntos centrais do seu decretazo contra o galego perante o Supremo.
Destaco un par de aportacións de Carlos Callón que subscribo plenamente:
Unha vergoña que se malgaste diñeiro público para malgastar o noso idioma, cando o que precisa Galiza é unha política de promoción da nosa lingua e anosa cultura, elmentos para a cohesión social.
E facendo referencia ao anuncio feito pola Xunta de que o TSXG avalaba coas súas sentenzas o decretazo contra o galego.:
Ha de ser a primeira vez na historia da humanidade de que a alguén a quen lle dan a razón nos tribunais, deciden recorrer a sentenza.Máis información:
O manifesto pola derrogación do 'decretazo' contra o galego supera xa as 4.500 adhesións, 01/02/2013, Sermos Galiza
Ligazón ao manifesto pola derrogación do decretazo
sábado, 2 de febreiro de 2013
A favor
por Nel Vidal Barral, na CTNL, reproducindo un artigo publicado orixinalmente no recomendable especial A Patria é lingua da edición en papel de Sermos Galiza número 32.
En moitas ocasións, os movementos e as persoas que nos preocupamos e que traballamos a favor do galego transmitimos unha certa –e ás veces case inevitábel– actitude negativa, pesimista ou demasiado polemicista. E, claro, na práctica iso non ten un gran poder de atracción nin convicción...
Diálogo aberto con Valentín García
Onte, 01/02/2013, o secretario xeral de política lingüística, Valentín García, foi entrevistado por Kiko Novoa no programa Galicia por Diante, na Radio Galega. O nível do discurso aportado por Valentín é realmente penoso e de baixa calidade. Confunde conceptos, ofrece ideas incompletas e completamente contraditorias. Así que aínda que, por afán de ser exhaustivo, engado a entrevista, non recomendo a ninguén que a escoite. Non aprenderá nada. Unha mágoa. O que si recomendo é o seguinte diálogo que establecín con algunha das xaculatorias que o actual secretario xeral dunha política lingüística absolutamente españolizadora ofreceu no programa das mañáns da Radio Galega.
O diálogo
A lingua non depende tanto dun decreto que afecta a certas asignaturasAsumes que o grande problema para chegar a un pacto para a normalización é o decreto de plurilingüismo. Asume que no 2004 houbo ese gran pacto: o Plan Xeral de Normalización da Lingua (PXNL). Pero calas o fundamental: que o decreto ataca directamente ás bases fundametais dese Plan e que se realmente quixeras establecer algún acordo sabes que deberías asumir todos os puntos alí sinalados.
A normalización da lingua non depende tanto dun decreto que afecta ao ámbito do ensino, nada máis, cando o ensino danos coñecementos e actitudes, cando quen nos dá o importante o uso, é a sociedade.Valentín, esquéceste decote que de o ensino fornecénos de capacidades. A incapacidade para falar en galego é o maior atranco para a normalización nas novas xeneracións. Polo demais é un muro insalvable. Tampouco pareces decatarte de que as leis son fulcrais no establecemento das actitudes. Unha lei ou, como é o caso, todo un conxunto delas, que no canto de favorecelo e potencialo, minimizan e acoutan o uso do galego están educando a toda a sociedade na estigmatización do galego. Mantés un discurso de que o uso da lingua se establece fóra da escola polo que non importa para nada que se destroce o poder normalizador deste ámbito. Pero é que tampouco nos ofrece ningún exemplo de normalización fóra do ensino. Por exemplo, cal é o nível de uso na administración de xustiza? Por que a Lei de Comercio non ten ningunha referencia ao uso do galego? Por que se retirou a esixencia do coñecemento do galego nas probas de acceso ás administracións públicas? E que pasa co recorte para edición de libros en galego? E que pasa con.....? En definitiva, é imposible atopar ningunha medida de goberno fóra do ensino que supuxera unha mellora para o galego nestes tres últimos anos ( e dentro, tampouco, claro)
As matemáticas teñen que ser en castelán,... todo isto pode variar nos centros plurilingües que adopatan unha terceira lingua.E tes razón, Valentín, nos centros plurilingües impártense as matemáticas en español e as outras materias en inglés. O galego é o que volve a perder. De todas formas non explica a razón dese afán de impoñer o galego nas aulas de matemáticas. Será polo prestixio secular que as esotéricas fórmulas matemáticas poderían outorgar á nosa lingua no caso de impartirse en galego. Sobre a calidade da lingua utilizada polos políticos.... os debates, ao encenderse, ao querer contestar rápido fainos que utilicemos unha lingua, un rexistro, máis coloquial Din por aí que eres licenciado en filoloxía. E será. Pero tamén eres o único que coñezo que confunde o rexistro lingüístico coa calidade lingüística.
Estamos traballando moito para as franxas de idade dos máis novosEfectivamente, no funesto e nomeado decreto, exclúese ao alumnado de infantil da posibilidade do contacto co galego. Así o recoñeceu o TSXG. E agora parece ser que a Xunta, e polo que se ve, co firme apoio da SXPL, vai recorrer as sentenzas do TSXG que así o ditaminan. Está claro en que dirección estades a traballar. Eu vou polo carril contrario.
Máis información: O secretario xeral de Política Lingüística di que non é “complicado” chegar a acordos con Queremos Galego, 01/02/2013, Sermos Galiza
venres, 1 de febreiro de 2013
Manipulación, ortografía e orzamento na política lingüística

O 29/01/2013 a Xunta emite unha nota de prensa co titular: "A Xunta persónase no Supremo para ter opcion a recurrir as sentenzas do TSXG sobre o plurilingüismo" [sic]
Tal e como se pode comprobar na foto de aquí ariba, a nota contiña unha chea de faltas. O caso non é de estrañar, trátase da Xunta e dunha nota de prensa en galego. Non é maís que a evidencia de que o ensino da nosa lingua dista moito do que se declara desde a propia Consellería de Educación. O ensino do e en galego está, sempre estivo, baixo mínimos.
Ninguén pode imaxinar ao goberno do estado ou ao estremeño, por exemplo dando un tan pésimo exemplo de desleixo e descoñecemento.
O caso pronto tivo a súa repercusión mediática. Finalmente a Xunta, sen pedir desculpas pola zocada pega marcha atrás e manipula o seu web e fai desaparecer a nota de prensa que estaba a xenerar polémica na arañeira. Agora ao premer nesa dirección achamos unha anotación sobre Jesús Vázquez celebrando a paz. Mais non a paz lingüística xa que emiten un novo comunicado intentando xustificar a interposición dun recurso ante unha sentenza que o goberno valorou positivamente por, según dicían hai un par de meses, avalar a súa legalidade.
Para os curiosos deixo aquí o retrato da nota orixinal.
A presentación deste recurso contra as sentenzas do TSXG desvélanos o radicalismo instalado nos corredores do noso goberno. Pero tamén nos revela máis cousas.
É moi significativo que a nova do recurso non se poida achar no listado dos comunicados emitidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Será que este organismo non comparte a decisión do goberno? Será que a Secretaría Xeral de Política Lingüística non conta para nada na toma de decisións sobre a política lingüística?
Un artigo do Praza de hai uns días dábanos unha das claves para entender por onde anda a resposta. Os presupostos da SXPL reducíronse tanto nos anos do goberno de Feijóo que impiden na práctica a posta en marcha de ningunha política de promoción da lingua. Se lle engadimos isto a que todos os outros departamentos e Consellerías do goberno presuntamente galego manteñen unha actitude de desprezo pola normalización, xa temos os dous membros da ecuación preparados para ser resolta.
xoves, 31 de xaneiro de 2013
E agora, que nos ides facer?
por Eva Vieites Salmonte, no Sermos Galiza:
Hai ducias de situacións do cotío que me lembran a canción de La PollaRecords “Y ahora que?” Porque como reza a letra deste tema: “ Toda a vida coméndome o coco, pero xa vedes que vos serve de pouco, non conseguístedes prepararme para poder manipularme...”
A pasada fin de semanana manifestación da plataforma Queremos Galego, Mónica Camaño falaba do esfarelamentoao que se está a someter á cultura e lingua galegas nun escenario onde, no mellor dos casos, e isto xa o digo eu, déixannos desfrutar da nosa liberdade cativa coma se dunha reserva india se tratase.
Lingua, xustiza española e discriminación
por Xabier Cordal, nas Voces de ProLingua:
Tras a demanda interposta por un feixe de familias moi incómodas co feito de que Cataluña teña lingua propia, o Tribunal Superior de Xustiza (o que representa o poder xudicial español en Cataluña) ditou hai uns días seis resolucións que obrigan a Generalitat, “de forma cautelar”, a ofrecer a seis alumnos as clases de infantil, primaria e secundaria “tamén en castelán” e na mesma proporción ca en catalán.
Nunca choveu que non escampase
por Xoán Carlos Domínguez Alberte, no Sermos Galiza:
A normalidade da convocatoria e do desenvolvemento da manifestación de Queremos galego! en Compostela este domingo 27 de xaneiro foi completa. Inversamente proporcional á anormalidade que concerne ao uso e promoción do noso idioma por parte do poder político do Goberno da Xunta de Galiza.
mércores, 30 de xaneiro de 2013
O radicalismo da política lingüística antigalega da Xunta
Velaquí a resposta da Xunta á petición popular manifestada o pasado domingo na Quintana seguindo a chamada da plataforma Queremos Galego! para reivindicar a derrogación do funesto decreto para o plurilingüismo e a aínda máis nociva LOMCE coa que se nos ameaza.
A propia nota de prensa na que a Xunta anuncia está inzada de erros ortográficos e gramaticais, unha evidencia do desleixo e destrución da nosa lingua que é o eixo director da política lingüística desenvolvida polo goberno do PP. Cínicamente falan de consenso cando eles foron os que o romperon e cando aqueles que dous días antes estabamos baixo a chuvia da Quintana gritamos como unha soa voz que queremos recuperar o acordo escrito letra a letra no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.
Qué é o que buscan os que se parapetan detrás do muro dun poder que nos roubaron e que usan en contra nosa, en contra da lingua que lle dá sentido á súa existencia? Xa o explicaron cando manifestaron a súa incondicional adhesión a ese monstruo que é a LOMCE, un proxecto de lei, que na súa disposición adicional nº 39, parágrafo d) [ver o documento adxunto], establece que polo menos se garantirá a exclusión total e absoluta do galego nos centros privados para que aqueles zunantes que levados polo odio á nosa cultura, queiran non aprender nada da nosa lingua, poidan facelo. Ademáis establécese que os gastos derivados desta exclusión serán asumidos pola Xunta, isto é, por todos nós.
Os que acudimos e os que apoiamos a manifestación do 27 de xaneiro fixémolo para abrirlle unha oportunidade á nosa lingua. A resposta volve a ser unha vez máis o radicalismo máis atroz. A Xunta, baleira por completo de decisión propia, tórnase en portavoz e brazo executor do ideario extremista, herdeiro directo da doctrina ultraliberal en antigalega.
Ninguén, cun mínimo de respecto pola cultura galega, cunha migalla de responsabilidade pola defensa do noso ou que garde no seu peto tan siquera un refugallo da necesidade do coidado e do coñecemento da lingua de noso, ninguén garde un pouco de amor polo galego pode sentir outra cousa que noxo diante da actitude de desprezo protagonizada pola Xunta.
P.S.: Vese que a Xunta, anoxada de si mesma, cambiou a nota de prensa orixinal. Agora ao premer nesa dirección achamos unha sobre Jesús Vázquez celebrando a paz. Pero esa paz non é a paz lingüística. No sistema de publicación de notas de prensa da Xunta, cada unha delas publícase no seu portal web cun número de serie: 5304, 5305, 5306, 2291,...!!!?. A nova 2291 publicouse o 2/08/2012 e trataba sobre a conselleira Mato falando da RISGA, pero foi substituída por unha nota anunciando o recurso contra as sentenzas do TSXG que declaran ilegal o decreto de plurilingüismo, a nota con número de serie 2291.

martes, 29 de xaneiro de 2013
English, English everywhere! O mito do inglés como necesidade vital
por Robert Neal Baxter en Terra e Tempo:
O afán desfreado de aprender inglés está a tornarse unha pandemia, unha auténtica psicose social, como se se tratase dunha pedra filosofal do suceso. Segundo un estudo da Cambridge University Press, disque un terzo d@s galeg@s estaría disposto a renunciar ao sexo durante un ano para aprender inglés.
Pola porta do portugués
por Kathleen March Catedrática de Linguas Modernas da Universidade de Maine (EUA). Autora de "De musa a literata: o feminismo na obra de Rosalía de Castro" (1991). No Sermos Galiza:
Alguén perguntou: "Como fixeches túa a lingua galega? Non comprendín a pergunta, que ninguén ma fixera encol de outras linguas. Mais tentarei dar unha resposta, en dúas partes:
Primeira parte. Entrei pola porta do portugués. Nin máis nin menos. Que non me digan que non son linguas irmás. Axiña puiden ler textos de Manoel-Antonio, Otero Pedrayo, Herrera Garrida, Pozo Garza, Rosalía. Abriu-se a porta, entón, e na casa galega abondaban persoas dispostas a deixaren-me escoitar a conversa, que non me traducían ao castelán o que dicían, como hoxe fan persoas adultas cos nenos. Entre os primeiros mestres: Ramón Martínez López, X.M. Alvarez Blázquez, X.R. Fandiño Veiga, María do Carmo Kruckenberg, Albina e Ovidio de Santabaia, José Luis Rodríguez, Francisco Rodríguez, Pilar García Negro, Lois Tobío e outros.
'Seis lembranzas e unha narración', o discurso de Fernández Paz no honoris causa
Por todos os seus “méritos vitais, literarios, humanísticos e universais; por ser un narrador elegante e absolutamente comprometido coa defensa da lingua; por ser unha persoa coherente que buscou sempre transformar a sociedade desde a escola pública e se implicou na vangarda da renovación pedagóxica; por ser un dos narradores galegos máis universais, un dos mellores facedores de lectores, coñecido dentro e traducido fóra, por ser un exemplo de ética e dinamismo ao servizo da terra nosa e da terra enteira…”. Por todos e cada un de estes motivos o escritor Agustín Fernández Paz foi nomeado este luns Doutor Honoris Causa da Universidade de Vigo.
O escritor regalounos esta magnífica peza de amor á lingua e á lectura, pois como moi ben nos explica un non é outra cousa que o que fala e o que le.
Destaco só un parágrafo para amosar o apetecible do discurso de Fernández Paz que se pode ler máis abaixo.
Desde hai algúns anos asistimos desacougados ao minucioso proceso de demolición do edificio. Coa escusa da crise ou sen ela, os retrocesos legais sucédense con medida puntualidade. O obxectivo final semella ben claro: podar as pólas máis vigorosas do bonsai, coutar a presenza social da lingua ata confinala nun lugar subordinado.Nota: Nunha primeira versión desta anotación colgara o borrador do discurso de Agustín Fernández Paz, pois era o que aparecía nun primeiro momento referenciado no DUVI. Agora o propio autor avisoume de que o texto definitivo e que foi a que finalmente leu este luns foi esta outra. Grazas polo aviso, e agora si, deixo aquí a versión final.
P.S.: Finalmente tamén engado o vídeo do acto que finalmente foi cargado pola canle do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo.
Manifestación de Queremos Galego. 27 de xaneiro do 2013
"É incríbel ter que mobilizarse para que o galego non sexa excluído da escola", 27/01/2013, Praza Pública
''Manda carallo, sen galego e sen traballo'', 27/01/2013, Sermos Galiza
Estampas #PolaLinguaQueNosUne, 27/01/2013, galería de fotos do Sermos Galiza á que pertence a acertada foto que puxen aquí.
A defensa do galego enche a Quintana, 27/01/2013, no Galicia Confidencial
Miles de persoas mobilízanse contra a política lingüística da Xunta, 28/01/2013, de Luns a Venres
Un "clamor" contra un Goberno "absolutamente xordo", 29/01/2013, Sermos Galiza
Vídeos
Queremos Galego en Compostela. Pola lingua que nos une. (27/01/13), de galizatv
Carlos Callón. Manifestación Queremos Galego. 27 de xaneiro de 2013, de Marcos S. Pérez
Lectura do manifesto. Manifestación Queremos Galego. 27 de xaneiro de 2013, de Marcos S. Pérez
Uxia e Ses 2. Manifestación Queremos Galego. 27 de xaneiro de 2013, de Marcos S. Pérez
GC Queremos Galego Xaneiro 2013.MOV, de Galicia Confidencial

A galegofobia existe, pero é máis simpática
por Ignacio Prados Ansede, en Praza Pública:
A catalanofobia existe. Só hai que botar un ollo a algúns xornais editados en Madrid, a algunhas cadeas de televisión ou aos comentarios que xorden en redes sociais e blogs cando se trata o tema catalán. Hai unha especie de odio acirrado cara ao catalán que dá un pouquiño de medo. Pero ninguén fala sobre a galegofobia, non sei se porque non se percibe ou ben porque non interesa falar, pero aínda que máis sutil e moitos menos agresiva, a galegofobia existe. Non en forma dese odio acirrado, senón máis ben en forma de desprezo sutil, infravaloración e conmiseración.
luns, 28 de xaneiro de 2013
A letra miúda. E dúas críticas aos estudos sociolingüísticos máis difundidos
Un dos aspectos que calquera ENDL debería tratar é o de aportar coñecementos aos profesores que formamos parte deles e que normalmente carecemos dunha mínima formación neste saber. A Xunta, como é habitual, debe andar ao bonito no Gran Sol. Menos mal que a Coordinadora Galega de ENDL nos ofrece outra vez o seu traballo xestionando e buscando unha forma de tapar ese enorme oco que se abría no eido da normalización escolar.
Velaí outra (cantas van xa?) excelente iniciativa da Coordinadora: a edición dunha revista dixital para facilitar a formación do profesorado en aspectos sociolingüísticos: A letra miúda. Nela atopamos artigos, recensións, ligazóns e recomendacións. Todo un mundo para aprender.
Vou comentar únicamente dous puntos do primeiro número d´A letra miúda. E de cada un deles tirarei unha crítica aos estudos sociolingüísticos que máis se usan e citan en Galicia: o do uso do galego da Enquisa de condición de vida das Familias do IGE, e o Mapa Sociolingüístico de Galicia (V.I, V.II e V.III).
Actitudes e prexuízos. Estudos cuantitativos vs. cualitativos.
Un dos artigos que se nos ofrecen neste número de letra miúda ven da man de Ana Iglesias, profesora na Universidade de Vigo e autora do libro editado por Xerais Falar galego:'no veo por qué', un ensaio que nos ofrece un traballo que é todo un exemplo de precisión metodolóxica e análise profunda das actitudes sobre a lingua. No artigo Ana Iglesias ofrécenos un discurso que segue as mesmas directrices. Cóntanos como a case completa totalidade das investigacións sociolingüísticas son de carácter cuantitativo. A autora demostra que esta perspectiva pode levar conclusións erróneas no referente ás actitudes sobre a lingua. Efectivamente, estes estudos daban conta de que os enquisados declaraban actitudes favorables para o galego e que incluso eran mellores canto máis novos fosen os consultados. Porén estes datos daban lugar a unha situación contraditoria pois a xuventude máis castelanizada ofrecía as mellores actitudes. As razóns compría buscalas en que nas respostas que se ofrecen a un cuestionario estatístico inténtase ofrecer unha imaxe positiva polo que o que aparece como resultado é un retato dun ente imaxinario, o do perfecto cidadán, o individuo políticamente correcto.
Por razóns sociolingüísticas evidentes á profesora Ana Iglesias interésanlle sobre todo os máis novos, que conforman un grupo social castelanizado. Para reverter esta situación os mozos instalados no castelán deberán saltar varios muros:
No apartado de Recomendacións da revista dixital A letra miúda podemos atopar, entre outras cousas, os resultados achegados por L’Enquesta d’usos lingüístics de la població 2008. Comento o caso porque me chamou moito a atención un concepto que utilizan nos estudos sociolingüísticos en Cataluña, "lingua de identificación", e que nunca vin nos estudos sociolingüísticos galegos. Esta comparación, ou mellor dito, esta omisión, evidencia que eses nosos sesudos estudos sociolingüísticos poden partir de preconceptos que fican agochados detrás dunha abrumadora lista de táboas de datos e gráficos de cores onde se debulla por provicias, sexo, idades e toda clase de variables adicionais cal é a "lingua inicial" ou a "competencia lingüística" (e nada máis). Por que o IGE ou no MSG non se pregunta nas súas enquisas pola "lingua de identificación"?
Conclusións
Se os datos obtidos do IGE e do MSG son fundamentais para coñecermos datos relevantes sobre a nosa lingua, debemos profundizar e mirar máis alá do que nos indican as súas táboas para facer unha mellor aproximación á realidade. Para que este propósito sexa unha realidade, a revista A letra miúda enxérgase como unha ferramenta utilísima. Velaquí unha invitación para o seu seguimento.

- Romper cos hábitos adquiridos. Como di Séchu Sende, ao cambiar de lingua, cambias de vida.
- O muro da competencia. A calquera que coñeza o ensino con algo de profundidade non lle será necesario que o convenzamos de que as competencias do uso da lingua galega non están á altura das alcanzadas polo castelán. Isto crea inseguridades que poden resultar insalvables.
- O entorno hostil invita decote a usar o castelán. Os medios, a televisión, o comercio,...e a necesidade de aceptación grupal na adolescencia pode ser determinante
Para facer abrollar os prexuízos tamén se fan varias recomendacións:
Mentres nas primeiras etapas a influencia do mestre vai ser directa e ademais inevitable, en secundaria sería un erro por parte do profesor intentar modificar as actitudes directamente, xa que o resultado podería ser incluso o contrario do esperado. En lugar disto, é necesario recorrer a técnicas grupais, do tipo “tormenta de ideas”, “debates”, “dramatizacións”, “visionado de películas ou lectura de libros relacionados co tema”, etc. Deste xeito, serán os mesmos alumnos os que vaian poñendo en evidencia as actitudes negativas dos compañeiros e buscando argumentos para botalas abaixoRecomendacións. O concepto perdido.
No apartado de Recomendacións da revista dixital A letra miúda podemos atopar, entre outras cousas, os resultados achegados por L’Enquesta d’usos lingüístics de la població 2008. Comento o caso porque me chamou moito a atención un concepto que utilizan nos estudos sociolingüísticos en Cataluña, "lingua de identificación", e que nunca vin nos estudos sociolingüísticos galegos. Esta comparación, ou mellor dito, esta omisión, evidencia que eses nosos sesudos estudos sociolingüísticos poden partir de preconceptos que fican agochados detrás dunha abrumadora lista de táboas de datos e gráficos de cores onde se debulla por provicias, sexo, idades e toda clase de variables adicionais cal é a "lingua inicial" ou a "competencia lingüística" (e nada máis). Por que o IGE ou no MSG non se pregunta nas súas enquisas pola "lingua de identificación"?
Conclusións
Se os datos obtidos do IGE e do MSG son fundamentais para coñecermos datos relevantes sobre a nosa lingua, debemos profundizar e mirar máis alá do que nos indican as súas táboas para facer unha mellor aproximación á realidade. Para que este propósito sexa unha realidade, a revista A letra miúda enxérgase como unha ferramenta utilísima. Velaquí unha invitación para o seu seguimento.
domingo, 27 de xaneiro de 2013
4h, 365 días, normalidade
por Susana Méndez, no Sermos Galiza:
En Ávila, ás 5h da mañá, érguese, despois de parar o espertador, un home chamado Pedro. Aséase, vístese, almorza e marcha ao traballo nunha factoría industrial. Regresa á casa ás 15h, despois de ter pasado polo supermercado, para mercar pan e algúns produtos básicos. Despois de xantar vendo as noticias na televisión, séntase un anaco para ler o xornal. Fai algunhas cousas pendentes, recibe unha chamada dunha teleoperadora que intenta venderlle unha tarifa de telefonía, acode a unha consulta médica, mentres agarda a súa vez intercambia mensaxes de texto desde o seu móbil, consulta certa información en internet e envía un par de correos electrónicos, e finalmente decide ir ver o filme que lle recomendaron a unha sala de cine.
Normalizar desde un SNL
por Marta Souto, no Sermos Galiza:
Ao me propoñer un artigo sobre o labor normalizador dende e nunha cidade, a través dun servizo de normalización lingüística (SNL), foi moito o que me veu a cabeza , ao cabo moito é o tempo neste servizo e abondas experiencias -positivas e negativas- que se van acumulando. Podería, mais axiña o rexeitei, falar sobre funcións, actividade, lexislación, orzamentos... pero creo que a reflexión sobre o día a día, sobre o que podes facer, o que che deixan facer... sobre o como facer, con quen, e cara a quen é máis acaido. Unha reflexión dende esta cidade viguesa que non se caracteriza polo uso do galego, pero tampouco por un rexeitamento á lingua propia nin ás actividades que dende o SNL ofertamos. Unha reflexión dende unha administración que no ano 1989 aproba a Ordenanza municipal de normalización lingüística, crea nese ano o SNL, posteriormente a Comisión Cidadá de Normalización Lingüística, no 2005 o Consello Social da Lingua e un ano despois o Plan de dinamización lingüística.
Un par de orfas
por Isabel Vaquero, unha precisa análise da situación da normalización no mundo da ciencia, no Sermos Galiza:
Mal podían imaxinar as mulleres e os homes do Seminario de Estudos Galegos, alá polos anos 20 e 30 do pasado século, que as súas dificultades para inaugurar unha cultura científica en galego ían verse empequenecidas, vistas na actualidade, pola presión dun dogma global de sentido común segundo o cal a lingua común neste terreo é o inglés.
sábado, 26 de xaneiro de 2013
Galegos difusos
E velaquí outra cousa que me publican no Sermos Galiza:
A fuzzy logic ou lóxica difusa tivo o seu momento de esplendor hai uns poucos anos cando na televisión aparecían moitos anuncios de lavadoras con tecnoloxía fuzzy logic, uns electrodomésticos dotados dun sistema de intelixencia artificial, que unha vez vagamente aproximado o grao de sucidade da roupa, escollía o programa de lavado máis acaído a cada caso. Este tipo de tecnoloxía fundaméntase nunha teoría lóxica que permite traballar con predicados imprecisos como poden ser sucio, moi sucio ou bastante limpo, o cal non era posible mediante o emprego da lóxica clásica por admitir únicamente dous valores contrarios: sucio versus limpo, novo versus vello, ou galego versus español. Velaí que o predicado asociado ao sentimento de galeguidade sería susceptible de ser analizado tamén mediante os recursos da lóxica difusa.
Nos estudos de carácter sociopolítico ou sociolingüístico habitualmente a a identidade xoga un papel fundamental. Se atendemos aos datos da última enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas un galego típico non se identificaría como galego. Tampouco como español; sería máis ben un individuo borroso. Isto non é un dato novidoso. Desde que existen estudos estatísticos sobre o sentimento identitario os resultados veñen sendo, máis ou menos, os mesmos. Ou, o que é o mesmo, máis ou menos, somos e non somos. E o que aínda é peor, desde o poder refórzase e edúcase en que isto é o que debe ser. Que o bo é o non ser. Non ser o que? Pois o que sexa.
E así andamos, difusos. Se fixeran un documental sobre a personalidade dos galegos veriamos pasar pola pantalla unha serie de individuos desenfocados, como Woody Allen na película "Desmontando a Harry". Evidencias de que este é o retrato da sociedade galega podémola achar tanto en características da nosa xestión da lingua e do territorio. Foi o inmorredoiro xenio de Otero Pedraio o que mellor nos explicou a relación existente entre eses tres eixos de referencia que son a terra, a identidade e a lingua. Seguro que el había de apreciar a noticia do guguyimidjir, unha fala do norte australiano que, como todas as linguas indíxenas, desde a colonización está perdendo falantes perigosamente. Unha das características máis significativas desta lingua é a súa forma de localización. Se estando na Praza do Obradoiro quixeramos indicar onde se encontra a Catedral de Santiago diriamos que está á nosa dereita, de frente ou á nosa esquerda dependendo de se ás nosas costas temos, respectivamente, o Pazo de Fonseca, o de Raxoi ou o Hostal dos Reis Católicos. No entanto, un falante de guguyimidjir daría a mesma indicación independentemente da súa posición pois esa lingua ten un sistema de xeolocalización que non é egocéntrico. A súa referencia é solar polo que sempre nos explicaría que a Catedral está situada ao leste da Praza do Obradoiro. Esta maneira de situarse está perfectamente adaptada a un territorio desértico que ten poucos puntos de referencia. Así que a ninguén lle estrañará saber que entre aquelas novas xeneracións que abandonaron a lingua dos seus ancestros déronse moitos casos de desorientación. Acabaron por perderse na súa terra por haber perdido a lingua.
Nós non podiamos perdernos nunha terra na que cada veiga e cada penedo tiña o seu nome propio. Pero ao irmos abandonando a nosa identidade borramos tamén a toponimia. Velaí un claro exemplo de como terra e lingua se perden a un tempo, e con elas esváese tamén o que somos. No caso de que aínda sexamos algo. A fábula do galego na escaleira hai que reformala por completo. Xa non sabemos se o que atopamos na escaleira é un galego ou non polo que non ten sentido preguntármonos se é que sube ou baixa.
A práctica política da Xunta no canto de reforzar os valores identitarios que son os que lle dan sentido de existencia, está guiada por ventos suicidas procedentes de Madrid que levan a nave galega contra os acantilados. O decreto para o plurilingüismo, a LOMCE, o proxecto de reforzamento das deputacións ou mesmo a práctica política diaria teñen o claro obxectivo de borrar aos galegos. O poder, cada vez máis alleo a nos, refórzase na súa estranxeiría facendo esvaecer aos cidadáns. Para iso edúcaos na negación de si mesmos.
Na Estrada, nos anos 50 o dono dun ultramarinos colgara unha desas latas grandes de pemento baleira co lema: "una, grande y libre". Como é de supoñer o chiste custoulle caro e da tunda que lle deron case o matan. Impúxosenos a identidade española así, a paus e baixo o poder das armas. O proceso posterior tamén é ben coñecido. Para evitar sentir nas nosas carnes o mesmo que o tendeiro estradense deglutimos ao imperialista que desde aquela vive connosco acompañando á nosa conciencia. Aquí enxergamos a razón de por que andamos esborranchados. Como cidadáns intentamos crear un hábitat social propio da nosa condición esfarelando a lingua e a xeografía. Neste proceso estamos borrando a nación galega. O peor é que non nos decatamos de que ao negar o noso carácter nacional só nos queda unha alternativa. Se Galicia non é unha nación só poderá ser unha lavadora. Iso si, con tecnoloxía fuzzy logic.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)