Estes días fálase en medios literarios galegos da saída dun excelente poemario titulado A raíz da fenda. Xa no título do libro aparece o nome da súa autora como Berta “Dávila” e así figura citado en todos os medios que dan noticia do poemario. Neste caso interpretouse (supoño que desde algúns rexistradores civís), por prurito castelanista e castelanizante, que o apelido galego Davila (Da Vila), que levan 3600 persoas galegas por toda Galicia pero fundamentalmente concentradas en Vigo, A Pobra do Caramiñal e O Porriño, era un suposto castelán D’Ávila (De Ávila), e así, nunhas poucas ocasións voluntariamente e noutras moitas involutariamente, algúns Davila foron mesetarizados á forza en Dávila. E non me veñan dicindo que existen os dous, que hai Davila e tamén De Ávila, porque se existise un apelido castelán De Ávila o lóxico sería esperar que nas provincias de arredor de Ávila (Valladolid, Salamanca, Segovia…) este apelido estivese ben representado, pero non, para nada, apenas chegan en conxunto a un centenar de rexistros en toda Castela. Ou é que os “De Ávila” viñeron todiños para Galicia? Non, os actuais Dávila non son de Ávila, son galegos Davila con acento deformado por castelanización. Por iso non lles custaría nada ás persoas apelidadas erradamente Dávila tiraren este til estraño no Rexistro Civil e corrixiren a quen lles pronuncia mal o apelido. Por exemplo, a deputada do BNG Olalla Fernández Davila, a quen sistematicamente lle pronuncian (e lle escriben) Dávila no Congreso dos Deputados e nos medios de comunicación de Madrid, ben faría en enviar unha carta á mesa da cámara e aos medios madrileños reclamando que deixen de ser ignorantes, que respecten e que aprendan a ler.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
domingo, 29 de decembro de 2013
As deformacións acentuais dalgúns apelidos galegos (II)
por Xosé Henrique Costas, nas Voces de Prolingua:
martes, 24 de decembro de 2013
Get in line lipdub
Hai uns poucos días recibía este regalo do departamento de música do IES As Barxas. É unha fermosa peza musical de Ron Sexsmith transformada nun orixinal lipdub. Paréceme un bo momento para compartilo neste blogue.
domingo, 22 de decembro de 2013
Radio Colmeiro
Se non estivera presente cando despois dun recreo gravando saíran só con 10 segundos de emisión...se non os vise entrar unha en outra vez na aula na que editan os podcasts pensaría que este programa se montaría nun par de horas. Pero son moitos os pasos a dar. Compría buscar e traballar cun programa de edición, traballar usando una mesa de sonido, montar toda a aparataxe tecnolóxica, crear un guión, buscar material, música,...e poñerse a practicar.
Este é o seu primeiro programa, e faráseme moi longa a espera dos seguintes.
Denise Varela , Antía Buján e Irene Míguez son as presentadoras. Isidro Gil e Alberto Fariña son os técnicos de sonido. Todo un luxo ter estes alumnos.
A situación do galego na Administración de xustiza (III)
por Xosé Antón Laxe Martiñán, na terceira e última entrega (ver a 1ª e a 2ª) para as Voces de Prolingua:
Conclusións: idioma ou asumir a outredadeComo resumo do que se dixo ata aquí, a Administración de xustiza, como institución de exercicio do Poder, allea á cooficialidade, apoutou, mesmo a partir de 1981, no uso do castelán case exclusivamente nas súas actuacións e relacións co Pobo galego. É dicir, exerceuse un uso imperativo do castelán sobre o galego. A día de hoxe, tras trinta anos de Autonomía e teórica defensa do idioma propio de Galicia, a súa exclusión é un feito dramaticamente ancorado na normalidade. Esta situación evidencia o impensable: na Casa do Dereito concúlcanse principios fundamentais que alicerzan a nosa sociedade como fonte de dereitos e obrigas.
sábado, 21 de decembro de 2013
Os políticos e o galego
Hai quen se escandaliza porque os políticos non falan ben en inglés,
pero non pasa o mesmo co galego.
Entrando con esta cuestión os rapaces do IES Aquis Celenis son pillados polos membros do ENDL e responden de forma moi fresca, sen adubíos. Estas son as características principais da serie E ti que opinas?, por iso gusto moito delas. Parabéns.
Tirado de Aquisfala
venres, 20 de decembro de 2013
ÒcTele
Hoxe, 20 de decembro, ás 20:00, comenzará a emitir unha nova canle de televisión en liña. Trátase de ÒcTele, a primeira canle de televisión con toda a súa programación, de catro horas diarias, en occitano. Non será a única televisón destas características pois pretende seguir a estela doutra canle, Brezhoweb, lanzada polo mesmo promotor, e que realiza a súa emisión en bretón, outra das linguas minorizadas de Francia.
Se os defensores da cultura provenzal ou da bretoa tiveron que poñer en marcha esta televisión fóra das canles habituais é porque o centralismo estatal rouba dereitos e espazos as culturas alleadas do poder. Dase o caso de que os occitanos contribúen co seu traballo e impostos a un estado que actúa como a lepra. Esta música non nos é estraña, así que temos que tomar boa lección destes exemplos.
A TVG
Un espectador habitual da TVG pode comprobar como esta televisión vai por un carreiro nada recomendable. Os seus programas están inzados de intervencións en castelán e modelo medio de lingua que se emite está entrefebrado de castelanismos, promovéndose deste xeito unha deriva cara un dialecto híbrido, paso previo á asimilación. Outro aspecto fundamental e que fixa moitos prexuízos na cidadanía é a emisión da práctica totalidade dos anuncios en castelán. Así o habitual é que asociemos a actividade comercial e empresarial ao español.
Na cerna do sentido da existencia da TVG está a súa función normalizadora e identitaria. Necesitamos unha TVG galeguista e non un farrapo ao servizo de intereses foráneos pois canles baixo os principios do centralismo hainas a mancheas. Cómpre un pouco de sentidiño, e será fundamental unha televisión de noso para írmolo recuperando. Digo eu.
A situación do galego na Administración de xustiza (II)
Lexislación
A regulamentación do réxime lingüístico no ámbito xudicial establécese no artigo 231 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, cuxa redacción constitúe de facto unha clara minoración do principio de igualdade das dúas lingua cooficiais en Galicia e outorga unha evidente preferencia ao castelán respecto ao galego. Segundo este artigo, o galego é de uso simplemente potestativo polo funcionariado, mentres ninguén alegue indefensión. A indefensión é, por suposto, un defecto inalegable respecto do castelán.
Un forte acento galego
por Carme Adán no Sermos Galiza:
Hoxe quixera voar até un pequeno camiño que hai no lugar dos Muíños na parroquia de Vilanova en Lalín. Alí, subindo de Entre os regos cara o Castrelo, deixando a man dereita os Portalamas. Si os Portalamas. Onde se planta o cebolo e as leitugas. Onde viven as ras e as pitas-cegas. Onde os saltóns son grandes e gordos. Pois alí, xustamente a beira dos Portalamas camiña unha nena coa súa nai. Debe ter sete ou oito anos porque o seu irmán aínda é pequecho. De fronte ven unha señora vestida de negro cun pano na cabeza. Saúda a nai da nosa nena. Nai de brazos fortes e corazón duro que a emigración obrigou desde moi nova a traballar sen descanso limpando casa alleas.
A hora da estrela
por Isabel Rei, no Sermos Galiza:
Tudo no mundo começou com um sim. Uma molécula
disse sim a outra molécula e nasceu a vida.
A hora da estrela, Clarice Lispector (1977)
Quando em 1925 Cecília Payne demonstrou que as estrelas eram compostas principalmente de hidrogénio e que podiam ser classificadas segundo a sua temperatura absoluta, o coletivo de astrónomos deixou de pensar que a composição do Sol era semelhante à da Terra. Os cientistas aceitaram a proposta de Cecília, que mudou o sistema de classificação de estrelas, o único utilizado na atualidade.
xoves, 19 de decembro de 2013
A situación do galego na Administración de xustiza (I)
por Xosé Antón Laxe Martiñán, nas Voces de Prolingua:
Ninguén ignora que a Administración de xustiza foi sempre e segue a ser un dos ámbitos da nosa sociedade menos permeables e permisivos ao uso da lingua galega. Nos últimos anos a situación empeorou, sobre todo a causa da eliminación das escasas ferramentas coas que se contaba e que permitían, con moitas dificultades, facer parte do traballo en galego. Así ocorreu cos modelos neste idioma
mércores, 18 de decembro de 2013
Proxecto de toponimia de Silleda
Toponimia. Unha introdución con exemplos from As Ferreiras Silleda
Esta excelente presentación é a introdución que o profesor do meu centro, Xoán Carlos Porral usou para introducir ao alumnado algúns aspectos importantes da toponimia. Invito a facer un repaso pola presentación na que se ofrece o caso dun topónimo de Chantada: A Fonte dos Meniños como exemplo do valor dun topónimo como garante identitario e referente patrimonial, neste caso por medio dunha lenda.
A explicación ofrecida mediante esta presentación é un paso máis nun proxecto iniciado por Xoán Carlos hai dous anos, cando recompilaron e explicaron os nomes de todas as parroquias e aldeas do concello de Silleda. Agora o que se pretende é comenzar a recoller a chamada microtoponimia e para iso conta coa colaboración da profesora Celia Lamela. Xa se puxeron en contacto con varias asociacións culturais do concello para colaborar no proxecto. Ademais a arquitectura fundamental desta iniciativa está realizada pois cóntase con esta ficha de recollida de topónimos xunto cunha explicación de como utilizala. A isto hai que engadir varios outro documento no que se pode consultar a ficha cuberta con varios casos.
Todo un luxo para o ENDL do instituto.

Exame sobre o forte acento galego
por Xoán Costa no Sermos Galiza:
Non é novo o tema do acento á hora de intentar aclarar un feito delitivo.
Máis ben é reincidencia.
martes, 17 de decembro de 2013
Agasallo.eu et al
Atoparás propostas organizadas en nove categorías: Libros, Música, Audiovisual, Xogos, Tecnoloxía, Téxtil, Experiencias, Alimentación e Outros. Aínda así, non se trata dunha tenda on-line, xa que non podes mercar directamente os produtos desde esta plataforma.
Agasallo.eu é un portal de deseño moi atractivo e moi ben organizado. Nel recóllense e difúndense posibles regalos. Tamén é un espazo virtual desde o que acceder aos vendedores.
A (excelente) idea xurdiu do brain-storming da Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua ( CTNL )e está sendo xestionada por Abertal. Para a súa posta en marcha contou coa colaboración económica da Secretaría Xeral de Política Lingüística SXPL, que por unha vez, acerta... ou algo así. Pregúntome por que o organismo da Xunta que axuda á posta en marcha desta plataforma non é a Dirección Xeral de Comercio. Sospeito que as razóns son as mesmas que levaron ao goberno a excluir da Lei de Comercio Interior toda referencia á normalización nese ámbito.
A propia CTNL informábanos hai unhas poucas semanas de que os presupostos para a normalización volveran a reducirse este ano ata niveis escandalosos: hoxe dedícaselle á promoción da lingua menos da terceira parte do que se lle asignaba no ano 1993. Tendo en conta que os presupostos para a promoción da lingua son os máis baixos en décadas xurde indefectiblemente unha cuestión non menor: se a SXPL decide apoiar a posta en marcha desta plataforma, a que outro proxecto lle está retirando dotación orzamentaria?
Outras iniciativas
Xunto a esta gorentosa inicitiva non quero deixar de facer referncia a outras tres aportacións que nos poden axudar a informarnos sobre produtos dentro da órbita da sustentabilidade do galego.
Unha delas é o Catálogo de Nadal de Abertos ao Galego, outra é o listado de suxerencias que elaboraron os ENDL do Morrazo e que se recollen no web da CGENDL. A última referencia consiste nunha curiosísisma escolma de libros da literatura galega que recomenda o portal Disquecool. Pois se un dispón de algo de tempo, a mellor forma de empregalo seguramente é practicar o mergullo na boa lectura.

Etiquetas:
A Mesa,
CGENDL,
comercio,
cousas,
CTNL,
Disquecool,
Normalización,
SXPL,
web
luns, 16 de decembro de 2013
Karaoke Díaz Castro
Outra iniciativa máis do IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz): o alumnado do centro interpreta os poemas de Díaz Castro musicados pola profesora Sandra Tenreiro.
Vía Redescubrindo ao poeta Díaz Castro
De Pontevedra a Laponia con Sarmiento
por Mercedes Queixas Zas, no Sermos Galiza:
Non sei falar, senón como penso. Non sei escribir, senón como falo
Frei Martín Sarmiento
domingo, 15 de decembro de 2013
CEIP Frián de Teis: A lingua sabe a pan
Este vídeo, acompañado do seu correspondente traballo, non é máis que unha pequena parte do gorentoso proxecto que desenvolveron no CEP Frián de Teis.
O punto de partida do proxecto é a frase de Cunqueiro: "Unha lingua é boa cando sabe a pan, cando sabe a pan fresco."
Ao longo de todo o curso realizaron actividades de exposición oral e escrita nas que participou todo o alumnado do centro realizando un traballo de investigación en cada un dos cursos. Os temas tratados son:
- A historia dunha semente (educación infantil),
- Tipos de pan (1º de primaria), Os fornos (2º),
- As labouras dos cereais (3º),
- Os ríos (4º),
- Os hórreos (5º)
- Os muíños (6º)
Vía Prolingua
sábado, 14 de decembro de 2013
Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol
Con motivo da cuarta edición do Día da Ciencia en Galego, a Coordinadora Galega de ENDL organizou esta videoconferencia con Jorge Mira Perez. Doutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. A videoconferencia tivo lugar o 12 de novembro de 2013 e nela participaron máis de 5500 alumnos e alumnas de 89 centros educativos de toda Galicia. A Unidade Multimedia e TIC da USC fixo posíbel este multitudinario encontro a través da rede.
Máis información:
U-la Real Academia Galega?
por Xosé Henrique González Costas no Sermos Galiza:
O 20 de abril de 2013 houbo eleccións na RAG despois da demisión do anterior presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín. Nas eleccións, por unha diferenza mínima de votos, Xesús Alonso Montero foi elixido novo presidente da Academia. Ata esa data, a RAG do anterior presidente, a maiores do seu habitual e esperable labor de estudo e divulgación das nosas letras, sobranceara por dous feitos moi positivos:
A lingua na sanidade
por Pablo Vaamonde en Praza:
“As linguas son a primeira e máis importante das manifestacións culturais, e o seu exterminio é un atentado contra o patrimonio cultural da Humanidade. (..) Cada ano que pasa perdemos varias ducias de linguas. Este ritmo vertixinoso ten sido comparado á devastación ecolóxica: o ser humano é o principal axente da perda da diversidade biolóxica e cultural. Iso significa que as culturas e as linguas, como as especies en perigo de extinción, non morren: son asasinadas”.(Teresa Moure. Outro idioma é posible. Galaxia, 2005).
venres, 13 de decembro de 2013
Síndrome Rosalía
"Clementina é a primeira muller do mundo que sofre o Síndrome Rosalía", sobre esta base constrúese a curtametraxe gañadora da categoría "autora menor de 30 anos" no Certame Curtas para Rosalía 2011, organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
Un falso documental feito sen medios, cun ton solemnemente paródico, pero coa intención de reivindicala vixencia da obra de Rosalía de Castro no 125 aniversário do seu falecemento. Protagonizado por Clementina Formariz e dirixido e montado por Fátima Peón Torres.
Vía Botóns , onde se nos informa de que aínda estamos a tempo de enviar os nosos vídeos ao IV Certame "Curtas para Rosalía" organizado pola AS-PG
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)