Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 3 de novembro de 2013

Eu fago voto de fidelidade, aínda outra volta, á lingua galega

por Xaquín Campo Freire, no Sermos Galiza:


Amigos: Acabo de ler nun xornal dixital un artigo: Galegos para sempre, do que che recomendo a lectura: “Galegos e en galego tamén despois da morte. O galego é a lingua maioritaria no país, pero a penas existe nos camposantos. Contra esta eiva, hoxe lánzase a campaña "Galegos para sempre", na que colaboran varias funerarias e unha parroquia de Carballo. Por Galicia Confidencial | Carballo | 30/10/2013”.

sábado, 2 de novembro de 2013

Florence Nightingale. A película



Florence Nightingale é unha das figuras escollidas para homenaxear nesta xornada reivindicativa que é o 'Día da ciencia en galego'. A elección de Florecence débese seguramente a que, aínda que é a precursora da fundamentación do traballo de enfermería, é tamén unha das figuras fundamentais na historia da estatística e este ano 2013 foi designado como Ano Internacional da Estatística
Nesta ocasión recollo unha película que recrea aspectos fundamentais da súa biografía

xoves, 31 de outubro de 2013

A tribo dos neofalantes

por Xurxo Martínez González no Praza:

Un neofalante é un galego falante máis e pertence á comunidade lingüística. Pro distinguímonos por un feito: aprendemos a falar en castelán (ou noutro idioma) dende pequenos e foi a nosa lingua de uso durante longos anos de vida pro, nun intre, decidimos mudar para o galego. Ás veces supón un proceso lento no ámbito das amizades e familia (superar as horas de estrañas, curiosas e novas situacións); noutros, é un proceso algo máis veloz, como cando participamos nunha comunidade nova (imaxinemos o mudar de barrio ou cidade); incluso, algúns outros casos son cando se accede á universidade e se despraza lonxe da súa casa.

mércores, 30 de outubro de 2013

De blogues.14

Rosalía en ruso e namentres en Galicia..., 30/09/2013, en Normarín
Por fuciños! Por cacheiras!, 01/10/2013, no blogue de Agustín Fernández Paz
No bus, 03/10/2013, por Luz,  no blogue O demo me leve
Onte 752: Cifras da edición galega en 2012 (I), 06/10/2013, por Manuel Bragado en Brétemas
Onte 753: Cifras da edición galega en 2012 (II), 06/10/2013, por Manuel Bragado en Brétemas
Lingua Proletarian de Mi People, 7/10/2013, en Gavieira, o blogue do IES Elviña
da corrupción á vitoria, entre Álvarez Torneiro e o paraíso da ignorancia, 09/10/2013, por X. M. Eyré no seu blogue Ferradura en tránsito
o PP e as tentativas de canonización literaria, 19/10/2013, por X. M. Eyré na Ferradura en tránsito
Do you speak «galinglish»?, 22/10/2013, por Carlos L. Medrano en Xogos de Lingua
Onte 770: O recurso de casación da RAG no Supremo, 23/10/2013, por Manuel Bragado en Brétemas
cando o galego venceu o inglés, 26/20/2013, unha bonita historia de X. M. Eyré na Ferradura en tránsito
Oetro Pedrayo, Ribadeo, 1958, 29/10/2013, no blogue El toupo de fuza

E unha chea de xente de folga para reivindicar un ensino público e de calidade. Velaquí algúns:
Non á LOMCE, 23/10/2013, por Ramón Nicolás no seu Caderno da crítica
Folga contra a LOMCE, 23/20/2013, no blogue dousferrados
Mañá vou á folga, 23/10/2013, por Gracia Santórum en Trafegando Ronseis

luns, 28 de outubro de 2013

E se cambias ao galego?

nas Voces de Prolingua:

Onde vivo apenas hai xente que fale galego; se me poño a falalo, non sei como será a reacción de familiares e amizades. Non me sentirei algo raro?

Un web sobre as letras galegas no IES García Barros



Escollín esta presentación sobre Manuel García Barros porque a recollín dun sitio web do IES García Barros (A Estrada). Non é máis que unha das moitas que hai neste espazo, cheo de entrevistas a moitos dos mellores escritores actuais da literatura galega.
Como material complementario neste web teñen un lugar reservado para as letras do concello do que García Barros é un dos seus exemplos máis sobranceiros.´
Un caso máis do excelente traballo que se realiza acotío nos centros galegos. Neste caso trátase dun web da da materia de Literatura Galega do s.XX e da actualidade, unha optativa de 2º de bacharelato que posiblemente desapareza coa a previsible implantación da LOMCE.

Os sonhos de Maré. Falarás a nossa língua



Unha desas cousiñas que fai ese recreador da nosa conciencia colectiva que é Séchu Sende.
Vía Romasanta

sábado, 26 de outubro de 2013

"A guerra do galego" (rural)



O documental ten unha primeira parte chea de prexuízos, e non xa de prexuízos dos entrevistados, senón que a liña argumental pola que se desenvolve, reforza ideas que atentan contra a normalización da lingua. Cal é o sentido que ten poñer como exemplo de galegofalantes a dúas persoas do rural e coas mesmas características fonéticas e sociolóxicas. Bótase en falta un galegofalante que manteña un argumentario sólido; un neofalante dunha cidade, por exemplo. Deste xeito, ofrécese a imaxe de que os utentes da nosa lingua ligado ao ruralismo.
Moito mellor é a última parte na que se lle dá voz a El Puto Coke e a Belén Regueira, os dous cun discurso cheo de sentidiño.
O programa foi emitido en VTelevisión o pasado 19/10/2013.

O sinto

por Susana Méndez no Sermos Galiza:


Si, seino. Vendo o título deste artigo haberá algunhas persoas que botaron ás mans á cabeza, “mimadriña, pero cómo demo se lle ocorre, e é vicepresidenta da Mesa, que dimita xa!”
"O outro día escoitei a alguén dicir: “*as gardo aquí”, e preocupoume que xa non me sorprendera, que xa non se me fixera arrepiante de entrada".​

xoves, 24 de outubro de 2013

"Siempre la lengua fue compañera del imperio"

Editorial do Sermos Galiza. Na edición en papel desta semana ten unha ampla reportaxe sobre as consecuencias da LOMCE no retroceso normalizador no ensino.


O españolismo, na súa cruzada galegófoba, acusou historicamente o nacionalismo de querer impoñer o galego na Galiza. O ataque carece de todo fundamento, embora é obxectivo que como alegato eleitoral deu os seus réditos, nomeadamente na campaña que levou a Feijóo a Monte Pío. En realidade, e como ten dito a profesora Pilar García Negro, o nacionalismo non tenciona impoñer o galego, senón "poñer" o galego alí onde non existe, en ámbitos dos que secularmente foi expulso pola lingua de Castela. Poñer o galego no ensino. Poñer o galego nas empresas. Poñer o galego na normalidade da rúa. Poñer o galego na Galiza, o seu país. Normal e revolucionario.

Folga no ensino galego contra a LOMCE


O Ministerio de Educación lembrounos onte aos pais dos alumnos que o colectivo de docentes ten un posto de traballo asegurado, a diferenza da maioría dos pais. Era unha ameaza?
Ata onde chega o meu razoamento, os pais temos os mesmos intereses que os profesores: unha boa educación para os nosos fillos/alumnos. De aí xurde a necesidade do apoio á folga.
Tampouco se entende é Jesús Vázquez, a pesar dos recortes dos servizos públicos  inherentes á política que defende, prometa 1.000 novos postos de profesores coa LOMCE. E non é a primeira vez que o fai, pois xa aseguraba o mesmo a finais do curso pasado, cando o certo é que no seu goberno xa se perderon 1.200 postos, sen contar interinos, que como non teñen o posto de traballo asegurado, non contan para a Consellería de Educación. De certo que hoxe non os vai contar nas cifras de folga
E total para quen quer o conselleiro eses 1.000 docentes fantasmas? Para ter outra restra de 1.000 profesores con traballo asegurado que lle monten outra folga?

mércores, 23 de outubro de 2013

Orzamentos contra a lingua 2014

A partida presupostaria para a lingua galega prevista para o ano 2014 é, en cifras xerais, a terceira parte das que se manexaban na época do goberno bipartito. A desmontaxe económica do fomento do galego foi continuada e brutal durante toda a era Feijóo. E isto é certo, non xa en termos absolutos, senón que o peso relativo dos presupostos da SXPL respecto dos manexados pola Xunta na súa totalidade non deixa de diminuir ano a ano.

Se debullamos os diversos capítulos dos orzamentos que aínda mantén a SXPL atopámonos cunha baixada xeneralizada. Basta con consultar a seguinte táboa que fixen a partir desta outra do xornal Praza Pública á que se lle engadiu a columna co orzamento do 2014 e a última fila na que consta un apartado consignado no 2014 e que era inexistente o ano pasado: "programas de promoción ao galego", dotado cunha cantidade de 700.000 €. Aínda habería outra cantidade que non aparece na táboa, unha transferencia para a RAG atendento ao concepto de cultura que seguramente no exercicio anterior estaría asignada a outro departamento da Consellería de Cultura e que se desvía agora para a SXPL, non sei baixo que criterios.
Atendendo ás asignacións recollidas aquí, vemos como só aumentan a partida que este ano é novidade ("Programas de promoción do galego") e a adicada a bolsas de lectorado, cun incremento de 246 €. Todo o demais ou ben son partidas  que sofren reducións ou repiten o mesmo presuposto do ano pasado, o cal para calquera que coñeza o concepto de IPC, sabe que na práctica significa tamén redución. Un destes epígrafes que repite orzamento é o destinado aos ENDL dos centros de ensino non universitario.
O balance final desta táboa é dunha redución de 828.121 €

P. S.: Artigos relacionados:
O desmantelamento do galego por parte da Xunta non cesa nos orzamentos,  (23/10/2013) na CTNL
As cifras da desmontaxe económica do fomento do galego, (23/10/2013) Praza Pública
O galego recibe menos dun terzo das axudas que tiña hai 20 anos, (24/10/2013) Galicia Confidencial

Pronunciamento de Prolingua sobre o recurso de casación da RAG perante o Tribunal Supremo

Pronunciamento de Prolingua sobre o recurso de casación da RAG perante o Tribunal Supremo:


A principios deste ano a Xunta recibiu seis sentenzas do TSXG polas que se anulaban dous artigos centrais do chamado Decreto de Plurilingüismo, norma fortemente contestada por amplos sectores da sociedade galega e que supuña unha rebaixa substancial e perigosísima da presenza do idioma galego nas aulas, e todo co falso pretexto da "desaparición do castelán nas escolas de Galicia".

martes, 22 de outubro de 2013

Día da restauración da memoria lingüística de Galicia

por Xosé González Martínez, en La Región:


Os lugares máis evidentes da desmemoria lingüística de Galicia son os cemiterios. Por incomprensible que poida parecer a 'parroquia dos mortos' non fala a mesma lingua que a dos vivos.

luns, 21 de outubro de 2013

Exterminando o galego no Bierzo




Alba e Henar son dúas mozas do Bierzo que demostran con forza o orgullo de seren dunha terra na que xeneración tras xeneración o galego foi mantido, usado e transmitido ata que as interferencias administrativas e a apisonadora impositiva do ensino en español revirou por completo o decorrer de séculos de historia.
Comenzaba este curso nas terras estremeiras de Castela-León coa denuncia de que, sen previo aviso, estaban a surprimirse as clases de galego que debían impartirse segundo un acordo asinado e mantido de hai anos coa Xunta de Galicia fundamentado no artigo 4.3 do estatuto de Castela e León segundo o que o galego gozará de respecto e protección nos lugares nos que se use habitualmente.
Se atendemos á información que consta na Secretaría Xeral de Política Lingüística, hai pouco máis dun ano había 1000 alumnos que seguían o programa de promoción do galego. Ademais o seu responsable,  Valentín García, transmitía
 "a vontade da Consellería de Cultura e Educación de seguir apoiando e incluso ampliando esta iniciativa a outros centros de ensino que se sumen aos 14 centros de secundaria e 4 de primaria que actualmente contan alí co galego como lingua vehicular do ensino"
Incluso,e para contestar aos rumores de desaparición do programa,  proclamouse a implicación do propio presidente da Xunta, quen asinara xunto con Juan Vicente Herrera Campo, o presidente de Castela e León, " un Protocolo Xeral de Colaboración que abriu unha nova etapa de cooperación entre as dúas comunidades" no que se ratificaba o " Protocolo Xeral de Colaboración vixente para a promoción do galego nos territorios de Castela e León en que se fala galego."
O que sucedeu despois foi máis ou menos o contrario. Primeiro suprimiron as clases en galego nun dos catro centros nos que se impartían. Despois noutro.
A realidade é que o respecto e a protección proclamados para a nosa lingua disólvese nun convenio que primeiro permitía de forma reducida a implantación dalgunhas aulas en galego sen a garantía dun nivel de oficialidade acorde coa lingua da terra. Nesta nova xeira establécese a medida real do que significa ese respecto e protección que ficou traducido en abandono e exclusión. Cal é a finalidade? Que rapazas como Alba e Henar non teñan contacto co galego culto e académico? Que elas representen a derradeira xeneración da cadea de transmisión do galego no Bierzo?
Vendo o seu vídeo, sabemos tanto o que perdemos como o que poderiamos gañar. Que non é pouco.

P.S.:O CEIP Tuela-Bibey de Lubián (Zamora) queda sen a única hora de Coñecemento do Medio en lingua galega, vía @CGENDL

domingo, 20 de outubro de 2013

A lei Wert ou o regreso do nacionalcatolicismo: ”soy católico español”

por Eduardo García Parada, en Terra e Tempo; lembrándonos que o vindeiro 24 de outubro hai convocada unha folga contra a LOMCE:

Isto dicíao o meu amigo Manuel Ayán nun post á boa análise que Cibrán Arxibai facía hai uns meses en Sermos no seu artigo O galego escurecido pola LOMCE. E resume en dúas verbas un feixe de adxectivos para describir a LOMCE: reaccionaria, españolizadora, privatizadora, clasista, antidemocrática e confesional.

sábado, 19 de outubro de 2013

Escribir en galego: que difícil é!

Esta colección de parágrafos publicáronmos no Sermos Galiza:

Desde que un vendedor de panos chamado John Graunt publicara no 1662 a primeira análise estatística da que se ten constancia histórica, non só entendemos que o estudo e recompilación de datos sociais son moi valiosos para a práctica política, senón que sabemos que precisamente eses estudos son a vara coa que temos que medir esas mesmas políticas.
No XVII o gran problema era a obtención de datos. Graunt tivo o acerto de obter resultados orixinais e razoables. Tomando como base as listas de mortalidade londinienses que viñan elaborándose desde principios de século, chegou a aventurar unha cifra de 380.000 persoas como unha boa estimación para a poboación de Londres.

venres, 18 de outubro de 2013

De quen vés sendo?



De quén vés sendo? é o título dun novo programa da TVG que comenzou a emitirse este domingo ás 15:40 horas. Na presentación que a propia canle lle fai  podemos ler que este programa

 é unha viaxe, guiada por Marta Doviro, polas xentes dun país que agocha historias nos nomes dos seus lugares e paisanos. Historias que o programa vivirá en primeira persoa, que compartirá ante a cámara e que lles permitirá aos espectadores aprender de onde proceden moitos dos nomes e expresións que nos rodean

Din que non é un un programa de nomes, pero é mentira. Se o din posiblemente sexa porque teñen medo de que ao indicar o tema do programa, o público non queira velo. Para min que deberían ter máis medo ao horario que ao tema. As historias que se contan permitiranos aos espectadores aprender de onde proceden moitos dos nomes, apelidos, alcumes, lugares e expresións que nos rodean.
O espazo ten unha estrutura e un ritmo moi dinámico, é entretenido e educativo. Está feito aquí, e trata sobre nós. Déixase ver moi ben e ademais ata podemos aprender moitas cousas. Merecía outro horario.
Deixo nesta anotación unha entrevista de presentación do espazo que lle fixeron á presentadora Marta Doviro no programa A Revista