A Asociación Cultural “Vagalumes”, integrante da Plataforma Queremos Galego!, levará a cabo un acto público sobre a situación do galego e a ameaza que supón a nova lei do audiovisual para profundar na súa exclusión deste ámbito. Intervirá o presidente da Mesa Pola Normalización Lingüística Marcos Maceira. O acto terá lugar ás 20:30 h. na sala MOME da Estrada.
Páginas
luns, 16 de maio de 2022
Que non apaguen a túa lingua!
A Asociación Cultural “Vagalumes”, integrante da Plataforma Queremos Galego!, levará a cabo un acto público sobre a situación do galego e a ameaza que supón a nova lei do audiovisual para profundar na súa exclusión deste ámbito. Intervirá o presidente da Mesa Pola Normalización Lingüística Marcos Maceira. O acto terá lugar ás 20:30 h. na sala MOME da Estrada.
domingo, 15 de maio de 2022
sábado, 14 de maio de 2022
Petiscos de ciencia
O primeiro premio foi para este vídeo de Irene González Calvo e Raquel González Calvo, coordinadas por María José Mato Castro, do IES Adormideras (A Coruña)
O segundo premio foi para de Manuel Villaverde Framil, coordinado por Manuel Vázquez Mourazos, do IES Arcebispo Xelmirez I (Santiago de Compostela)
mércores, 11 de maio de 2022
A poesía de Florencio
O cuarto capítulo de 'Florencio Delgado Gurriarán. O soño da Galicia infinda' descobre a traxectoria poética poliédrica do protagonista do Día das Letras Galegas. O seu percorrido literario abrangue dende unha sensualidade unida á paisaxe do viño da súa terra, Valdeorras, ata a poesía satírica antifranquista e, xa dende o exilio, un feixe de poemas singulares na literatura galega que fan súa a forza tímbrica do léxico náhuatl e a musicalidade do son mexicano.
domingo, 8 de maio de 2022
O exilio mexicano
Florencio Delgado Gurriarán chegou a México en 1939 a bordo dun dos chamados buques da liberdade. O capítulo 3 da serie sobre o protagonista do Día das Letras Galegas 2022 céntrase na vida do poeta valdeorrés no exilio e no seu activismo na diáspora xunto a outros galeguistas organizados arredor do Padroado da Cultura Galega de México.
venres, 6 de maio de 2022
O compromiso e a guerra
luns, 2 de maio de 2022
Aquí medra a lingua: Da emoción á competencia
Último capítulo da serie "Aquí medra a lingua" do Conselleo da Cultura Galega.
No CEIP de Moaña son conscientes de que o uso do castelán no entorno do centro é maioritario e que a transmisión interxeracional do galego dentro das familias hai tempo que non se produce. Por iso promoven o seu uso con actividades cunha importante dimensión emocional, para espertar apego pola lingua e que o alumnado remate a Primaria podendo expresarse tamén en galego.mércores, 27 de abril de 2022
Sara, a galega de Palestina
Sara é Palestina e veu con idea de estar aquí un ou dous anos. Xa leva 14 aquí.
martes, 26 de abril de 2022
O galego segue tendo razóns
Continuación en 2022 da campaña da que xa déramos conta no seu día, "O galego ten razóns", organizada pola Comisión de Normalización Lingüística de Bioloxía.
luns, 25 de abril de 2022
Meandreiras e Tanxugueiras
por Francisco Fernández Rei na Tribuna da RAG:
1. A forma latina MĒLĒS, -ĬS designaba o mamífero carniceiro da familia dos mustélidos de pelo longo e espeso, agrisado no lombo, negro nas patas e no ventre, e abrancazado con dúas listas negras do fociño ata detrás das orellas, que vive en tobos profundos e ten costumes nocturnos. De MĒLĚ(M) debeu crearse en galego o termo mel, co e fechado, semellante a mel, co e aberto, do lat. MĚLLĚ(M), que designa a substancia doce e espesa que elaboran as abellas co néctar das flores e que tan gorentosa lle resulta ó devandito mustélido.
martes, 19 de abril de 2022
Aquí medra a lingua: Militantes da contorna
Quinta entrega da serie do Consello da Cultura Galega Aquí medra a lingua.
O Centro Rural Agrupado Nosa Señora do Faro inclúe oito escolas nos Concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Malpica. Son entornos maioritariamente galego falantes pero a súa infancia non é allea á presencia maioritaria do castelán no seu lecer. Por iso apostan por integrar moito o entorno no día a día da escola, tecer colaboracións con colectivos e empresas locais, e participar na vida cultural dos municipios. Militar na contorna para fornecer a raíz e a autoestima.luns, 18 de abril de 2022
"Historia de los Reyes de León"
Por Xosé María Lema Suárez, nas Voces de ProLingua:
Hai xa tempo, en agosto de 2021, unha amiga leonesa, Paloma Fernández, me obsequiou na miña visita á súa cidade de San Andrés del Rabanedo co libro Historia de los reyes de León (Ed. Rimpego, León, 2020) do historiador leonés Ricardo Chao Prieto. San Andrés fora a parroquia definitiva do cura galego Juan Antonio Posse (1766-1854), e Paloma é outra admiradora deste personaxe de vida tan novelesca e axitada; tanto é así que en breve vai saír a luz unha publicación súa sobre as vivencias do crego nesta cidade, hoxe a terceira en poboación da provincia de León.
mércores, 13 de abril de 2022
Aquí medra a lingua: Alianzas necesarias
Cuarta entrega da serie do Consello da Cultura Galega Aquí medra a lingua.
Nesta ocasión visitamos o CEIP Barouta de Ames foi un dos centros que participou do Mapa sociolingüístico escolar de Ames, unha investigación da Real Academia da Galega que encendeu todas as alarmas sobre o uso do galego entre a infancia e a xuventude. No caso de Barouta, aínda que o galego segue a ser a lingua materna de parte do alumnado, a desgaleguización é tamén unha realidade e por isos eguen colaborando coa RAG para redeseñar o seu Plan de Dinamización Lingüística e atender aos desafíos que establecen os novos datos.luns, 11 de abril de 2022
Meu Córgomo de Valdeorras
Primeiro capítulo da serie 'Florencio Delgado Gurriarán. O soño da Galicia infinda' da Real Academia Galega que foi desenvolvido pola produtora Miramemira e a guionista María Yáñez
sábado, 9 de abril de 2022
Canto sabes da historia da lingua galega?
Carlos L. Medrano, que acaba de publicar o libro Gramática Xeroglífica, é o autor dun gorentoso blogue de ludolingüismo, Xogos de Lingua. Por unha publicación súa en Aulas Galegas soubemos deste Genialy - Trivial que nos propón algúns retos sobre a historia da lingua
venres, 8 de abril de 2022
xoves, 7 de abril de 2022
Aquí medra a lingua: Os activistas da lingua
Terceiro capítulo da serie Aquí medra a lingua
No IES Félix Muriel de Rianxo o proxecto de Dinamización Lingüística non é unha simple axenda de actividades senón o corazón do seu proxecto educativo. Tanto é así, que dende hai anos aplican o Tratamento Integrado de Linguas dando prioridade á lingua minorizada como idioma vehicular. O resultado? Ademais dun maior e mellor uso do galego, unha educación de servizo á comunidade, cun profesorado implicado e un alumnado que exerce de activista da lingua.mércores, 6 de abril de 2022
Aquí medra a lingua: Reforzar o propio
Segundo capítulo da serie Aquí medra a lingua. Unha crise convertida en oportunidade. Así reaccionaron no CPI Virxe da Saleta de Cea ao lume que no 2010 destruiu parte das súas instalacións e que acabou provocando un cambio de rumbo do seu proxecto educativo incorporando máis actividades, máis comunidade e máis galego. Como centro integrado, a rapazada está no colexio dende 4º de Infantil ata 4º da ESO e acaban sendo eles os que motivan ao profesorado recén chegado a falar a lingua propia.
martes, 5 de abril de 2022
Aquí medra a lingua: Modelo Burela
Aquí medra a lingua é un proxecto documental que relata como seis centros educativos de Galicia desenvolven iniciativas e métodos para poñer en valor e promover o uso da lingua galega. Os centros, de ámbitos xeográficos e contextos lingüísticos diferentes, comparten as súas experiencias para facilitar o intercambio e a aprendizaxe colectiva. Cada luns, a web do Consello da Cultura Galega publica un novo episodio.
sábado, 2 de abril de 2022
1981, Ano zero da língua galega
1981, ANO ZERO DA LÍNGUA GALEGA from Através | Produtora on Vimeo.
Documental da AGAL dos 40 anos do galego como lingua oficial,
Participan neste audiovisual José Luís Rodríguez, Elvira Souto, María Xosé Queizán, Martinho Montero Santalha, Tiago Peres, Víctor Freixanes, Bernardo Penabade, María Solar, Pilar García Negro, Elias Torres, Manuel Portas, Ana Miranda, José Ramom Pichel, Eduardo Maragoto, Henrique Monteagudo, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Alba Nogueira, Carlos Callón, Uxia, Susana Sánchez Arins, Ramón Villares, Ângelo Cristóvão, Valentín García e Beatriz Bieites

