Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 20 de marzo de 2010

O acertado será elevar a presenza do castelán nas aulas

Jesús Vázquez Abad volve a ser entrevistado, agora por Galicia Hoxe, que por ser un medio galego (en lingua galega) non pode facerlle unha entrevista tan amable como outros medios.
Algunhas preguntas e respostas.
Pensa que lle é de abondo un 33% nas aulas ao galego cando é unha lingua que non está presente na maioría dos medios de comunicación, na literatura, en internet...?
Pero está no ensino, ¿verdade? Pero impoñer e elevar [a súa presenza] é o grande erro que se cometeu,pensar que a inmersión lingüística favorece a cordialidade, cando o que provocou foi o efecto contrario.

A Carta Xeométrica:"elevar a presenza do galego nas aulas é o grande erro" o realmente acertado será elevar a presenza do castelán nas aulas, dedúcese. Claro, e a razón deste acerto será que o galego goza de saúde excelente, que é a lingua A, a de prestixio, a identificada co poder, coa mellora económica,... e que está omnipresente na xustiza, nos medios,... en todas partes. Claro.
Non comparte a idea de que o galego precisa un plus na escola para compensar a súa escasa presenza en distintos ámbitos?
Se o plus é unha porcentaxe superior, non. Penso que hoxe Galicia ten unhas condicións de bilingüismo cordial que se gozan na rúa. E é precisamente baixo esa cordialidade como se pode promocionar o galego, estou convencidísimo.

Carta Xeométrica: non entendo o profundo concepto teórico de bilingüismo cordial. Ata onde alcanzamos a enxergar o significado deste termo, significa que se alguén nos fala en castelán, nós galego-falantes, tamén debemos facelo. Outra medida para elevar a presenza do castelán nas aulas ( e en todas partes)
¿Entón considera que a diglosia está erradicada, que xa non hai prexuízos cara ao galego?
Eu non os teño.
Carta Xeométrica: impecable razoamento. Como Jesús Vázquez (di que el) non ten prexuízos a respecto do galego, entón, ninguén os ten. E como Jesús Vázquez non ten prexuízos a respecto do galego, considera que o acertado será elevar a presenza do castelán nas aulas.
¿Pero cre que non existen maioritariamente na sociedade galega actual?
Evidentemente. A sociedade galega demostrou ser moi intelixente e moi aberta.
Otaboleiro: boa pregunta. Mentira por resposta. Ou é que hai algún sociolingüista que esté de acordo con esta mentira.
¿Daquela cal é o motivo de que non se use o galego? Segue a perder falantes.
Agora estamos falando.
Carta Xeométrica: outra vez tomamos a parte polo todo. Como nese momento Jesús Vázquez está a falar en galego, o galego non perde falantes. Esta debe ser a razón. Un día, nun determinado momento Jesús Vázquez Abad falou en galego, polo tanto, frente a esta insoportable visibilización do galego, frente a esta extensión ilimitada da lingua rosaliana, o acertado será elevar a presenza do castelán nas aulas

Ningún comentario:

Publicar un comentario