Páginas
mércores, 31 de marzo de 2021
Balea Vermella: Contaminación luminosa
venres, 26 de marzo de 2021
Amor de nai
Con esta produción audiovisual, inspirada en tres poesías e catro frases da autora, un grupo de alumnos que cursa o 2º ano do Grao en Educación Primaria pola Universidade de Vigo, no Campus de Ourense, buscan homenaxear a Xela Arias.
xoves, 25 de marzo de 2021
Do Halley ao Hubble
A Federación Galiza Cultura, en colaboración coas Deputacións da Coruña, de Lugo e de Pontevedra, convoca ás asociacións culturais e aos centros de ensino á xornada Carvalho, Lingua e Terra. que se emitirá hoxe ás 20:00 nesa dirección.
Nesta mesma dirección, editouse unha banda deseñada sobre a súa vida, obra e pensamento da autoría de Pepe Carreiro que ademais pódese imprimir e distribuír gratuitamente. O seu título é moi do meu gusto: "Do Halley ao Hubble"
mércores, 24 de marzo de 2021
Ikastolas, un berce para o éuscaro
Vin que este informativo de Nós TV estaba a ter moito éxito, así que decidín espallalo tamén por aquí. Tratase dunha entrevista a Koldo Tellitu, presidente da confederación de Ikastolas
domingo, 21 de marzo de 2021
O retrato de Castelao
No ano 1927, primeiro na revista Nós e logo en Alma Gallega (Montevideo), Castelao publica o relato O retrato, que despois agruparía con outros textos no libro Retrincos (1934). Durante a epidemia de gripe do ano 1918, o escritor, daquela xa recoñecido caricaturista e pintor, empregado de Estatística en Pontevedra, trasládase dende a capital da provincia á súa vila natal de Rianxo para atender as demandas dos seus veciños, avivado en parte tamén polo seu pai, que sufrían o que as crónicas denominaban gripe española, soldado ruso, catarro de Nápoles. A peste causou unha altísima mortandade en polo menos tres ou catro vagas sucesivas, que comezaron contra a primavera de 1918 e duraron case tres anos. Fálase de entre 25 e 50 millóns de mortos en Europa, que saía da Gran Guerra. Só na vila de Rianxo morreron nos primeiros meses 108 persoas, e en toda Galicia catorce médicos que atendían os infectados. Dende o Goberno Civil prohibiron que as campás das igrexas tocasen a morto, porque non daban feito, e mais para aliviar no posible a alarma xeral.
venres, 19 de marzo de 2021
Vida infinita (para o galego)
xoves, 18 de marzo de 2021
Estrela Rosaliadecastro, un artigo do IES Antón Losada Diéguez
O pasado xoves 11/03/21 publicouse no Nós Diario este artigo realizado polo alumnado de 3ºA do IES Antón Losada Diéguez (A Estrada). Foi un dos moitos artigos publicados para celebrar a semana da prensa na escola.
Neste caso tomouse como punto de partida un artigo de Martin Pawley aparecido nese mesmo diario o 30 de xaneiro pasado. Titulábase "Meses do inverno fríos" e nes explicábase como atopar no ceo invernal a estrela Rosaliadecastro. As preguntas que xurdiron coa lectura deste artigo levaron á colaboración do alumnado do meu instituto.
Estrela Rosaliadecastro by kiarqu2458 on Scribd
martes, 16 de marzo de 2021
Linguas libres
Se buscarmos un aspecto común respecto ás linguas na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no Pacto Internacional dos Dereitos Civís e Políticos, na Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos ou na Carta Europea das Linguas Rexionais e minorizadas, acordos internacionais cos que está comprometido o Estado español, veremos como os pobos e as comunidades lingüísticas son iguais no seu dereito a realizaren todas as actividades humanas na súa lingua propia e, por tanto, a usala con plena validez xurídica, en todo e para todo.
venres, 12 de marzo de 2021
Haiche outra: monográfico de mulleres con historia
Neste número do 2020 da revista Haiche outra, do CIFP Ferrolterra hai unha moi boa lista de mulleres relevantes na historia
REVISTA 2020 Monografico Mulleres Con Historia by kiarqu2458 on Scribd
xoves, 11 de marzo de 2021
O congreso español contra todas as linguas que non sexan o español
A maioría do Congreso dos Deputados opúxose o pasado 09/03/2021 a unha proposición non de lei presentada polas forzas nacionalistas, Más País e Unidas Podemos, onde se defendía o recoñecemento dos mesmos dereitos e deberes para o conxunto das linguas do Estado español, pondo remate á situación de discriminación das linguas cooficiais.
A proposta foi defendida por Mertxe Aizpurua, de Euskal Herria Bildu
O goberno socialista non só evita dar resposta ás reclamacións de Europa, indicando que accións realizará para dar cumprimento aos compromisos adquiridos ao asinar a Carta Europea da Linguas, senón que vai un paso máis alá e avala a política lingüísitica no ensino da Xunta, contraria ao galego e á propia Carta, como indicaron o comité de expertos que a avalía e o propio Comité de Ministros nas tres últimas avaliacións
Máis:
- BNG e outras nove forzas piden no Congreso acabar coa "imposición" do castelán e a "discriminación" do galego. Praza Pública (09/03/21)
- PP e PSOE únense contra o deber de coñecer o galego, Nós Diario (09/03/21)
mércores, 3 de marzo de 2021
Inauguración das letras de Xela Arias
Entre os participantes do vídeo está Darío, o fillo de Xela e o que lle dá nome á obra de Xela, Darío a Diario.
Como nota aparte. Hai xa uns anos tocoume ser membro dun tribunal de oposicións de matemáticas nunhas circunstancias que para min eran moi malas. En boa medida fun quen de ir soportando aquel mal trago grazas aos compañeiros de tribunal, especialmente a un, extraordinario en varios sentidos, Xulio Gil. Entre outras cousas, o adxetivo pódeselle aplicar como artista fotográfico. De aí que os retratos de Xela, feitos por el, sexan algo máis que simples fotografías.
domingo, 28 de febreiro de 2021
O mapa de Fontán, rostro e alma da vella Galicia
venres, 26 de febreiro de 2021
Mais ti vas indo
Un ano máis, o Concello da Estrada publica un vídeo lembrando a Rosalía de Castro. Desta volta a gravación está protagonizada por unha selección de persoas pertencentes ao ámbito da mediciña e das emerxencias sanitarias.
mércores, 24 de febreiro de 2021
Rosalía e o mar
No IES Chano Piñeiro (Forcarei) fixeron uns vídeos ben vistosos para anunciar unha sesión en streaming adicada ao tópico "Rosalía e o mar"
martes, 23 de febreiro de 2021
Día de Rosalía de Castro 2021
Un ano máis e a Consellaría de Educación segue sen recoñecer oficialmente o Día de Rosalía de Castro. Pola contra é un dos días máis celebrados nos centros de ensino.
A AELG volve a invitar a toda a cidadanía a celebrar o vindeiro 24 de febreiro reiterando a súa proposición inicial (ano 2010) de que a agasallemos cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade.
Este ano Ana R. Figueiredo foi a escritora que elaborou o manifesto da AELG e que reproducimos de seguido:
Miña Santiña, miña santasa, miña cariña de calabasa: hei de emprestarvos os meus pendentes, hei de emprestarvos o meu collar. Todo iso che hei de dar, santa, se me deixas bailar, todo iso. As fotos do instagram, os vídeos en directo, o streaming das voces, os reels e o youtube. Todo iso, santiña, che empresto se me deixas bailar, se me deixas tirar o pano, abrir a boca, bicar, apertar, atopar, ir á festa, danzarlle ao punto... miña santasa coa cariña linda de calabasa, déixame ser que este mundo hoxe moito ten daquel Santiago do 53 co cólera nas rúas baleiras e as necesidades daquela volven nas almas, santa, volven e precisamos do teu falar.
luns, 22 de febreiro de 2021
Brincadeiras da lingua: "Caricias no colo"
sábado, 20 de febreiro de 2021
Cheghín e flipín
venres, 19 de febreiro de 2021
Garantamos a pluralidade lingüística
Trinta e tres anos despois
por José Manuel Lage Tuñas, en Nós Diario:
Trinta e tres anos despois da entrada en vigor da Lei do uso do galego como lingua oficial das entidades locais, no Concello da Coruña vimos de aprobar a ordenanza para o uso da lingua galega poñendo así fin a unha anomalía histórica. Somos a derradeira das grandes cidades galegas en dar este paso, Vigo e Santiago aprobaron as súas ordenanzas en 1988, Ferrol no 97, Ourense no 98, Pontevedra no 2004 e Lugo no 2012.

