Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 18 de novembro de 2010

O conflito polo idioma

Velaí unha consecuencia da política lingüística do goberno de Feijóo. O estraño é que noutros medios non comenten a noticia.
por Cris Moss no Xornal:

Chegar ás mans por un conflito lingüístico debería ser o último. Así ocorreu, no entanto, en Lugo, segundo informou onte El Progreso. Un alumno dun curso de electrónica do Forga para persoas desmpregadas foi agredido durante unha discusión pola lingua que se debía empregar na aula.
Segundo explicaron unha testemuña e a directora do centro, o agresor, castelanfalante, negábase a que a docente impartise a clase en galego e que o resto de compañeiros utilizase esa lingua para comunicarse. A vítima recibiu unha puñada e foi enviado ao hospital, aínda que sen feridas graves.
O autor da agresión non volveu acceder á aula e foi informado pola dirección do Forga da apertura dun expediente de expulsión. A directora do centro asegurou que nunca tivera problema ningún por empregar o galego nas súas clases, malia que hai incluso alumnos africanos e latinoamericanos.
A directora, ademais, sostén que o centro fai uso do seu derito a impartir a docencia en galego, do mesmo xeito que os alumnos poden empregar a lingua que queiran. “Se algún alumno ten algunha dificultade co galego, axudámoslle a comprender ou dáselle unha atención especial, non hai problema”, rematou.

Ningún comentario:

Publicar un comentario