Velaquí o vídeo gañador do Correlingua 2016, elaborado no IES Elviña. Efectivamente, non hai mellor cousa que ver a toda esta rapazada polos corredores, na cafetería, consumindo poemas e traballando pola normalización. Ben se ve que o galego está neles, coma en nós.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
xoves, 31 de marzo de 2016
O galego está en nós do IES Elviña
Velaquí o vídeo gañador do Correlingua 2016, elaborado no IES Elviña. Efectivamente, non hai mellor cousa que ver a toda esta rapazada polos corredores, na cafetería, consumindo poemas e traballando pola normalización. Ben se ve que o galego está neles, coma en nós.
O Protocolo de Garantía dos Dereitos Lingüísticos
Para facerse unha idea do proxecto pódese consultar a súa páxina web ou ler este documento
P.S.: O pasado mes de decembro A Mesa informaba que o Comité Científico contaría con participación galega. En concreto coa profesora da Universidade da Coruña, Pilar García Negro.
martes, 29 de marzo de 2016
En Ponteareas co dereito
por Xosé González Martínez, no Faro de Vigo:
Conmemoramos este ano o centenario da constitución das Irmandades da Fala, a primeira entidade cultural que acometeu o labor de galeguizar Galicia en toda a súa transversalidade. A ela pertenceron moitos xuristas que fixeron causa común para salvagardaren os nosos valores patrimoniais; civilistas preocupados pola adecuación das nosas tradicións xurídicas consuetudinarias para que tivesen rango de dereito positivo no marco das grandes transformacións sociais e económicas que estaba a vivir o país, ao tempo que demandaban o uso da lingua galega nas instancias xudiciais.
domingo, 27 de marzo de 2016
Vasoirar todas as tebras
por Marta Dacosta no Terra e Tempo:
Este vinte e un de marzo celebramos o día internacional da poesía, unha data instituída en prol da diversidade lingüística e a posibilidade de expresión das linguas ameazadas. Eu tomo a data como celebración da poesía en por si, porque esta forma de expresión merece ser conmemorada, mais tamén como unha oportunidade de festexarmos a nosa lingua, e de facelo relendo a poesía de noso, especificamente a que nos fala do noso idioma.
Por iso recollín a proposta da Fundación Manuel María de celebrar a data compartindo versos do noso poeta. O meu poema foi “Canción para cantar todos os días”, ese que comeza dicindo: “Hai que defender o idioma como sexa” e logo di:
sábado, 26 de marzo de 2016
Plantexar e plantexamento
Trátase dun termo moi utilizado nas matemáticas, plantexar, que tamén foi tratado no blogue Dúbidas do galego, como un castelanismo moi estendido. Anxos Sobriño, nova presidenta da CTNL, coincide co autor do blogue, César Lorenzo Gil, en propoñernos un par de formulacións alternativas a plantexar. Vémola aquí nun vídeo realizado pola produtora Através.
Hai outro termo problemático relacionado co anterior. Trátase, plantexamento, que ademais de como sinónimo de dar a coñecer, pode facer referencia ás directrices ou liñas xerais usadas na resolución dun problema. Así podemos escoitar a exprexión: "A solución non é a correcta pero o plantexamento está ben". Neste caso sería mellor usar expresións como desenvolvemento, estratexia, ou metodoloxía,
Através está publicando toda unha serie de vídeos baixo a epígrafe @emgalego, no que se debullan algúns aspectos sobre a lingua como a pronuncia do e aberto ou pechado, do nasal velar, o seseo, ou o emprego de logo co significado de decontado.
xoves, 24 de marzo de 2016
Dinche o corazón na man
A voz de Rosalía chegou a todas partes o pasado día 24 de febreiro. Como alfaia de mostra traio aquí este vídeo do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, no que cantan un poema de Rosalía de Castro que permanecía inédito ata que o profesor Ramón Torrado a publicou nunha revista escolar do Instuto Virxe do Mar (Noia) [1], [2]. O poema Dinche un corazón na man, foi musicado por un profesor do centro, Emilio Mesías Faría, e soa realmente ben.
Con novas coma esta aínda se entende moito menos que a Consellería de Educación se empeñe en seguir sen declarar o Día de Rosalía como unha das conmemoracións escolares [3], [4], [5] a celebrar dentro do calendario escolar. Para completar o paradorxo, o propio conselleiro de educación, posiblemente ante o enorme éxito da convocatoria extra-oficial da celebración, participou el mesmo nun acto na honra de Rosalía.
O silencio da crítica fronte á mellor obra lírica de Manuel María
por Manuel López Foxo, no Terra e Tempo:
Quero tocar hoxe só un aspecto concreto, referido ás dificultades que Manuel María tivo para consolidarse como poeta e escritor galego. Analizarei, nos próximos meses, outros aspectos do poeta.
luns, 21 de marzo de 2016
Outros gorentosos blogues de cociña
Hai uns poucos días soltaba neste espazo da arañeira unha recompilación de blogues galegos de cociña. Para facer aquela entrada non fixera outra cousa que recoller os blogues que visitara recentemente e que seguía a través do blogroll que teño aquí á dereita. Nesa mesma entrada dábanme a referencia doutros dous blogues.
Un deles, cervexeando, xa o coñecía; incluso estaba tamén no blogroll, pero esquecérame del porque había un par de meses que non se actualizaba. Ten un listado alfabético de receitas que facilita moito a búsqueda, ademáis non só nos achega receitas, senón que as introduce con saborosos comentarios. Tamén podemos atopar entradas sobre novas gastronómicas, encontros, eventos,... E finalmente, ofrece unha curiosa ferramenta dixital que nos permite descargar as entradas en PDF.
O outro blogue do que me daban a referencia era Alicia entre receitas, que nos mostra como preparar masas e postres. Como axuda ofrece algunhas fotos de varios momentos da preparación dos pratos.
Con este lote no fardel, comencei a procura dalgún outro blogue, na seguridade de que, debido á miña pouca dilixencia ao facer búsquedas na anterior entrada, tería que acabar atopando. E así foi. Pero non sen traballo, xa que o que acabei constatando é o pouco asumido que ten a sociedade a imporrtancia da normalización da nosa lingua. Así pois, cando un busca blogues galegos de cociña acabará atopando unha chea de blogues de xente de aquí pero que fai renuncia expresa do galego para construir o seu blogue, De aí que a existencia, e resitencia, destas bitácoras galegas (=en galego) que poidamos atopar pola arañeira teña un mérito realmente centuplicado.
Nesa pesquisa o primeiro que atopei foi A cociña do meu avó, e aínda que ten entradas con toda clase de comidas, destacan as receitas mariñeiras. A súa autora mantén outro blogue paralelo en castelán, desafortunadamente hai xa varios meses que non actualiza o blogue en galego.
Pola contra, Horta e receitas de cociña, que levaba un tempo sen actividade, volveu a publicar unha entrada recentemente. Facendo honra ao título do blogue, adica varias entradas ao coidado da súa horta.
E aquí acababa todo. Daquela mirei se o exitoso programa da TVG, Larpeiros, non deixaría algún ronsel na rede. Efectivamente, ademais do seu portal no web da televisión galega publican receitas na súa páxina de facebook. E non só iso, unha das colaboradoras do programa ten un portal adicado á cociña: Lambetadas con Merchi, cun aspecto moi profesional, pero que parece que quedou fanado xa que eu só lle vin un par de receitas.
Como sobremesa a esta entrada, vai esta canle de vídeos, subidos no 2014. Pertencen a un programa da Consellería de Sanidade, Xente con vida, no que se dan consellos sobre a alimentación e o exercicio físico. Hai un total de 40 vídeos nos que comenzan cunha explicación das propiedades nutricionais dos alimentos para pasar a explicar como elaborar unha receita de cociña.

venres, 18 de marzo de 2016
Ruta dos tesouros do Deza
No IES Colmeiro (Silleda) impártese un Ciclo Medio de Actividades Físicas no Medio Natural. Este curso estiveron preparando varias rutas polo concello que están a publicar nunha aplicación deste tipo de actividades. Vai aquí unha como exemplo, para seguir buscando percorridos, premer nas ligazóns deste mesmo parágrafo.
A ruta dos Tesouros do Deza desenvólvese polo concello de Lalín.Iniciarase dende o teleclub de Donsión a través do camiño da prata onde a poucos metros atoparemos a súa Igrexia Barroca.Deseguido pasarase pola parroquia de Bendoiro mediante a Devesa,deixando atrás algúns regatos.Continuará ata Prado por sendeiros onde atoparemos Pazos e Igrexias.Proseguira atravesando a Devesa de Liñares ata chegar a Ponte Taboada Vella e seguirá cara a Borralla pasando o resto de pontes.Continuará ata Santa Lucía onde veremos o Muiño de Cuiña.Finalmente,seguirá hacia o Monte Anselo para chegar a Igrexia de Noceda onde rematará a ruta.
Powered by Wikiloc

Quen pode non amala?
por Celia Armas García, no Sermos Galiza:
Eu teño unha ferramenta. Unha ferramenta case única, pouca xente (poucos miles, algún millón) a posúe. A miña ferramenta é moi práctica: úsase para todo o que calquera poida imaxinar. A ferramenta é grande, enorme, ten un tamaño realmente impresionante. Mais a ferramenta é á vez miúda, pequeniña, doce, suaviña. Podo empregar a ferramenta de día e de noite, no solpor e no amencer, polo lusco e fusco e máis pola mañanciña. A ferramenta serve para comer, como quen di para xantar, para o almorzo, sexa pequeno ou grande, para merendar, para tomar a parva, para a cea, para as paparotas, as enchentas e as revodas. Unha ferramenta multicolorida e multiforme, que se malea, que se adapta, permeábel, fluída, cambiante. Esta ferramenta tamén é antiga, tamén é de toda a vida, tradicional, logo. Aínda así a ferramentá está de plena actualidade, é moderna e está á última. É algo lampantina esta ferramenta, gusta moito da troula, do balbordo, das festas e das romarías. Mais non só: a ferramenta consola na dor, nas desgrazas e nos velorios, na enfermidade e na pena, mesmo na penuria. Gusta a ferramenta de axudar, sempre podes contar con ela. Cando emprego a miña ferramenta sempre me sinto acompañada, aínda que estea soa. Os meus fillos están aprendendo a usala, a ferramenta, e eles incluso lle dan outra saídas: xogan coa ferramenta, fabulan con ela, berran, saloucan, consólanse… Porque esta é unha das propiedades máis gorentosas da miña ferramenta: serve para amar, para bicar, para acariñarse, para se apertar, para acubillarse ao calor da casiña, para mirarse, para escoitarse, para sentirse. Para todo, serve esta ferramenta antiga e poderosa!
xoves, 17 de marzo de 2016
Homenaxe contra Xosé Neira Vilas
El presidente de la Xunta de Galicia
Alberto Núez Feijóo
y en su nombre
el conselleiro e Cultura, Educación y Ordenación Unversitaria
Román Rodríguez González
se complacen en invitarle al acto
HOMENAJE A XOSÉ NEIRA VILAS
que tendrá lugar el próximo jueves 17 de marzo, a las 19:00 horas,
en el Museo Centro Gaiás de la Ciudad de la Cultura de Galicia (Monte Gaiás s/n) en Santiago de Compostela
Impresindible confirmación en los teléfonos 981 XX XXXX/XXXX
o en el correo electrónico xxoxoxoxo@xunta.es antes del lunes 14 de marzo
Se agradece de antemano la presencia de las personas invitadas en el interior del Mueso antes de las 18:40 horas
Es necesario presentar esta invitación a la entrada
Santiago de Compostela, febrero de 2016
Hoxe vai celebrarse este acto contra a figura de Neira Vilas. Pouco tardou a Xunta en cometer o agravio. E a Fundación Neira Vilas de compañeira muda.
A foto, vía A Mesa
mércores, 16 de marzo de 2016
De blogues.53
![]() |
| Da Wikipedia |
- O galego na xustiza. Algúns consellos, 01/03/16, en Dúbidas do galego
- Antropónimos galegos, 02/03/16, por Pilar Ponte no seu blogue A Profa
- Prexuízos lingüísticos, 04/03/16, por Pilar Ponte no seu blogue A Profa
- Por que razão o galego é invisível para os portugueses?, 07/03/16, por Marco Neves en Certas Palavras
- Onte 1605: Cruzada contra a Normalización, 08/03/16, por M. Bragado en Brétemas
- «Xersee esesene», 10/03/16, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
martes, 15 de marzo de 2016
50+1 achegas de Carlos Callón
Ben sei que non é a primeira das vídeo-columnas que Carlos Callón constrúe para o Sermos Galiza. Sabía que non tería que agardar moito para traer aquí a nova. Só estaba esperando a que adicara unha destas pezas á lingua, e velaquí está.
En Houbo un comezo, Callón recórdanos que a primeira vez que o galego entrou no ensino regrado foi no curso 1965-66, da man de Ricardo Carvalho Calero, nunha materia optativa de Filoxía Románica. Van alá, xa que logo, 50 anos. Tamén nos recorda que o ensino en galego non ten a presenza que debería ter. Hai escolas infantís e carreiras unversitarias que expulsaron completamente o galego das súas aulas.

Estas novas achegas de Carlos Callón tráenme á memoria aqueloutras, que tamén viñan os luns, nunha columna no Galicia Hoxe, chamada Por navegar ao desvío, e das que recollo 50 das que podo facer memoria:
- A Carta Europea das linguas, 22/02/10, no Galicia Hoxe
- Motores da lingua, 08/03/10, no Galicia Hoxe
- Nin equilibrio nin convivencia, 15/03/10, no Galicia Hoxe
- Hai que defender a lingua, 22/03/10, no Galicia Hoxe
- En castellano no hay problema, 12/04/10, no Galicia Hoxe
- Denuncia internacional, 19/04/10, no Galicia Hoxe
- Unha ferramenta, 26/04/10, no Galicia Hoxe
- Os libros nadan mal, 03/05/10, no Galicia Hoxe
- A falsa escolla, 17/05/10, no Galicia Hoxe
- Até onde queren chegar, 24/05/10, no Galicia Hoxe
- A CONGAPA e a nosa lingua, 07/06/10, no Galicia Hoxe
- Indecencia, malgasto e galegofobia, 14/06/10, no Galicia Hoxe
- As primeiras letras, 21/06/10, no Galicia Hoxe
- Abertos ao galego, 28/06/10, no Galicia Hoxe
- Desmantelar a oficialidade, 05/07/10, no Galicia Hoxe
- Os tres enterros de Rosalía de Castro, 12/07/10, no Galicia Hoxe
- Temos nomes propios, 19/07/10, no Galicia Hoxe
- Pola suspensión do decretazo, 26/07/10, no Galicia Hoxe
- Para sandar as feridas, 02/08/10, no Galicia Hoxe
- As palabras perdidas, 09/08/10, no Galicia Hoxe
- A lóxica dos prexuízos lingüísticos, 16/08/10, no Galicia Hoxe
- Vento do sul, 23/08/10, no Galicia Hoxe
- As bolachas e o pobo, 30/08/10, no Galicia Hoxe
- Punto de inflexión, 06/09/10, no Galicia Hoxe
- Contra a prohibición, 20/09/10, no Galicia Hoxe
- Maiorías e minorías, 27/09/10, no Galicia Hoxe
- Xanelas, 04/10/10, no Galicia Hoxe
- Sementeira, 11/10/10, no Galicia Hoxe
- Porque si, porque me gusta, 18/10/10, no Galicia Hoxe
- De onte a hoxe, 25/10/10, no Galicia Hoxe
- 25, 33, 50, 01/11/10, no Galicia Hoxe
- Adiante e atrás, 08/11/10, no Galicia Hoxe
- O decretazo, 15/11/10, no Galicia Hoxe
- De que nos salvará o bilingüismo?, 29/11/10, no Galicia Hoxe
- Galiza, banco de probas, 13/12/10, no Galicia Hoxe
- Toponimias, 20/12/10, no Galicia Hoxe
- Máis que ortografía, 17/01/11, no Galicia Hoxe
- Podería atenderme en galego?, 07/02/11, no Galicia Hoxe
- E se a Administración non usa o galego?, 14/02/11, no Galicia Hoxe
- Atención telefónica en galego, 21/02/11, no Galicia Hoxe
- Eco!, 28/02/11, no Galicia Hoxe
- En galego, é de lei?, 07/03/11, no Galicia Hoxe
- "No me hables gallego", 14/03/11, no Galicia Hoxe
- O galego e a infancia hoxe, 21/03/11, no Galicia Hoxe
- O galego no traballo, 28/03/11, no Galicia Hoxe
- Menos mal que nos queda Portugal, 04/04/11, no Galicia Hoxe
- A chave, 25/04/10, no Galicia Hoxe
- Dez Pasos, 02/05/11, no Galicia Hoxe
- Os radicais de Walpurgis, 09/05/11, no Galicia Hoxe
- Retos para a Academa Galega, 06/06/11, no Galicia Hoxe
Ninguén poderá dicir deste home que non se ocupou do tema da lingua. De certo que continuará a facelo.
Ordenanza do galego, si
por Antón Bao, no portal do BNG de Lugo:
Lugo, no ano 2012, cando se aprobou a ordenanza de uso do galego, era unha das dúas cidades galegas que non tiña establecido ningún regulamento que especificase os criterios á hora do emprego do idioma. A ordenanza, posta en marcha naquel pleno do 7 de maio do 2012, dá garantías a todos os servizos do Concello para o emprego tanto oral como escrito da lingua galega. Ademais, foi aprobada por unanimidade o que non só avalaba naquel intre a posición do goberno senón de toda a corporación formada por PSOE, BNG e PP (unha aperta a Arcadio Silvosa polo seu interese e traballo a prol desa unanimidade).
luns, 14 de marzo de 2016
Almanaque das Irmandades e Historia da literatura galega. Dous grandes portais da nosa cultura.
Alamanaque das Irmandades
No presente ano 2016 estase a celebrar o centenario das Irmandades da Fala. Para facelo cada día a AS-PG e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda argallaron e manteñen a páxina do Almanaque das Irmandades na que cada día se recollen anécdotas, feitos e persoas. Non se trata dun proxecto pechado. Hai unha xanela aberta para aqueles que queiran incorporar a súa achega.
Historia da literatura galega
Non é este o único proxecto que mantén aberto a AS-PG. Hai uns poucos días saltaba a noticia da publicación doutro portal. Neste caso trátase dunha enciclopedia con 1.600 páxinas de texto que recollen a Historia da Literatura Galega, pero adaptadas á linguaxe dixital, que se irá ampliando coa incorporación de elementos multimedia.
Polo momento podemos acceder a unha enorme base de datos na que acharemos obras da nosa literatura e autores en orde alfabética e cunha rede de ligazóns realmente abraiante.
Temos que lle agradecer a inciativa tanto á AS-PG como á Deputación de Lugo.
domingo, 13 de marzo de 2016
Coruña imposible
Cando fun mirar no blogue Son de noso, do ENDL do IES de Curtis (blogue que recomendo vivamente que o sigades) non esperaba atopar esta sorpresa da que gosto especialmente pois permíteme facer unha entrada tanto neste blogue como no que teño de matemáticas.
Precisamente entre a curiosa comunidade do profesorado de matemáticas é moi coñecida a figura do artista neerlandés Maurits Cornelis Escher, autor de gravados que se usaron mil e unha veces para ilustrar conceptos como o da recursividade. Exemplo destacado disto é o libro de Douglas R. Hofstadter, Gödel, Escher, Bach: An Eternal Golden Braid, libro galardoado co Púlitzer no 1980.
A obra de Escher é o eixo arredor do que xira esta curta multipremiada, que, entre outros, recibiu o premio da IGAPI á mellor curtametraxe no 1995-96 e no ano 2000 foi considerada polo CGAI como a mellor curta de ficción dos anos 90.
Decontado pensei que esta peza audiovisual podería formar parte dun proxecto que veño seguindo durante todo este curso. Trátase de Curtas.gal, Os xoves, na biblioteca do IES Félix Muriel (Rianxo) proxentan unha curga galega. Unha iniciativa que debería ter imitadores en moitos outros centros e que conta xa cunha boa escolma que podemos consultar aquí.
"Coruña imposible", dirixida por Paco Rañal, era unha das pezas que formaba parte de Flocos e que desapareceu no exiguo catálogo da esquecida e inútil substituta, Canle.tv. Ante este panorama o propio director decidu subila ao You Tube

Orgullosa de falar galego
Carta de opinión de M. X. Blanco, en La Voz de Galicia:
Eu, que mamei o galego desde pequena, emprégoo en todos os eidos da miña vida e achego o meu grao de area para perpetualo a través dos meus fillos, asisto con tristura a un fenómeno que semella non ter volta atrás. Os resultados das enquisas máis recentes revelan que o número de persoas que recorren á lingua nai para comunicarse redúcese de xeito alarmante, pero non fai falla botar man destes ou outros estudos para confirmar unha realidade que é evidente. No parque, na escola ou en calquera actividade na que se xunten un grupo de nenos é doado comprobar que o galego non atravesa o seu mellor momento e que o futuro non é nada esperanzador.
Rosalía sempre viva
por Xoán Carlos Domínguez Alberte, no Sermos Galiza:
O pasado sábado 27 de febreiro celebrouse, na Casa de Hortas, o certame de recitado “Rosalía sempre viva”. Os obxectivos principais con que se concibiu son potenciar a expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e do recitado da obra de dous senlleiros poetas nacionais galegos: Rosalía de Castro e Manuel María.
Convocado pola Casa-Museo do autor de Outeiro de Rei, destínase ao alumnado galego de ensino non universitario e distribúese en varias categorías de concorrencia.
xoves, 10 de marzo de 2016
Carta instando á RAG a interpoñer unha denuncia contra o decreto no Tribunal de Estrasburgo
Acaba de divulgarse no portal de ProLingua un modelo de carta para que os pais cuxos fillos se viron ou ven sometidos ás funestas consecuencias do decreto 79/2010, autotitulado decreto do plurilingüismo, inste á Real Academia Galega (RAG) a interpoñer un recurso ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo.
A RAG non pode acudir como institución ao Tribunal de Estrasburgo, só pode facelo en representación das vítimas da conculcación dos seus dereitos por verse sometidas a un decreto que conculca os seus dereitos como galego-falantes.
Así que invito a todas a nais e a todos os pais a que descarguen ou copien este modelo de carta e lla envíen á RAG para que, como institución que ten atribuída estatutariamente a función de defensa e promoción da nosa lingua común, faga efectivas esta funcións.

Etiquetas:
Documento,
Nais e Pais,
Prolingua,
RAG,
Xustiza
A lingua e o Tribunal Superior de Galicia
por Xoán Antón Pérez Lema, no Praza Pública:
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a medio dunha sentenza profusa, confusa e difusa, ven de estimar parcialmente o recurso contencioso interposto por unha coñecida organización contraria á nosa lingua a respecto da Ordenanza Municipal sobre uso do galego no concello de Lugo, aprobada no 2012 por unanimidade (PP. PSOE e BNG). A sentenza non foi quen a interpretar a xeito os preceptos do noso Estatuto e das nosas Leis de normalización lingüística e de Administración Local de Galicia, creando un perigoso precedente para inviabilizar determinadas medidas de discriminación positiva a prol da nosa lingua, que é a propia do noso País e a que soporta unha moi minorizada posición, alicerzada tamén por unha insuficiente protección legal.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)