Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
luns, 30 de novembro de 2015
"Memorias dun neno labrego" Entrevista a Xosé Neira Vilas
No Diario Cultural da Radio Galega montaron un monográfico de urxencia que pon en evidencia a necesidade de medios de comunicación públicos que ofrezan programas de calidade. A TVG estivo espilida creando unha canle temática sobre Neira Vilas ao pouco de enterármonos do seu facecemento. Pero non todo son parabéns. Desafortunadamente os contidos desta canle non están á altura da figura do escritor falecido. Non vemos máis que as novas dos últimos días e algunha que outra aparición de Neira Vilas nos informativos por cuestións realmente prescindibles. Porén, programas monográficos adicados á súa obra ou a unha biografía reveladora da opresión e o exilio sofrido pola lingua e a cultura galegas, ulos? Nos últimos 21 anos, os que pasaron desde a súa volta desde Cuba, tivo que haber unha boa mostra de programas e entrevistas centrados no autor do gran best seller galego. Non entendo a razón de que nesa canle no recolleran, por exemplo, este capítulo do programa Galegos.
Ao consultarmos o portal da Fundación Neira Vilas, o panorama non pode ser máis pesimista. Pregúntome en que mans está xa que a impresión é de completo abandono: nin tan siquera ten habilidada unha mínima biografía do escritor.
Mágoa que para facermos referencia a un audiovisual de calidade centrado en Neira Vilas, nun recurso que poida ser utilizado nas aulas, teñamos que botar man dun vídeo dunha entrevista realizada sen máis infraestrutura que unha cámara de vídeo e un editor de vídeo baixado da rede. O peso da entrevista, realizada no 2011, é obra der Marga do Val e a realización Xoán Carlos Garrido. Paga a pena velo. Ademais está cheo de momentos moi aproveitables nas aulas de lingua e literatura galega.
Tres contactos con Neira Vilas e a néboa
por Xosé Antón Laxe Martiñán, nas Voces de ProLingua:
Era verán na casa de Curros, Celanova, e nos nosos corazóns. Alí estaba tamén Neira Vilas, saudando a itinerancia da exposición Nazón de Breogán, como un farrapo máis da néboa da nosa historia. Falamos, comenteille que xuntaba exemplares de Memorias dun neno labrego en todos os idiomas nos que foi editado e que xa tiña uns poucos. Asinoume o exemplar que levaba nas maos. E cada un perdeuse entre as sombras do país. Eu máis feliz.
A semente prendeu, amigo Neira Vilas
Comunicado de ProLingua ante a morte de Xosé Neira Vilas:
A pasada noite fóisenos o amigo e admirado Xosé Neira Vilas. Bo e xeneroso, dos imprescindíbeis. Agora alá onde estea compartirá mesa e cadeira con Rosalía, Otero Pedrayo ou Castelao. Xa forma parte da tradición. Dos que ergueron un país desde a distancia cando aquí só había medo e morte, dos que puxeron Galicia ás costas e construíron, con orgullo, unha lingua de futuro, e unha terra na que vivir con dignidade.
sábado, 28 de novembro de 2015
"A todos os nenos que falan galego"
"A todos os nenos que falan galego", ésta é a dedicatoria de Memorias dun neno labrego, unha dedicatoria que nos amosa o compromiso que Neira Vilas tivo coa lingua, e que mantivo ata o día de onte. O mellor era que cada vez que acudía a un centro escolar, facía explícito ese compromiso e chuzaba á rapazada a implicarse coa lingua.
Esta foto, tomada na visita que Neira Vilas fixera ao IES Pintor Colmeiro, explica gráficamente cal foi o seu labor e a súa obsesión: a de ser un transmisor do amor á nosa lingua.
Recollo algunha das frases daquela ocasión:
Especialmente revelador é este maxisterio nos días nos que A Mesa nos informa que os colexios de infantil teñen máis materiais en inglés que en galego. Hai cinco anos este estudo da Mesa parecería de ciencia ficción, por iso, conviña non podemos tomar a risa a posibilidade que nun futuro próximo vexamos como nos andeis das bibliotecas escolares se substitúe o best seller galego por Memoirs of a peasant boy
Palabras de Neira Vilas, para Neira Vilas
Non se me ocorren mellores palabras no pasamento de Neira Vilas que as que el mesmo lle adicou a Díaz Pardo polo seu falecemento:
Esta foto, tomada na visita que Neira Vilas fixera ao IES Pintor Colmeiro, explica gráficamente cal foi o seu labor e a súa obsesión: a de ser un transmisor do amor á nosa lingua.
Recollo algunha das frases daquela ocasión:
"temos lingua propia. Mirade vós, os norteamericanos, sendo tan importantes, non teñen unha lingua propia. Falan unha lingua traída doutro lugar, de Inglaterra"
"O galego é o idioma, fillo do latín, máis importante do mundo, xunto co castelán. Fálano millóns de persoas, En Mozambique, Angola, Portugal, Brasil...".
"no Brasil, que ten unha extensión que é 3 veces a de Europa falan galego"
"Cándido Pazó levou por todas partes unha obra de teatro sobre o meu libro, as Memorias das memorias dun neno labrego e foi a Brasil. El intentou facer a obra en brasileiro e alí dixéronlle que non, que o fixera en galego. que se lle entendía perfectamente"
"Eu escríbome con xente de Cuba, da Arxentina, de Bulgaria, mesmo do Xapón ou da China. Con todos o fago en galego. E despois hai algunha xentiña por aquí que non quer usalo e que di que lle é difícil [...]. Tamén manteño correspondencia con filólogos de Suecia, Noruega, de centroeuropa, interesados no galego. Se hai xente de tan lonxe que estuda o galego por algo será."
"Memorias dun neno labrego foi traducido a 16 idiomas. Cando se poñían en contacto conmigo para tratar sobre as condicións da edición eu só lles pedía unha cousa: que incluíran un texto presentando a obra o no que se indicara que foi escrita en galego, unha lingua do suroeste atlántico europeo"
"O castelán era a lingua do colexio e isto xenerou moitos prexuízos"
Especialmente revelador é este maxisterio nos días nos que A Mesa nos informa que os colexios de infantil teñen máis materiais en inglés que en galego. Hai cinco anos este estudo da Mesa parecería de ciencia ficción, por iso, conviña non podemos tomar a risa a posibilidade que nun futuro próximo vexamos como nos andeis das bibliotecas escolares se substitúe o best seller galego por Memoirs of a peasant boy
Palabras de Neira Vilas, para Neira Vilas
Non se me ocorren mellores palabras no pasamento de Neira Vilas que as que el mesmo lle adicou a Díaz Pardo polo seu falecemento:
Aquí estamos os que amamos a Galicia, que levamos dentro este fondo sentimento de patria, de raíz e destino, ó tempo que nos achegamos a outras patrias e somos tolerantes e solidarios con outros pobos. Así eras ti e así nos ensinaches a ser e a sentir. Tés máis discípulos dos que coidabas ter e moitos seguidores dos que nunca soubeches.
Aquí estamos os que pensamos que a morte non é tal no teu caso, porque vivirás para sempore en nós, nos nosos corazóns e na nosa lembranza. Vivirás porque tal foi a túa enteireza ó longo da existencia que te sobrepuxeches a contratempos, reveses, traicións, paus e pedras que che facían dicir que “cando aparecen os egoísmos o ser humano pervírtese”. Moitos de nós escoitámosche esa frase chea de verdade.
Aquí estamos os que tratamos de seguir o teu exemplo, ese herdo que nos deixaches de conduta, de ética, de humildade, de servizo ó teu país, de compromiso e xenerosidade. Procuraremos imitarte, procuraremos seguirte, modelo para sempre, paradigma anticipado do home que terá de vir, do home, do ser humano do futuro. A túa creatividade, a túa intelixencia excepcional, a túa inimitable capacidade de traballo sempre foron para todos nós un rumbo, un norte, pero moito máis por iren acompañadas de grandes virtudes e da calidade humana que había en ti.
Os que aquí estamos, e moitos máis que non puideron estar, continuaremos a túa obra, e se eso, polas súas dimensións, non fose posible, seguiremos cando menos o teu comportamento modélico, a túa filosofía da existencia.
Aspiramos a que os máis novos, nenas e nenos, adolescentes e xoves de hoxe sexan coma ti.
venres, 27 de novembro de 2015
Recordando a Olimpio
Este pasado xoves 25 a Asociación Cultural Vagalumes rendeu unha homenaxe a Olimpio Arca Caldas no cemiterio da Estradan recordando o aniversario do seu pasamento. O acto foi dirixido por David Otero, quen lle adicou un poema. Tamén interviñeron o seu compañeiro Tino Regueira e o escritor Xosé Luna Sanmartín. Foi un acto sinxelo no que estiveron presentes familiares e moitos daqueles que pensamos que o seu maxisterio ten a suficiente importancia para darlle continuidade. O interese de Olimpio Arca pola lingua e a cultura galegas foi sempre xeneroso e desinteresado. Sempre tivo o ánimo disposto á colaboración con entidades como a Asociación Cultural Vagalumes. Por esta razón Vagalumes tamén fixo unha solicitude no Concello para a posta en funcionamento dun certame de teatro infantil, labor moi destacado na actividade profesional e cultural realizada por Olimpio Arca.Finalmente hoxe, no Museo do Moble da Estrada, ás 20:30, desenvolverase unha mesa redonda sobre outra das preocupacións do mestre Olimpio: o patrimonio da comarca. O seu inmenso traballo na nosa comarca fixo posíbel a recuperación e estudo das nosas tradicións, da nosa riqueza arqueolóxica, da historia local, etc.
Intervirán neste acto Carme Sánchez Aríns, Xosé Fuentes Alende, Heitor Picallo e Xosé Manuel Nogueira, que tocarán as diversas dimensións do traballo desenvolto por Olimpio Arca neste ámbito así como a avaliación da situación actual do patrimonio na nosa comarca e o debate sobre as proposta de actuación.
xoves, 26 de novembro de 2015
Maltrato da lingua galega no Día contra a Violencia de Xénero
![]() |
| Non é coña, isto é o que veremos estes días no perfil de twitter da Secretaría Xeral de Igualdade |
Finalmente temos casos máis subtís, pero tamén casos de desleixo, ou se se prefire, de desprezo da lingua en campañas da Xunta. Velaí @pulpodelonja, a conta oficial da promoción do Polbo de lonxa, co galego sempre secundarizado, cando non excluído. Temos tamén o caso do incorrecto lema Cómete o mar, ou aqueloutro anuncio contra os incendios no que se declamaba iso de: "preparados, apunten,..., *fuego". Desgraciadamente hai exemplos para todo, incluso para promocións da lingua galega, feitas pola Xunta, e anunciadas en castelán.
![]() |
| Fotograma da campaña da Secretaría Xeral de Igualdade |
Este ano a Secretaría Xeral de Igualdade non traballou nada a xornada do 25-N. Recolleron a campaña do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais ... e Igualdade e difundiron o mesmo vídeo coa voz en off de Pepe Domingo Castaño e Julia Otero. En primeiro lugar, o vídeo contén varias mensaxes escritas, sen verisón en galego. En segundo lugar, a escolla destes dous periodistas é tamén unha escolla de alleamento xa que os dous traballan en medios madrileños e, polo tanto non se El larguero e Carrusel Deportivo, nos que o padronés bruaba anunciado puritos Rey o espléndido "Garvey" ou "Soberano es cosa de hombres",
![]() |
| Fotograma do vídeo do IES Laxeiro |
Por todo iso prefiro, sen dúbida ningunha, traballos como os seguintes. Do primeiro saquei este fotograma, máis que nada, para confrontar co da Secretaría Xeral de Igualdade. Se alguén queda mal con esta comparación é porque o merece. Trátase do vídeo que nos chega do IES Laxeiro (Lalín) vía Trafegando Ronseis, cunha longa tradición na celebración do 25-N:
O seguinte vén de Londres, do IES Cañada Blanch, onde demostraron ser bos alumnos de Carlos Blanco:
E o derradeiro, unha curta do IES Poeta Añón (Outes):
Etiquetas:
Anormalización,
campañas,
cousas,
muller,
publicidade,
vídeos,
Xunta
mércores, 25 de novembro de 2015
A toponimia do Alcampo
Vigo non é un concello menor, representa un 10,73% da poboación galega. Aínda que só fose únicamente por esta razón debería preocuparnos, e non pouco, que o alcalde da cidade nunca se exprese públicamente en galego.
Xurxo Martínez dábanos un sinal de alerta nesta mesma semana contándonos a redución drástica que se está a operar no SNL do Concello de Vigo.Non é que na sociedade viguesa non exista preocupación e interese pola cuestión. Neste último mes reactivábase o blogue do proxecto Toponimia de Vigo no que, entre outras entradas se denunciaba o disparate da oficialidade do topónimo *O Rocío fronte a un ben argumentado O Resío. Chegoume a notificación desta última nova grazas a Xosé Henrique Costas. Isto fixo que a Suso Acevedo se lle activara a memoria e recordara o que finalmente acabei traendo aquí a este post. O que lembraba o de Ribadeo era un vídeo no que Iván Sestay, un dos colaboradores do proxecto Toponimia de Vigo, entraba no Alcampo de Coia e explicaba os topónimos que quedaron enterrados polo local comercial. Así, baixo a froitería estaba o lugar da Dona, onde antes estaba O Chamorro agora acoden os vigueses a comprar conxelados, e tirando para a zona das caixas estaba O Panasco.
O achádego deste vídeo volve a demostrarme a excelente calidade e o acerto daquel programa dirixido por Ferro Ruibal. Mágoa que fiquen gardados esquecidos nos arquivos e que na TVG ninguén quixera recuperar este espazo. Nesta ocasión facíase un chamamento a que os concellos non destruísen os nomes dos lugares e que tivesen moi en conta a nosa riqueza toponímica cando se trata de abir novos espazos nas vilas e cidades. Destruir a toponimia é un agravio á lingua e á nosa identidade.
Comunicado público da AELG de apoio ao manifesto Queremos galego na administración local de Cee
Comunicado da AELG sobre o caso da agresión á lingua galega no concello de Cee:
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega declara publicamente o seu apoio ao manifesto Queremos galego na administración local de Cee e fai un chamamento a usar, apoiar e impulsar a nosa lingua propia, lingua en que se expresaron as e os poetas do noso país, algúns deles fillos desa comarca de Fisterra.
MANIFESTO QUEREMOS GALEGO NA ADMINISTRACIÓN LOCAL DE CEE
A Mesa está promovendo a sinatura deste manifesto polo galego no Concello de Cee:
Gonzalo López Abente, sobranceiro escritor e académico muxián, traballador da banca «depurado» polos franquistas polo seu galeguismo, foi quen de reivindicar a defensa do uso da nosa lingua aínda en pleno vigor do réxime, cando o 27 de xullo do 1941 pronuncia en galego o seu discurso de entrada como membro numerario na Real Academia Galega (RAG) no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, co título A Terra e a poesía de Eduardo Pondal. Nun dos seus parágrafos sobre o uso da nosa lingua afirma:
martes, 24 de novembro de 2015
Vigo, en galego!
por Xurxo Martínez González, no Praza:
As actividades recollidas no programa Vigo, en galego, organizadas polo Servizo de Normalización, teñen atopado unha boa recepción entre a sociedade viguesa. Neste mesmo verán, os contacontos que se organizaron en barrios como Navia ou O Calvario contaron coa asistencia de cativos e cativas desexosas de escoitar relatos fantásticos e observar a xestualidade do teatro. Unha forma de familiarizar as crianzas cun idioma de seu pero pouco escoitado na casa ou na escola, e cada vez menos escoitado nos avós e avoas, vetustos redutos da fala nosa.
sábado, 21 de novembro de 2015
O portal dos apelidos galegos
Grazas a unha entrada do blogue Normarín, do ENDL do Colexio San Narciso (Marín) souben deste recomendable portal dos apelidos galegos. Aparecen ordenados alfabéticamente, cun acceso moi doado a información sobre calquera deles.
Nun dos seus apartados temos unha lista dos apelidos menos frecuentes. Así entereime de que na miña vila, A Estrada, temos un apelido a piques de desaparecer, Quiveo. No ano 2001 había en total 15 persoas en toda Galicia con este apelido, aínda que había tamén 74 Quibén, 13 Quiveu e 26 Quivén. Hai outros con tan poucos rexistros, como o fermoso Augalevada, que nin tan siquera aparecen no mapa cartográfico de apelidos da USC do 2001, que é unha das ferramentas fundamentais que usa este portal.
P.S.: tal e como me fixo ver H. Villar Janeiro, mágoa da lingua que usan no portal. Na portada podemos ler "Os apelidos nos foron transmitidos ó longo dos séculos como sinal identitario e forman parte do noso patrimonio familiar e cultural."
Nun dos seus apartados temos unha lista dos apelidos menos frecuentes. Así entereime de que na miña vila, A Estrada, temos un apelido a piques de desaparecer, Quiveo. No ano 2001 había en total 15 persoas en toda Galicia con este apelido, aínda que había tamén 74 Quibén, 13 Quiveu e 26 Quivén. Hai outros con tan poucos rexistros, como o fermoso Augalevada, que nin tan siquera aparecen no mapa cartográfico de apelidos da USC do 2001, que é unha das ferramentas fundamentais que usa este portal.
P.S.: tal e como me fixo ver H. Villar Janeiro, mágoa da lingua que usan no portal. Na portada podemos ler "Os apelidos nos foron transmitidos ó longo dos séculos como sinal identitario e forman parte do noso patrimonio familiar e cultural."
O galego na Xacopedia e no Goberno galego, ulo?
novo comunicado de ProLingua:
Parece incrible, pero se na plataforma apartidaria ProLingua non entendemos mal a noticia, a Xunta vén de abrir unha enciclopedia virtual sobre o Camiño de Santiago na que se exclúe o galego. Chámanlle Xacopedia.
Otero Pedrayo e a lingua galega: novos horizontes para a expresión literaria a través do léxico
por Xosé Manuel Sánchez Rei, en Terra e Tempo:
Para a cultura galega, Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) é unanimemente considerado un máis prolíficos escritores e poliédricos intelectuais, para alén de se erixir un dos máis notábeis autores das nosas letras. Neste contributo queremos, porén, apuntar a súa non menor plasticidade lingüística e experimentación co idioma, o que o converte nun dos artistas cunha das linguaxes literarias máis interesantes na Galiza contemporánea. Desde os seus inicios como escritor, o “Patriarca das Letras Galegas”, segundo era denominado nos últimos anos da súa vida, foi (e non só pola cantidade de produción que deixou, mais tamén polas características lingüísticas da súa escrita) un dos protagonistas máis activos na vontade de rexeneración da lingua no primeiro cuartel do século XX. Tencionou dotala de recursos expresivos necesarios de forma a poder ser usada en calquera tipo de texto, xa fose ensaístico, dramático, narrativo, poético etc. A respecto da súa relación coa fala popular, dado que Otero Pedrayo posuía unha enorme capacidade memorística, tal vez debesen ponderarse, como un seu primeiro achegamento a unha expresividade máis ou menos tradicional, as narracións que escoitou ás xentes labregas de Trasalba e especialmente á súa avoa cando ía para o pazo sendo neno.
venres, 20 de novembro de 2015
Dez pasos para revitalizarmos o galego
Bonita campaña da Mesa, invitando a dar dez pasos adiante. Está fundamentada nun decálogo do lingüista alemánTilbert D. Stegmann

xoves, 19 de novembro de 2015
Un problema de escalas no edixgal
Velaquí que o rapaz chegoume o outro día cun problema ao que non lle daba botado man. Está en 5º de primaria, pero cando me dixo que se trataba dun problema de "sociais pero de competencia matemática" pensei en que o pobre xa estaba botado a perder.
No seu grupo están apuntados ao edixgal. Isto indícanos cousas positivas dun profesorado está preocupado pola mellora do ensino e pola situación social do entorno xa que se meteron a participar nun programa que prometía moito e que ademais tiña a ventaxa de que se liberaba aos pais da compra dos libros de texto. Porén comenzou o curso e todos vimos que o edixgal non é outra cousa que un pdf con todas as dificultades que isto acarrexa, e como veremos, sen ningunha ventaxa das posibilidades de contarmos cunha ferramenta realmente dixital. Hoxe ese profesorado está arrepentido de participar no edixgal.
O único que cambia co edixgal con respecto ao libro de texto é que para acceder aos contidos hai que moverse nun entorno de scrolls realmente pesado e dificultoso. Ademais os portátiles destinados a este programa son os do proxecto Abalar, cunha pantalla moi pequena, que dificulta aínda máis a consulta destes libros de texto. E insisto no de libros de texto porque os contidos dixitais son inexistentes. Vexamos un exemplo que nos indica que todo isto do proxecto edixgal foi montado sen planificación ningunha.
O problema ao que me refería ao principio é o nº 12 desta foto. Nada tería que dicir se este mesmo problema viñera nun libro tradicional, incluso gabaría que o mapa fixese referencia a concellos galegos, pois sempre é preferible facer referencia á realidade próxima e coñecida que a outra allea e descoñecida.
Como o problema pide que tracemos o itinerario cun fío, así o fixemos. Collín un fío e coloqueino sobre a pantalla do ordenador-Abalar. Pero como a pantalla é táctil, ao tocala para facer a medición, reducía automáticamente o tamaño do pdf. Ademais, a que tamaño había que colocalo? 100%, 147%,...? E non é isto o único problema. Abrín o pdf no meu PC, que ten unha pantalla maior e non ten os problemas do portátil-Abalar, pero se abrimos o pdf noutra pantalla de distinto tamaño, tamén cambia o tamaño do mapa. Conclusión: imposible medir o mapa. Así que, xa sen recursos, mirei cara ao rapaz e pregunteille:
- E agora, que facemos?
- Vai ser mellor mirar no google maps - contestoume. Daquela pensei que aínda non estaba todo perdido.
Materiais dixitais vs. materiais apantallados
Este capítulo levoume a pensar en materiais que realmente están preparados para traballar no entorno dixital. Sen sairmos dos problemas de semellanza, non podo deixar de recomendar esta unidade didáctica do Proxecto EDAD. Se imos a >Exercicios>Proporcionalidade directa, teremos a posibilidade de traballar de varias maneiras coas escalas dos mapas.
Estas unidades didácticas, acaídas ao entorno dixital, son prácticamente as únicas dispoñibles en galego para o ensino das matemáticas, A Xunta, se quixera, podería usar estes materiais para proxectos como o edixgal, pero prefire pagar por pdfs apantallados. A ideoloxía que hai por debaixo de todo isto atopámola no funesto decreto do plurilingüismo: o realmente importante para a Consellería de Educación é que a lingua galega siga excluída das materias de ciencias. Resulta moi revelador que para que poidamos ver un contido de matemáticas en galego recollido do fardel da Consellería, teñamos que ir a un exercicio da materia de Ciencias Sociais. O galego, nas matemáticas, está arrasado. Que a ninguén lle estrañen, xa que logo, os resultados que nos que nos revelaba o IGE hai un ano, cun 13% de baixada de uso do galego nunha década.
A alguén lle teremos que dar as grazas.
No seu grupo están apuntados ao edixgal. Isto indícanos cousas positivas dun profesorado está preocupado pola mellora do ensino e pola situación social do entorno xa que se meteron a participar nun programa que prometía moito e que ademais tiña a ventaxa de que se liberaba aos pais da compra dos libros de texto. Porén comenzou o curso e todos vimos que o edixgal non é outra cousa que un pdf con todas as dificultades que isto acarrexa, e como veremos, sen ningunha ventaxa das posibilidades de contarmos cunha ferramenta realmente dixital. Hoxe ese profesorado está arrepentido de participar no edixgal.
O único que cambia co edixgal con respecto ao libro de texto é que para acceder aos contidos hai que moverse nun entorno de scrolls realmente pesado e dificultoso. Ademais os portátiles destinados a este programa son os do proxecto Abalar, cunha pantalla moi pequena, que dificulta aínda máis a consulta destes libros de texto. E insisto no de libros de texto porque os contidos dixitais son inexistentes. Vexamos un exemplo que nos indica que todo isto do proxecto edixgal foi montado sen planificación ningunha.
O problema ao que me refería ao principio é o nº 12 desta foto. Nada tería que dicir se este mesmo problema viñera nun libro tradicional, incluso gabaría que o mapa fixese referencia a concellos galegos, pois sempre é preferible facer referencia á realidade próxima e coñecida que a outra allea e descoñecida.
![]() |
| Ver a enorme contradición entre a escala do mapa e a posibilidade de cambio do tamaño do pdf |
Como o problema pide que tracemos o itinerario cun fío, así o fixemos. Collín un fío e coloqueino sobre a pantalla do ordenador-Abalar. Pero como a pantalla é táctil, ao tocala para facer a medición, reducía automáticamente o tamaño do pdf. Ademais, a que tamaño había que colocalo? 100%, 147%,...? E non é isto o único problema. Abrín o pdf no meu PC, que ten unha pantalla maior e non ten os problemas do portátil-Abalar, pero se abrimos o pdf noutra pantalla de distinto tamaño, tamén cambia o tamaño do mapa. Conclusión: imposible medir o mapa. Así que, xa sen recursos, mirei cara ao rapaz e pregunteille:
- E agora, que facemos?
- Vai ser mellor mirar no google maps - contestoume. Daquela pensei que aínda non estaba todo perdido.
Materiais dixitais vs. materiais apantallados
Este capítulo levoume a pensar en materiais que realmente están preparados para traballar no entorno dixital. Sen sairmos dos problemas de semellanza, non podo deixar de recomendar esta unidade didáctica do Proxecto EDAD. Se imos a >Exercicios>Proporcionalidade directa, teremos a posibilidade de traballar de varias maneiras coas escalas dos mapas.
Estas unidades didácticas, acaídas ao entorno dixital, son prácticamente as únicas dispoñibles en galego para o ensino das matemáticas, A Xunta, se quixera, podería usar estes materiais para proxectos como o edixgal, pero prefire pagar por pdfs apantallados. A ideoloxía que hai por debaixo de todo isto atopámola no funesto decreto do plurilingüismo: o realmente importante para a Consellería de Educación é que a lingua galega siga excluída das materias de ciencias. Resulta moi revelador que para que poidamos ver un contido de matemáticas en galego recollido do fardel da Consellería, teñamos que ir a un exercicio da materia de Ciencias Sociais. O galego, nas matemáticas, está arrasado. Que a ninguén lle estrañen, xa que logo, os resultados que nos que nos revelaba o IGE hai un ano, cun 13% de baixada de uso do galego nunha década.
A alguén lle teremos que dar as grazas.
Carta ao Sr. Gómez Besteiro
Carta de ProLingua ao Secretario Xeral do PSdeG-PSOE sobre o caso do concello de Cee:
Sr. Gómez Besteiro, Secretario Xeral do PSdeG-PSOE:
Desde ProLingua –asociación apartidaria e plural na defensa da lingua galega– queremos manifestarlle a nosa fonda preocupación pola incomprensible actitude dos concelleiros do PSdeG-PSOE do Concello de Cee, que, polo que di a prensa, no pleno do pasado 5 de novembro buscaron a complicidade e axuda dun coñecido grupúsculo de manifesta hostilidade cara ó galego para impedir a aprobación dunha ordenanza municipal que pretendía que Cee se sumase á lista de concellos co galego como lingua prioritaria.
mércores, 18 de novembro de 2015
Fotonovela: Eu fixen a ouigha co espírito de Castelao
Realmente curioso o formato, unha fotonovela. Moi a ter en conta xa que é de realización máis sinxela que un vídeo, e polo tanto máis factible para os afogados ENDL.
Nesta fotonovela cóntasenos unha das historias argallada por Séchu Sende, Eu fixen a ouigha co espírito de Castelao. e da que temos outras moi boas referencias na guía de lectura do Made en Galiza feita por Pilar Ponte.( a quen aproveito para darlle os parabéns polo seu 8º aniversario blogueiro)
luns, 16 de novembro de 2015
De blogues.46
![]() |
| Da Wikipedia |
Dos dedos e da lei da xungla, 04/11/15, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
Canle de youtube, 06/11/15, no blogue Toponimia de Vigo
A «Copa Núria», de Jesús Lladò, 08/11/15, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
Da topografía á tipografía, 12/11/15, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
Vida, forza e dereitos para a lingua galega!, 12/!11/15, por Carlos Callón, nos seu blogue
domingo, 15 de novembro de 2015
Traballemos como galegos
por Craig Patterson, no Praza:
Aínda que conto con máis de vinte anos de coñecemento da realidade galaica, non agardaba a situación sociolingüística na que me ía encontrar ese ano. Tratábase dun caso curioso de dous británicos residentes na Galiza, pero falantes de idiomas diferentes. Un, o xefe; o outro, empregado. Un, castelán-falante; o outro, galego-falante.
sábado, 14 de novembro de 2015
VI Día da Ciencia en Galego. Escolma
A principios de novembro celébrase desde hai 6 anos o Día da Ciencia en Galego. Esta celebración ten como finalidade activar unha xornada de protesta contra un funesto de drecreto de plurilingüismo que prohibe tanto impartir aulas de ciencias en galego como os materiais didácticos asociados ás mesmas.
Blogues
Medios
Divulgación de actividades
Blogues
- Día da Ciencia, 27/10/15, no blogue do ENDL do colexio de Quintela, Dinamiza, Normaliza
- Celebrando a Semana da Ciencia en Galego, 28/10/15, no IES A Basella, visto na basellafala
- Xeolocalización da videoconferencia do VI Día da Ciencia en Galego, 02/11/15, por Román Landín no Caderno de Lingua
- Lucas e o seu muíño de vento, 02/11/15, no blogue do ENDL do CEIP A Ponte, "A lingua na Ponte, ponte na lingua"
- CIENCIA EN GALEGO, 03/11/15, en Aquisfala
- FEITO A conCIENCIA, 03/11/15, en Aquisfala
- Día da Ciencia en Galego, 2015, 03/11/15 en Fonseca, blogue da biblioteca universitaria de Santiago de Compostela
- VI Día da Ciencia en Galego, 04/11/15, do blogue de Bioloxía do CPI A Cañiza, A Barbantesa
- Grazas por participar no Día da Ciencia en Galego, 04/11/15, no blogue Cultura Científica do IES Praia de Barraña (Boiro)
- VI Día da Ciencia en Galego con Xurxo Mariño, 04/11/15, no Blog da Biblioteca do IES do Porto do Son
- VI Día da Ciencia en Galego no IES Breamo, 04/11/!5, no blogue As Gabarras
- Carteis do Día da Ciencia en Galego: Huygens e Planck, 04/11/15, nesta Carta Xeométrica
- Carteis do Día da Ciencia en Galego: Parga Pondal e Carlos Gómez-Reino Carnota, 05/11/15, nesta Carta Xeométrica
- Novembro: mes da CIENCIA en GALEGO nas BIBLIOTECAS, 05/11/15, en Tes moita lingua, blogue do ENDL do CPI Conde de Fenosa
- DIA DA CIENCIA EN GALEGO, 05/11/15, no blogue do ENDL do IES Taboada Chivite, O Fiadeiro da lingua
- EXITOSA VIDEOCONFERENCIA DE XURXO MARIÑO NO VI DÍA DA CIENCIA EN GALEGO, 05/11/15, no blogue do ENDL do IES Antón Losada, e logho!
- FEITO A conCIENCIA. NOVOS EXPERIMENTOS, 06/11/15, no blogue do ENDL do IES Aquis Celenis, Aquisfala
- Conferencia do Día da Ciencia en galego con Xurxo Mariño, 06/11/15, no blogue do ENDL do IES Pintor Colmeiro, As Ferreiras
- UN NOVO EXPERIMENTO FEITO A conCIENCIA, 07/11/15, Aquisfala
- DÍA DA CIENCIA EN GALEGO, 08/11/15, no blogue do ENDL co CEIP A Pedra, ENREDEmos
- Fotos do Día da Ciencia en Galego 2015.1, 08/11/!5, no blogue do ENDL do IES Pintor Colmeiro, As Ferreiras
- VI Xornada da Ciencia en Galego: unha viaxe aos miolos. 08/11/15, Aí falaches!
- Fotos do Día da Ciencia en Galego.2, 09/11/15, no blogue do ENDL do IES Pintor Colmeiro, As Ferreiras
- VI Día da Ciencia en Galego, 10/11/15, no blogue do ENDL do IES Félix Muriel, O Bico da Ría
- http://ceiprandufe.blogaliza.org/2015/11/11/dia-da-ciencia-en-galego-2/, Escola de Randufe
- A MAXIA DA CIENCIA, 12/11/15, no blogue do ENDL do IES Aquis Celenis, Aquisfala
- Ano internadional da luz. 3 poemas, 12/11/15, A Marela Tarabela
- Encontro con... Cibrán Arxibai, 03/11/15, no blogue da Biblioteca do IES Aller Ulloa, A Marela Tarabela
- Álbum de fotos da Semana da Ciencia en Galego, 18/11/15, no blogue do ENDL do IES A Basella, Basellafala
- A Semana da Ciencia no IES Chano Piñeiro, 23/11/15, no blogue do ENDL do IES Chano Piñeiro, Lingua de Montes
- Celebrando o VI Día da Ciencia en Galego, 24/11/15, no blogue do ENDL do IES de Curtis, Son de noso
- Fotos da VI Xornada de Ciencia en Galego, segunda parte., 10/01/16, no blogue do ENDL do IES de Curtis, Aí falches!
- LIBRO "SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO 2015", 09/02¨/16, no blogue do CEP Pilar Maestu Sierra, Sempre en Galego
- Ciencia en galego, 17/02/16, no blogue do CEIP de Pazos de Reis, A Porteliña
Medios
- Polo dereito á ciencia en galego, 17/10/15, O Cartafol
- Actos en toda Galicia festexan o ‘Día da Ciencia en Galego’, 03/11/15, Galiciencia
- O campus festexa o Día da Ciencia en Galego cunha ruta, dúas charlas e un wikimaratón, 03/11/15, La Voz de Galicia
- Xurxo Mariño falará para 6.500 escolares no Día da Ciencia en Galego, 03/11/15, na Praza Pública
- Comezan no Museo de Historia Natural os actos do Día da Ciencia en Galego na USC, 03/11/15, no Xornal da USC
- Máis de 6.500 adolescentes participan na videoconferencia do neurocientífico Xurxo Mariño, 05/11/15, en culturagalega
- O galego vale para aprender ciencia, 07/11/15, Galicia Confidencial
- 250 estudantes e docentes de secundaria achéganse, en galego, á Enxeñaría de Telecomunicación, 12/11/!5, no Diario da Universidade de Vigo
Divulgación de actividades
- Vídeoconferencias do Día da Ciencia en Galego, da CGENDL
- Programa de actividades do Campus de Lugo da USC
- A ciencia da programación de ordenadores, presentación da vídeoconfencia do 2014, impartida por Manuel Caeiro Rodríguez
- Inauguración da canle de Vimeo de Divulgaciencia en galego
- Wikipedia:Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego
- Comunicado da CGENDL sobre a vídeoconferencia do Día da Ciencia en Galego
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












