Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 18 de maio de 2010

Menos mal que pasou o Día das Letras


Arriba á esquerda, portada de La Voz de Galicia do 17 de maio. Á dereita, a portada do 18 de maio, e do 19 de maio, do 20 de maio,.... do 31 de decembro, do 1 de xaneiro, do 2 de xaneiro....
Menos mal que pasou o 17 de maio e todo volve á normalidade. Onte, 17 de maio os medios non deixaron de darlle voltas a iso do galego, e ata se volveron pesados. Onte era o día no que os medios escritos disimulaban e colocaban a súa portada en galego.Onte era día de declaracións, de falar do amor polo galego aínda que...Onte xa é pasado, e por fin xa é hoxe. E nin hoxe nin mañán, nin ao día seguinte van ser días das letras. Todo volve a ser normal. E das portadas dos xornais e de todo o que hai entre a primeira e a derradeira páxina volve a desaparecer o galego.
Por fin, despois dun longo día, volve todo ao seu rego. E nesas andamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario