Páginas
domingo, 28 de febreiro de 2021
O mapa de Fontán, rostro e alma da vella Galicia
venres, 26 de febreiro de 2021
Mais ti vas indo
Un ano máis, o Concello da Estrada publica un vídeo lembrando a Rosalía de Castro. Desta volta a gravación está protagonizada por unha selección de persoas pertencentes ao ámbito da mediciña e das emerxencias sanitarias.
mércores, 24 de febreiro de 2021
Rosalía e o mar
No IES Chano Piñeiro (Forcarei) fixeron uns vídeos ben vistosos para anunciar unha sesión en streaming adicada ao tópico "Rosalía e o mar"
martes, 23 de febreiro de 2021
Día de Rosalía de Castro 2021
Un ano máis e a Consellaría de Educación segue sen recoñecer oficialmente o Día de Rosalía de Castro. Pola contra é un dos días máis celebrados nos centros de ensino.
A AELG volve a invitar a toda a cidadanía a celebrar o vindeiro 24 de febreiro reiterando a súa proposición inicial (ano 2010) de que a agasallemos cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade.
Este ano Ana R. Figueiredo foi a escritora que elaborou o manifesto da AELG e que reproducimos de seguido:
Miña Santiña, miña santasa, miña cariña de calabasa: hei de emprestarvos os meus pendentes, hei de emprestarvos o meu collar. Todo iso che hei de dar, santa, se me deixas bailar, todo iso. As fotos do instagram, os vídeos en directo, o streaming das voces, os reels e o youtube. Todo iso, santiña, che empresto se me deixas bailar, se me deixas tirar o pano, abrir a boca, bicar, apertar, atopar, ir á festa, danzarlle ao punto... miña santasa coa cariña linda de calabasa, déixame ser que este mundo hoxe moito ten daquel Santiago do 53 co cólera nas rúas baleiras e as necesidades daquela volven nas almas, santa, volven e precisamos do teu falar.
luns, 22 de febreiro de 2021
Brincadeiras da lingua: "Caricias no colo"
sábado, 20 de febreiro de 2021
Cheghín e flipín
venres, 19 de febreiro de 2021
Garantamos a pluralidade lingüística
Trinta e tres anos despois
por José Manuel Lage Tuñas, en Nós Diario:
Trinta e tres anos despois da entrada en vigor da Lei do uso do galego como lingua oficial das entidades locais, no Concello da Coruña vimos de aprobar a ordenanza para o uso da lingua galega poñendo así fin a unha anomalía histórica. Somos a derradeira das grandes cidades galegas en dar este paso, Vigo e Santiago aprobaron as súas ordenanzas en 1988, Ferrol no 97, Ourense no 98, Pontevedra no 2004 e Lugo no 2012.
luns, 15 de febreiro de 2021
Matemaxia no IES de Chapela
venres, 12 de febreiro de 2021
A eterna invisibilidade do galego, agora en 'streaming'
A estrea de ‘3 Caminos’ en Amazon Prime Video o pasado 22 de xaneiro abriu un melón que leva tempo madurando. Que dita serie recibira un financiamento de 1,5 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia e que non se ofreza o galego como opción de visualización nin sequera entre os subtítulos foi motivo de gran crítica.
xoves, 11 de febreiro de 2021
Declaración conxunta da Real Academia Galega, a Euskaltzaindia – Real Academia da Lingua Vasca e o Institut d’Estudis Catalans
Declaración conxunta da Real Academia Galega, a Euskaltzaindia – Real Academia da Lingua Vasca e o Institut d’Estudis Catalans
Coa intención de contribuír a aclarar o debate público acerca da presenza das linguas no sistema educativo, a Euskaltzaindia, o Institut d’Estudis Catalans e a Real Academia Galega, como institucións con responsabilidades oficialmente recoñecidas na defensa e promoción dos idiomas que cada unha delas representa, acordan facer pública a seguinte declaración:
mércores, 10 de febreiro de 2021
Nós tamén falamos galego
No medio desta pandemia, que cada día nos some nunha espiral que semella non rematar nunca, faise necesario o tratamento doutras temáticas que nos afectan directamente, sobre todo dende a nosa condición como galegos e galegas. O pasado venres emitíase no programa La Sexta columna unha reportaxe sobre as distintas linguas que conviven en España e a súa situación actual. Unha iniciativa que sería axeitada se representase a realidade plena que vive o noso idioma na Galiza e non se deixase levar polo sensacionalismo.
luns, 8 de febreiro de 2021
mércores, 3 de febreiro de 2021
A integración lingüística: un exemplo de mala praxe da política lingüística
A realidade amosa que en Galicia non se están aplicando as políticas necesarias para que a poboación inmigrante poida adquirir competencias lingüísticas en galego.As carencias na planificación son evidentes no ámbito educativo, onde a Administración establece un marco lexislativo que só proporciona unhas directrices xenéricas [e sen planificación]
Ese traballo de planificación debe concretarse nunha oferta maior e máis diversificada de actuacións formativas, superando o escenario actual, basicamente limitado a uns cursos CELGA que, tal e como están formulados, non serven para garantir o acollemento, a integración e a cohesión social destas poboacións.
Ademais desa planificación “vertical”, cómpre tamén fomentar outra “horizontal”, que promova a colaboración e a coordinación entre diferentes administracións, entre departamentos da mesma Administración, e entre administracións e entidades públicas e privadas (ONG, asociacións de inmigrantes, profesionais, deportivas, culturais...). Dentro do sistema educativo, ese labor debería vertebrarse arredor do CAFI
A formación non se debe limitar a transmitir habilidades comunicativas, senón que ten que traballar tamén sobre os prexuízos lingüísticos presentes tanto na poboación estranxeira coma na poboación galega.
O que coñecemos como CELGA é un sistema de avaliación, e non un sistema de formación en lingua galega para adultos. É o sistema de formación en lingua galega para adultos o que presenta numerosas eivas á hora de garantir o acollemento, a integración e a cohesión social.
Na Consellería de Educación e na Política Social e na de Turismo (á que pertence a cousa da política lingüística), seguen mirando para outro lado. Esta é a sociedade que queremos?
O galego prói
por Vitorino Pérez Prieto, en Nós Diario:
U ma comercial chama ao teléfono à nossa casa: “Le llamamos de una empresa energética totalmente gallega para…”. A minha mulher contesta de seguida: “Uma empresa galega que me fala espanhol?”. A que chama no nome da empresa “gallega” responde-lhe: “Es que no todos los gallegos hablan gallego ni tienen por qué hacerlo”. E a minha dona responde-lhe de novo: “Pero todos tenhen a obriga de conhecê-lo e, no seu caso, de fala-lo”. A reação imediata da pessoa que chamou foi desligar o teléfono. Uma cousa insólita tratando-se dum comercial que faz uma chamada; como é sabido, “o cliente sempre tem ração”. Ante tão insólita reação, nosso comentário também foi imediata: O galego prói.
venres, 29 de xaneiro de 2021
Habelas hainas, edición 2020
Desde o 2017 a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas celebra unha xornada no mes de novembro destinada a estudantes de grao/máster co fin de divulgar a investigación matemática. É Habelas Hainas. Trátase dunha serie de presentacións curtas, duns 20 minutos, ao estilo das Ted talks.
Sempre tiveron a boa idea de gravar as sesións en vídeo, pero a mala decisión de colgar os resultados nunha plataforma de vídeos da USC sustentada co fenecido Flash Player. De aí que, cando menos polo momento, as dúas primeiras xornadas fiquen tras o muro da obsolescencia dixital.
Agora a edición do pasado 26 de novembro 2020 témola na canle de You Tube da Facultade de Matemáticas. Dalgunhas conferencias hai dúas versións, procurei recoller aquí a que ofrece unha mellor visualización e son.
mércores, 27 de xaneiro de 2021
2021: o ano do encantos de Terra de Montes
martes, 26 de xaneiro de 2021
Guía de neofalantismo
A Área de Normalización da Universidade de Vigo acaba de publicar varias guías para o ensino secundario. De entre todas elas vou destacar esta centrada na normalización: En galego 24/7. Da minorización ao neofalantismocontinúa, con propostas ben gorentosas.
luns, 25 de xaneiro de 2021
Calendario 2021 da Universidade de Vigo
Calendario da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo protagonizado por neofalantes.



