Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
venres, 29 de novembro de 2013
Falemos Galego
E por fin o terceiro vídeo do alumnado de TIC do meu centro. A súa autora foi Irene Míguez e parece que se inspirou na coñecida campaña publicitaria "Vivamos como galegos"... ou non?
Etiquetas:
local,
Normalización,
Silleda,
TIC,
vídeo
xoves, 28 de novembro de 2013
Gústanme os nomes en galego
Radio Fusión, a emisora das radios municipais galegas, quixo colaborar coa campaña Gústame o galego e fíxoo emitindo un spot sobre os nomes galegos.
Etiquetas:
campañas,
onomástica,
radio,
vídeo
A LOMCE resta aínda máis galego
Se o funesto decreto para o plurilingüismo está sendo un desastre educativo e un factor moi importante para a redución do uso e do prestixio do galego, a LOMCE afondará nese mesmo pozo, reducindo e acurralando aínda máis ao galego nas escolas. Algo que xa teño comentado e que agora a CGENDL explica moi ben neste oportuno tríptico.
mércores, 27 de novembro de 2013
LOMCE... Fóra da Escola
Xurxo Souto, Bolboreta e Anton Papaqueixos fan unha repichoca contra a wertgoñenta LOMCE.
martes, 26 de novembro de 2013
Fausto Galdo e o galego
por Pablo Vaamonde, no Galicia Confidencial:
O noso idioma está enfermo. Dase o paradoxo de que a mocidade ten un coñecemento da gramática moi superior ás anteriores xeracions, pero a súa vida diaria desenvólvena en castelán. Isto xa non sucede só nas cidades; nas vilas e no medio rural son cada vez máis os xóves que coñecen a lingua mais non a usan.
Goodbye rivers, Goodbye Springs
Un colexio de Irlanda do Norte recolleu a tradución de Rosalía é Mundial e fixo este fermoso recitado de Adiós ríos, adiós fontes, en inglés.
Visto no facebook de X. Henrique Costas
luns, 25 de novembro de 2013
#mundiala
O vindeiro 3 de decembro é o Día Internacional do Euskera. O Goberno Vasco puxo en marcha unha campaña desde un novo portal www.mundiala.net animando á cidadanía a enviar un chío co hastag #mundiala co obxectivo de que o euskera ocupe espazos non formais.
No seguinte spot dous xaponeses podemos ver a dous xaponeses que xa hai tres décadas aprenderon a falar en euskera. O anuncio forma parte da campaña #mundiala.
E nós aquí a velas vir. Cun goberno que só chega a producir mentiras querendo colgarse medallas que non lle corresponden no proceso da tradución do Twitter ao galego.
domingo, 24 de novembro de 2013
As traducións e a (in)visibilidade da literatura galega
por Xosé María Lema, nas Voces de Prolingua:
Cando en agosto de 2011 visitei, nunha viaxe organizada polo Seminario de Estudos da Costa da Morte, The Arthurian Centre preto de Camelford (Cornualles, Reino Unido), onde o principal atractivo é a lápida da suposta tumba do rei Artur dos antigos britanos, levei unha pequena alegría cando observei que entre os libros á venda no seu centro de interpretación se atopaba un do noso Álvaro Cunqueiro traducido ó inglés: Merlin and family. A alegría viuse logo toldada ó ver que se indicaba nos créditos que o libro fora traducido do Spanish (sic) Merlin e familia e outras historias.
Fraguas do Eume
Así é como aparece este folleto editado polo Faro de Vigo, segundo denuncia Prolingua.
E non só *Fraguas do Eume, senón tamén, nunha redacción en castelán, xúntanse outras perlas como "lingua de buey", "pé azul" ou "carballos y castaños".
Coleccionable prescindible.
E non só *Fraguas do Eume, senón tamén, nunha redacción en castelán, xúntanse outras perlas como "lingua de buey", "pé azul" ou "carballos y castaños".
Coleccionable prescindible.
sábado, 23 de novembro de 2013
Érguete e fala
Vídeo realizado por Denise Varela, do meu IES. Trátase dun traballo que realizou para a materia T.I.C. e no que colaboraron moitos compañeiros do seu grupo de 1º de bacharelato.
Vía Trafegando Ronseis
venres, 22 de novembro de 2013
Fala galego
Alberto Fariña, alumno do IES Pintor Colmeiro (Silleda, realizou este vídeo de promoción do uso da lingua galega como parte dun proxecto da materia TIC.
Vía Trafegando Ronseis
Memorias das Memorias dun neno labrego
Teño unha debilidade especial por Cándido Pazó pois penso que sabe transmitir os sentimentos mellor que ningún outro monologuista. Por iso, ao ver no blogue Millo Verde este vídeo, non resistín a tentación de compartilo tamén aquí.
De todas formas o vídeo non é máis que unha aproximación; para disfrutar realmente do teatro, cópre sentarse nas butacas dun.
xoves, 21 de novembro de 2013
Mulleres e lingua
Falan cinco mulleres da Agra do Orzán, e falan moi ben. A dobre discriminación: por ser galegofalante, e ademais, muller.
A falacía da modernía lingüística: léxico especializado español no galego
por Xosé Manuel Sánchez Rei, en Terra e Tempo:
As modernas Sociolingüística e Socioloxía da Linguaxe teñen verificado que se dúas linguas conviviren no mesmo territorio en situación de desigualdade vai favorecerse unha utilización diglósica para os dous códigos: haberá, probabalmente, unha ben valorizada socialmente que será capaz de provocar continuas erosións na gramática e nas interaccións sociais daquela peor considerada; e esta existirá tamén e recibirá case sen remedio, na ausencia dunha boa e real política lingüística de restauración, todo o tipo de influencias do idioma mellor visto. Achamos así que a prosodia, a fonética e a fonoloxía, a morfoloxía, a sintaxe, o léxico, a semántica, a fraseoloxía e inclusive a pragmática poden verse afectadas pola presión da lingua de poder.
mércores, 20 de novembro de 2013
O galego que explica en 16 linguas a situación política de Cataluña
Fernando Castro é un galego que fala un mundo de linguas: galego, portugués,catalán, español, italiano, inglés, francés, alemán, polaco, húngaro, ruso, esloveno, checho, serbocroata, grego, indonesio,... e posiblemente algunha máis. Neste vídeo usa 16 desas linguas para explicar a situación que vive Cataluña. O vídeo forma parte dunha campaña iniciada o pasado 12 de novembro: The Catalan Porject.
Sen premios nacionais
por Xosé Luís Méndez Ferrín, no Faro de Vigo:
Dous dos chamados Premios Nacionales do Ministerio de Cultura de España, o de poesía e o de cómic, fóronlle concedidos este ano a Álvarez Torneiro e a Miguelanxo Prado por senllas obras escritas en lingua galega.
martes, 19 de novembro de 2013
Discurso de entrega premio San Martiño 2013
Vén de comenzar a súa andaina o espazo Tabeirós Montes, que ten como obxectivo ofrecer un portal cultural que sirva para dar a coñecer o activismo e creación cultural, aos artistas e creadores e inventariar os recursos que desde o punto de vista do noso patrimonio material e inmaterial teñen interese na comarca de Tabeirós e Terra de Montes.
A mellor forma de presentar este portal é con este discurso, lido na entrega do premio San Martiño 2013 por un dos receptores do premio, Carlos Loureiro. En Tabeirós Montes:
A mellor forma de presentar este portal é con este discurso, lido na entrega do premio San Martiño 2013 por un dos receptores do premio, Carlos Loureiro. En Tabeirós Montes:
Antes de nada, e como de ben nacido é ser ben agradecido, quero darlle as miñas máis sentidas e profundas grazas á Asociación O Brado por me ter incluído na egrexia nómina dos e das loitadores e loitadoras a prol da normalización do idioma de noso. Dicía eu o outro día nun xornal que o marabilloso sería que non houbese que crear e outorgar premios por este labor xa que sería o mellor síntoma para o galego, mais mentres isto non chegue, que agardamos sexa canto antes, (aínda que semella que hai interese abondo de que O Brado perviva por moito tempo), pois amigas e amigos do Brado a seguir distinguindo a persoas e institucións para quen a normalización do noso idioma sexa prioritario especialmente para a nosa distinción como pobo, como país.
luns, 18 de novembro de 2013
Pavibellón ou a zunia galegófoba
Sucedeu en Baiona (Bayona?), na inauguración dun pavillón (pavibellón) municipal á que acudiron Feijóo e as autoridades municipais.
Vía Ramón Nicolás
venres, 15 de novembro de 2013
Se Justiça non me val?
por Xosé Luís Méndez Ferrín no Faro de Vigo:
Núñez Feixóo fixo, durante as eleccións, o imposíbel por succionar o voto dos contrarios á defensa e ilustración da nosa lingua maltratada. Unha vez dono da maioría absoluta, intentou contentar tamén os votantes conservadores algo galeguistas. Contratou, ao efecto, un experto sociolingüistica da Universidade de Vigo e aló cociñaron o Decreto chamado do Plurilingüismo. Nel aparéntase respectar o galego, pero retrocédese na súa protección a respecto da Lei de Normalización consensuada na Cámara.
A terceira póla
Como o Instituto da Lingua Galega (USC) organiza, coa colaboración do Consello da Cultura Galega e Instituto de Estudos de Literatura Tradicional da Universidade Nova de Lisboa, o simposio Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa, no que se analizarán a construción e as características da raia como fronteira, tamén lingüística, pareceume un bo momento para traer aquí estes documentais de Rubén Pardiñas do ano 2008, no quese fai referencia a ese illado val estremeño, o Val de Xálima, onde unha comunidade de 5000 habitantes mantén viva unha variedade de galego-portugués.
Etiquetas:
CCG,
Estremadura,
ILG,
portugués,
vídeo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






