Unha das mellores ferramentas da blogosfera galega é o Planetaki de ENDL. Agora, da man da Profa, Pilar Ponte, teremos un novo recurso para coñecermos que é o que están a cocer os profesores galegos desde os seus respectivos blogues, trátase do Planetaki Prof@s Galeg@s. No momento de escribir este post xa había 39 blogues na lista do novo Planetaki, e sen ter unha bóla máxica a man, podo aventurar sen medo a meter a pata que o número vai multiplicarse varias veces nas vindeiras semanas.
Desde esta Carta Xeométrica manteremos unha ligazón permanente a esta fiestra que de seguro vai estar chea de novas ideas.
Grazas, Pilar.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
luns, 22 de novembro de 2010
Escritores xenerosos
por X. H. R. Corcón, poeta e guionista no Xornal:
Creo firmemente que a literatura e a poesía galega están feitas por escritores altamente xenerosos, e creoo así pola miña experiencia no trato con moitos deles, aínda que un escritor amigo me comenta que son algo inxenuo e por iso creo que todos os demais escritores teñen ese comportamento xeneroso.

Ao marxe do trato persoal, creo que a cuestión está en porque se dedican á escrita en lingua galega, e que é o que esperan acadar disto. Hai unha carta que en 1320 un grupo de escoceses escriben ao Papa Xoán XXII, en defensa da independencia de Escocia, e nela din: “Non é en verdade por gloria, nin por riqueza, nin por honores polo que loitamos, senón pola liberdade”. E así é polo que os escritores galegos fan o seu traballo, non pola gloria, nin por honores, nin por riquezas, senón pola liberdade. Xa sei que é certo que algo inxenuo son, pero a pesar de selo, sei que hai escritores galegos que perseguen a gloria, os honores a as riquezas, pero francamente ser escritor galego para acadar estes fins é estar un pouco errado. Os que saben que significa realmente escribir en galego, son os que penso que teñen ese comportamento altamente xeneroso. Poñerse ao servizo dunha cultura, a galega, escribindo para aportar un humilde grao de area a súa continuidade, é sen dúbida a motivación máis estendida, ademais da evidente paixón intima e persoal de ser escritor ou poeta, iso que se define polo que dicía Ernesto Sábato, que o verdadeiro escritor é aquel que se non escribe sente que morre.
Pois aquí conxúganse ambas cousas: a necesidade vital de escribir e a necesidade vital de servir a unha cultura e un pais. Un exemplo de que moitos dos nosos escritores son así, de que non se moven pola procura da gloria, os honores e a riqueza, é sen dubida o altamente xeneroso Agustín Fernández Paz, que acaba de rexeitar os honores e a gloria, do Premio da Cultura Galega no apartado de Literatura, e que rexeita tamén, cónstame, o protagonismo que este feito lle está ocasionando, o que amosa máis claramente que se escribe é pola liberdade, non por acadar notoriedade.
Pero non escribo isto para falar deste Premio, nin para facelo dos motivos de Agustín Fernández Paz para rexeitalo, fágoo para falar do que expresaba nas primeira liñas, de como temos a sorte de contar con escritores que non escriben en clave persoal senón en clave de país, isto é dende unha visión global dos intereses da sociedade á que pertencen, porque aínda aqueles que podan pensar que Agustín Fernández Paz se equivoca ao rexeitar o premio, supoño que en todo caso terán a capacidade de darse conta que non o fai por unha cuestión persoal, senón por un sentido do compromiso, no que el cree, cos homes e mulleres que conforman a sociedade na que vive, o que é sen dubida un exercicio de xenerosidade, e espero que os que non compartan a súa decisión saiban entendelo.
Para rematar quero desculparme con Agustín, por facelo protagonista do meu artigo nun momento en que iso é o que el menos desexa.
Mans con acento galego
artigo de Cristina Díaz Pardo, no Xornal:
Unha lingua é unha lingua, saia dende a boca, dende as mans ou dende os pes. O idioma que falan as persoas xordas mediante signos é precisamente iso: unha lingua. É por iso que á hora de facer esta reportaxe a principal recomendación que fan os entendidos é a seguinte: “Non vaias poñer linguaxe de signos, que se anoxan!”.
Actualmente no Estado español, só están recoñecidas como oficias a LSE (Lingua de Signos Española) e a LSC (Lingua de Signos Catalá). En Galicia, os expertos no tema andan divididos. Se ben dende a máxima autoridade na materia, a Faxpg (Federación de Asociacións de Xordos do País Galego) entenden que as peculiaridades no léxico de signos propias de Galicia non son máis que unha “variedade dialectal”, outros investigadores apuntan a que, de desenvolverse os estudos adecuados, si que se podería falar dunha LSG (Lingua de Signos Galega)– algo que durante o bipartito xa intentou oficializar o BNG–. Polémicas á marxe, no que todos parecen de acordo, e que as mans tamén teñen acento, e as mans galegas, cando falan, recenden xustamente a Galicia.
O profesor Andrés Caamaño –que padece xordeira– ten por seguro que si que existe unha lingua propia de signos en Galicia. “A miña opinión é que si que a hai e é a que usan moitas persoas en pobos dende hai moitísimos anos. Hoxe en día séguese a utilizar e é distinta da lingua de signos castelá”, explica este experto, autor de numerosos estudos sobre a lingua de signos. “Cientificamente pode demostrarse que existe unha lingua de signos específica de Galicia”, asevera, á vez que alerta de que, ante o escaso interese existente polas peculiaridades da lingua de signos galega “esta estase a perder pouco a pouco”. “A estrutura é moi parecida que a da lingua de signos española pero os signos son distintos”, comenta Caamaño.
Esa é a súa opinión, mais hai quen non a comparte. De feito, dende a dirección da Faxpg sosteñen que a hipotética LSG non é máis que unha variante dialectal do LSE. Feliciano Sola, o presidente desta entidade, ten unha opinión firme sobre o tema: “Realmente o que hai é un pequeno dialecto galego cunha serie de signos propios pero non os necesarios para constituír unha lingua. A estrutura, a gramática da lingua de signos española, é a mesma que a galega. Isto é o mesmo que dicir que en Andalucía non se fala español. Fálase pero cun acento distinto. Aquí, no tema dos signos é o mesmo”.
Segundo Ledo, moitas das palabras propiamente galegas que xurdiron en lingua de signos apareceron nos antigos “colexios de xordos”. “Neses lugares, moitas veces chegábase a un acordo común para definir algún concepto determinado, eran consignas propias que foron quedando”, explica, pero engade: “Iso de que existe unha lingua de signos galega non é certo por moito que algúns así o queiran. É certo que igual que na lingua oral hai distintas entoacións, tamén hai uns parámetros diferenciadores segundo as zonas. Vinte non se di igual aquí que no resto de España, trinta tampouco, avó... así con varias palabras”.
Para a dirección da Faxpg a situación galega dista da catalá. “A lingua de signos catalá está argumentada e comprobada e ten máis de 20 anos de estudo ás costas. Aquí para querer instaurar unha lingua de signos propia habería que abrir unha investigación a nivel lingüístico”, comenta Ledo. Caamaño é doutra opinión: “A lingua de signos de Cataluña está moi protexida, protexeuse da mesma forma que a española, iso é o que ocorre. Aquí en Galicia moitas persoas xordas foron a estudar a Madrid, sobre todo cando dende a Deputación se subvencionaron os estudos alí, polo que isto foi prexudicando o idioma de signos de aquí, que ía perdendo os seus signos característicos”.
Camilo Gutiérrez, profesor de lingua se signos da Asociación de Persoas Xordas de Vigo explica que “hai tempo, e aínda hoxe entre algunhas persoas maiores de Galicia, utilizábase certo tipo de lingua de signos que podería equipararse ao que sería o galego, pero resultou inviable”. Iso si, explica, “isto non significa que non sexa imposible, pero si bastante difícil e inviable na práctica”
A Secretaría Xeral de Política Lingüística contra Feijóo
No caso de querer facer unha intervención oral en galego, podería facerse no Consello da UE e o Comité das Rexións . En ambos os casos a Representación Permanente de España ante a Unión Europea (REPER) deberá solicitar esta posibilidade ante estes órganos con sete semanas de antelación. A confirmación efectuarase dúas semanas antes da reunión. No caso do Consello, a REPER deberá dar unha previsión indicativa do eventual uso do galego ao inicio de cada semestre.
(Información extraída dunha páxina da SXPL)
Alberto Núñez Feijóo usa o castelán no plenario do Comité das Rexións da UE.
Para saber máis da cuestión, vai unha reportaxe da RTP do 1/1/2006

domingo, 21 de novembro de 2010
Un idioma preciso
Como debemos chamarlle a isto que estás lendo? Blog, blogue, bitácora?
Conversando sobre "Un idioma preciso" from 20editora on Vimeo.
Xusto Rodríguez Río (Cangas/Foz, 1970), que aquí presenta a obra do título editada por 2.0editora, desenvolve o seu traballo no Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e dedica os seus labores de investigación a traballos sobre terminoloxía e lingua galega.
Cun discurso coherente, claro, achegado á realidade social e moi ben estruturado explica como as achegas terminolóxicas contribúen á normalización e de paso desmonta algúns prexuízos sobre o galego.
Cun discurso coherente, claro, achegado á realidade social e moi ben estruturado explica como as achegas terminolóxicas contribúen á normalización e de paso desmonta algúns prexuízos sobre o galego.
Conversando sobre "Un idioma preciso" from 20editora on Vimeo.
sábado, 20 de novembro de 2010
Bilingüismo versus plurilingüismo
No informe da Xunta “Evolución e estado actual do ensino en Galicia. Cursos 2002-2005”, publicado no 2006, aparece o seguinte dato: hai un 33% do alumnado cun deficiente dominio do galego cando ingresa no ensino primario.
O goberno anterior entendeu que este problema era debido á exclusión dese alumnado a respecto do galego, polo que se propuxo vehiculizar especialmente en galego o ensino dos primeiros anos en contornas castelán-falantes. Afrontaríase este problema mediante dúas vías: unha lexislativa e outra organizativa. A lexislativa consistiría especialmente no seguinte apartado do decreto 124/2007:
No caso de contornos castelán falantes, a utilización nesta etapa da lingua galega como lingua de comunicación e ensinanza será, como mínimo, igual á da lingua castelá. Fomentarase a adquisición progresiva da lectura e da escritura en galego, no sentido de que este se convirta no idioma base da aprendizaxe, de xeito que o alumnado obteña unha competencia que lle permita comunicarse normalmente en galego co alumnado e o profesorado.
A resposta do goberno de Feijóo foi a derrogación do decreto do galego do 2007, e con ela, supresión da promoción do ensino en galego nas circunstancia que se relataban. Faiselle unha polémica consulta aos país, de moi dubidosa legaligade. Enténdese que os nenos de ambientes castelófonos continuarán excluídos do contacto co galego. Do que se trata é de legalizar a exclusión da aprendizaxe e do contacto co galego.
Nótese que a posición é disimétrica. Non pode haber nenos nunha familia galego-falante que non teñan contacto continuado e habitual co castelán.
A medida organizativa proposta polo goberno anterior para que os nenos das cidades non acabaran excluídos do galego consistiu en establecer liñas de galego que se estaban a aplicar nas escolas infantís das cidades. Para acceder a este sistema tíñanse que cumprir varios requisitos:
É curioso e significativo que as características que restrinxían a impartición das aulas en galego a principios da década dos 80 eran exactamente as mesmas que as das máis modernas liñas de galego. Efectivamente, segundo o Decreto de bilingüismo do 79 para que un profesor poidera impartir aulas en galego debía:
• Solicitar o apoio do claustro.
• Permiso ás APAS
• Enviarlle unha solicitude de permiso ao Ministerio cos acordos anteriores.
Aínda así, a solicitude podía ser denegada. De feito iso foi o que sucedeu, polo que o profesorado daquela optara por tomar polo camino lóxico: impartir aulas en galego sen facerlle caso á letra do funesto decreto. Non fará falta dicir que impartir clase en castelán non necesitaba de ningunha clase de permisos. E a isto aínda lle chamaban Decreto de bilingüismo.
O obxectivo deste decreto foi o de frear o cada vez máis numeroso movemento de profesores que, de facto, estaba a impartir aulas en galego.
A eliminación das liñas de galego revélanos onde debemos situar a ideoloxía da actual política lingüística do goberno. Non podemos situala no século XXI, nin no tempo en que se desenvolveu a estrutura autonómica, nos anos 80 e 90, pois aos seus autores non lles serve a concesión de permisos para o galego ao nível do ano 1979. Está claro que os fundamentos da intervención lingüística deste goberno profundizan as súas raíces nos pantanos da dictadura. Quedan entón desvelados cales son os obxectivos principal do decreto 79/2010:
• Reducir a presenza do uso do galego no ensino [acompañado de redución outros ámbitos]
• Anular as mensaxes normalizadoras [poñendo problemas aos que traballan nos centros de ensino no mundo da normalización]
• Visibilizar o galego como un problema e o castelán como unha solución [discurso imposición/liberdade]
E aínda lle chaman o decreto de plurilingüismo.
Conclusión.
Se a principios dos 80, con moito menos organización social, menos medios, un grupo de profesores abriron unha fenda na monolítica inmersión lingüística en español do sistema educativo da época, non hai desculpa ningunha para que 30 anos despois, co apoio de múltiples organización sociais, e cun incomparable mellor coñecemento da realidade sociolingüística, nós non fagamos o mesmo.
O goberno anterior entendeu que este problema era debido á exclusión dese alumnado a respecto do galego, polo que se propuxo vehiculizar especialmente en galego o ensino dos primeiros anos en contornas castelán-falantes. Afrontaríase este problema mediante dúas vías: unha lexislativa e outra organizativa. A lexislativa consistiría especialmente no seguinte apartado do decreto 124/2007:
No caso de contornos castelán falantes, a utilización nesta etapa da lingua galega como lingua de comunicación e ensinanza será, como mínimo, igual á da lingua castelá. Fomentarase a adquisición progresiva da lectura e da escritura en galego, no sentido de que este se convirta no idioma base da aprendizaxe, de xeito que o alumnado obteña unha competencia que lle permita comunicarse normalmente en galego co alumnado e o profesorado.
A resposta do goberno de Feijóo foi a derrogación do decreto do galego do 2007, e con ela, supresión da promoción do ensino en galego nas circunstancia que se relataban. Faiselle unha polémica consulta aos país, de moi dubidosa legaligade. Enténdese que os nenos de ambientes castelófonos continuarán excluídos do contacto co galego. Do que se trata é de legalizar a exclusión da aprendizaxe e do contacto co galego.
Nótese que a posición é disimétrica. Non pode haber nenos nunha familia galego-falante que non teñan contacto continuado e habitual co castelán.
A medida organizativa proposta polo goberno anterior para que os nenos das cidades non acabaran excluídos do galego consistiu en establecer liñas de galego que se estaban a aplicar nas escolas infantís das cidades. Para acceder a este sistema tíñanse que cumprir varios requisitos:
- Petición do colexio. Acordo do claustro.
- Profesorado disposto a participar nas liñas.
- Pais dispostos a participar no programa.
É curioso e significativo que as características que restrinxían a impartición das aulas en galego a principios da década dos 80 eran exactamente as mesmas que as das máis modernas liñas de galego. Efectivamente, segundo o Decreto de bilingüismo do 79 para que un profesor poidera impartir aulas en galego debía:
• Solicitar o apoio do claustro.
• Permiso ás APAS
• Enviarlle unha solicitude de permiso ao Ministerio cos acordos anteriores.
Aínda así, a solicitude podía ser denegada. De feito iso foi o que sucedeu, polo que o profesorado daquela optara por tomar polo camino lóxico: impartir aulas en galego sen facerlle caso á letra do funesto decreto. Non fará falta dicir que impartir clase en castelán non necesitaba de ningunha clase de permisos. E a isto aínda lle chamaban Decreto de bilingüismo.
O obxectivo deste decreto foi o de frear o cada vez máis numeroso movemento de profesores que, de facto, estaba a impartir aulas en galego.
Por iso non é de estrañar que nun informe para o CCG publicado no 2008 [sobre estudos realizados nos anos 2004-2005] e coordinado polo profesor Bieito Silva Valdivia, a porcentaxe de clases en galego en matemáticas na secundaria nos anos estando baixo a éxira do PXNL, que establecía polo menos un 50% das horas en galego, e recomendaba especialmente que as de ciencias fosen nesa lingua.Lembremos que os que hoxe somos profesores fomos educados baixo un ensino rexido por este tipo de leis. A socialización dos que agora somos profesores, era exclusivamente en castelán. Educáronos nos prexuízos lingüísticos. . Polo que non é de estrañar, que nun informe publicado polo CCG no 2008 dirixido por Bieito Silva Valdivia, da USC, a porcentaxe de aulas de matemáticas en galego movíanse entre o 35% e o 40% na ESO, e isto baixo o espíritu do PXNL, que establecía explícitamente que polo menos a metade das aulas debían impartirse en galego e recomendaba que as clases de ciencias se impartirán tamén nesta lingua. As clases de Historia e de Bioloxía debían ser todas en galego. Na primeira cumpríase a norma nun 75% e na segunda nun 50%.
Aos que hoxe somos pais excluíronos do galego na escola e na sociedade. Fomos formados nos prexuízos lingüísticos, e agora xa se nos ameaza cun plan para poner nas mans deste corpo social a decisión sobre cal vai ser a lingua vehicular do ensino. [Cal é a lingua materna do seu fillo?] Incluso, se hai que remover a lexislación para encaixar esta consulta e poñela patas arriba, hai a vontade política de o facer.A eliminación das liñas de galego revélanos onde debemos situar a ideoloxía da actual política lingüística do goberno. Non podemos situala no século XXI, nin no tempo en que se desenvolveu a estrutura autonómica, nos anos 80 e 90, pois aos seus autores non lles serve a concesión de permisos para o galego ao nível do ano 1979. Está claro que os fundamentos da intervención lingüística deste goberno profundizan as súas raíces nos pantanos da dictadura. Quedan entón desvelados cales son os obxectivos principal do decreto 79/2010:
• Reducir a presenza do uso do galego no ensino [acompañado de redución outros ámbitos]
• Anular as mensaxes normalizadoras [poñendo problemas aos que traballan nos centros de ensino no mundo da normalización]
• Visibilizar o galego como un problema e o castelán como unha solución [discurso imposición/liberdade]
E aínda lle chaman o decreto de plurilingüismo.
Conclusión.
Se a principios dos 80, con moito menos organización social, menos medios, un grupo de profesores abriron unha fenda na monolítica inmersión lingüística en español do sistema educativo da época, non hai desculpa ningunha para que 30 anos despois, co apoio de múltiples organización sociais, e cun incomparable mellor coñecemento da realidade sociolingüística, nós non fagamos o mesmo.
venres, 19 de novembro de 2010
As vacalouras do PP
Estaba escribindo un post sobre libros de matemáticas e tentoume o buscador. Puxen "colectivo vacaloura" e apareceume este artigo publicado o pasado domingo que, polo título, pasáraseme completamente desapercibido. Sería unha pena non recollelo porque trata precisamente os tópicos que son a razón de existir deste blogue.
Por Xulián Maure, filólogo e profesor, o 15/11/2010, no Xornal:
Vulnerable é a situación dada existencia en Galicia do coleóptero máis grande de Europa, o lucanus cervus. Así está clasificado na páxina 196 da obra que leva por título Estratexia Galega para a Conservación e Uso Sostible da Biodiversidade, publicada en 2003 pola Xunta de Galicia, que tamén ofrece a versión dixital en http://www.siam-cma.org/.
Escornabois ou vacaloura son os nomes máis populares na nosa lingua deste impresionante insecto. Xa non se ven moitos, e menos en vilas e cidades, pero aínda non é unha especie extinta, nin se considera en perigo de extinción. Está na categoría de vulnerable, suficiente
para que a Xunta de Galicia de 2003, a de D. Manuel Fraga, recente e discutido Premio Otero Pedrayo, estivese daquela preocupada por manter a biodiversidade e protexer as vacalouras que quedan nesta terra.
En 1979, hai agora trinta e un anos, editei o primeiro libro, non só de Europa senón do mundo enteiro, dedicado ó ensino das matemáticas en lingua galega. Os seus autores eran profesores universitarios e de secundaria, agrupados no «Colectivo Vacaloura».
Moitos alumnos de Galicia puideron estudar por primeira vez as matemáticas
en lingua galega. Estes alumnos –tanto os castelán falantes como os galego falantes– hoxe son persoas adultas e profesionais en distintas áreas; algúns deles son novos profesores de matemáticas. Consuelo Romón, unha das autoras do «Colectivo Vacaloura», a quen dedico este artigo, profesora dun instituto vigués, recorda como lle aprendeu as matemáticas en galego a quen hoxe é profesor de física matemática na universidade de Xenebra. Ten que ser para ela unha grande satisfacción escoitar a Marcos Mariño na recente entrevista recollida en http://vimeo.com/12073808falando da lingua materna como lingua da ciencia.
Non se entende como o mesmo partido, que en 2003 defende a biodiversidade como unha manifestación da natureza, en 2010 persigue a diversidade lingüística prohibindo e destruíndo os libros de matemáticas en lingua galega. ¿Cómo é posible tanta ignorancia na actual Xunta do PP? Xa hai máis de cen anos que Darwin na súa obra The Descent of Man (http://darwin-online.org.uk/contents.html) escribía:“É un feito moi notable e moi curioso ó mesmo tempo que as causas que explican a formación das diferentes linguas explican tamén a das distintas especies e constitúen as probas de que ambas veñen dun proceso gradual tan curioso como exacto”.É tan natural que as vacalouras habiten as carballeiras de Galicia como que a mocidade galega use a súa lingua para os novos coñecementos matemáticos e científicos.
Pode que o presidente da Xunta de Galicia, o conselleiro de Educación e o secretario Xeral de Política Lingüística consigan mostrarlles ós seus netos unha vacaloura dentro de vinte ou trinta anos, pero como non cambien o seu decreto anti natura contra a lingua galega o que van ver os seus netos será “un ciervo volante” ou simplemente un "bicho repugnante".

Aló irmao
NARF e Manecas Costa, Galicia e Guinea-Bissau. Comparten lingua, comparten música e comparten éxitos. Como comenta Manecas, crearon unha alianza de irmandade.
Nesta reportaxe explícase como se argallou a colaboración que callou no traballo Aló Irmao.
Aló Irmao na RTP2 from xavier belho on Vimeo.

Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión
por Silvana Castro García, no Terra e Tempo:
Co título tan esclarecedor de Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión chegou hai poucos días ás librarías de todo o País un volume editado por Baía Edicións que, pola súa funcionalidade e sen perder un ápice de rigor científico, pretende fuxir da academicidade de que moitas veces pecan as gramáticas convencionais e converterse nun referente de uso diario para todas aquelas persoas que pretendan mellorar o seu galego.
Xoán López Viñas, Cilha Lourenço Módia e Marisa Moreda Leirado asinan esta obra, que consta de oito capítulos que abarcan desde os aspectos tradicionalmente incorporados á Gramática, como a Fonética, a Morfoloxía, a Sintaxe, a Lexicografía e a Semántica, até aspectos relacionados coa Sociolingüística, a representación gráfica da lingua oral e até a Lingüística Textual. Un amplo abano de capítulos que fan que poidamos facer unha lectura máis ou menos profunda en función das necesidades, polo que é unha obra que nos pode resultar moi útil para as aulas de Lingua Galega ou para o enriquecemento persoal dunha persoa interesada en aspectos concretos do uso cotián da lingua galega.
Especialmente significativos son os capítulos dedicados á representación gráfica da lingua oral e á Lingüística textual, porque até o momento constituían unha certa eiva nos manuais ou tratados gramaticais galegos.
No primeiro deles, por exemplo, ofrécensenos pautas prescritivas do uso das maiúsculas, dos sinais de puntuación e dos sinais auxiliares da escrita, do uso das formas de destaque (itálica, negra, subliñado, versaleta, superíndice e subíndice) e mesmo da configuración gráfica (marxes, espazos, parágrafos e enumeracións).
Pola súa parte, no capítulo dedicado á Lingüística textual temos un amplo abano de modelos textuais de tipos ben diversos (xornalísticos, científicos, administrativos, orais e electrónicos) en que se especifican as características propias de cada un, con exemplos reais e coa descrición pormenorizada da súa estrutura interna. Deste xeito, a Gramática práctica pode terse como "manual de oficina" ou como un referente doméstico á hora de confeccionarmos, poñamos por caso, unha acta da xunta de veciños, unha solicitude, ou mesmo un simple currículo á hora de pedirmos traballo.
Outro dos aspectos que fan que a obra se torne unha ferramenta didáctica imprescindíbel son os abundantes cadros resumo que aparecen ao longo de todo o texto, e que, por poñer tan só algúns exemplos, se fan especialmente relevantes na descrición dos bloques dialectais, dos elementos do AFI (Alfabeto Fonético Internacional) adaptado ao galego, do significado dos prefixos e sufixos máis usuais e das bases eruditas de orixe grecorromana, do paradigma verbal completo, dos modelos de análise das diferentes funcións sintácticas e moitos outros cadros que constitúen bos referentes para as aulas de Lingua en diferentes niveis aos que queiramos adaptalos.
Boa proba de que estamos perante unha obra totalmente actualizada aos tempos que corren é a inclusión das linguaxes das novas tecnoloxías da información e da comunicación. Deste xeito, temos exemplos que van desde o significado das diferentes emoticonas empregadas nas linguaxes de chat, por exemplo, até a análise das propias formas textuais deste tipo de formatos, nomeadamente do messenger e do propio chat, o que constitúe unha novidade que se agradece encarecidamente.
En definitiva, unha obra actual, moi completa, integradora de todos os aspectos que constitúen o centro e os satélites da lingua, e que abarca a descrición e a prescrición a partes iguais facendo que se poida empregar en moi diversas etapas e situacións da nosa vida.
Unha obra referencial que non pode faltar en ningunha biblioteca e que vén enriquecer o panorama filolóxico galego, demostrando que as novas xeracións están a traballar moito e ben a prol da nosa lingua.

xoves, 18 de novembro de 2010
O conflito polo idioma
Velaí unha consecuencia da política lingüística do goberno de Feijóo. O estraño é que noutros medios non comenten a noticia.
por Cris Moss no Xornal:
Chegar ás mans por un conflito lingüístico debería ser o último. Así ocorreu, no entanto, en Lugo, segundo informou onte El Progreso. Un alumno dun curso de electrónica do Forga para persoas desmpregadas foi agredido durante unha discusión pola lingua que se debía empregar na aula.
Segundo explicaron unha testemuña e a directora do centro, o agresor, castelanfalante, negábase a que a docente impartise a clase en galego e que o resto de compañeiros utilizase esa lingua para comunicarse. A vítima recibiu unha puñada e foi enviado ao hospital, aínda que sen feridas graves.
O autor da agresión non volveu acceder á aula e foi informado pola dirección do Forga da apertura dun expediente de expulsión. A directora do centro asegurou que nunca tivera problema ningún por empregar o galego nas súas clases, malia que hai incluso alumnos africanos e latinoamericanos.
A directora, ademais, sostén que o centro fai uso do seu derito a impartir a docencia en galego, do mesmo xeito que os alumnos poden empregar a lingua que queiran. “Se algún alumno ten algunha dificultade co galego, axudámoslle a comprender ou dáselle unha atención especial, non hai problema”, rematou.

A Xunta esquece o galego na UE
A principios de mes oía na Radio Galega como un reporteiro que estaba na Praza do Obradoiro, pasaba a falar en castelán ao decatarse de que os peregrinos aos que estaba entrevistando eran italianos. Os seus prexuízos levávano a considerar o castelán máis internacional que o galego. Na mesma liña actuou Feijóo os pasados días na súa viaxe a Bruxelas. Mellor ca min cóntao neste artigo de Miguel Pardo, no Xornal:
“A presenza das linguas cooficiais supón unha mellor identificación das persoas co proxecto político que representa a UE”. Con esta frase, o ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, destacou a relevancia do feito de que o galego se estrease nas institucións europeas. Foi un 16 de novembro de 2005 no plenario do Comité das Rexións da UE e logo do acordo entre o Estado e este organismo para permitir o uso oficial de “linguas distintas” ao castelán nel.
Xusto cinco anos despois, o pasado martes, o agora xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, empregou o castelán na súa intevención no Comité das Rexións para presentar o ditame co que abordou a posibilidade de abrir novas vías de financiamento para Galicia ante a caída dos fondos estruturais a partir de 2013.
Optou polo castelán Feijóo malia que hai un ano elixira a lingua propia na súa primeira intervención no Comité das Rexións e a pesar de que a normativa europea permitiríalle empregar o galego. Para facelo, bastaría con pedir que a representación permanente de España ante a UE “solicite esa posibilidade ante os órganos correspondentes con sete semanas de antelación”, dando tempo así a que a administración comunitaria facilite os mecanismos necesarios para a tradución. Así o aclara a lexislación e fontes comunitarias consultadas por Xornal.
Esta posibilidade é posible logo de que o presidente do Comité das Rexións, Peter Straub, asinase o acordo co Goberno español aquel 16 de novembro de 2005 no que Touriño interviu en galego. Ao mesmo tempo, o daquela presidente da Generalitat catalá, Pasqual Maragall; o presidente valenciano, Francisco Camps; e o comisionado do lehendakari, José María Muñoa, empregaban o catalán e o vasco para celebrar o acordo.
Á marxe disto, o emprego das linguas cooficiais do Estado na Unión Europea non ten moito máis percorrido. A súa oficialidade é parcial na maioría do resto de institucións comunitarias, xa que o uso do galego queda limitado a traducións oficiais dos actos do Parlamento Europeo e do Consello, traducións dos parlamentarios a todas as linguas da Unión e comunicacións escritas a administracións e a súa correspondente resposta.
A lingua, no entanto, ten outra posibilidade, como cando o ex eurodeputado nacionalista Camilo Nogueira interviu en Bruxelas en galego, engadíndolle un chisco de acento portugués, e aproveitando a oficialidade da lingua do país veciño.

"Hai que dicilo: é unha inxustiza"
artigo de Fernando Franjo, no Galicia Hoxe:
Cultura concédelle 35.000 € a Rosalía e 350.000 € a Cela
"Non podemos quedar calados. Hai que dicilo. É unha inxustiza". Abertas, moi abertas están as feridas na Fundación Rosalía de Castro de Padrón, e isto ocorre por mor da recente concesión dunha subvención de 350.000 por parte da Consellería de Cultura á veciña Fundación Camilo José Cela.
Horas despois da homenaxe recibida polo escritora galega no Instituto da Muller de Madrid, desde o centro cultural da Matanza confirmaban onte a súa sorpresa. "Nós recibimos 35.000 euros da Consellería de Cultura en dúas fraccións, unha vía convenio e outra por adquisición de bibliografía rosaliana", aínda que especificaron que reciben unha axuda a maiores procedente de Política Lingüística.
A directiva do centro rosaliano quixo deixar claro desde un principio que tras esta reivindicación non hai nada contra a súa veciña, a Fundación de Iria Flavia, pero que aínda supondo que se tratase de dous escritores iguais ¿por que esta diferenza? Falan, neste sentido, dun agravio comparativo da Consellería de Cultura no aspecto máis vulnerable: no mantemento da institución e na difusión da mesma, aínda que, afortunadamente, a institución non arrastra débedas e mantense ó día en persoal e proovedores.
"Hai que pensar que estamos falando de dez veces máis. Creo que Galicia ten unha débeda con Rosalía, que xa a a tivo en vida. Logo da súa morte si foi canonizada e moi querida polo pobo pero as institucións creo que realmente teñen que facer algo máis", sinalaron desde A Matanza.
Neste sentido, as miñas fontes non ocultaron a súa sorpresa "Rosalía é todo un símbolo da Galicia plural, pense como pense e crea o que crea, que merece axuda e protección, se non non pode sosterse". Ademais das distintas achegas dos patróns, as inxeccións económicas proceden do produto da venda de entradas, de xeito evidente insuficiente, xa que son moitas as persoas que acceden ó centro de forma gratuíta. Rosalía de Castro, por engádega, non cobra dereitos de autor nin de imaxe porque están cadudados hai moitos anos. O que se fai na Matanza é labor de conservación da casa e conservar a súa memoria e a súa biografía e difundir a súa obra.
A proba diso é que a fundación rexistrou a petición dunha escritora de repercusión internacional que está escribindo un libro sobre a casa-museo dos escritores españois. Entre elas vai tratar dúas mulleres: Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán.
No DOG do pasado día 8, saía a concesión dde 355.000 euros á Fundación de Cela para os gastos de persoal. Esa partida outórgase nunha adenda ó convenio de colaboración entre Consellería de Cultura e fundación.
Apoio da Deputación da Coruña
A Fundación Rosalía de Castro conta cunha xerente que se encarga de levar adiante a parte administrativa; dúas empregadas, e unha encargada de limpeza. Hai unha praza vacante (despediuse voluntariamente) que sería precisa para atender correctamente as instalacións.
Os escolares de menos de 6 non pagan, os de máis de 6 anos, pagan 1 euro; os grupos 1,2 €; e as entradas individuais. 1,5 €. Abre os domingos. Luns, pechado. A fundación está aberta todo o ano e ten unha media de tres actividades por mes.
A Deputación da Coruña achegou 30.000 euros, que actualmente se empregan sobre todo para gastos de mantemento.

Subdirección Xeral de Poesía
por X. H. R. Corcón, no Xornal:
Hai escasas semanas o conselleiro de Cultura e Turismo informou no Parlamento da creación da Dirección Xeral do Libro e Bibliotecas, o que dito así, sen máis, é unha boa noticia, non só para aqueles que estamos implicados senón para toda a sociedade en xeral, xa que o libro forma parte indispensable da columna vertebral da cultura da humanidade, sendo o elemento esencial que vertebra e sostén a cultura en todos os seus diferentes ámbitos.
O libro é o que permite deixar fixadas no tempo as bases da cultura, necesarias para a súa aplicación e para o seu desenvolvemento. Sabemos que sen a existencia dos libros non poderíamos chegar a ser unha sociedade culta, certo que hoxe apoiados por outros soportes dos contidos culturais. E sabemos que sen cidadáns cultos a convivencia sería imposible. Polo que decidir prestar atención política ao libro deberá ir en favor da convivencia, e que se faga dende unha dirección xeral exclusiva para este fin significará que os responsable deste organismo poderán centrarse no coidado do libro galego, sen ter que distraerse noutras responsabilidade.
Agora ben, sendo esta unha noticia excelente, que siga sendo así vai depender do funcionamento no futuro desta dirección xeral, como xa dixo o editor Manuel Bragado: “Pode ser unha grande noticia ou unha grande decepción”, se as liñas de traballo entorno ao libro non acadan os resultados precisos, e se non se ten a visión necesaria para dotala do orzamento axeitado. Pero aínda temos esperanza, en parte porque xa se anunciou que á fronte desta dirección xeral vai estar o escritor Francisco López-Barxas, alguén que coñece ben o tema, cun historial de traballo en favor do libro galego dende moi diversos ámbitos, e confiamos en que deseñase liñas de traballo óptimas, o que esperamos é que llas deixen executar.
E escribo este artigo para facerlle unha petición especial e pública a Francisco López-Barxas: tendo a nosa cultura unha sólida base poética, dende os séculos XII e XIII, onde a obra dos nosos poetas estaba á cabeza da poesía europea, e pasando pola obra de recuperación e rexurdimento de Rosalía de Castro, Curros e Pondal, pasando polos tempos da longa noite de pedra coa obra do propio Celso Emilio, Díaz Castro, Cunqueiro, Ferrín, Novoneyra... e xa na actualidade con poetas de alta calidade como Xavier Seoane, Xulio Varcárcel, Fernán Vello, Xosé María Álvarez Cáccamo, María do Carme Kruckenberg, Anxo Angueira, García Teijeiro, Helena de Carlos, Ana Romaní, María Xosé Queizán, Forcadela e unha morea de nomes máis, a poesía ten serias dificultades para existir, o que fai é resistir heroicamente.
Significativo desta realidade é que existan editoriais que non queren saber nada de libros de poemas, outras editan escasos libros ao ano, e se o fan, confesoume un editor, é polo que supón de prestixio e non pola confianza nas vendas, e tamén sei que hai libreiros que foxen de poñer libros de poesía nos seus andeis como quen foxe das iras dun deus. A miña petición é que se abra, na nova dirección xeral, unha liña de actuación específica para fomentar a poesía, para que esta recupere o espazo que lle pertence nas editoriais, nas librerías e especialmente nas casas dos lectores. Ao mellor non estaba mal unha Subdirección Xeral de Poesía, soñar é de feito un acto poético.

Dous novos dicionarios
Acaban de presentarse dous libros desde cadansúa universidade.
O Instituto da Lingua Galega da USC, conxuntamente coa Real Academia Galega, acaban de publicar o Dicionario de pronuncia da lingua galega, da autoría do catedrático de Filoloxía Galega Xosé Luís Regueira, investigador do dito instituto, coa colaboración dun equipo de investigadores e investigadoras do mesmo centro. Contén un total de transcricións fonéticas para 47.000 palabras, e devén unha proposta de pronuncia para o nivel estándar da lingua.
Con máis de 5000 termos, a Universidade de Vigo acaba de editar o primerio dicionario galego-eúscaro, eúscaro-galego. O autor, Isaac Fernández, é o único tradutor e intérprete directo entre esas dúas linguas. A publicación do volume foi financiada tamén pola SXPL.

Nun día coma este
por Craig Patterson, no Galicia Hoxe:
Estaba xa preparando un artigo sobre a manifestación de estudantes e profesores universitarios británicos en Londres da semana pasada, cando reparei na nova sobre Agustín Fernández Paz. Optou por non aceptar o Premio da Cultura Galega convocado pola Consellería de Cultura e Turismo. É dicir, pola Xunta de Galiza. Polo goberno de Feijóo. O escritor chairego deu a coñecer a súa decisión nun comunicado de prensa breve e cheo de simplicidade que me conmoveu polo súa ética innata. Pola súa dignidade, en intenso contraste coas vulgares xestións que están detrás do Premio.
A actitude do escritor explicouna noutro comunicado, nesta ocasión emitido pola plataforma ProLingua en outubro: os motivos que o levaron a rexeitar un premio que, en calquera país normalizado en que o goberno autónomo non atacase a súa lingua nacional, sería motivo de fachenda e marcaría unha vitoria na traxectoria persoal dun creador literario. Desta maneira, a exemplar xenerosidade de Fernández Paz foi a voz de todos os que rexeitan o lingüicidio continuo, a voz de todos os que non se converteron en cómplices do réxime que o tenta promover. Anda, atrevédevos a darlle este premio a Manuel Fraga, porque moito me temo que chegará a ser un cáliz envelenado que non van querer tocar os que aínda non están seguros de ser capaces de emular a Fernández Paz.
Como afirmaba ProLingua, Rosalía de Castro non aceptaría este galardón, que tentan empregar como reclamo para bulrarse das moitas persoas que na sociedade galega, e alén dela, son defensores da súa cultura lingüística auctóctona. Rexeitar un premio é premiar os que resisten a intolerancia e a agresión: velaí os feitos. Iso si que é marcar a axenda e dar exemplo ético. Nun día coma este demos un paso máis cara ao final deste túnel de tolemia en que nos meteu o goberno de Feijóo, esta esquizofrenia lingüística cuxa extirpación completa debería ser o obxectivo de calquera goberno civilizado que rexese este reino acugulado de autodio. Nun día coma este síntome aínda máis orgulloso de falar esa lingua e de ser galego da alma. E todo grazas ao xesto unánime, admirable e valente dun señor a quen nunca tiven o pracer de coñecer en persoa, falla que espero rectificar algún día. Quizais nun día coma este..

mércores, 17 de novembro de 2010
Agustín Fernández Paz premia á cultura galega
Desde que me enterei da noticia no blogue da Profa, lévolle dando voltas a como escribir algo louvando o xesto de Agustín Fernández Paz de rexeitar o Premio da Cultura que lle acaban de conceder e non dou atopado as suficientes palabras de agradecemento por este premio que Agustín lle acaba de conceder á nosa cultura. Non sei se algún día os galegos seremos quen de lle recompensar como o merece todo o que leva feito pola cultura e o orgullo propios.
As razóns da decisión do escritor estaban redactadas no chamamento de ProLingua do pasado 8 de outubro. En coherencia con esta toma de postura Agustín Fernández Paz redacta un comunicado comunicado , no que comenta sobre o premio concedido que:
Se realmente o premio está dirixido a todos os creadores (de literatura infantil e xuvenil ou do que sexa), un non pode deixar de preguntarse cantos deles terán a coherencia e a valentía de facer o que el fixo. Verémolo nos vindeiros días.
De corazón, grazas, Agustín.

Aínda que o singularizasen na miña persoa, estou convencido de que pensaban en todo o colectivo que, desde hai ben anos, vén esforzándose en crear en Galicia unha literatura infantil e xuvenil de alta calidade.
Se realmente o premio está dirixido a todos os creadores (de literatura infantil e xuvenil ou do que sexa), un non pode deixar de preguntarse cantos deles terán a coherencia e a valentía de facer o que el fixo. Verémolo nos vindeiros días.
De corazón, grazas, Agustín.
Ordenadores das escolas en galego
por Cris Moss, no Xornal:
Cando a Xunta de Galicia presentou publicamente os portátiles dos que gozarán os cativos das escolas galegas a través do proxecto Abalar, os ordenadores que alí se utilizaron viñan configurados en castelán por defecto, pero non en galego. Así se denunciou desde numerosos foros.
Agora, varias semanas despois, o portal Ciberirmandade da Fala anuncia que a Xunta recuou para configurar o galego como idioma por defecto nos portátiles educativos. Foi, segundo se asegura, grazas á “cantidade considerable de mensaxes enviados a responsábeis da Xunta e representantes políticos”.
Este portal aclara que consideraba “ben a inclusión do castelán nos portátiles, ao igual co inglés”, aínda que sempre “que se ofrezan como escollas alternativas á lingua principal, que debe ser o galego”. Ademais, solicitan tamén que se inclúan outros idiomas como o francés, o inglés e o portugués.
Ciberirmandade da Fala insiste en que a inclusión da lingua portuguesa iría “en coherencia” coas palabras do presidente da Xunta, Núñez Feijóo, que advertiu varias veces da potencialidade comunicativa de Galicia ao poder facer de ponte entre a anglofonía, a lusofonía e a hispanofonía

Olimpio Arca, o mestre de Couso
Os que traballamos nisto do ensino non temos outra alternativa que aprender o oficio ollando para aqueles que o fixeron con excelencia e con especial coidado do idioma e a cultura propios. Así o fixo Olimpio Arca Caldas, a quen o pasado día 11 lle entregaban un dos premios San Martiño deste ano.
Os alumnos de Olimpio recibiron doses de orgullo no propio en tempos ben complicados para o poder facer. Así, alén de impartir aulas en galego, achegáballe aos rapaces o coñecemento daqueles que, aínda que non aparecían nos libros, serían os puntos cardinais das mellor historia que se lle pode ensinar aos rapaces. Da man de Olimpio os nenos da Estrada aprenderon quen foron Domingo Fontán, Ramón María Aller, o veciño García Barros, ou o estradense precursor da calculadora, Ramón Verea.
Na Revista Galega do Ensino tiveron a boa idea de adicarlle un merecido espazo no seu último número. Ao ler este artigo comprobamos que Olimpio non recibiu o seu mellor premio o pasado día 11, pois a verdadeira honra recíbea a cotío ao saber que os seus alumnos de onte lembran hoxe as súas leccións con cariño , admiración e agradecemento.
Para completar o post, recollo aquí unha súa conferencia, impartida o pasado 23/04/2010 no Recreo Cultural da Estrada, na que diserta precisamente sobre Ramón Verea.
Ramón Verea García por Olimpio Arca Caldas from A.C. Vagalumes on Vimeo.

martes, 16 de novembro de 2010
Viños idiomáticos
por Xosé González Martínez, fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, en Galicia Confidencial:
As que teñen máis prestixio no mercado, as preferidas polos padais máis esixentes, falan en distintas linguas que as dos consumidores, como norma de distinción. Esa circunstancia non lles impide aos que descoñecen esas linguas mostrar as súas preferencia por eles, pois ofrecénlles confianza e garantía da autenticidade da súa orixe.
En Galicia son cada vez máis os adegueiros que saben que a lingua galega nas etiquetas dos seus envases é un valor engadido que singulariza a súa oferta nos mercados globais. Máis do 40% dos adegueiros sumáronse, xa, ás sucesivas campañas promovidas pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e Foro E.Peinador para predicar nas súas etiquetas en galego as bondades dos seus viños. É certo que aínda quedan condutas residuais que seguen equivocadas na súa estratexia comercial, facendo do idioma español a única lingua de comunicación cos consumidores. Pero a realidade está mudando. Para ben, ademais.
Os viños galego, de excelente calidade, vánse abrindo paso e compartindo espazos de mercado cos franceses, italianos ou do Rhin. Estes preséntanse etiquetados nas linguas das respectivas denominacións de orixe. E velai están, cobizados polos sibaritas, entendan ou non o idioma das súas etiquetas.
Cómpre estimular aos nosos adegueiros e convencelos dos beneficios que lles pode reportar etiquetar os seus envases en lingua galega. Os estudos de mercado realizados din que os consumidores prefiren os viños pola súa calidade, independentemente do idioma das etiquetas, pero que estas son determinantes para disipiraren as dúbidas sobre a veracidade das denominacións de orixe. A autoestima do adegueiro pode ser un bo antídoto para fuxir dos tópicos comerciais que aconsellan etiquetar en castelán para vender mellor. “Cando estas botellas viaxen, quero que cando lean as súas etiquetas, algunhas desas palabran soen nas súas mesas e nos imaxinen como nós os imaxinamos a eles”, así se expresa un adegueiro que ten clara a súa opción lingüística. Outro, máis contundente, di: “Os nosos viños son, xa que logo, a expresión milenaria dunha cultura que debe pervivir. Velaí a razón de que eu procure identificar o meu coa lingua galega”. Do mesmo parecer era o escritor arxentino José Luís Borges que pedía que o viño lle ensinase a arte de ver a súa propia historia.
Neste proceso da galeguización da economía van ser decisivas as actitudes patrióticas dos consumidores galegos. Preferir un viño etiquetado en galego significa garantirlle á nosa lingua un futuro certo. O novelista de orixe galega, Manuel Vázquez Montalbán, tíñao claro cando dicía que “un pobo que non bebe o seu viño ten un grave problema de identidade”.
Continuando co reiterado bo facer pedagóxico do Foro E.Peinador, presentará o próximo día 20, nas instalacións da Adega Virmadeus, en Cenlle, unha nova campaña de galeguización da etiquetaxe co lema “A lingua do padal. Colleita 2010. Máis galega”

O galego contra-ataca
Copio o que pon ao pé do vídeo da rede NASA para a súa presentación:
Os Chévere fixeron un numeriño sobre a situación da lingua galega coa chegada do Goberno Feijoo. Foi antes do decretazo, antes das enquisas nazional-democráticas, antes das manifestacións en defensa da lingua..., pero é que ás veces a realidade supera con moito a ficción. Feito para rapaces e rapazas, convocadas no Correlingua, superou tamén a proba dos adultos porque frikis de Star Wars hainos de todas as idades.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)