Estes que van ler son apenas breves apuntamentos para unha realidade non inventada.
- Oye, niña, de que vas disfrazada?
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
mércores, 31 de decembro de 2014
De que vas disfrazada?
martes, 30 de decembro de 2014
128 millóns de horas menos en galego
O pasado domingo os meus fillos desfrutaron co excelente espectáculo María Fumaça, protagonizado pola cantante Uxía. A actuación estaba subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e por iso sáeme do máis profundo do peito un agradecenmento sincero a esta institución que nos ofrecu a oportunidade de pasalo ben durante unha horiña. Como dirían desde a propia Secretaría Xeral, os rapaces achegáronse ao galego no seu tempo de lecer grazas á exitosa programación da SXPL.
Despois de botar as súas contas a SXPL indica que durante este ano houbo un total de 26.000 rapaces que participaron da programación do FalaRedes. En definitiva 26.000 horas en galego para os cativos de toda Galicia. Entón eu tamén comencei a botar contas.
Cada un dos meus fillos estivo durante este ano unha hora atento a un dos eventos programados pola Rede de Dinamización Lingüística (RDL). Pola contra, cada un deles deixou de recibir unhas 10 horas de clase á semana en galego por mor do funesto decreto do plurilingüismo. Como houbo unhas 33 semanas de clase, cada un dos meus fillos ten un balance de 330 contra 1 horas de presenza do galego nas súas vidas en virtude do desenvolvemento da política lingüística do goberno da Xunta. Se teño en conta as horas de deberes e de estudo o balance sería aínda peor, algo así como 400 contra 1. E iso que os meus fillos asistiron a esa horiña de María Fumaça, senón, nen iso.
Botando man dos datos do curso pasado, e sen contabilizar as horas de estudo ou de deberes nin a exclusión da lingua galega padecida polo alumnado de infantil, o balance de fin de ano co que ten que cargar a SXPL, sería máis ou menos o seguinte. Houbo un total de 388.550 alumnos no réxime xeral de ensino (precisamente ao que se aplica do funesto decreto do plurilingüismo), que acudindo 33 semanas a clase cunha carga lectiva en galego de 10 horas menos por mor dese decreto, temos un total dunha redución de 128.221.500 horas participadas en galego con respecto á situación anterior ao 2010. Con isto diante dos fuciños aínda hai quen lle atribúe o descenso do número de falantes ao goberno bipartito.
Resumindo, por cada unha das 26.000 horas que a SXPL anuncia que nos ofrece en galego, substráenos 5.000 horas ao defender o funesto decreto do plurilingüismo. Eis o balance deste ano da política lingüística da Xunta.
Desde que comencei a botar contas teño algo que se me revolve no peito. Será porque as fago sempre en galego; non coma outros.
Despois de botar as súas contas a SXPL indica que durante este ano houbo un total de 26.000 rapaces que participaron da programación do FalaRedes. En definitiva 26.000 horas en galego para os cativos de toda Galicia. Entón eu tamén comencei a botar contas.
Cada un dos meus fillos estivo durante este ano unha hora atento a un dos eventos programados pola Rede de Dinamización Lingüística (RDL). Pola contra, cada un deles deixou de recibir unhas 10 horas de clase á semana en galego por mor do funesto decreto do plurilingüismo. Como houbo unhas 33 semanas de clase, cada un dos meus fillos ten un balance de 330 contra 1 horas de presenza do galego nas súas vidas en virtude do desenvolvemento da política lingüística do goberno da Xunta. Se teño en conta as horas de deberes e de estudo o balance sería aínda peor, algo así como 400 contra 1. E iso que os meus fillos asistiron a esa horiña de María Fumaça, senón, nen iso.
Botando man dos datos do curso pasado, e sen contabilizar as horas de estudo ou de deberes nin a exclusión da lingua galega padecida polo alumnado de infantil, o balance de fin de ano co que ten que cargar a SXPL, sería máis ou menos o seguinte. Houbo un total de 388.550 alumnos no réxime xeral de ensino (precisamente ao que se aplica do funesto decreto do plurilingüismo), que acudindo 33 semanas a clase cunha carga lectiva en galego de 10 horas menos por mor dese decreto, temos un total dunha redución de 128.221.500 horas participadas en galego con respecto á situación anterior ao 2010. Con isto diante dos fuciños aínda hai quen lle atribúe o descenso do número de falantes ao goberno bipartito.
Resumindo, por cada unha das 26.000 horas que a SXPL anuncia que nos ofrece en galego, substráenos 5.000 horas ao defender o funesto decreto do plurilingüismo. Eis o balance deste ano da política lingüística da Xunta.
Desde que comencei a botar contas teño algo que se me revolve no peito. Será porque as fago sempre en galego; non coma outros.
As familias do Presidente, ulas?
un artigo que cómpre ter moi en conta, por Mercedes Queixas nas Voces de Prolingua:
O Sr. Feijoo, en calidade de Presidente da Xunta de Galiza, resolveu, como corresponde á grave responsabilidade do seu cargo, a causa principal do abandono do uso do galego por parte do 75% das crianzas entre 5 e 14 anos.
Un novo pulo para a lingua
por Xoán Antón Pérez Lema, no Sermos Galiza:
Dicíamos a semana pasada que unha política lingüística eficaz habería apoiarse na complicidade social e mesmo ratificarse a medio dun referéndum ou consulta. Mais que é o que hai que mudar nesta nova política?
luns, 29 de decembro de 2014
Un paseo polo mapa de microtoponimia de Silleda
O maior proxecto do Equipo de Normalización do IES Pintor Colmeiro deste curso, é o Proxecto Antonio Fraguas. Baixo a dirección de Xoán Carlos García Porral e coa colaboración do profesorado do Departamento de Lingua Galega, vai medrando a relación de topónimos e lendas e que poden consultarse no mapa de arriba.
Fgo aquí unha invitación a dar un paseo polo mapa cunha relación de topónimos que me axudou a escoller Xoán Carlos. Como guía vai de seguido un percorrido por algúns dos centos de lugares que están xa referenciados.
Recomendamos premer na ampliación de pantalla do mapa e despois introducir o topónimo no buscador para ir directamente. Velaquí unha escolla de lugares para consultar:
Toponimia maior
Neste apartado podemos consultar información sobre a procedencia dos topónimos de todas as parroquias do concello de Silleda.
Siador: O nome da parroquia vénlle dado polo dunha aldea da mesma, que foi posuída inicialmente por un home chamado Senator -oris.
LENDA: O milagre da Virxe de Siador (Siador, Lara Diéguez Troitiño): Na aldea de Siador existe unha imaxe da Virxe da Saleta. A súa festividade celébrase o 19 de setembro. No pobo do Marco hai unha caixa para botar esmola para a xente que pasa. Un mozo de 26 anos tiña necesidade de marchar para gañarse a vida, e non tiña cartos para a viaxe, Pediullos a uns compañeiros e dixéronlle que non tiñan. Viuse tan apurado que recordou algo: pensou en ir roubalos a caixa da Virxe da Saleta. Despois das doce da noite, cando toda a xente estaba durmindo, foinos roubar. Ninguén sabe a cantidade. Marchouse para a viaxe con eses cartos. Despois de dous anos o mozo volveu, e despois das 12 da noite foinos devolver. Botou as súas contas para deixarlle os réditos que lle pertencían segundo o que antes lle collera. Meteu os cartos e cerrou a caixa, e cando quixo marchar non se deu movido, e pensando un pouco dixo: “ Metinlle poucos cartos polos réditos que tiña que pagar”, e meteulle máis; cerrou a caixa e tampouco se puido mover. Entón volveu pensar e meteulle os cartos xustos que roubara e volveu cerrar a caixa e empezou a andar ata lonxe. A Virxe no quería réditos…
Augas
Fontes, lagoas, ríos, regatos, pozos, lavadoiros,... Seguramente o lugar máis máxico sexa a coñecida Lagoa Sacra. O curso pasado xa se realizara un vídeo sobre esta paraxe que non se pode deixar sen ver. Dentro do proxecto final esperamos engadir moitos outros vídeos recollendo o patrimonio inmaterial.Lagoa Sacra [buscar: Brañas de Xestoso]: Dise que antigamente recollíanse destas brañas plantas medicinais que servían para curar persoas con algunhas enfermidades. Foron declaradas zona protexida. Están asulagados de auga. Forman parte da Rede Natura 2000. Nelas atópase a coñecida Lagoa Sacra, un embolsamento de auga que se produce en épocas de inverno e chuvia por mor das capas freáticas da terra. Conta a lenda que na Lagoa Sacra apareceron enterrados numerosos cadáveres. Estes eran de xente que participara nunha gran loita. Debido a isto só hai herba e pedras, sen árbore, para non profanar os mortos.
Penedos

Pendos, rochar, árbores... soen ser elementos cargados de simboloxía e, polo tanto, dun nome referente dunha taradición ou dunha lenda explicativa e valorativa dese topónimo.
Polo territorio adiante hai ben de pedras asociadas a contos e tradicións, como por exemplo o caso da Peneda de Santa Isabel, na parroquia de Escuadro.
Cova dos Mouros (Oleiros): Na zona norte do Castro Montaz existe unha cova na que segundo a tradición se agochaban os mouros habitantes dos castros. Hai décadas, cando os veciños ían co gando para o Castro, resgardábanse das inclemencias nesta cova.
Camiños
Os nomes dos camiños, das congostras, dos carreiros van servirnos para ampliar os topónimos relacionados coas aldeas. Algúns deles tamén terán lendas e tradicións que nos informarán do seu significado.
O Camiño da Feira (Ponte): Con este nome coñecíase a ruta comercial (e tamén relixiosa) que unía as terras do Corpiño e as de Sillleda ao seu paso por Ponte. Unha das historias que aínda se recordan en relación con este camino, relata o caso que aconteceu cun boi vendido na feira de Silleda. O animal fora criado por un veciño de Ponte e, ao alcanzar unha certa idade, decidiu vendelo. Os seus compradores foron uns tratantes arzuáns, que tiñan que pasar por Ponte para continuar cara a súa terra. O animal, criado nos montes que atravesaba o Camiño, emprendeu a fuga monte arriba sen que os homes fosen quen de termar del, aínda que finalmente foron quen de atrapalo. Pasada unha tempada, cando viron de novo ao home que llelo vendera, preguntáronlle se era de preto do lugar onde acontecera a fuga do boi, pero o home non lles contestou ao caso. Dise que desde entón, os comerciantes de gando procuraban non mercar animais que puidesen coñecer esta zona de Ponte, para evitar novos incidentes.
Terras
Neste apartado contabilizamos o maior número de topónimos recollidos. Prados, leiras, montes, agros,... aportan unha gran riqueza toponímica e lendaria. Aquí é onde o alumnado das aldeas terá un maior protagonismo xa que o porvir dunha familia agro-gandeira, ao ter unha relación directa co territorio, facilita a recompilación deses topónimos. Consideramos de gran importancia esta recollida pois as parcelarias están levando ao esquencemento dos nomes destes espazos.Toxal da Malata: Chámanlle así porque alí viviu unha muller enferma de lepra e antigamente aos enfermos de lepra chamábanlles malatos.
Nós, oportunistas do galego
por Iolanda Gomis Parada, no Sermos Galiza:
Se existise algún tipo de comercio coa lingua en sentido positivo debería ser un comercio da promoción cultural, da nosa proxección no mundo a través do idioma, do negocio da aprendizaxe de linguas internacionais entre as que podería figurar a nosa,... Pero non, dá a casualidade de que neste país somos pouco avispados para iso e preferimos usar o galego para alimentar as batallas políticas ficticias sobre os moi defensores do galego, os medio e os nada.
Os nada defensores, como en teoría non teñen paixón e só manexan a obxectividade, pois son os que mellor actúan sempre, por suposto. É deste xeito como a Xunta do PP, disque, gañou certa autenticidade en canto a normalización do idioma galego. Pero parece ser que gañou autenticidade porque outros a perderon. Si xusto o que estades pensando: todos menos o partido popular. Parece ser que os ecritores, os editores, as institucións, os que o usan o galego como reivindicacación excluínte ritulizáronse. E din tamén que existe unha élite da normalización que tamén está ritualizada.
domingo, 28 de decembro de 2014
Non hai Nadal para o profesorado Celga
carta de Xoana Castro Rodríguez en La Región:
O profesorado Celga e mais de linguaxes específicas (administrativa e xurídica) vai pasar o peor Nadal que recorda.
mércores, 24 de decembro de 2014
A Noitiña de Nadal
Moito me prestou escoitar esta panxoliña, un máis dos centos de elos que engastallan desde o ENDL do CEP Sequelo (Marín).
Esta gravación aprovétiase xa dun traballo de tres anos cos nenos nos Cantos de Reis. Para que a cousa lles quedara tan ben tiveron a axuda de Guillerme de Quempallou (recolleitador de cantos), Xandre da A.C. Trepia (zanfoneiro), á Quenlla (mestres en parte da letra) e aos pais "que se buscaron a vida para atoparnos os trebellos necesarios para facer unha gravación de calidade"
martes, 23 de decembro de 2014
Silledagasalla. Por un comercio que axude a transmitir os afectos en galego.
Na iniciativa silledagasalla do ENDL do IES Pintor Colmeiro e a Concellería de Normalización Lingüística en colaboración co colectivo ECOS e os Equipos de Normalización dos centros educativos do concello houbo unha gran participación. Presentáronse máis de 400 lemas e máis de 200 debuxos, realizados polo alumnado dos centros educativos de Sillleda(CEIP Bandeira, CEIP Silleda,
IES Pintor Colmeiro e o C. P. María Inmaculada).
O proxecto desenvolveuse en varias fases. En primeiro lugar en cada centro escolar o ENDL convocou un concurso de lemas e outro de debuxos. Houbo exposicións dos traballos elaborados nos centros e unha selección dos que máis gustaron. No centro escolar premiamos os traballos máis engaiolantes.
Desde o pasado día 17 o Concello expuxo na Casa da Xuventude o debuxos realizados.
Como resultado dos concursos de lemas elixíronse 30 deles para a confección de pegatinas. Con esta escolla o Concello un total de 1.000 exemplares para colocar nos regalos de Nadal que utilizarán os comercios asociados de ECOS.
Un proxecto de moitos para todos
Este proxecto colaborativo no que participan 6 entidades diferentes ten o obxectivo de de concienciar ao comercio e á cidadanía da importancia de asociar a valores positivos o uso da lingua galega e poñer en evidencia a restricción de espazos que sofre o galego xa que o usual é que as pegatinas dos agasallos veñan todas en castelán.
Por fin este nadal en Silleda podes agasallar aos teus seres queridos na vosa lingua, así o regalo multiplica o seu valor pois preséntase na lingua de noso. O noso mellor agasallo na lingua que máis queremos.
IES Pintor Colmeiro e o C. P. María Inmaculada).
O proxecto desenvolveuse en varias fases. En primeiro lugar en cada centro escolar o ENDL convocou un concurso de lemas e outro de debuxos. Houbo exposicións dos traballos elaborados nos centros e unha selección dos que máis gustaron. No centro escolar premiamos os traballos máis engaiolantes.
Desde o pasado día 17 o Concello expuxo na Casa da Xuventude o debuxos realizados.
Como resultado dos concursos de lemas elixíronse 30 deles para a confección de pegatinas. Con esta escolla o Concello un total de 1.000 exemplares para colocar nos regalos de Nadal que utilizarán os comercios asociados de ECOS.
Un proxecto de moitos para todos
Este proxecto colaborativo no que participan 6 entidades diferentes ten o obxectivo de de concienciar ao comercio e á cidadanía da importancia de asociar a valores positivos o uso da lingua galega e poñer en evidencia a restricción de espazos que sofre o galego xa que o usual é que as pegatinas dos agasallos veñan todas en castelán.
Por fin este nadal en Silleda podes agasallar aos teus seres queridos na vosa lingua, así o regalo multiplica o seu valor pois preséntase na lingua de noso. O noso mellor agasallo na lingua que máis queremos.
Discurso na entrega de premios do Certame de Investigación “Condado de Pallares"
nova entrega para as Voces de Prolingua, desta volta da man de Carlos Baliñas Pérez:
Á hora de propor para a concesión do premio o traballo presentado por José Ángel Santos Núñez, os membros do xurado valoramos especialmente a visión interdisciplinar que o autor, dende a súa formación como arquitecto, ofrecía da historia construtiva do mosteiro de Ferreira de Pallares, combinando a interpretación técnica coa ollada histórica, artística e etnográfica, ofrecendo novas visións dunha das grandes pezas do patrimonio da nosa comarca e imaxe emblemática da asociación convocante do certame. Do arquitectónico ó etnográfico, do material ó espiritual, do edificio monástico á ferreira que deu o seu nome á parroquia e ó monumento, este traballo, cando sexa publicado, coas suxestións que apuntamos, ofertará novas visións dunha vedraña gloria do antigo Condado de Pallares.
luns, 22 de decembro de 2014
Ramón Valenzuela, olladas de esperanza
O documental “Ramón de Valenzuela. As olladas da esperanza” foi realizado pola produtora Acuarela Comunicación coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación. Presentouse o pasado xoves 18 de decembro na biblioteca do Centro Sociocultural Vista Alegre da Bandeira nun acto no que participaron membros do goberno galego.
O pasado 3 de outubro celebrouse nese mesmo lugar a conmemoración do cententario do nacemento de Ramón Valenzuela.
Con guión de Xan Leira e baixo a súa dirección, o documental achégase á complicada traxectoria vital do silledense, ao seu activismo cultural e político e mais á súa produción literaria a través do testemuño de estudosos da súa obra e de persoas que o coñeceron, como a súa muller, María Victoria Villaverde, ou o escritor Xosé Neira Vilas.
Un referéndum para a lingua
por Xoán Antón Pérez Lema, no Sermos Galiza:
Se matinamos nos dados que se reflicten na última enquisa do Instituto Galego de Estatística sobre usos lingüísticos é moi difícil manter esa actitude optimista que para algúns constitúe parte da nosa natureza. A redución no uso do galego entre 2008 e 2014 foi parella á desindustrialización e empobrecemento deste país nestes case seis anos de goberno Feijóo. Mais todos os anteriores Gobernos teñen parte de culpa. Porque, miren vostedes, manter a lingua propia no seo dun Estado que vive en castelán e promove por terra, mar e aire a lingua oficial española é case imposíbel sen unha potente política normalizadora coordinada dende o Goberno autonómico, partillada polos Gobernos locais e alicerzada na complicidade social.
Morramos como galegos
por Lourenzo Fernández Prieto, en La Voz de Galicia:
Doulle a volta a ese slogan que nos enche de orgullo porque lembra o ben que comemos, o moito que disfrutamos da vida e a nosa capacidade de cooperar. Será certo ou non, pero gústanos de raio vernos tal como nos presenta esa publicidade que amosa o enorme poder da comunicación cando logra identificar un colectivo -neste caso o dos galegos e galegas- e empatizar con el. Pero non se trata de darlle a volta ao anuncio para tratar dos ritos funerarios da tribo, nin da esmorecente demografía. Morramos como galegos refírese a unha parte importante -cada quen decidirá canto- do que somos que se vai indo. Á lingua que aprendemos dos nosos pais e que, segundo certifican as estatísticas, falamos xa menos do 50 %.
A culpa é do galego, por existir
por Pilar García Negro en La Voz de Galicia:
A intensificación de falsías de groso calibre verbo da lingua galega está chegando a limites dificilmente superábeis. A realidade empírica xa é dato abondo alarmante do retroceso de uso do galego, por un proceso de españolización elefantiásico que non ten nada de natural e si ten todo de imposto á mantenta, por mil vías e coa servil cumplicidade das autoridades galegas que deberan defendelo, e que existen, entre outras realidades específicas, mesmamente porque existe a lingua galega. Os números facilitados polo Instituto Galego de Estatística obrigaron a gobernantes, representantes institucionais e opinantes varios a se pronunciaren ao respeito. Facer comentario de texto destas declaracións sobardaría o espazo deste artigo e tampouco tería máis valor que o de constatar como o tema do galego sobra, isto é, como o desexábel é que non se turbe a pax romana, ou sexa, a que garante a hexemonía omnímoda do español e a que coloca o galego na crítica situación de sobrevivencia apurada na súa terra e na súa sociedade, nunha perenne carreira de obstáculos para poder ser usado con normalidade, a normalidade que non se discute nunca para o idioma oficial do Estado.
Parábola da maratón
poor Víctor F. Freixanes, en La Voz de Galicia:
Imaxinemos unha carreira de fondo. Dous corredores. As mesmas regras, as mesmas condicións climáticas para os dous, o mesmo día e a mesma hora de competición, o mesmo itinerario? Pero un deles leva anos de práctica, dotacións de todo tipo: os mellores adestradores, a mellor alimentación, especialistas médicos, instalacións deportivas, máquinas de musculación, bolsas de financiamento? Por non falar da tradición familiar: séculos de exercicio competindo. O outro acaba de chegar. Non trae nada consigo máis ca moitos azos, a memoria dos seus, bastante fame atrasada e a experiencia de alancar polas veigas e as pistas de macadán (os vellos dicían «matacán»). Pero levan os dous as mesmas zapatillas e a mesma roupa. Déronlles ben de comer, mesmo ao segundo algunhas vitaminas complementarias para a ocasión; póñennos na pista, un ao carón do outro, e o presidente ou árbitro, antes de empezar, advirte que as regras son iguais para todos. Corenta e dous quilómetros. Unha maratón.
domingo, 21 de decembro de 2014
Nao: Martín Codax
O grupo estradense Nao vén de recibir o premio Martín Códax da Música na categoría de metal. Parabéns.
Todo un gusto escoitarlle cousas como esta versión de Vampiros do mestre José Afonso
Etiquetas:
Martín Códax,
música,
Nao,
premio,
vídeo
Lingüicidas e lengoretas
por Alfonso Eiré, en El Correo Gallego:
"ESTÁN impoñendo o galego". Alberto Núñez Feixoo. Xoves, 9 de outubro do ano 2008. Propoño que coloquen unha placa ben grande con esta lenda na Praza do Obradoiro. Supoño que a idea acadará unanimidade entre as forzas políticas. Uns, satisfeitos de que quede constancia do nacemento da medida de máis éxito mentres gobernaron este país, a da substitución do galego polo español. Outros, para constatar cando comezou o devalar do noso idioma.
Xeitos de roubar (I)
por Marica Campo en El Progreso:
A CONCIENCIA ética comeza a construírse sobre todo na familia e a unha idade temperá. Os anos vannos afirmando nela, modificándonola, ou aconsellándonos tirala pola ventá nalgún caso; mais, se algunha vez a tivemos, sempre seguirá aí, aínda que resoe coma o canto dun grilo na distancia.
sábado, 20 de decembro de 2014
Tempo de nadal
O alumnado de debuxo artístico do IES As Barxas (Moaña) dirixido por Luz Beloso puxo en pé esta perla inspirada na obra de Castelao.
Vía CGENDL
venres, 19 de decembro de 2014
Virxinia Pereira recuperada por Olimpio Arca
Olimpio Arca tamén relata as circunstancias que levaron ao falecemento de Virxinia, un 23 de decembro de hai 45 anos. Por esta razón, no 45 aniversario desta morte a Asociación Cultural “Vagalumes”, propúxose lembrar á compañeira de Castelao coa que compartiu as vicisitudes e os ideais da súa vida. Este achegamento vaise facer sobre a rocha firme do traballo de Olimpio Arca Caldas.
O vindeiro 23 de decembro ás 20:30 horas, na sala Varela Buxán do Teatro Principal da Estrada, tendo como protagonistas a Maca Arca (mestra e filla de Olimpio Arca) e a Noni Araúxo (mestra e persoa que tratou persoalmente a Virxinia Pereira), celebraremos unha homenaxe ao polígrafo que nos vén de deixar recentemente e ao cal o noso concello en particular e toda en Galiza en xeral está en débeda polo labor de restauración da nosa historia, anovamento pedagóxico e defensa da nosa lingua.
Olimpio Arca destapou a biografía silenciada de mulleres como Virxinia que completan a nosa historia e sen as cales quedaría parcial e fragmentada a comprensión do noso pasado.
Presentarase neste acto a publicación dixital dunhas seccións da páxina Tabeirós-Montes dedicadas a Virxinia aos traballos de Olimpio Arca que irán progresivamente difundíndose a través da web.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






