Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Antón Riveiro Coello. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Antón Riveiro Coello. Amosar todas as publicacións

domingo, 16 de agosto de 2026

A lingua de Lía

 por Antón Riveiro Coello, en La Voz de Galicia:

Lía vén de nacer en Vigo e cavilo no mundo que agarda por ela, a escola á que irá, as amizades que fará e, inevitablemente, pregúntome tamén en que lingua vivirá. Na casa non teño dúbidas. A súa familia falaralle en galego, igual cós seus curmáns Aldán e Airas. Escoitará contos, cancións e conversas na lingua herdada. Pero iso non abondará. Transmitir o galego na familia deixou de ser garantía para que unha nena o poida incorporar con naturalidade á vida cotiá.